O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Ideoloxías políticas (1)
COMUNISMO

O comunismo como tradición política e ideolóxica xorde durante o goberno do Directorio (1795-1799) na Francia revolucionaria. Aquí xorde a primeira acción revolucionaria comunista que propón a eliminación da propiedade privada para conseguir a igualdade. O movemento foi reprimido aínda que o seu pensamento resistirá o paso do tempo e dará lugar a maioría dos comunismos posteriores.

Esta ideoloxía política aspira á consecución dunha sociedade sen clases na que os principais recursos e medios de producción pertenzan á comunidade e non ós individuos.

Os antecedentes do concepto "comunista" atopámolos en Platón e nas primeiras comunidades cristiás. Pero a idea dunha sociedade comunista xorde a comenzos do século XIX, como resposta ó nacemento e desenvolvemento do capitalismo moderno. Mais adiante o termo pasou a describir o socialismo científico defendido por K. Marx e F. Engels.

O comunismo desenvolveuse a través de movementos como a formación das Internacionais. Estas eran organizacións de carácter sindical que pretendían a mellora das condicións de vida do proletariado. A primeira revolución que seguía os postulados marxistas produciuse en Rusia, en 1917 no medio dunha guerra civil que durou catro anos.

Este sistema foi implantado por Lenin (Rusia), Mao Tse-tung (Republica Popular China), Fidel Castro (Cuba), entre outros.

O movemento comunista internacional atravesou grandes crises no século XX. A primeira delas relacionada co alonxamento de Trotsky da Unión Soviética. A segunda gran crise provocouna o enfrontamento da Unión Soviética e China en política internacional. Logo da Segunda Guerra Mundial, dous partidos comunistas europeos, o francés e o italiano, creceron ata dominar o movemento sindical e ter unha importante representación parlamentaria.

En abril de 1920 fúndase o Partido Comunista Español (PCE), integrado por mozos traballadores e estudantes; obreiros, campesiños e intelectuais de vangarda, incluía nas súas filas mulleres como Dolores Ibarruri.

Entre os principios ideolóxicos que propón esta doutrina están:

- Abolición da propiedade privada, xa que ésta é o orixe da desigualdade.

- Supresión do mercado e socialización dos medios de producción.

- Destrucción revolucionaria do Estado capitalista burgués.

- Creación dunha sociedade sen clases.



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 11-03-2009 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 En este comentario, expondremos argumentos para las posturas más frecuentes cuando se trata el sistema comunista, una de crítica y otra de apoyo:

Estamos ante el pensamiento utópico por excelencia, la historia nos ha demostrado que el sistema comunista hace aguas, sería perfecta una sociedad sin clases, sin desigualdad, pero no se puede conseguir por un simple motivo, la sociedad comunista es igual en el sentido material, y es igual en el sentido económico, pero como todo hijo de vecino es piramidal en la escala de poder, y es una máxima aceptada por todos, que el poder corrompe, de hecho el poder está para beneficiarse de él. El comunismo tiene su gran problema al ignorar la verdad absoluta de las palabras de Maquiavelo: "el ser humano es malo por naturaleza".
El comunismo nos ha dejado millones de muertos siempre que se ha producido, desigualdad e injusticias, justo aquello que pretende defender.

El comunismo es un sistema perfecto, deseable e#blgtk08#n su mayoría, y de buena voluntad en su teoría, pues favorece a las clases mas desfavorecidas.
El comunismo en su práctica ha fallado, porque las ansias de poder estan por encima de cualquier pensamiento político, por lo tanto el comunismo solo podrá ejercerse de manera correcta en el momento en que la sociedad se concience y se proponga un pensamiento optimista, y aún pudiendo ser correcta la teoría expuesta anteriormente por mi compañero de Maquialvelo, no deja de ser pesimista y solo nos llevaría a lo peor de la sociedad desencadenando por ello en un sistema político de represión ya que si somos malos obraremos mal y por lo tanto necesitamos un control absoluto sobre nuestras personas.
Por ello, esto puede ser así, pero no creo que sea lo mejor ni lo correcto. El comunismo es un buen sistema, por no decir el mejor, tan solo hay que esperar a que la sociedad salga de su atraso y sepa implantarlo de la manera correcta para que nos beneficie a todos.

Comentario de Alfonso y Sandra, dos posturas opuestas. (12-03-2009 09:45)
2 "Algúns dos conceptos da sociedade comunista supoñen que, en último térmo, non se necesita que haxa un goberno coercitivo e, polo tanto, a sociedade comunista non tería por qué ter lexisladores."


Agora ben, persoalmente, penso que a proposta de sociedade que expón o comunismo, é inviable na súa totalidade, aplicado á práctica.

Baseándonos, na URSS, na ditadura Maois#blgtk08#ta, ou no goberno Cubano, pódense observar moitas discrepancias coas ideas capitalistas orixinais.Conséguese abolir a propiedade privada, e parte do mercado, pero para facelo, parece que é necesario un goberno autoriatario(como foi o de Stalin na Unión Soviética, Mao en China, ou fidel Castro en Cuba). Enton, para abolir a sociedade burguesa capitalista, é necesario privar da liberdade ao pobo?
Comentario de Adri T. (12-03-2009 09:51)
3 O comunismo, entendese como un movemento político no que os seus principais obxetivos son crear unha sociedade sen clases sociais, a abolición da propiedade privada, e busca levar á clase traballadora ó poder.
A sociedade sen clases é o ideal desgta doutrina. Existen doutrin#blgtk08#as teóricas non marxistas tamén denominadas comunistas.

Persoalmente pensamos, que o comunismo é un sistema moi bo e completo pero a súa aplicación é moi dificil xa que para que haxa ricos ten que haber pobres e viceversa. É inxusto pero é a nosa realidade.
Comentario de Gonzalo y Andrea (12-03-2009 09:55)
4 Ó PCE foi creado no ano 1920 froito dunha escisión do PSOE, os novos comunistas pertencían á internacional auspiciada por Lenin (recordemos que a Revolución Rusa foi no ano 1917) en contra do PSOE quen seguía a II Internacional (disolta no comezo da Gran Guerra).

O comunismo en España tivo unha gran importancia nas seguintes 2 décadas cun grande apoio á loita obreira. Durante a República tivo presencia no parlamente e foi un dos que se rebelaron durante o bienio negro; durante a guerra civil os reximentos comunistas tiveron moita relevancia pola súa boa organización e disciplina, aínda que#blgtk08# tamén nesa época produciuse a escisión entre os troskistas (POUM, no que participou o famoso escritor George Orwell) e os stalinistas apoiados pola URSS. Acabada xa a Guerra tivo unha forte presencia na guerrilla (maquis) aínda que despois do fracaso no Val de Arán (asalto ideado polo PCE), tivo una baixa importante. Durante a ditadura experimentou un gran sindicalismo e foi co que a xuventude dos anos 60 e 70 identificabanse. Na democracia o comunismo participou activamente, ainda que agora xa esta de capa caida e a decadencia notase na cupula de IU (partido formado por diferentes formas de esquerda)
Comentario de Juan Daniel e Zoraida (12-03-2009 10:10)
5 Primero leed un li#blgtk08#bro, luego opinad
Comentario de angel vengador (12-03-2009 10:52)
6 Confeso a miña desinformación sobre o tema do que falades. Penso que hoxe en día ainda hai certos prexui#blgtk08#zos sobre todo isto. Alguén podería recomendarme un bo libro de lectura sobre esta ideoloxía política?.
Comentario de Sonia (12-03-2009 17:51)
7 O Manifesto Comunista de Karl Marx, sen dubida ese é#blgtk08# o mellor libro para informarse sobre esta ideoloxía
Comentario de Manuel (12-03-2009 18:07)
8 Tamén é interesante "O C#blgtk08#apital", do mesmo autor.
Comentario de Adri.T (13-03-2009 08:33)
9 Sonia, o Manifesto Comunista daráche a información teorica do comunismo, si queredes saber o que ocorre na práctic#blgtk08#a podes ler O Archipiélago Gulag e se te interesa máis o tema dos dirixentes comunistas, podes ler Koba O Temible
Comentario de alfonso (13-03-2009 08:34)
10 Para contestar o comentario de Angel Vengador (que espero que sexa o teu apelido verdadeiro e non un perxoase do comic) neste blog non aceptamos ese tipo de ofensas contra os nosos compañeiros xa que estes esforzanse por levar a cabo est#blgtk08#a grandiosa labor que permite ós visitantes da páxina opinar libremente, expoñer a suas ideas. Ti non tes idea do importante que é iso, nin idea. E de paso poderías expoñer as razóns da tua acusación que falar por falar o fai calquera.
Comentario de Manuel (13-03-2009 08:45)
11 e outra cousa anxo vingador....non volvas a pos#blgtk08#tear en castelán, aqui solo ten cabida o galego
Comentario de Luís (13-03-2009 08:49)
12 "El libro negro del comunismo: crímenes, terror y represión". Este es otro l#blgtk08#ibro escrito por profesores universitarios que trata a parte negra do mesmo.
Comentario de Manuel (13-03-2009 08:51)
13
Persoalmente non creo que o comunismo sexa algo perfecto. O comunismo na teoría pode ser realmente o sistema máis perfecto pero na práctica nunca foi así, porque todas as veces que gobernou o comunismo pasou o mesmo e eses sistemas terminaron desaparecendo. O comunismo busca o ben común pero por agora, ao meu, o unico que me demostrou é que busca o be#blgtk08#n propio e só beneficiarse aquel que está a gobernar e para iso apóiase no comunismo para poder conseguilo, infundiendo na sociendad un ideal perfecto conseguindo asi chegar ao poder, prometendo conseguir todo o beneficioso para a sociedade para finalmente facer aquilo que só beneficie a uns poucos, aqueles que supoñen un beneficio para o gobernante.
Comentario de Carla (13-03-2009 09:15)
14 Eu plantexo o problema da prática do comunismo. E unha ideoloxía que plantexa unha sociedade preciosa pero por desgracia utópica. Sería #blgtk08#o primeiro comunista se o levar á práctica esta ideoloxía non fracasase, como sucedeu en todos os casos que se presentaron na historia.
Comentario de Manuel (13-03-2009 09:17)
15 Moito falades e moi pouco sabedes. De feito só catro de entre todos vos fostedes capaces de realizar o comentario de texto de K. Marx proposto na última clase que tivemos e que había que entregar o venres.

E postos a recomendar libros interesantes, eu suxiro a lectura dos "Manuscritos de Economía e Filosofía" deste mesmo autor. Ainda que nesa obra non se trata directamente a idea dunha so#blgtk08#ciedade comunista, faise unha análise moi interesante da noción de "Alienación" referida á relixión, á política e sobre todo á economía (traballo alienado).

A sociedade comunista -soñada por Marx- supón ademais da supresión dos antagonismos de clase, a abolición do traballo alienado e a implantación dunhas novas relacións de produccción baseadas na cooperación mutua e NON na EXPLOTACIÓN.
Comentario de Carmen (13-03-2009 22:36)
16 Como você pode pedir-me para falar galego, quando uma das pessoas #blgtk08#que muitas vezes só depois de escrever castelhano falando comigo?
Comentario de Angel Vengador (17-03-2009 11:23)
17
E continuando co asunto que nos ocupa... Marx intentou loitar contra a explotación da clase traballadora, esperaba que a revolución se producise nos países capitalistas máis avanzad#blgtk08#os porque neles aflorarían con mais intensidade as contradiccións económicas do sistema, pero non foi así.

¿Superará o sistema a crise na que estamos inmersos na actualidade?
Comentario de O clube das ideas (17-03-2009 19:11)
18 No mundo actual as ideoloxías políticas están en crise. Principalmente porque ningunha delas resolve os problemas dos cidadáns. Por outra b#blgtk08#anda, hai un desinterés moi grande sobre os asuntos políticos, pois algúns dos que exercen esa profesión non a desempeñan con honestidade.
Comentario de Xavier (20-03-2009 23:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons