O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

HIPATIA , muller, filósofa e científica.
ÁGORA,
unha película de Amenabar,
ambientada na Alexandría do século IV,
onde unha muller chamada Hipatia móstrase coma un personaxe fascinante.


A historia de Hipatia vai unida á mítica Biblioteca de Alexandría, onde se acumulaban gran parte dos coñecementos que a humanidade conseguira ata entón, e que ela intentaba defender.

Na película relátanse os desvelos desta muller, primeira científica e filósofa de occidente, por protexer os valiosos papiros depositados alí. E todo isto en Exipto, durante a ocupación romana, fai 1600 anos.

Alexandría, situada no delta do río Nilo, foi fundada por Alexandre Magno e daquela era a cidade máis importante do mundo. Tiña un porto comercial, un xigantesco faro que media 100 metros de altura e que fora considerado unha das setes marabillas do mundo, contaba tamén cunha fastuosa biblioteca, un xardín botánico, e un observatorio astronómico. Cidade cosmopolita exemplar, nela convivian xentes procedentes de moitos lugares.
O seu Museo -chamado así por estar consagrado ás musas, deusas das artes e das ciencias- converteuse no maior centro de investigación da época. Nel estudábase matemáticas, astronomía, historia, física, literatura, medicina, filosofía... e un sin fin de materias. Alí impartía clase Hipatia, nunha época na que as mulleres tiñan poucas oportunidades e nun ambente de homes, ela desenvolveuse con valentía ata que un grupo de fanáticos prenden lume á biblioteca e danlle morte no ano 415 a. C.... E a cidade luxosa, chea de palacios e xardíns, afundíuse polo seu propio peso no lodo do Nilo.


Non che perdas o acontecemento!
Deixámoste cunha pequena mostra
da rodaxe.




Escribe o teu comentario (21) - Categoría: Filosofía - Publicado o 14-10-2009 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
21 Comentario(s)
1 Hipatia foi a primeira muller científica de todo Oriente, a primeira muller que fixo ver que o xénero feminino non está destinado a estar todo o día coidando da casa e dos fillos.

A película trata sobre a vida de esta muller,e os desvelos por protexer a lexendaria biblioteca de Alexandría.

Na pelí#blgtk08#cula pódense ver todas as marabillas desta gran cidade, a mellor no momento, fundada por Alexandre Magno. Estas marabillas son tales como o xigantesco faro, o porto, o xardín botánico e a fascinante biblioteca.

Considero que esta é unha película que dará moito de que hablar.

Espero que vos guste.
Comentario de Mario (16-10-2009 10:49)
2 Os directores da biblioteca de Alexandría enviaba axentes a todos os recunchos do mundo coñecido na época a buscar libros de todas as culturas, compraban coleccións completas. Dise que cando un barco cheg#blgtk08#aba ao porto, rexistrábano para ver se transportaba libros, confiscábanos no caso de que si, copiábanos e logo devolvíanos aos seus donos.

As bibliotecas sempre foron templos de sabiduría.
Comentario de María (20-10-2009 23:39)
3 A biblioteca de Alexandría custodiaba moitos papiros. O papiro é o nome dun soporte de escritura feito a partir dunha planta acuática que recibe o mesmo nome, é moi común no río Nilo, en Exipto e nalgúns lugares da conca mediterránea. Para elaboralo, primeiro, métese a planta en remollo entre unha e dúas semanas. Despois, córtase en láminas e prénsase cun rodete para e#blgtk08#liminar parte da zume e outras substancias líquidas. Logo, póñense as láminas de forma horizontal e verticalmente, vólvese a prensar para que o zume actúe como adhesivo e, por último, termínase fregando suavemente cunha peza de marfil, quedando preparado para usar.

Estes papiros, eran os que empregaban para os libros que gardaban nas bibliotecas.
Comentario de Diego Fraguas Rocha (21-10-2009 10:10)
4 A pelicula chamase "Ágora". ágora era a praza pública das cidades da Grecia antiga, servía de mercado e nela celebrábase a asemblea de cidadáns da pole, tamén se utilizaban para festivais relixiosos, xogos atléticos, adestramento militar, representacións teatrais e para r#blgtk08#ealizar actos de ostracismo. A máis famosa era a ágora de Atenas.

Eu creo que Amenabar pusolle ese nome porque ágora é a praza onde se concetraba todo. O centro da cidade, por dicilo asi. Grande partes das actividades da época celebrábanse ou impartían ali.
Comentario de Tania 4ºB (22-10-2009 08:55)
5 ALEXANDRÍA: histórica, mítica, estratéxica. Cada paso que damos polo seu chan é camiñar sobre fragmentos da historia antiga. Estamos ao norte de Exipto, no delta do río Nilo.
É a segunda cidade en tamaño #blgtk08#de Exipto de uns 6.4 Km de lonxitude, presentaba un trazado de rúas simétrico. A súa biblioteca chegou a ter máis de 500.000 textos cos máis variados tópicos da época.
O seu fundador foi Alejandro Magno.
Comentario de Raul, Dani y Fran (22-10-2009 09:05)
6 Hipatia, a protagonista da película naceu en Alejandría (Exipto), no ano 370 e finou na mesma vila no 415. Foi unha muller científica, filósofa, neoplatónica, e mestra que contribuíu o desenvolvemento das matemáticas e a astronomia da época. O seu pai era Teón de Alejan#blgtk08#dría, tamen un importante matemático e astrónomo, de hay que as sua filla seguira os seus pasos. Teón morreu antes de que Hipatia fora asasinada no ano 415. Foi famoso polos seus comentarios en varios traballos tales como Almagesto de Tolomeo e os traballos de Euclides.
Comentario de Natalia y Lorena (22-10-2009 09:05)
7 Vin a película de Agora e un concepto non me quedou demasiado claro, eran os PARABOLANOS.

Para os que tamén os quedaseis coa dúvida isto é o que encontrei:


O orixe dos parabolanos garda relación coa asistencia hospitalaria que a igrexa presta ós enfermos máis necesitados, como parte do seu programa de actividades caritarias. Polo tipo de traballo que debían desempeñar, suponse#blgtk08# que foron reclutados entre os elementos máis necesitados da poboación, posto que sua tarefa exixía certa corpulencia física. Pero foi a fama de violentos alborotadores a que perpetuou seu nome. Usados para intimidar á boulé, as sedes xudiciais, para dirimir a favor do patriarca calquer altercado callexeiro con outros grupos relixiosos.

Espero que vos sirva esta información
Un saudo a todos.
Comentario de Yatir (22-10-2009 11:17)
8 Davo, personaxe da película

Formaba parte da ducia de escravos que se podía permitir unha familia de posición privilexiada como a de Hipatia. Axuda á filósofa non só nos aspectos máis íntimos da súa vida cotiá, tamén está presente nas súas clases.
Dende o seu papel de asistente da profesora na aula , Davo comeza a incorporar os coñecementos impartidos pola súa ama#blgtk08# á súa propia educación.

Davo debátese entre o amor secreto que lle profesa a Hipatia e a liberdade que podería acadar uníndose aos cristiáns.

Ao final convértese porque quere unha casa, unha familia,quere ser aceptado.
Non quere servir a ninguén nunca máis, quere ser amado; e desoriéntase porque termina de intuír que elixira á familia equivocada.
Comentario de Cintia Vázquez (22-10-2009 11:19)
9 Teón de Alexandría (c.335-tc.405) foi o pai de Hipatía, e era un astrónomo e matemático grego. Estableceuse na cidade de Alexandría.

Educou á súa filla nos campos das matemáticas, a astronomía e da filosofía. Ambos colaboraron na creación dun vasto comentario sobre Almagesto de Ptolomeo, el escribiu una Catóptrica sobre obras e traballos de Arquímedes e de Herón.

Teón foi o di#blgtk08#rector da segunda Biblioteca de Alexandría, situada no interior do museo de Alexandría. Foi calificado na Suda, que era una gran enciclopedia bizantina de carácter histórico escrita no século X en grego por eruditos bizantinos, como o home do Mouseion. Meciónase tamén que viviu baixo o reinado do Emperador Teodosio I (que reinou do ano 379 ao 395) polo que foi un dos últimos membros da Biblioteca.
Comentario de Daniel Outeiral (22-10-2009 20:51)
10 Esta película está ambientada na antiga cidade de Alexandría, cuxo museo e biblioteca contiñan todo o saber do mundo antigo. O seu faro foi unha das sete marabillas do mundo antigo pero... como é esta cidade na actualidade?
Está asentada sobre unha península e parte do continente, extendéndose ata a Illa de Faros. Nela conviven dúas culturas: a europea e a exipcia.
Hai dous portos, o occidental é un dos máis importantes do Mediterráneo, o 80% do tráfico total exipcio. A el chegan enormes petroleros, buques de gran calado e hai situadas refinerías de petróleo#blgtk08#, aduanas e numerosos almacéns.
Alexandría ten un trazado moderno, cuadriculado, non como as demáis cidades árabes.
De entre os seus monumentos, destacan os numerosos museos de arte, o Serapeo (templo ao deus Serapis) e os monumentos sumerxidos. Entre eles se encontra o famoso Faro de Alexandría, do que se encontraron varios restos baixo a auga.
As cidades cambian, a mentalidade cambia. Pode que dentro de dous mil anos, Nova Iorque se afunda na auga... irán os nosos sucesores a visitar a estatua da liberdade, como nós facemos co Faro de Alexandría?
Comentario de Carmen Z. (23-10-2009 11:19)
11 Na película de Amenabar, Agora, aparece reflexada a vida de ORESTES.

Orestes foi nomeado prefecto imperial de Alexandría pouco despois de que o xoven Cirilo accedese ao Patriarcado da cidade trala morte de Teófilo, tío de Cirilo, no ano 412 d.C.
Orestes enfrentouse ao Patriarca Cirilo, debido á intención eclesiástica de atribuir a súa posición prerrogativas seculares. Ante o rechazo do prefecto, o Patriarca Cirilo sentiuse amenazado, e varias faccións conectadas coa Igrexa apoiárono.
Entre 414 ? 415 Orestes sufriu un atentado por parte dunha turba de monxes que o atacaron e o eriron. O prefecto fixo que Amonio, o líder dos atacantes, fose torturado e executado. O Patriarca Cirilo intentou conver#blgtk08#tir a Amonio en mártir, pero os líderes de Alexandría e o propio emperador de Roma, Teodosio II, condenaron o ataque don monxes contra o representante imperial e Cirilo tivo que renunciar as súas intencións.

O prefecto Orestes disfrutaba do respaldo político de Hipatia, unha filósofa que tiña unha considerable autoridade moral e gran influenza na cidade de Alexandría. De feito, moitos dos seus estudantes procedían de familias poderosas e influíntes de Alexandría e posteriormente alcanzaron grandes posicións no governo e na Igrexa.
No ano 415 unha turba cristiana atacaron a Hipatia na rúa, sacárona do seu carruaxe e a asasinaron brutalmente, desplazando o seu corpo e queimándoo no exterior de Alexandría.
Comentario de Dani Galiño (24-10-2009 12:53)
12 É importante o concepto do paganismo que se tiña nese século (S.I d.C) que solia utilizarse por parte dos cristiáns, como desprecio e con finalidade de persecución para designar a (científicos, filósofos, astrónomos..etc.)todas aquelas persoas con crenzas científicas ou relixiones distintas da cristiá.
-Pagano etimoloxicamente significa "payés", aldeano, labrego, gañan, rústico, zafio. Este concepto implícitamente contiña a seguinte mensaxe "Todo aquel que non sexa cristián#blgtk08# é tan inculto coma un labrego".
Este termo procede da época Imperial romana, na que o cristianismo convirtiuse na relixión oficial do Imperio e foi utilizado co motivo de perseguir antigas relixións europeas.
Os infieis diferenciabanse dos herexes , en que os primeiros non coñecian a relixión ou non se lles había sido presentada adecuadamente. Os herexes en cambio son cristiáns que discrepan certos elementos de fe que outros consideran fundamentais na súa relixión.
Comentario de Javi (28-10-2009 19:01)
13 O fanatismo pédese definir como a defensa esaxerada dun ideal, crendo que as outras opinión son falsas e que a súa é a única verdadeira. Tan desmesurada é a defensa da idea que o fanático pode chegar incluso á violencia con tal de defender o seu ideal.

Tamén se pode definir como unha pasión de#blgtk08#smesurada por algo ou alguén. Xeralmente refírise a unha forma política e relixiosa.

Na película, o fanatismo preséntase como a defensa radical dos cristianos pola súa relixión, o que levará a Hipatia a súa preocupación por custodiar os papiros da biblioteca onde se recolle o pensamento libre.
Comentario de Mario (28-10-2009 21:26)
14 Na película vemos como a sabedoría humana acumulada durante séculos sucumbe ante un novo fanatismo emerxente: o cristianismo.
A filosofía, dende o seu orixe, sempre foi unha búsqueda do coñecemento, unha loita pola conqui#blgtk08#sta da verdade en LIBERDADE, e a liberdade sempre perde cando os deuses se impoñen á razón.

Non é o cristianismo actual o que combate esta película, senón os fanatismos e os radicalismos procedan de onde procedan.
Comentario de Carmen (28-10-2009 22:33)
15 A película "Agora" ,dende o punto de vista dun espectador, leva a plantearnos o papel das mulleres na ciencia e na filosofia ó longo da historia dende o século V ata os nosos tempos.
Hoxe xa parece ben claro (para a maioria das persoas) que a muller ten as mesmas capacidades cos homes, mais durante esa época, que lles parecia?
A historia de Hipatia nos aclara es#blgtk08#tas e moitas otras incógnitas. Ela vivíu no ano 370 d.C en Alexandria, cando o cristianismo comezaba a impoñerse, mais ela era pagana.

Canto á filosofía, foi discipula e filla do filósofo Teón, instruida por este foi seguidora da filosofía plátonica (Platón), socrática (Sócrates) e neoplatónica (Plotino).
Tamén foi unha importante astrónoma e matemática.
Comentario de Eloah (29-10-2009 10:47)
16 A ágora dunha cidade-estado grega era un espacio aberto que funcionaba como a praza pública. Era un centro cultural, comercial e político.Tamén as asambleas realizábanse e#blgtk08#n dito recinto. A ágora é unha característica esencial de todas as polis. Nela tamén se reunían pensadores para dar o seu punto de vista nas cousas e intercambiaren ideas.
Comentario de Laura (30-10-2009 11:19)
17 Hipatia (Alejandría 355/350 - Íbidem Marzo de 415 ou 16), foi unha filósofa e mestra neoplatónica romana, natural de Exipto, que destacou nos campos das Matemáticas e da Astronomía. Integrante e líder da Escola Neoplatónica de Alexandría a comezos do S.V. Seguidora de Plotino, desdeñaba o misticismo e centrouse nos estudios lóxicos das Ciencias exactas, levando unha vida ascética.
Educou a unha selecta escola de aristócratas cristianos e paganos que ocuparon altos c#blgtk08#argos, destacándose entre eles o bispo Sinesio de Cirene, Hesiquio "O Hebreo" e Orestes, que chegaría a ser prefecto imperial de Exipto no momento da morte de HIpatia.

Foi filla do astrónomo Teón. Ela foi a primeira muller matemática da historia da humanidade da que temos coñecemento.
Escribiu libros sobre Xeometría, Álxebra e Astronomía e mellorou o deseño dos astrolabios (instrumento para determinar a posición das estrelas) e inventou un hidrómetro.
Comentario de José Carlos Alejandro Casal (02-11-2009 17:57)
18 Hipatia estaba moi atraída por as matemáticas, dentro deste ámbito, escribiu un libro sobre a álxebra, Comentario de la aritmética, donde desenrrolou ecuaciones indeterminadas con solucións múltiples, cuadráticas, etc. Tamén escribiu dous libros sobre astronomía o Canón Astronómico e as Tablas Astronómicas.
Tamén escribiu un comentario sobre #blgtk08#a Aritmética de Diofanto, en 13 libros
un tratado Sobre a xeometría das crónicas de Apolonio, en 8 libros.

Hipatia era pagana, partidaria do racionalismo científico grego e personaxe político influiente, se atopaba nunha situación moi perigosa nunha cidade cristiá e negarse a traizoar seus ideais e convertirse ao cristianismo.
Comentario de Sofía (03-11-2009 17:31)
19 En la película Ágora aparece el personaje Sinesio de Cirene:

Las obras de Sinesio, "obispo filósofo", dan fe de su esfuerzo por conciliar los dogmas cristia#blgtk08#nos y la filosofía neoplatónica. Se aprecian también en sus tratados ideas gnósticas y herméticas. Sinesio enfatiza el carácter trascendente de Dios y su unidad absoluta.
Comentario de Natán (03-11-2009 18:25)
20 Hipatia de Alexandría e Rita Levi-Montalcini, que teñen en común?

Como xa dixeron mais arriba, Hipatia foi unha filósofa e matemática alexandrina, durante o reinado do Imperio Romano de Oriente, sobre o 300-400 d.C. Mentras que, Rita Levi-Montalcini é unha reputada premio Nobel de Mediciña, nacida en Italia, Turín, en 1909.

Como é apreciable cos datos achegados, a conclusión é que ambas foron mulleres de ciencia, moi importantes para a historia. Ademáis, ambas procesaban relixións minoritarias na súa época. Hipatia, que habitaba na Alexandría ?cristianizada?, sendo ela pagana, e Rita, de ascendencia xudía en tempos da Segunda Guerra Mundial. O certo é que para ningunha foi sinxelo, aínda que non hai dubida de que o acontecido a H#blgtk08#ipatia foi un dos peores finales para alguen que aportou tanta sabedoría os seus contemporáneos e sucesores. Despois de todo, Hipatia, non foi máis que outra víctima da estupidez humana.

Que cal de ambas tivo mayor importancia, é irrelevante, ambas aportaron coñecemento ó noso xénero. Hipatia sentando, xunto a moitos outros filósofos, as bases da ciencia; mentres que Rita, fixo grandes descubrimentos fisiolóxicos. Por elo, ambas son importantes. Sen embargo Rita é un exemplo de que a barbarie humana, alo menos en parte, foi reducida. Frente a Hipatia, que morreu tras numerosas torturas, Rita, é actualmente, embaixadora plenipotenciaria italiana, e o seu premio Nobel demostra o recoñecemento do seu traballo por parte de humanidade.

Comentario de Iris (03-11-2009 18:37)
21 Otra matemática importante fue Emile du Chatelet:

Fue amiga de Voltaire, tradujo al francés las obras de Newton. Contribuyó a introducir en Francia las ideas de Leibniz y realizó diversas investigaciones respecto al calor y el movimiento.
Estudió a Tasso, Virgilio, Milton y otro#blgtk08#s grandes sabios de esa época.
A pesar de su talento para los idiomas, su verdadera pasión eran las matemáticas. El talento de Emile también fue prominente en otras áreas. La describieron como una apasionada nata, sin faltarle las ataduras románticas tanto antes como después de su matrimonio.
Comentario de Natán (03-11-2009 18:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0