O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Happy birthday, Charles
Como xa sabedes todos, este ano vai ser celebrado como o Ano de Darwin.

E iso por que?, pois porque o 12 de febreiro do 2009 cumpliranse 200 anos do nacemento de tan ilustre científico, e tamén os 150 anos da publicación dunha obra súa de enorme importancia na historia da Ciencia e da Filosofía, "A orixe das especies".
O longo deste ano haberá homenaxes de todo tipo, por parte de diversas institucións , publicacións en todo tipo de formatos, ata están a facer unha película sobre a sua vida, "Creation", para estrear próximamente.



A combinación entre os seus traballos de campo e a lectura dunha obra de moita actualidade naquel tempo, "Ensaio sobre o principio da poboación", de Thomas Malthus, inspiroulle o desenvolvemento da concepción da teoría da selección natural.

De momento deixamosvos algunhas ligazóns de interese sobre este naturista inglés. Atoparedes dende unha biografía, pasando por unha viaxe no Beagle e ata algunha obra publicada on-line.

Darwin 200
A teoría da evolución
Diario del Beagle
Charles Darwin.
Darwin: Icon of Evolution

E para rematar......un bo resumen das ideas de Darwin e do feito evolutivo según a moderna bioloxía (vídeo extraído do programa de televisión de Eduard Punset "Redes").




Escribe o teu comentario (30) - Categoría: Ciencia - Publicado o 05-02-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
30 Comentario(s)
1 Posterior a Darwin e a esta teoria da "seleccion natural", existe un movemento chamado neodarwinismo, que aplica os principios que sentou Darwin, pero "modernizados" e aplicados á xenética: todas as caracteristicas dun ser vivo veñen determinadas polos seus xens; isto non só refírese a se podemos ter os ollos azuis ou marróns, senón que tamén determina, por exemplo, a nosa personalidade, capac#blgtk08#idades intelectuais, etc. Segun Darwin, os seres vivos teñen como obxectivo pasar a súa información xenética cara unha xeración posterior, e nesa xeración soamente sobrevivirá o que mellor se adapte ao medio que o rodea. Os seres vivos estamos en constante evolución, e como dixo o propio Darwin : "É posible que o ser humán tal como o coñecemos non sexa o mesmo ser humán de dentro de mil anos"
Comentario de Adri.T (06-02-2009 08:51)
2 As primeiras reflexións evolucionistas sobre a natureza atopámolas nos filósofos presocráticos como Anaximadro e Empédocles. O primeiro afirmou que os seres vivos naceron da humidade e despois chegaron a zonas secas e viviron de forma distinta. Un século mais tarde Empédocles dicía que o ser humanno e os restantes seres vivos naceron da Terra, orixinándose#blgtk08# os seus órganos por azar. Estas reflexións non tiveron continuidade naquela época, pois a concepción estática e esencialista da realidade (como a de Platón...) fixeron que predominara o FIXISMO.

Durante séculos o fixismo estará vixente e atopará o respando da relixión cristiá, quedando así as teorías dos evolucionistas gregos esquencidas.
Comentario de Carmen (09-02-2009 17:45)
3 Certamente Darwin ten un mérito grande, pero para que poidera chegar a formular a súa teoría da evolución tiveron que resolverse certos problemas como:

1. A idade da Terra, a evolución necesita tempo, e este era mais ben escaso, daquela pensabase nuns 6000 anos aprox.

2. O segundo problema era a imposibilidade de cambio das formas vivas debido a que Deus produciunas tal #blgtk08#e como se coñecian.

3. Outra cuestión, as discrepancias surxidas entre o que a Biblia dicía e as observacións científicas.

4. Estaba pendente de facer unha catalogación e clasificación das diferentes especies existentes.


Os personaxes que mais contribuiron a solventar estes problemas foron Linneo , Buffon , Hutton , Lamarck , Malthus , e Cuvier.
Comentario de Xavier (10-02-2009 22:47)
4 Darwin foi un científico inglés, que xunto con Wallace, outro científico, formulou a súa teoría de que as especies non foron creadas por deus tal e como as coñecemos hoxe, despois de morrer un monxe do que agora denominamos a República Checa chamado Mendel cultivou uns guisantes e mediante moitas investigacions deu a coñecer a xenética que terminou de asentar os pequenos flecos que Darwin deixara sen resposta.

A teoría principal do darwinismo é que as especies ían evolucionando co paso do tempo, cousa que levou moito tempo demostrar xa que de aquela pensábase que a terra só teña 6000 anos, Darwin dixo que destas evolucións constantes dentro das #blgtk08#especies só sobrevivirían os máis adaptados, os máis fortes ou intelixentes, deixando atrás os outros, a isto Darwin chámalo a seleccion naturai.

Ista teoría presentou grandes problemas na súa época, eu persoalmente penso que é falsa, Deus creou a miña forma de ver as cousas a terra e o ceo, e todos os animais, incluido o ser humano, iste último a súa imaxen e semexanza, ademáis paréceme moi cruel facer unha selección dos máis adaptados, entón se leváramos ao extremo a teoría de Darwin que faríamos cos retrasados? Que faríamos cas persoas que teñen malformacións xenéticas de nacemento? Matálos? Deus nos fixo, e algún día tamén tedéremos un final
Comentario de Alfonso (12-02-2009 09:54)
5 A teoría de Darwin é a base do noso coñecemento que estamos aquí a estudar da evolución. Pero ocorre que Darwin serve tamén para explicar a aparición dunha especie como o Homo Sapiens, no de unha como os mamíferos nin moito menos dos vertebrados. Así pois, partendo desde feito un artigo do PAÍS sinala unha reunión celebrada p#blgtk08#or tres pioneiros da revolución da bioloxía onde os tres están convencidos de que a bioloxía do desenrolo é a clave para entender a evolución. Subliñan que os mecanismos darwinianos do cambio só son relevantes nos niveis filoxenéticos máis baixos, pois en cuanto entendamos como se xenera a variación entenderemos a evolución.
Comentario de SandrA (12-02-2009 09:54)
6 Darwin foi un científico inglés, que xunto con Wallace, outro científico, formulou a súa teoría de que as especies non foron creadas por deus tal e como as coñecemos hoxe, despois de morrer un monxe do que agora denominamos a República Checa chamado Mendel cultivou uns guisantes e mediante moitas investigacions deu a coñecer a xenética que terminou de asentar ous pequenos flecos que Darwin deixara sen resposta.
A teoría principal do darwinismo é que as especies ían evolucionando co paso do tempo, cousa que levou moito tempo demostrar xa que de aquela pensábase que a terra só teña 6000 anos, Darwin dixo que destas evolucións constantes dentro das #blgtk08#especies só sobrevivirían os máis adaptados, os máis fortes ou intelixentes, deixando atrás os outros, a isto Darwin chámalo a seleccion naturai.
Ista teoría presentou grandes problemas na súa época, eu persoalmente penso que é falsa, Deus creou a miña forma de ver as cousas a terra e o ceo, e todos os animais, incluido o ser humano, iste último a súa imaxen e semexanza, ademáis paréceme moi cruel facer unha selección dos máis adaptados, entón se leváramos ao extremo a teoría de Darwin que faríamos cos retrasados? Que faríamos cas persoas que teñen malformacións xenéticas de nacemento? Matálos? Deus nos fixo, e algún día tamén tedéremos un final
Comentario de Alfonso (12-02-2009 09:54)
7 Para a concepción dos evolucionistas comprender algo é situarse na perspectiva que permita vinculalo todo en estractos de relacións nos que uns dependen doutros, ata atopar o estracto mais básico.

Por outra parte, o proceso que abarca dende o inorgánico ata o home, ocupa unha posición moi importante entre estes dous procesos : a evolución humana (pensamento integrado e evolucionista) e os procesos inorgánicos (ciencias experimentais).
Podemos dicir qu#blgtk08#e estes dous procesos son, parte e resultado dun mesmo universo.

En resumen, a orde das ideas, é o conxunto de procesos que foi orixinando individuos cun nivel de integración escalonadamente crecente ( partículas subatómicas, atómcas, átomos, moléculas, individuos protoplásticos, células e animais ).Cada un destes niveis xurde como culminación da evolución conxunta do nivel anterior que mantén este nivel como condición da existencia.


Comentario de Andrea (12-02-2009 09:56)
8 Hace 200 años, el 12 de febrero de 1809, nació Charles Darwin.
Drawin con sus teorías afirmó la evolución de las especies, hecho que para su momento resultó muy controvertido. Esta teoría fue expuesta en su libro "El origen de las especies" y doce años más tarde publicó su otra obra "El origen del hombre" en la que aplicaba la teoría de las especies al ser humano. De esta forma se enfrentó a la opinión que en ese momento existía sobre la creación divina de los hombres.

Desde luego l#blgtk08#e debemos mucho a la teoría darwiniana ya que gracias ella podemos comprender la inmensa mayoría de los cambios sufridos en el mundo y nos permite comprenderlo de manera racional sin recurrir a mitos como hasta en su momento se hizo. Esta solo es una opinión personal que en Europa la comparte un 80% de la población algo que no ocurre en la primera potencia mundial, Estados Unidos. Este país todavía no enseña en sus aulas la teoría de Darwin y sigue apoyándose en otro tipo de explicaciones no demostradas.
Comentario de Sandra Bermejo (12-02-2009 10:00)
9 O ollo do águila e o cerebro humano son mecanismos dun deseño tan complexo que científicos como Newton darian por suposto que foron creados por Deus. Pero a teoria darwinista rechaza esa opción dando paso a unha teoría onde se pon de manifesto unha azarosa selección natural de competitividade e capacidades dos seres vivos, unha teoría que ameaza a existencia de Deus como deseñador dos seres xa que postula que os animais puidéronse deseñar sen necesidade dun deseñador.

Pero a bioloxía do desenrolo a descuberto que todos os animais se deseñan igual a partir dun módulo #blgtk08#exacto e o desenrolo debese á combinación de módulos formando novos deseños xenéticos. A pregunta que se pode plantexar na actualidade é:

¿Necesita o Darwinismo unha revisión?

Eu mostro a resposta dun experto, pero a pregunta quen queira contestala só ten que argumentalo noutro comentario: Eric Davidson, profesor de biloxía celular afirma que "calquera teoría evolutiva relacionada co cambio de deseño corporal que non se base no cambio dos mecanismos do desarrollo, que son os que construen ese deseño corporal, necesita unha revisión a fondo,dende logo"
Comentario de Manuel (12-02-2009 10:06)
10 Darwin, autor de "A orixe das especies", na súa autobiografía publicada en 1877, censuráronse algunhas partes nas que exponía con demasiada libertade, que o cristianismo parecíalle unha doctrina detestable, entroutras cousas.
Na súa autobiografía Darwin explica como nun principio foi un cristiá completamente ortodoxo fiel á Biblia, e como cada vez resultáb#blgtk08#alle máis difícil inventar probas capaces de convencerlle, pero finalmente chega a conclusión de que o cristianismo é unha doctrina detestable. Dende o descubrimento da ley da selección natural, Darwin descarta definitivamente a existencia dun Deus. Nesta autobiografía tamen afirma que supoñer que a benevolencia de deus non é limitada repuga a nosa comprensión.
Comentario de Olaia (12-02-2009 10:09)
11 Está claro que ainda hoxe, no século XXI segue a berta a polémica entre odarwiniwmo e o creacionismo.

Eu defendo a segunda das opcións. A seleccción natural de Darwin non pode explicar ó meu ent#blgtk08#ender o feito de que as especies que foron aparecendo ó longo do tempo sexan cada vez mais perfectas, que as primeiras en aparecen sexan superadas polas seguintes. É imposible que isto sexa resultado do AZAR.
Comentario de Sonia (12-02-2009 20:48)
12 Estimados/as, en el marco de las actividades del Proyecto Arjé (http://proyectoarje.blogspot.com) los convocamos a participar publicando en la tercera época de nuestra Revista, que será editada en formato digital a partir de marzo, distribuyéndose en formato PDF a través de nuestro sitio web y en soporte de CD en instancias de nuestro Ciclo de charlas y seminarios.

la Revista Arjé pretende ejercer de rescate y trinchera del ensayo, de espacio posible para retomar el ejercicio de una práctica que en la historia intelectual de nuestra pequeña aldea cultural ha resultado decisiva en la elaboración de aquellas ideas más sutiles y provocativas al #blgtk08#pensamiento. Suele decirse que lo breve es doblemente bueno. Como los textos que esperamos incitar a escribir, como los contenidos que esperamos brindarles. El desafío queda planteado. La invitación queda hecha.”

El tema es libre y su publicación queda sujeta a la aprobación del editor.

Enviar el texto por correo electrónico a: proyectoarje@montevideo.com.uy – pablorom@montevideo.com.uy (o pabloromero7@gmail.com)

La convocatoria es a autores nacionales y extranjeros y el plazo para recibir los trabajos para el primer número vence el 11 de marzo de 2009.

Abrazos,

Pablo Romero
Comentario de Pablo Romero (12-02-2009 21:35)
13 Darwin é un importante home na historia do ser humano, non pode negarse a súa relevancia para as ciencias. Seguramente hai poucas teorías que tiveran tanta discusión como a súa. Independentemente da
veracidade ou falsidade do seu traballo non pode negarse que foi un gran paso para a ciencia fronte á sociedade supersticiosa
da súa época, un#blgtk08#ha mente científica contra
unhas mentes pechadas. Nos nosos días a maioría dos científicos cren na teoría neodarwinista (ten certas modificacións respecto a antiga e da probas do que Darwin non sabía, isto é gracias a xenética moderna).

Aínda que é aceptada pola maioría dos científicos á xente de a pé non nos chega con suficiente claridade.
Comentario de Zoraida y Juan (13-02-2009 09:05)
14 Centrándonos na visión social do Darwinismo e o escrito por Darwin durante o seu viaxe a bordo do Beagle: sabemos que foi anotando moitas observacións sobre a vida social ( escravitude, pobreza, agresions...) dos diferentes lugares que visitaba e escribiu: «Se a miseria dos nosos pobres non se debe #blgtk08#á natureza senón as nosas institucións, grande é a nosa culpa». Na súa época xa comenzaron os intentos de fundamentar na natureza tanto as organizacións como as diferencias sociais. Así, o darwinismo, en versión social, incidiu nos acontecimientos sociopolíticos de finais do século XIX e de todo o XX
Comentario de Martín (17-02-2009 15:12)
15 Efectivamente, Martín. No século XIX algúns intelectuais como H. Spencer impulsaron unha corrente chamada darwinismo social.

O darwinismo social entendía as sociedades como se fosen organismos vivos. Según eles, os estados non debían intervir ante os problemas da pobreza e a desigualdade, p#blgtk08#ois así produciríase unha loita pola existencia na que só sobrevivirían aqueles pobos e aqueles sectores da sociedade biolóxicamente superiores. Consideraban que a "selección natural" non afectaba só as características biolóxicas dunha poboación senón tamén ás institucións sociais.


Comentario de Carmen (17-02-2009 17:44)
16 É collendo estas ideas que expuso Carmen, imperios emerxentes como o Alemán colleron estas ideas para dar a coñecer ó mundo a superioridad da seu pobo fronte ós outros, estás ideas empezaron a surxir a raíz da#blgtk08# victoria Alemana na guerra Franco-Prusiana, e despois o nazismo elevou as ideas de Darwin a un grado sumo, desencadendo ese episodio negro de la historia de la humanidad, para mantener pura a raza "superior".
Comentario de Martín (19-02-2009 21:20)
17 Ante todo gracias padilla, por permitirnos sumergirnos en un universo de nuevos conocimientos de ambitos muy variados.
Este blog impulsa a la creatividad y desarrollo de alumnos en pleno estado de aprendizaje, lo cual me parece una actividad didactica dign#blgtk08#a de enseñar fuera de este centro, para que otros alumnos puedan gozar de este nuevo movimiento.

Desde aquí te animo para que sigas dia a dia luchando por poder inculcar que divirtiendote tambien puedes aprender


Luis
Comentario de Luis (20-02-2009 09:11)
18 Darwin aportounos moito, tanto que fixo que dubidasemos acerca das nosas propias ideas acerca da relación que liganos con outras formas de vida animal que existen e existiron na Terra, e é que esta idea foi confirmandose co tempo ata hoxe, e aínda, segue habendo dubidas.
A razón de que aínda xente teña dubidas sobre isto, é que moita xente non ten suficiente coñecemento sobre o tema e tamén a gran relixiosidade da xente que cree que existe #blgtk08#un Deus que o creou todo e que non evolucionamos dos animais. Pero un dos motivos polos cales existe a ciencia e para desmentir aqueles mitos e buscar unha explicación máis real, como por exemplo demostrar se realmente existe Deus.

Recordar e celebrar a Darwin é unha maneira de demostrar que comprendemos todo aquilo que Darwin intentou transmitirnos, é unha forma de entender, de algunha forma, o mundo que nos rodea.

Comentario de Carla (20-02-2009 09:16)
19 Ola a todos, eu son David de 1ºbach"b" e neste apartado sobre a vida e as teorías de Darwin, eu vouvos falar sobre unha das suas teorías: A Teoría de selección natural.
Esta teoría dinos que nos ofrecía o mecanismo polo que a evolución tivo lugar, e mediante ela logr#blgtk08#aba explicar o fenómeno da adaptación bioloxica e a variación das especies en función dos climas e recursos.Non obstante, Darwin mantivo unha posición pluralista respecto aos mecanismos responsables do cambio evolutivo, admitindo entre outros, a lei lamarckiana do uso e desuso.
Comentario de david (20-02-2009 09:41)
20 Darwin tivo unha gran repercusión tanto no ámbito científico, sobretodo na bioloxía, como no ámbito filosófico. O darwinismo foi unha corrente revolucionaria que tecnicamente reducía a realidade a un so mundo, o mundo material e físico. Este é o mundo no que se poden poñer a proba as súas teorías e comprobar se son certas.#blgtk08#r />
As teorías da evolución e a selección natural son imcompatibles coas teorías do creacionismo, Darwin ía en contra do dualismo cristián; se o home deriva da familia dos primates xa non hai lugar para pensar que fora creado a imaxe e semellanza dun deus.


Paula Serra Sánchez
1º Bach B
Comentario de Paula Serra (20-02-2009 09:47)
21 A influencia de Darwin extendeuse por todo o ámbito filosófico, de feito, da mesma maneira que a teoría de Copérnico, que desprazaba á terra do centro do universo, e polo tanto desprazaba con ela ao home, a teoría de Darwin sinalaba a orixe biolóxica da especie humana dentro do contexto da evolución das especies. No obstante, nos seus inicio#blgtk08#s, a teoría evolutiva de Darwin tivo que enfrontarse a numerosos problemas non só ideolóxicos e filosóficos, senón tamén científicos. Un dos problemas era a ausencia de probas, a existencia de especies que deran explicación a todo aquelo. O evolucionismo biolóxico tamén influíu directamente en moitas filosofías como por exemplo a de Hegel.
Comentario de Natalia Castroseiros (1ºbac B) (20-02-2009 09:48)
22 Deberíamos aproveitar este ano do bicentenario de Darwin para reivindicar a súa obra e celebrar sua contribución definitiva a #blgtk08#nosa comprensión da vida e da humanidade. Hoxe as súas ideas forman parte do núcleo fundamental de toda a bioloxía científica.
Comentario de Alejandro Poza 1º-Bach (20-02-2009 09:48)
23 Hola a todos, gustaríame compartir convosco unha anecdota curiosa que lle pasau a Charles Robert Darwin. Cóntase que Darwin case non pode viaxar a bordo do Beagle por culpa do seu nariz. O que pasou, foi que o capitán do barco, Robert FitzRoy, era se#blgtk08#guidor das teorías de Lavaster, que dicían que pódese coñecer a unha persoa vendo a súa fisonomía. FitzRoy pensaba có nariz de Darwin reflexaba insuficiente forza e determinación, motivo polo cal estivo a piques de non admitilo na súa viaxe.
Comentario de Marco Antonio Iñarrea Santomé 1º Bach B (20-02-2009 09:50)
24 Darwin é o pai da teoría da evolución por seleción natural. Xeralmente denomínase evolución a calquera proceso de cambio no tempo, pero no contexto das ciencias da vida, a evolución é un cambio no perfil xenético dunha poboación de individuos, que pode levar a aparición de novas especies.

A teoría da evolución foi unha poderosa motivación para a reflexión filosó#blgtk08#fica dende as suas primeiras formulacións.
Darwin publicou o seu libro "O orixe das especies" que tivo unha gran repercusión no terreo da filosofía. Ademais Darwin sempre tivo interese na filosofía e el escribiu sobre filosofía cando tiña relación co ámbito científico. Polo cal grazas a Darwin agora sabemos que os organismos non foron creados nuns dias por un milagre.
Comentario de Susi 1bac "b" (20-02-2009 09:54)
25 O desenvolvemento científico que máis afectou á filosofía, despois de Newton foi a teoría da evolución de Darwin. O achadegos de Darwin facilitaron un soporte documental ó modelo aportado polo filósofo Herbert Spencer, segundo o cal a moral é só o resultado dalgúns hábito#blgtk08#s adquiridos pola humanidade ó longo da evolución.

Friederich Nietzsche deu unha explicación da tesis darwinista na que di que a seleción natural é unha lei básica da natureza. Segundo Nietzsche, a chamada conducta moral é necesaria tan só para os débiles.
Comentario de Lucía 1 bac B (20-02-2009 09:55)
26 Charles Robert Darwin who lived during the 19th century, was an English naturalist who observed and proved that all living beings have evolved from a common ancestor through the theory of evolution.
So #blgtk08#his theory has some philosophical implications as the opening of the universe and the emergence of new, implicit in Darwin's theory has significant implications for one of the classic problems of epistemology.
Comentario de alejandro 1º bach-B (20-02-2009 09:57)
27 ENGLISH
200 years ago,12 february 1809,had born Charles Darwin,author of "The origin of species." In his autobiography published in 1877, Darwin explains that he believe in God at first, but since the discovery of the law of natural selection, Darwin finally discard the existence of God.

GALEGO
Fai 200 anos, o 12 de Febreiro de 1809, naceu Charles Darwin,autor de "A orixe das especies". Na súa autobiografía publicada en 1877, Darwin exp#blgtk08#lica que el cria en Deus nun principio, pero dende o seu descubrimento da ley da selección natural, Darwin descarta definitivamente a existencia dun Deus.

ESPAÑOL
1809, nació Charles Darwin, autor de "El origen de las especies". En su autobiografía publicada en 1877, Darwin explica que el creía en Dios en un principio, pero desde su descubrimento de la ley de selección natural, Darwin descarta definitivamente la existencia de un Dios.
Comentario de Adrián-1º Bachillerato B (20-02-2009 09:59)
28

Charles Darwin e, sen dúbida algunha o arquitecto da moderna bioloxía evolutiva a par dun ilustre científico naturalista, aínda que en gran parte das súas teorías, a filosofía foi un factor de inspiración.
A “Teoría das especies” vai mas ala de ser unha simple teoría biolóxica, xa que as teorías darwinistas involucran a humanidade é sumamente imprescindible e#blgtk08# importante analizar polo miúdo cada un dos aspectos de ditas teorías.
Despois de facer un detallado traballo sobre as implicacións filosóficas dos traballos de Darwin, temos consciencia do desenrolo evolutivo das especies.
Darwin e un caso excelente de superación das adversidades da época, xa que defender semellante teoría evolutiva no seu tempo ten un gran mérito.
Comentario de Andrea e Fran 1bacB (20-02-2009 10:01)
29 A lo largo de su vida, Charles Darwin sintió curiosidad no sólo por la ciencia, sino por todo lo que le rodeaba. Así que cada vez que descubría un animal extraño se preguntaba qué sabor tendría después de pasarlo por la plancha. En la Universidad de Cambridge se unió al "Club del Gourmet", se reunía una#blgtk08# vez a la semana para probar rarezas. Durante el viaje del Beagle comió armadillos y agutíes. En la Patagonia probó el sabor del puma y en las Galápagos se zampó algunas iguanas y tortugas gigantes. Las tortugas le gustaron tanto que cargó 48 ejemplares en el barco para comérselas en el regreso.
Comentario de Aitor (20-02-2009 10:03)
30 Esta pagina esta bien para la gente que les gusta y otra #blgtk08# gente que no. A mi me gusta un poco, bueno os dejo. Chao
Comentario de anonimo (29-04-2009 12:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons