O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Dialogar.... para que?



Na antiga polis de Atenas, o primeiro filósofo en decatarse da importancia do diálogo foi Sócrates. Lonxe da frivolidade dos sofistas e valorando a palabra como expresión do pensamento prestábase a debater calquera asunto da vida pública.

Mais tarde, nos anos 70, surxíu en Alemania a Ética do diálogo, creada por dous filósofos: Apel e Habermas. Ambos pensan que é necesaria unha ética universalmente válida para solucionar os problemas globais que ten prantexados hoxe a humanidade.

Según ela, o que caracteriza ás persoas é a súa disposición a resolver de maneira pacífica e mediante o diálogo os conflictos que se poden prantexar nas relacións cos outros, pois ca linguaxe somos capaces de entendermos e razoar.O ideal moral destas éticas é a persoa dialogante que busca acordos e entendementos.

É claro que podemos utilizar a palabra co fin de enganar, ou vencer o adversario, pero o único diálogo que serve para lexitimar normas é aquel no que participan todolos afectados en pé de igualdade, libres e sen coaccións.


¿Consideraste unha persoa dialogante?

¿Cales son as características da persoa dialogante?



Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Filosofía - Publicado o 14-10-2008 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 Dialogar es un arte que pocas personas son capaces de dominar, dialogar es argumentar tus opiniones, es respetar las opiniones de los demás, es tener en cuenta que hay muchas visiones, #blgtk08#muchos puntos de vista para todos los problemas del mundo.
Para mi una persona que sepa dialogar bien es una persona que juega con ventaja en casi todos los aspectos de la vida.
Comentario de Alfonso (16-10-2008 09:36)
2 A persoa dialogante é aquela que resolve as súas diferencias cós demáis dunhna maneira pacífica, o fin da persoa dial#blgtk08#ogante é o de chegar a un acordo que favoreza a ambas partes sen utilizar ningún tipo de violencia verbal ou física.
Comentario de Irene (16-10-2008 09:36)
3 A utilización da palabra tiña que ter so unha finalidade, a do diálogo, e non a de enganar nin nada parecido.
As persoas dialogantes son aquelas que manteñen a idea de que a palabra é un utensilio co cal chegar a un entendemento entre os membros da sociedade. A característica máis importante para un diálogo é saber escoitar ó que tes enfronte e tamén #blgtk08#saber poñerse no seu lugar, así como entender ó que intenta explicar.
Outra característica que temos que resaltar é a capacidade de explicar o que nós queremos dicir sen intentar que a persoa que temos diante, cambie de opinión se non está convencida do que dicimos.

Considérome unha persoa dialogante xa que intento sempre respetar isto.
Comentario de Zoraida (16-10-2008 09:41)
4 Unha persoa dialogante é aquela que escoita a outra persoa e respeta a súa opinión sen intentar cambiar o seu parecer. Unha persoa dialogante non critica as opinións d#blgtk08#as demáis persoas. Unha persoa dialogante acepta as opinións dos demáis por que non todos pensamos igual. Unha persoa dialogante é sobre todo, unha persoa respetuosa.
Comentario de Carla (16-10-2008 09:45)
5 RAZOAR CANDO FALAS É IGUAL A DIALOGAR

Considérome unha persoa bastante dialogante, pero ás veces cando teño unha opinión sobre algún tema, cústam#blgtk08#e moito falar diso con outra persoa de distinta opinión.
Pero se a outra persoa dame razóns consistentes, sen dúbida, cambiarei de opinión sen problema.
Comentario de Adrián Rodríguez (16-10-2008 09:46)
6 Unha da característica máis importante da persoa dialogante é que asume as consecuecias dos seus actos.
Esto non pasa en todos os momentos, pois as veces os políticos demostran que a súa#blgtk08# capacidade de diálogo e inferior a dun neno de cinco anos. Esto tamén ocorre nalgúns filósofos como Kant que a súa hipocresía invade o planeta coas súas regras de convivencia.

Comentario de Manuel (16-10-2008 09:56)
7 Dialogar é algo que sempre se lle deu mal ao humano durante todas as épocas e en todos lugares; o propio egoísmo da especie dificúltao aínda máis, hai pouco tivemos a noticia en Vigo dun rapaz ao que apuñalaron por non lle dar lume a outro. Unha sociedade de dereito como na que vivimos esta deseñada para resolver as cousas mediante o diálogo: escoita#blgtk08#r e fala. Pero cada vez mais a barbarie e a violencia impóñense mais nas nosas vidas e deberiamos facer un esforzo para evitala, persoalmente non me considero unha persoa moi dialogante pero esfórzome en selo. Unha persoa dialogante debe saber escoitar, responder con argumentos e non con violencia, ter paciencia e capacidade para recibir críticas negativas.
Comentario de Juan Daniel (16-10-2008 09:58)
8 O diálogo (do gr. διά (diá, a través) + λόγος (logos, palabra, discurso) hoxe a palabra «diálogo» puxose de moda, e emplease para designar os mais diversos tipos de conversación, aunque non sempre aparezcan suficientemente nela os criterios de apertura, atención as ideas do interlocutor e disposición a modificar os propios puntos de vista.
E, sen embargo, estes criterios deberían presidir todas as conversa#blgtk08#cions.

O gran enimigo do diálogo e de toda búsqueda aberta da verdade e a «vontade de poder». A renuncia o poder podese manifestar no diálogo de diversas maneiras: por exemplo no retenendo información o adversario, ou expoñendo abertamente non só os puntos fortes senón tamen os débiles (non sempre sinxelamente percibidos polo interlocutor) da sua propia posición. De todos estos factores depende a fructuosidad do diálogo.

Comentario de David (16-10-2008 10:05)
9 Unha persoa dialogante é aquela que sabe empregar a palabra.

Dialogar é un acto que todos deberíamos de empregar sempre, pois p#blgtk08#ode salvarnos de moitas situacións, asi como solucionar problemas ou levarnos a conclusións que nos axuden a facer da vida algo mais completa.
Comentario de Sandrita (16-10-2008 10:06)
10 Saber escoitar.

Se unha persoa quere comunicarse mediante o dialogo, ten que saber escoitar xa que así podrá rebatir con argumentos os pensamentos do#blgtk08# seu interlocutor.
Non só sérvenos para rebatir ideas, se non tamén para axudar os demais.
Simplemente escoitando a outra persoa xa estamos axudandoa.
Comentario de Anchy & Gonzalo (16-10-2008 10:10)
11 Dos vosos comentarios podemos deducir xa algunhas características da persoa dialogante:

Sabe escoitar (como indica Anchy, Gonzalo e Juan Daniel)
Resolve as diferencias cos demais de forma pacífica (Irene)
Ponse no lugar dou#blgtk08#tro (Carla e Zoraida)
Sabe razoar, argumentar (Adrián)
Asume as consecuencias dos seus actos (Manuel)
Respeta ós demais (Carla)
É aberta e gusta da conversación (David)

¿Quedará algunha mais?
Comentario de Carmen (19-10-2008 01:27)
12 Unha mais: a persoa dialogante e capaz de rectificar as súas propostas se os outros presentan mellores argumentos.#blgtk08# />
Facer isto realidade é complicado porque case sempre pensamos que a razón témola nós e iso e inamovible.
Comentario de Xavier (20-10-2008 20:56)
13 O diálogo parece non ser capaz de resolver un dos problemas que actualmente ten prantexado o estado español: o TERRORISMO.

Co ate#blgtk08#ntado do xoves na Universidade de Navarra ETA demostra que dunha maneira cega e fanática só persigue a ruptura da convivencia entre todos nós.
Comentario de Sonia (02-11-2008 01:40)
14 Como di Sonia, parece que o dialogo non pode resolver certos problemas, como o do terrorismo en España.

A#blgtk08#índa que sexa algo desalentador, o dialogo soamente é eficaz cando se úsa con alguén que tamén está disposto a dialogar.
Comentario de Adri.T (07-11-2008 09:02)
15 Como se vén dicindo en todos os comentarios anteriores eu tamén penso que, unha persoa capaz de dialogar é unha persoa respectuosa e que sabe escoitar opinións diferentes ás súas, que as respecta pero que ó mesmo tempo defende as súas propias.
Pero, o que si está claro e que, pa#blgtk08#ra que haxa diálogo é imprescindible que ámbalas dúas partes estean a favor de manter ese diálogo, pois, de non ser así, produciranse enfrontamentos que chegarán a unha solución a través da violencia ou a privación da liberdade de expresión. Solución na que sempre alguén é perxudicado.
Comentario de Sabela (2ºA) (13-11-2008 12:49)
16 Unha das características máis importantes dunha persoa que dialoga cos demais é unha persoa que asume as consecuencias de todos os seus ac#blgtk08#tos. Eu son unha persoa que me gusta dialogar cando quero resolver un problema, e cando termino de falar con alguén síntome moito mellor.
Comentario de Lorena (2º Bach) (13-11-2008 12:57)
17 O diálogo pode ser una solución xusta, en tanto as dúas partes están de acordo, e ceden para a consecución dun ben común. Se ben un pensa nos tempos que corren, o diálogo pode quedar desprazado; #blgtk08#as partes non se poñen de acordo, e buscase un beneficio persoal, non mutuo. O diálogo ben pode solucionar os problemas, pero cada vez é máis difícil que se dean as circunstancias para que xorda.
Comentario de Miguel (2ºA Bach) (13-11-2008 13:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons