O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A arte de escribir ben
En ocasións, a expresión escrita condiciona a calificación dos traballos e dos exames. É habitual que ao recibi-la nota dun exame, levémonos unha sorpresa negativa porque nós esperabamos unha nota mellor.


O feito de ter unha letra horrible e difícil de entender, cometer moitas faltas ortográficas, esquecerse de signos de puntuación ou de ser incapaz de redactar máis de dúas frases seguidas son feitos que influen nas nosas notas. Por iso, adicar un pouco de tempo a mellora-la técnica de escritura supón unha boa inversión de cara ao futuro rendemento académico de calquera estudante.

Aquí tedes unha lista de algúns erros de redacción máis comúns:


1. Dequeísmo: uso incorrecto da preposición de: ?creo de que...?.
2. Erros de concordancia: ?as asociacións de alumnos quere convocar unha folga?.
3. Pleonasmos: ?subir arriba?, ?entrar adentro?.
4. Abuso de muletillas e comodíns: ?a nivel de?, ?de cara a?.
5. Construcións incorrectas: ?Se pode entrar??

E aquí ofrecémovos algúns consellos para mellora-la vosa escritura:

1. Redacta parágrafos máis ou menos iguais.
2. Divide as oracións con punto e seguido.
3. Non empeces as oracións con adverbios nin abuses dos adxectivos.
4. Evita a ambigüidade, pode crear dúbidas.
5. Moi importante, sé elegante: pensa que a xente vaite ler.


¡¡ BOS TRABALLOS !!



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Ensinanza - Publicado o 05-12-2008 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 Escribir ben é moi importante, para facelo é necesario o coñecemento da lingua que estamos a empregar, posto que o seu coñecemento nos otorga un vocabulario amplo ademais dunha correcta forma de expresión, asi pois, un texto ben escrito e redactado danos un#blgtk08#ha idea de quen o escribe e do coñecemento que ten tanto do tema como da lingua que emprega.

Escribir ben damos posibilidades ante a mellora a hora de crear un traballo ou unha redación ou calquera tema que teñamos que desenvolver escribindo.
Comentario de Sandrita (11-12-2008 09:32)
2 Tamén é moi importante saber empregar unha linguaxe apropiada para a situación; nuha redacción non é recomendable empregar con normalidade palabras e expresións que x exe#blgtk08#mplo, utilizaríamos na rúa cos amigos. Tampouco é boa idea utilizar unha linguaxe demasiado culta. Dominar a linguaxe é saber adaptalo á situación na que nos encontramos.
Comentario de Adri.T (11-12-2008 09:38)
3 Fillo, xa te teño dito que cando estás na escola tes que escribir ben #blgtk08#e non poñer POR cunha X.Cando chegues a casa voute dar unha malleira.
Comentario de Wifly's nai (11-12-2008 09:45)
4 Eu PeNsO QuE eScRiBiR bEn É uNhA mAnEiRa De PoDeR dIcIr QuE tEmOs RiQu#blgtk08#EzA dE vOcAbUlArIo, E PoDeMoS tRaNsMiTiR cOn FaCiLiDaDe O qUe pEnSaMoS
Comentario de (11-12-2008 09:49)
5 A xuventude de hoxe en día teñen cada vez máis faltas de ortografía, non é difícil chegar á Universidade e ver alumnos con graves erros como: palabras sen acento, confusións entre b-v.

Uns lugares onde se ve moito isto son Canarias e A#blgtk08#ndalucía co seu seseo e ceceo que son levadas á escrita, e , moitas veces fan dano á vista.
Autores como Juan Ramón Jiménez defendían unha escrita máis sinxela e cercana o pobo e non unha grande cantidade de regras difíciles de entender
Comentario de Juan Daniel (11-12-2008 09:49)
6 Dende logo as faltas de ortografía ou a mala expresión poden baixar a túa nota de maneira considerable. Cando un profesor corrixe un exame ilexible, cheo de faltas de ortografía e con mala presentación a súa valoración sobre o exame, aínda que a #blgtk08#pregunta este ben, baixa considerablemnte.

Cando nós, os estudantes, facemos os exames debemos ter en conta os cosellos que os nosos compañeiros recomendáronnos para mellorar a nosa escritura que, sen dúbida, é algo moi importante.
Comentario de Sandra (11-12-2008 09:50)
7 Eu quero destacar a importancia de un filósofo a hora de escribir, a sua forma de diferenciarse dos demais, este filósofo é Platón.

O problema que lle xurdiu foi a hora de plasmar as Ideas. Para el as ideas eran a perfección xa que diferenciaba entre o mundo fÍsico e o de estas. Cando queria plasmar a suas ideas ousexa transportalas ó m#blgtk08#undo físico resultaban ser defectuosas por non ter a perfeccion que tiñan na sua mente. El solucionou este problema escribindo os seus pensamentos en forma de diálogo como se estivera a conversar cun sofista, e deste modo foi capaz de plasmar a perfección da idea e que a xente o lelo puidera comprender exactamente o que el queria dicir.

Comentario de Manuel (11-12-2008 10:03)
8 Is inicios da escritura deuse cos sumerios que descubriron a escritura ideográfica e que co paso do tempo transformouse na escritura cuneiforme (cuneiforme probén do latín cuneus que significa cuña ou ranura).
Despois de esta esccritura apareceron os Xeroglifos, a Tripitaka(un tipo de escritura que en sánscrito significa ?triple cesta? propio do budismo), a escritura silábica e fonética...ata a chegada a nosa escritura.

Saber escri#blgtk08#bir é algo moi importante, e para que isto sexa posible é necesario coñecer ben a lingua na cal estamos a escribir. Moitas linguas son dificiles de escribir debido á súa complexidade, por exemplo o chinés é dificil de escribir debido aos miles de símbolos que contén e os cales se deben aprender á perfección para que a escritura sexa entendida xa que se está mal escrito pode significar outra cousa ou directamente que non se entenda nada.

Comentario de Carla (11-12-2008 10:10)
9 Pienso que escribir bien esta sobrevalorado, hay, por supuesto, que escribir con una corrección ortográfica y sint#blgtk08#áctica, pero hay reglas que se podrían considerar inútiles, y más para aquellas personas dedicadas a las ciencias.
Comentario de Sito (12-12-2008 08:36)
10 Na miña opinión, a verdadeira arte de escribir non é aquela que se rexe polas regras ortográficas, senón aquela pola que un bo escritor consegue expresar os seus pensamentos, sentimentos, etc....E non so iso, senón que tamén debe intentar invad#blgtk08#ir a mente dos que están a ler a súa obra. Dita lectura debe ser amena á par que debe levar ó lector a unha intriga constante que non o deixe parar de ler.

Para min calquera libro de calquera autor é bo se consegue facer todo isto.
Comentario de Zoraida (12-12-2008 08:46)
11 Moitos estudos demostraron que a letra dunha persoa é o seu espello, a súa personalidade, carácter...se unha persoa ten mala letra ou un pouco chanfull#blgtk08#eira, poderia dicirse que é unha persoa nerviosa ou de pouco carácter. A letra non só é a forma de escribir de cada un senon que é moito máis.
Comentario de Alberto (12-12-2008 09:06)
12 A min paréceme que tanto a escritura como a lectura é algo fundamental. E unha cousa está relacionada ca outra. A lectura desenrola as nosas capacidades para falar con maior soltura, canto máis les, máis soltura podes ter de vocabulario, e sobre todo, a vista chega a coller un sentido que as faltas ortográficas disminúen, polo tanto, paréceme algo esencial e importante para a vida.

Gústame moito ler, e cando teño tempo leo un pouco de todo, un dos libro#blgtk08#s que máis me gustou en galego, foi "Vento Ferido" de Carlos Casares, pareceume un bó libro, e sobre todo gracioso, e entretido, en castelán, sigo a colección de Stephanie Meyer, cos libros de "Crepúsculo", "Luna nueva", "Eclipse"...etc, que agora xa fixeron a película, e espero poder ir pronto a vela. Sen máis preámbulos, ler paréceme algo importante, así que se tedes tempo, recoméndoos! un bicoo!! e felicidades por levar a cabo este blog,que ten cousas interesantes!
Comentario de Nati (1º Bach. B) (12-12-2008 09:44)
13 Escribir ben e cun vocabulario extenso e importante,pero non o debería ser tanto nos exames importantes, xa que a falta de tempo e a cantidade de materia que#blgtk08# entra nestes adoita a ser un obstáculo pera a expresión escrita Iso si, debemos ter un vocabulario moi coidado en traballos e calquera outro tipo de tarefa.
Comentario de Adri. (12-12-2008 09:45)
14 Obviamente para saber escribir de forma correcta hai que pasar moito tempo diante dun bolígrafo, dunha folla e sacrificar parte do teu tempo para aprender e canto antes o fagas moito mellor para ti, non te levarás ningún disgusto negativo cando che den as túas not#blgtk08#as e vaisenche 2 puntos da nota final (que é moi posible que iso ocorra en calquera materia durante o curso). En conclusión o mellor tanto para ti coma para os teus padres é que se aprenda a escribir de forma correcta para non ter problemas cando sexas un adulto
Comentario de David (12-12-2008 09:47)
15 Unha correcta forma de escribir é importantísima xa que cantos máis coñecementos teñas dunha lingüa, máis fácil será o plasmar os teus coñecemento#blgtk08#s. No caso dos exames, coma mencionaron noutros comentarios, é obvio que se necesita un uso correcto da lingüa que se axuste á materia do exame.
Comentario de Marco (12-12-2008 09:48)
16 Cervantes decía que "la pluma era la lengua del alma". Me parece una frase que condensa mucho conocimiento y sentimiento.

Las palabras nos revelan a la#blgtk08#s personas que las expresan, su mundo, sus ideas, sus sentimientos; son algo así como un espejo, ¡merece la pena cuidarlas !

Saluditos

Comentario de Merche (12-12-2008 15:50)
17 Cervantes, Rosalía, Valle Inclán e un longo etc. fixeron da linguaxe escrita unha arte.

Dende que os fenicios defunden polo mundo enteiro o alfabeto fonético ata hoxe, a escritura cumpliu moitas funcións:
1. Permite a expresión persoal, con ela podemos manifestar e expresar todo aquelo que pensamos e sentimos.
2. Facilita as relacións sociais ó servir como med#blgtk08#io de comunicación.
3. E tamén é unha valiosa ferramenta ó servizo da arte e da ciencia ó permitir difundir as aportacións ó coñecemento.

A linguaxe escrita ten un valor incalculable, pois antes de que o home soupera escribir, a historia non existía. Respetar as normas morfolóxicas e sintácticas de calquera lingua supón un compromiso co pasado e tamén ca humanidade.
Comentario de Carmen (15-12-2008 11:58)
18 Escribir ben e a mellor satisfacción que alguen pod#blgtk08#e ter. Aprender dos teus erros é o mais importante
Comentario de Susii (1º Bach.B) (16-12-2008 15:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0