O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Ante a violencia de xénero.........tolerancia cero
Malo, malo, malo eres
Non se dana a quen se quere non
Tonto, tonto, tonto eres
Non te penses mellor cas mulleres

.......

BEBE; Malo


O 25 de novembro conmemórase o Día Mundial contra a Violencia de Xénero. No que vai de ano morreron por esta causa en España 69 mulleres. A violencia está cada vez mais presente no conxunto da sociedade, estamos mesmo acostumándonos a ela. O maltrato doméstico contra as mulleres non para de aumentar, o número de mortos polas súas parellas pon ó descoberto unhas relacións asimétricas de poder e desigualdade.

Dende aqui,
hoxe recordamos a Daniel Oliver,
estudante de 23 anos que perdeu a vida
en Valencia ó 17 de outubro
ó intentar defender a unha muller do seu agresor.


Estamos convencidos de que a violencia non é unha cousa natural senón aprendida, e polo tanto se pode modificar. Habería que educar os afectos, para así frear a violencia, desenrolar esa habilidade, as veces esquecida, chamada intelixencia emocional que nos permita manexar os sentimentos e guiar os nosos pensamentos e accións na dirección axeitada.



Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Muller - Publicado o 25-11-2007 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Vexo que toda a blogoteca está unida en pro da desaparición desta lacra social.

Todos xunt#blgtk08#os pola fin da violencia de xénero.

http://www.blogoteca.com/enfergal/index.php?cod=26612
Comentario de Enfergal (25-11-2007 19:57)
2 No mundo da filosofía, o propio Aristóteles afirmaba na súa obra "De generatione animalium" que as mulleres eran "homes mutilados", seres con moi pouca capacidade para razoar.

Sorprende que creencias coma es#blgtk08#ta, que durante anos propugnaron a inferioridade do sexo feminino, non fosen desmanteladas por científicos posteriores como Bacon, Descartes, Newton, M. Curie, ou Einstein, que botaron luz sobre tantas cousas do universo
Comentario de Carmen (28-11-2007 22:40)
3 O que eu penso sobre a violencia de xénero resumese neste párrafo:
Se me queres non me maltrates...
#blgtk08# se me maltratas non me queres...
se te quero non me maltratas...
se me maltratas NON TE QUERO...
Comentario de Irene (29-11-2007 11:32)
4 Actualmente, vemos o tema do maltrato cada dia no teledario.
Os nenos desde pequenos están acomstumbrandose a ver como morren mulleres por culpa dos seus maridos, mozos ou ex.

Xa levamos 70 mulleres mortas o longo do ano, e ainda non se encontrou ningunh#blgtk08#a solución,en vez de ir a menos vamos a mais.

Coñezo unha frase que resume perfectamente o que eu penso:

"A primeira vez é culpa túa, a segunda, miña"


Espero que este problema se solucione pronto

Un bico
Comentario de Silvia (29-11-2007 11:39)
5 Penso que è aberrante que un home poida considerarse superior a unha muller, e que pense que pode facer o que lle peta con ela so porque é a sua esposa.
A sociedade, mira hacia outro lado cando se trata de violencia de xénero e intenta quitarlle#blgtk08# importancia, xa que a violencia de xénero non so è que un home lle pegue a sùa muller, senón tamèn cando a anula social e persoalmente, xa que moitos homes prohiben a suas mulleres sair de casa pintadas ou arregladas se non van co marido o seu caròn.
Comentario de Maria (29-11-2007 11:48)
6 Na actualidade a poboación está mais sensibilizada con este problema que en tempos pasados. Hoxe a música e as cancións ademais de falarmos de amores e desamores, tamén DENUNCIAN estes comportamentos, e como me gusta moito a canción de Bebe, engado algunhas estrofas:

Apareciste una noche fría
Con#blgtk08# olor a tabaco sucio y a ginebra,
El miedo ya me recorría
Mientras cruzaba los deditos
Tras la puerta.

Tu carita de niño guapo
Se la ha comido el tiempo
Por tus venas
Y tu inseguridad machita
Se refleja cada día en mis lagrimitas.

Comentario de Sonia (01-12-2007 11:59)
7 Gracias Sonia, e benvida#blgtk08# ó blog.

Comentario de Carmen (01-12-2007 20:32)
8 A maior parte dos homes foron educados para sentirse superiores ás mulleres, xente que non acepta que as mulleres..sexamos capaces de facer as mesmas cousas que eles ...eu penso que non hay ninguén superior a ninguén defendo a IGUALDADE.
Se os homes se puxeran na mente da muller maltratada..ve#blgtk08#rían isto de outra forma..

Só mandar un gran apoio as mulleres que sufren iste inferno!

Xa somos 70 mulleres..que perderon a vida nas mans dos "insconscientes"...a seguinte podes ser tí o eu...

Me gusta o voso blog(alumna do voso instituto)

Comentario de Carla (4º Eso) (04-12-2007 20:12)
9 Mirade o que atopei onte nun libro de Poesía Popular Galega:

O teu amor, Mariana
é de papel e mollous#blgtk08#e
ahora, Marianiña, o noso amor acabouse.

É preciso saber poñer fin o amor dunha maneira civilizada.
Comentario de Xavier (05-12-2007 21:53)
10 Bueno, pois eu dou o meu apoio á causa.

Non sei que poñer de máis neste arquivo#blgtk08# pero me pasarei polos demáis.

Por certo son MaRcHe no comentario de filosofía.
Comentario de Marcial F. (1º BACH-A) (17-12-2007 20:40)
11 Tódalas deficiencias que pode chegar a ter a sociedade é por culpa dos que a integran, se segue existindo a violencia machista é porque permitimos que ocorra, xa que aínda que non nos demos conta son secuelas que quedan da discriminación cara a muller é da inferioridade que tivo ó longo da historia. A solución que #blgtk08#creo que é precisa é unha correcta educación, pero tamén como se pode educar a un neno explicándolle que está mal se cando chega a casa é o que habita no seu fogar. A erradicación da violencia machista non debería de necesitar nada para desaparecer, deberíamos de darnos conta por nós mesmos de que non é correcto.
Comentario de Paula - 1ºBacB (12-12-2008 09:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0