O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Ideoloxías políticas (2)
ANARQUISMO

O anarquismo é unha doutrina e movemento radical que se opón a calquera forma de autoridade (acracia), promove a autonomía de cada individuo, pois o maior logro da humanidade é a liberdade para expresarse e actuar sen obstáculos, é unha filosofía política que abrangue teorías e posturas que defenden a supresión de todo poder coercitivo (estado).

Entre os principais ideólogos desta doutrina mencionaremos a PROUDHON. Este concibe o anarquismo como un movemento de masas polo que nos seus libros expón a maneira de construír unha verdadeira sociedade anarquista, detallando o seu funcionamento. As súas obras principais son: “ Qué é a propiedade” , onde estuda o sistema de contradiccións económicas e a capacidade política da clase obreira.

BAKUNIN, foi un dos maiores expoñentes do anarquismo activista contemporáneo.

Naceu en Rusia e foi exiliado da súa patria. Fixo énfase no colectivismo, na insurrección das masas e a revolta espontánea para lograr unha sociedade libre e sen clases sociais. Recalcou o carácter gregario do ser humano e á vez a súa individualidade.
As súas ideas influíron profundamente no movemento obreiro do século XX principalmente durante a guerra Civil Española en 1939 onde as ideas anarquistas xogaron un papel importante.
Podemos mencionar entre as súas obras principais; “Dios y el Estado”, “The Paris Comune”,e The Idea of the State”


KROPOTKIN foi sen dúbida o máis suxestivo dos autores anarquistas, naceu en Rusia en 1890, foi Oficial do exército, científico de formación converteuse no sucesor de Bakunin. Ó igual que Bakunin foi exiliado e estivo moitos anos en prisión. Viviu o suficiente e pudo regresar a Rusia en 1919 onde se opón ó réxime leninista.

As súas obras máis importantes son; El apoyo mutuo, La conquista del pan, La moral anaquista, Memorias de un revolucionario, Act for Yourself, The State: Its Historic Role.

Entre os principios fundamentais do anarquismo sinalamos os seguintes :

- Defensa da soberanía do individuo pois o poder radica nun mesmo.
- A non coacción, oponse ó estado e a calquera tipo de institución coactiva.
- Defenden a asociación voluntaria das persoas.
- O autogoberno e a autoxestión




Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 21-03-2009 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 El anarquismo

La palabra anarquismo es de procedencia griega y significa " sin poder ni autoridad". En pleno auge del socialismo científico con K. Marx, el anarquismo surge como una corriente del mismo que poco a poco se iría distanciando hasta llegar a extremos irreconciliables. Este antagonismo viene dado principalmente por oposición entre las formas para eliminar la sociedad capitalista existente.

Es comprensible que en un primer momento Bakunin el máximo representante del movimiento anarquista ruso y el fundador de esta corriente defendiera la idea de una revolución de la minoria agraria y campesina para cambiar la situación en la que estaba sumido el país. En Rusia a comienzos del siglo XX la situación era bastante desoladora, mientras la mayoría de lo paises europeos estaban en plena revolución industrial, esta potencia seguía a ser principalmente agraria y la situción del incipiente proletariado era incluso peor que en los paises vecinos.En este aspecto podemos entender que Bakunin hijo de una familia acomoda observara esta situción a diario en las tierras de sus padres y no sólo se compadeciese de ello si no que intentase remediar tal situación.

El anarquismo se opone a cualquier tipo de autoridad y es en esta tesis en la más críticas recibe. Los que defienden esta ideología consideran y creen en una socieda#blgtk08#d bajo ninguna fuerza opresora que coarte su libertad. Esta sociedad será posible porque creen en la bondad de la naturaleza humana. Pero, ahora me pregunto, como es pesible que sus partidarios que defienden que el ser humano es bueno por naturaleza lleven a cabo actos salvajes como represalia.Cómo es posible que defiendan que nuestra naturaleza es buena si los actos cometidos ( asesinatos, atentados...) no se pueden consideran como buenos por ninguna ética o moral.Muchos dirán que esos actos se encaminan a conseguir un objetivo: La transformacion de la sociedad, una comunidad donde las relaciones se establecen por pactos solidarios entre sus miembros. Es decir, lo que podria ser entendido por Maquiavelo con su célebre frase: “El fin justifica los medios”. Si bien es cierto que Maquiavelo decía esto, tambien consideraba que la naturaleza humana no es buena, lo que expresa diciendo: “El hombre es malo por naturaleza y estará dispuesto a poner en práctica su perversidad siempre que la ocasión lo permita. El ser humano solo actuará con benevolencia por necesidad”.

En mi opinión, un mundo donde la maldad es la característica natural del hombre, no podría establecerse una sociedad solidaria sin un guía, pues en ésta antes o después acabaría reinando el caos. Si ya es difícil conseguir armonia cuando hay un diligente aun más cuando éste es inexistente.
Comentario de Danna 2º Bach. A (25-03-2009 10:20)
2 Eu estou de acordo. A nosa sociedade, aparte de estar completamente organizada, a xeito estatal, tamén esta baseada nunha clase de valores, que, no caso do anarquismo desaparecerían. Sen entrar en polémicas de se estes valores so#blgtk08#n correctos ou non, tense que dicir que manteñen unida á sociedade.

Non se pode esperar que nun territorio no que non haxa normas nin control gubernamental, haxa por parte dos cidadáns, unha organización pacífica.
Comentario de Adri.T (26-03-2009 09:36)
3 O anarquismo, como di a publicación, é unha doutrina política que pretende o autogoberno do ser humano. Confía plenamente no home e na súa capacidade. Obviamente ten unha concepción do ser humano moi optimista xa que cre que é bo por natureza e que non precisa ningún poder coercitivo que regule as súas acción#blgtk08#s.

Na miña opinión é unha visión da sociedade moi idealista, quizais demasiado. Ve o mundo de cor de rosa e non sempre se vai corresponder coa realidade. Dende logo sería unha sociedade que terminaría na destrucción e no caos. A sociedade necesita un orden que deberá estar marcado polo goberno.
Comentario de Sandra Bermejo (26-03-2009 09:43)
4 O anarquismo como todas as formas de goberno, sempre dexeneran e acadan uns fins moi lonxanos a idea principal ou fundamentos(comunismo-dictaduras comunistas; fascismo-dictaduras totalitaristas) pois ben o anarquismo dexenera, quiza por non ter unh#blgtk08#a boa estructura como para chegar ó poder e triunfar, en movementos violentos, atentados,represalias...moi afastadas das ideas principais, pero en cambio nunca chegou a gobernar ou triunfar nun territorio como si o fixo o comunismo ou o fascismo.
Comentario de alberto (26-03-2009 09:46)
5 O anarquismo non deixa de ser unha ideoloxía, na miña opinión, absolutamente equivocada xa que o ser humano dende tempos remotos e por natureza necesita un líder no que apoiarse, un líder carismático, un líder inteligen#blgtk08#te, un líder capaz de dominar a la vulgar masa popular. Estos requisitos nin por asomo os cumple un sistema anarquista onde impera o pecado e onde os prototipos tradicionais e correctos son infectados pola libertinaxe.
Comentario de Manuel (26-03-2009 09:48)
6 O anarquismo é unha doutrina obreira nacida no século XIX, aínda que non tivera
tantos seguidores como o comunismo, tamén foi moi importante. Durante toda a historia o anarquismo sempre caracterizouse por ser unha doutrina de inconformismo e escepticismo respecto ao poder, e na nosa opinión non erra, por que deixar que algún xefeciño do tres ao carto estease aproveitando do teu traballo pagandote unha merda? Teñamos en conta a sociedade da época na cal naceu, o burgués vivindo no luxo e os fillos do proletario tendo que ir a traballar aos 7 anos. O anarquismo recela do poder como é normal, agora tamén o vemos nas corruptelas que teñen os políticos de todas as cores, o libertarianismo loitou sempre contra o capital a pesar das mortes dos seus camaradas. Todos foron perseguidos ou peor aínda, fusilados. Pola súa ideoloxía non existiron partidos ana#blgtk08#rquistas así que toda a súa política baseouse en torno ao sindicato, en España os máis importantes foron a FAI (Federación Anarquista Ibérica) e o CNT (Confederación Nacional do Traballo) que logo acabaron fusionándose no CNT-FAI, tiveron unha gran importancia sindical e durante a Guerra Civil chegou a ter máis de 1 millón de afiliados (nun país de menos de 25 millóns) e tiveron unha gran importancia no contragolpe de Xullo en Cataluña e Aragón (recordemos a Durruti e as súas milicias).

Finalmente queriamos dicir que o anarquismo non significa falta de autoridade senón esta por parte dos traballadores por exemplo: na fabrica non mandaría o patrón senón un comité de traballadores, aínda que isto é moi difícil xa que o que teña máis capacidade e maior carisma sempre acabará asumindo o papel de lider e o liderazgo sempre conduce á corrupción.
Comentario de Xoán Daniel e Zoraida (26-03-2009 09:54)
7 O anarquismo sería algo tan bo que por iso non pode existir, unha sociedade que non é controlada onde o control o rexiría o propio individuo remataría dando lugar a consecuencias moi negativas, xa que hoxe en día atopámonos ante unha sociedade controlada, dominada polas leis que priban e limitan moitas das nosas accións #blgtk08#e aínda así cada día mulleres son maltradas, nenos cativos sofren abusos, tráfico de armas, de drogas, de mulleres.. se este mundo é un caos e ten leis que pretenden evitalo, non podo pensar en un mundo que non as tivera.
O anarquismo soa ben, é pura liberdade e quen non a quixera, pero non creo que sexa posible.
Comentario de Sandra (26-03-2009 21:19)
8 Por suposto, Sandra, pois para ser anarquista hay que ser romántico.

O romanticismo non é só unha escola literaria do século XIX senón tamén un movemento social e cultural moi amplio que ten a súa expresión no campo da arte e a literatura, a filosofía e a política, as ideas sociais e económicas, a teoloxía e a relixión. Nace na segunda mitade do século XVIII, e continua ata hoxe.

É un movemento cultural de protesta contra #blgtk08#a civilización industrial-capitalista moderna porque considera que esta destrue os valores comunitarios; porque cuantifica e cosifica a vida social; e sobre todo porque produce o desencantamento do mundo.
O Romanticismo é unha protesta contra o desencantamiento do mundo e unha tentativa, as veces ata desesperada de reencantalo a través da imaxinación, a utopía, os anhelos e as ilusións.

¡Hoxe xa non hai románticos!
Comentario de Carmen (26-03-2009 22:55)
9 DENUNCIO: la censura de este blog, que#blgtk08# solo muestra las opiniones de algunos
Comentario de Entrometido curioso (27-03-2009 08:38)
10 O anarquismo é un movemento que non pode ter cabida nesta sociedade de hoxe en día, xa que o anarquismo confía nunha sociedade perfecta, autog#blgtk08#obernada e con uns individuos bós e incluso podería decirse en uns individuos que seguiran a ética Kantiana, e iso non existe nestos momentos
Comentario de Alfonso (27-03-2009 08:42)
11 Estou dacordo co Entrometido curioso,xa que un blog está para iso, para comentar distintas opinións acerca dun artigo do tipo que sexa, e máis se é político e du#blgtk08#nha doutrina que causou tantos problemas como o Anarquismo.
Que opinades vós acerca desta corrente política?Sería compatible coa sociedade na que vivimos?
Comentario de Alumnos do blog (27-03-2009 08:49)
12 Nas vosas opinións tedes que ser respetuosos#blgtk08#, xa que este é un blog adicado á filosofía
Comentario de Adrián R. e Olaia (27-03-2009 08:53)
13 Nós seríamos respetuosos (que realmente o somos) se partira este feito da propia persoa que dirixe este blog, xa que na anterior entrada atopámonos cunha afirmación ``moito falades e m#blgtk08#oi pouco sabedes´´ afirmación falsa e de carácter irrespetuoso posto que ninguén é quen de xulgar a capacidade dos demais porque seguramente a súa sexa mais reducida en moitos ámbitos.
Comentario de Os entrometidos curiosos (27-03-2009 08:56)
14 moita censura non hai cando vos #blgtk08#deixan escribir iso non credes?
Comentario de yo (03-04-2009 08:52)
15 Hay aniversarios que non teñen quen lles escriba.

Darwin está sendo homenaxeado no seu douscentos aniversario. Tamén Lincoln (1809-1865), que combateu a escravitude nos EEUU. Pero ninguén acórdase do bicentenario de PIERRE #blgtk08#JOSEPH PROUDHON (1809-1865), o tipógrafo francés fundador dunha escola de pensamento que pretendía pasar pola esquerda ó liberalismo e ó socialismo mediante o aoutogoberno da sociedade civil.

Por tí Joseph !!

Comentario de Sandra (04-04-2009 23:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons