O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Bo hoxe, malo mañá.
Na Atenas democrática apareceron os sofistas, mestres ambulantes, desarraigados e forasteiros en tódalas polis. Filósofos que venden o seu saber, polo que serán duramente criticados.

Abandoan as abstractas discusións dos filósofos anteriores sobre a fisis e introducen novos problemas sobre o dereito, a política, a sociedade...

Critican as costumes, a relixión as institucións e introducen na sociedade o escepticismo ó ensinar a discutir o si e o non dunha mesma cousa. Defenden:

1- o relativismo: hai cousas que son xustas por natureza e hai cousas que son xustas polos acordos humanos.

2- O home é a medida e de él depende toda a moral dicía Protágoras. O dereito, o estado, a sociedade, a lei, a moral son resultado dun consenso entre cidadáns; é dicir dependen da polis na que estés.

3- A virtude (areté) lonxe de ser algo interior consiste no éxito político e social.



Escribe o teu comentario (13) - Categoría: Filosofía - Publicado o 28-05-2009 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentario(s)
1 O tema do relativismo, no texto citado, faime plantexar se partindo dos ideais que dita corrente filosófica defende, poderíamos dicir que existe algún tipo de valor moral absoluto. É dicir, segundo o relativismo existen tantas verdades coma seres cognoscentes. A verdade depende de factores físicos, psicolóxicos e culturais que inflúen nos xuízos que as persoas se fan sobre a realidade; partindo disto podería#blgtk08#mos afirmar que existen diferentes visións do mundo, do bo e do malo, e por tanto, sería imposible atopar un valor moral que manteña certa harmonía con todolos factores anteriormente mencionados(factores físicos, psíquicos e culturais).

No meu caso apoio todo isto, eu tamén penso que é imposible atopar un valor que sexa aceptado por todalas persoas e con todalas culturas existentes no mundo.
Comentario de Marco Antonio Iñarrea Santomé 1º Bach B (29-05-2009 09:54)
2 Con respecto ao relativismo,cada persoa ten unha forma de miralo diferente,por exemplo, un problema que a alguén aféctalle moito e non sabe como afrontalo,porque mírase atrapado nun lugar sen saída, pensa que todo pode ser malo, sen embargo, sempre vai haber alguén que lle faga pensar o contrario por que para outro suxeito iso non sería malo,aínda que a esa persoa lle poida afectar moito o que lle está a pasar,por iso, é relativo.Por iso o relativismo dos valores implica que unha acción para un suxeito pode ser boa e para outro suxeito mala,a iso se debe o exemplo que acab#blgtk08#o de comentar.Isto do relativismo, lévanos a ter varias ideas diferentes con respecto a moitas persoas,e polo tanto varios suxeitos que opinan e pensan diferente, e así poden facer cambiar as cousas que un pensa ou ten en mente, cousas que pensa que non teñen solución e sen embargo fanlle ver que si a teñen.Polo tanto, isto pódese entrelazar coa virtude, porque cada persoa ten moitas virtudes diferentes, polo tanto,isto é algo bo para o ser humano,porque hai unha maior perfección do entendemento,e tamén haberá un maior grao de relativismo entre suxeitos diferentes.
Comentario de Natalia Castroseiros (1ºBach B) (29-05-2009 09:56)
3 O tema do relativismo, no texto citado, faime plantexar se partindo dos ideais que dita corrente filosófica defende, poderíamos dicir que existe algún tipo de valor moral absoluto. É dicir, segundo o relativismo existen tantas verdades coma seres cognoscentes. A verdade depende de factores físicos, psicolóxicos e culturais que inflúen nos xuízos que as persoas se fan sobre a realidade; partindo disto po#blgtk08#deríamos afirmar que existen diferentes visións do mundo, do bo e do malo, e por tanto, sería imposible atopar un valor moral que manteña certa harmonía con todolos factores anteriormente mencionados(factore físicos, psíquicos e culturais). No meu caso apoio todo isto, eu tamén penso que é imposible atopar un valor que mostre certa relación con todalas persoas e con todalas culturas existentes no mundo.
Comentario de Marco Antonio Iñarrea Santomé 1º Bach B (29-05-2009 09:57)
4 Os relativistas defenden a non existencia de verdades absolutas, senón que só existen verdades relativas. Defenden que dependendo das circunstancias unha opinión pode ser válida ou non selo. Ao depender do punto de vista de cada individuo haberá tan#blgtk08#tos coñecementos válidos como puntos de vista, por esta razón, o criterio de verdade será moi amplo e dependerá dun punto de vista subxectivo. Esta teoría ten de positiva que respecta distintos puntos de vista e que rexeita as actitudes dogmáticas.
Comentario de Alejandro Poza Sánchez 1º Bach B (29-05-2009 09:57)
5 Relativismo:
O relativismo é unha teoría filosófica que considera que a verdade depende ou está relacionada coa persoa ou grupo que a experimenta.
O relativismo mantén que existen moitas verdades sobre as cousas, polo menos tantas #blgtk08#coma persoas creen ter un coñecemento delas.

Eu opino que o relativismo non é correcto,xa que por moitas persoas que pensen que algo é correcto,isto non ten por que ser certo.O ser humano xa se equivocou moitas veces.
(AdRï)
Comentario de Adrián Villar Viéitez - 1º Bach (29-05-2009 10:00)
6 O relativismo aparece cando queremos defender varias opcións posíbeis, as cales son defendidas polos que as enuncian.
O relativismo defende que non existe verdades universais absolutas, xa que estas afirmacións dependen de moitos factores externos ou non a elas, como son a situación na que son afirmadas nese momento ou o contexto.

O relativismo esta ligado o escepticismo. Os seus defensores promoven o respecto ás ideas, opinións e culturas distintas. Ten d#blgtk08#ous campos, xa que o relativismo pode ser forte ou absoluto. (onde un defende unha soa idea ou afirmación concreta, o outro refírese a un concepto mais xeral).

Ó meu parecer o relativismo poderíase aplicar a vida diaria, xa que as distintas afirmacións ou culturas non poden ser analizadas ou xulgadas só dende un punto de vista cultural, social, científico... temos que analizar os distintos factores que rodean as afirmacións para sacar unha idea concreta propia.
Comentario de Francisco Manuel Garrido Barreiro 1º Bacharelato B (29-05-2009 10:01)
7 O relativismo mantén que existen tantas verdades acerca das cousas como persoas creen coñecer esas cousas, xa que o relativismo di que as opinións que ten cada persoa acerca dunha cousa son verdadeiras se eles creen que o son.

Afirma que non existen verdades universales válidas xa que#blgtk08# depende do contexto, cultura, pensamento e sociedade nas que está inmersa a persoa ou grupo de persoas que as defenden. Segundo isto ningunha afirmación moral debe ser cuestionada, so ten que ter sentido dentro de cada cultura. Por lo que non existe unha cultura perfecta, todas son válidas.
Comentario de Lucía Chousal Rodríguez 1º Bach B (29-05-2009 10:02)
8 Ser relativista equivale a non ter conviccións: é a morte da persoa.
o relativismo non é unha doutrina xa que non se pode ser relativista ata as derradeiras consecuencias. Ortega dicía que ser relativista era un acto suicida.
#blgtk08# O relativismo ten variedades que son: cognitivo, moral e cultural.
O moral é cando afirmamos que a diversidades das ideas entre as distintas sociedades é irreducible, non se pode xuzgar un elemento cultural dende outra sociedade.
Comentario de David (29-05-2009 10:05)
9 Nada é verdade, todo está permitido.

Está pode ser considerada unha das grandes frases da corrente relativista, dita polo filósofo el lider dos nizaries Hassan-i Sabbah, o sabio da montaña.
Esta frase quere dicirnos, que non hai nada abosulto, senón que todo é relativo.
Xa que os dirixentes ismaelies valianse de enganos para enganar os xóvenes dais que eran os encargados de realizar os asasinatos selectivos. Para que nunca dudaran da súa causa eran enganados con visións do paraiso cando conseguiran rematar satisfactoriamente a súa misión.
#blgtk08#Esto non era máis que un engano pero esta mentira servía para conseguer un obxectivo de "fins nobles" por iso nada era verdade, porque servíanse de enganos para conseguir os seus obxetivos, e por iso todo estaba permitido no camiño para conseguer as súas metas.

Por eso pódese concluír que na sociedade humana todo é relativo.



Por otra parte e ante a pregunta surxida en clase, podo decir que Kant era Relativista, xa que basandonos no seu idealismo trascendental do tema 2 pódese dicir que Kant tiña unha simpatia hacia o relativismo.
Comentario de Martín (29-05-2009 10:08)
10 O relativismo é todo sistema de pensamento que afirma que o coñecemento humano é incapaz de alcanzar verdades absolutas e universais. Todolos pensamentos dependen de condicions ou contextos da persoa ou grupo que os estean a afirmar.
Existen varios filósofos que afirman que o relativismo defende a subxetividad#blgtk08#e e promueve o respeto hacia outras opinions e culturas distintas.
En cambio os que se opoñen a él, afirman que hai unha necesidade de asumir a existencia de verdades universais,validas para toda a cultura.
Despois de ler as duas opcions temos que dedicir se estamos a favor do relativismo ou en contra.
Comentario de Andrea 1 bach B (29-05-2009 10:10)
11 Certamente o relativismo dos sofistas ven a decir que o que hoxe é bo, mañá pode non selo. Pero preg#blgtk08#úntome eu: acaso a XUSTIZA non pode ser un valor universal querido e desexado por todas as persoas?
Comentario de Carmen (29-05-2009 16:40)
12 O termo sofista provén do grego sophistés. Esta corrente filosófica data dos tempos da Grecia clásica e afirma que non existen verdades universais válidas xa que depende do contexto e sociedade na que vive unha persoa.
Os filósofos mais importantes da Grecia do século IV antes de cristo, como son Platón e Aristóteles tiñan unha idea diferente á de estos filósofos clásicos, posto que criticaran aos sofistas polas suas trampas dialécticas, pretendendo ensinar a virtude e a ser home cando ninguén, dende un saber puramente sectorial como é do discurso retórico, pode arrogarse tal dereito. Platón dirá máis tarde que era "captura" de almas.
Dende Aristóteles, presomina o sentido pexorativo, afirm#blgtk08#a que sofista é quen utiliza do sofisma (que é un razoamente lóxicamente incorrecto).
Para algúns autores da época estes pensadores non eran filósofos propiamente dito e para os que tiñan esta opinión sobre eles tiñan algo en común: o escepticismo e o relativismo.
Os membros máis destacados da sofistica son: Protagoras, Gorgias, Hipias, Pródico, Trasímaco, Critias e Calicles. Só uns poucos conseguiron entender o que os sofistas querian decir realmente co seu pensamento posto que, índa agora hai algunha que outra laguna neste tema.
Nestes derradeiros anos o "sofismo" foi reivindicado polos autores:Fernando Savater, Matthew Stewart e polos novos seguidores do ultrapersperctismo.
Comentario de David Álvarez Martínez 2º bach (01-12-2009 15:43)
13 Os sofistas comezaron un novo modelo filosófico. Con eles aparecerá una manifestación das necesidades da polis, cuestións que teñen que ver co home e co que se quería facer de el.
Os sofistas espertaron un afán de cultura y de formación intelectual acorde co desenvolvemento do arte e da literatura da época. Así se converteron en uns primeiros mestres, dedicados a ensinar á poboación a sabedoría. Os seus métodos foron moi criticados (por Sócrates,Platón e Aristóteles entre outros), xa que dicían que as veces defend#blgtk08#ían unhas teorías e despois outras dependendo do diñeiro. Outros filósofos vían que cobrando pola súa sabedoría non estaban o servizo da verdade,senón dos seus propios intereses.
A pesar de moitas criticas polo seu traballo, foron os primeiros en decatarse da necesidade de educalos xoves. Afirmación que mais adiante Platón defenderá.

Tamén, ademais de ser os primeiros profesores, tiveron a audacia e o valor de criticaren a escravitude ,defendela liberdade de expresión e expandir a filosofía.
Comentario de Andrea Muñiz 2 BACH B (01-12-2009 19:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0