Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O coñecemento do universo |
|
No ano 1609 Galileo Galilei apuntou por primeira vez ó ceo cun telescopio.
Foi o comenzo de 400 anos de descubrimentos que aínda continúan.
O 27 de outubro do 2006 a Unión Astronómica Internacional anunciou a declaración da UNESCO de 2009 como o Ano Internacional da Astronomía, ratificada pola ONU o 19 de decembro de 2007.
Este acontecemento representará unha celebración global da astronomía e da súa contribución á sociedade, á cultura, e o desenvolvemento da humanidade. O seu obxectivo principal é motivar ós cidadáns de todo o mundo a reconsiderar o seu lugar no universo a través de todo un camiño de descubrimentos que se iniciou fai xa 400 anos.

A astronomía, que significa etimoloxicamente "coñecemento das estrelas", é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra. Despois de comprender que os elementos que forman os "obxectos celestes" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física se aplican do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.
Nos seus comenzos, a astronomía supuña só a observación e predición dos movementos dos obxectos celestes identificables a ollo nu (sen instrumentos).
O interese polo coñecemento do universo estivo presente en todas as culturas da antigüidade, tanto pola utilidade para orientarse e medir o tempo, como pola curiosidade que todos sentimos polo que nos rodea. Os astrónomos eran polo común tamén cregos, e críase que os fenómenos celestes tiñan unha influencia oculta nos sucesos da Terra (astroloxía). Os gregos fixeron importantes contribucións á astronomía, pero o progreso detívose case por completo na Idade Media, excepto polo traballo dalgúns astrónomos (en particular, musulmáns).
A astronomía é unha das poucas ciencias onde os afeccionados aínda teñen un papel activo, por exemplo descubrindo obxectos itinerantes (como cometas) e monitoreando a variabilidade das estrelas.
Benvidos ó Ano Internacional da Astronomía.
|
|
|
|
11 Comentario(s) |
|
1 |
Non entendo por que se lle da tanta importancia a estes eventos. ¿Que utilidade pode ter a observación das estrel#blgtk08#as cos telescopios?. O importante da ciencia é a súa utilidade e precisamente á astronomía non lle vexo ningunha. |
|
|
Comentario de Silvia (21-04-2009 22:08) |
|
|
2 |
Cando che caia un meteoro na tes#blgtk08#ta xa verás a utilidade que ten |
|
|
Comentario de Ghalileo (23-04-2009 09:30) |
|
|
3 |
Os primeiros matices da astronomía encontrámolos na Grecia clásica, da man de filósofos e astrólogos coma Ptolomeo. Á primeira concepción da astronomía era coñecida como modelo aristotélico-ptolemaico, que se baseaba en ideas coma a da finitude do universo, ou o xeocentrismo, ou o que é o mesmo, a idea de que a te#blgtk08#rra é o centro do universo. Aínda que estas ideas distaban moito da concepción actual que temos do universo, axudaron a fomentar unha base para as ideas de astrónomos coma Galileo.
Outros nomes importantes na historia da astronomía son: Kepler, o seu discípulo Tycho Brahe, Newton e incluso Einstein. |
|
|
Comentario de Adri.T (23-04-2009 09:35) |
|
|
4 |
Sen dúbida a astronomía é unha ciencia importante. A quen non lle esperta curiosidade saber que hai fóra do noso planeta azul?
Na antigüidade, para indagar o que hai máis alá do ceo, utilizábanse explicacións míticas (a menudo ligadas á relixión) que situaban á Terra no centro do universo (teoría xeocéntrica). Máis adiante diversas personalidades como Galileo ou Copérnic#blgtk08#o deron paso a novas teorías do universo. Houbo, ao longo da historia, diversos avances no referente aos intrumentos utilizados para a observación do universo o cal permite, xa na actualidade, coñecer moito mellor o noso planeta e axudar a crecer ás demais ciencias.
En definitiva, a astronomía serve, pois para respostar qué somos e cal á o noso lugar no Universo.
|
|
|
Comentario de Sandra Bermejo (23-04-2009 09:50) |
|
|
5 |
En resposta a Silvia, que ti non lle veas utilidade a astronmía non quere dicir que non a teña pois se non fora así precisamente non seria considerada unha ciencia, eu #blgtk08#sinceramente tampouco se lla atopo, pero isto se chama ignorancia.
A cousa que, utilidade ou non, dime ti, se nunca te paraches a observalas, porque non mo creo. |
|
|
Comentario de Barreiro (23-04-2009 09:56) |
|
|
6 |
Las estrellas#blgtk08# son bonitas |
|
|
Comentario de Alfonso (23-04-2009 09:57) |
|
|
7 |
Considero que a astronomía non é un dos campos máis importantes dentro da ciencia pero que tamén teñe a súa importancia.
Os antigos pensaban que as estrelas estaban fixas a unha esfera cristalina, a máis exterior, a situada máis aló da esfera de Saturno. Por este motivo chamaban ás estrelas "estrelas fixas", diferenciándoas dos planetas, que se movían independentemente desta esfera.Esta esfera non era transparente senón negra, e as estrelas brillaban #blgtk08#sobre este fondo como puntos luminosos moi pequenos. Todo o ceo negro xiraba con completa regularidade unha vez por día, transportando consigo as estrelas. Cando saía o Sol, o ceo volvíase azul e as estrelas desaparecían, pero isto era debido só a que o resplandor do Sol as afogaba.
Grazas a astronomos como Hiparco, Claudio Tolomeo, Copérnico e Galileo sabemos que esto non é verdade e coñecemos mellor o universo que nos rodea.
|
|
|
Comentario de Carla (23-04-2009 10:09) |
|
|
8 |
Quero facer un par de observacións sobre a utilidade da Astronomía, pois algúns a poñen en dúbida:
1.- Unha das primeiras actividades que emprendeu a humanidade e que tivo relación cos astros foi a elaboración de calendarios, así dividimos o tempo en periodos regulares: anos, meses, semanas e días (ex.o calendario sideral que basease nos movementos dos astros).
2.- Coñecer #blgtk08#a posición do sol e as estrelas é moi importante na arte da navegación. A astronomía serve para determinar a posición das embarcacións no mar. Os navegantes teñen a tarefa de levar persoas e mercancias dun lugar a outro con seguridade. Dende fai moito tempo esta tarefa apoiase en cartas de navegación (mapas), para a súa construcción foron precisos coñecementos sobre o universo.
|
|
|
Comentario de Carmen (23-04-2009 23:36) |
|
|
9 |
¿Alguen sabe o que Galile#blgtk08#o mirou polo telescopio? |
|
|
Comentario de Xavier (24-04-2009 09:51) |
|
|
10 |
Descubrio que a lúa non era unha esfera perfecta, senón que tiña vales e montañas; que Venus presenta#blgtk08#ba fases; descubriu miles de estrelas na Vía Láctea e catro satélites que viraban ao redor de Jupiter |
|
|
Comentario de xavier (30-04-2009 23:02) |
|
|
11 |
Galileo foi un home moi importante na historia da ciencia moderna, el fora un dos primeiros científicos da historia e desafiou a Igrexa católica cos seus descubrimentos sobre astrono#blgtk08#mía. Sen embargo ao final a igrexa obrigoulle a retractarse das súas ideas e someteuno a un arresto domiciliario.
Polo home de ciencia que usara o método científico. |
|
|
Comentario de Juan Daniel e Zoraida (08-05-2009 09:18) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|