O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Baixo o poder dos símbolos. A propósito da MEMORIA HISTÓRICA


Os símbolos representan os valores,
as metas e a historia daqueles que os mostran.
Os pobos, como os homes, mostran a súa madurez
cando asumen a vida xa vivida e fan xustiza co pasado


O xugo e as frechas
. Provén de Virxilio (70aC-19aC). As frechas simbolizan a guerra e o xugo as labores dos labregos.

No século XX estes símbolos foron tomados polos Falanxistas españois como sinal do esplendor da patria. Outro símbolo foi o "saúdo romano" (brazo dereito extendido ca palma da man aberta).

Mais adiante o réxime do Xeneral Franco aceptounos como seus. É difícil sabe-lo número de víctimas que provocou a represión exercida polo dictador.
-------------------------

Estrela de David. Símbolo do xudaísmo. Tamén chamada Selo de Salomón. Na Idade Media empregouse para distinguir ás comunidades e distritos reservados ós xudeus.

A Reconquista da Península Ibérica polos cristiáns provocou tensións e enfrentamentos. Houbo persecucións antisemitas, matanzas e expulsións das cidades. O Gran Inquisidor, Tomás de Torquemada intervíu moi activamente na expulsións dos xudeus do país.
-------------------------

Pentagrama invertido. Asociado durante moito tempo á máxia e ó misterio. Foi utilizado nun principio como talismán de protección. Para os Druidas era símbolo da cabeza de Deus.

Entre os séculos XV e XVIII deuse unha persecución intensa da bruxería, sobre todo de mulleres ás que identificaban por este símbolo e acusaban de dar culto ó demo. Baixo a autoridade do Sacro Imperio Xermánico producíronse 110 mil procesos e 60 mil execucións

-------------------------

A Cruz gamada. Aparece na iconografía, arte e diseño ó longo da historia da humanidade. Se menciona por primeira vez nos Vedas (Escrituras Sagradas do hinduísmo).

No século XX o nazismo adoptou a esvástica como emblema, así Hitler en Mein Kampt refírese a ela como símbolo da "loita pola victoria do home ario".
As cifras de víctimas pola represión nazi aproxímanse aos 11 millóns de persoas.



Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-11-2007 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 Na Coruña temos ainda mais de trinta avenidas, ruas e prazas dedicadas a destacadas figuras do golpe de estado e da dictadura:
Av. General Sanj#blgtk08#urjo
Cantón de Jose Antonio
Praza do General Mola
Estatua de Millán Astray, etc, etc.
Xa está Ben!!

Comentario de María (07-11-2007 21:42)
2 Eu estou de acordo con esta ley xa que seria recoñecer os dereitos da xente e familiares que han sufrido as consecuencias da dictadura.

Tamen añadir que #blgtk08#en España ai o redor de 70 colexios e institutos con nomes franquistas que coa chegada desta ley,que se se aplica de forma estricta,deberan desaparecer..

Comentario de Silvia (08-11-2007 12:00)
3 Eu estou de acordo con que desaparezan todas esas estatuas e alusiòns o franquismo, xa que non me parece lòxico que todavìa sigan no no#blgtk08#so paìs eses sìmbolos de represiòn e que recordan tantas mortes e tanto sofremento como o que houbo no noso paìs durante aquela època.
Comentario de Marìa (08-11-2007 12:04)
4 Está ben, está ben, pero..... O pasado dun país ten que ser tratado con moito respeto. Eu non estoi dacordo con moitos feitos sucedidos #blgtk08#durante e tra-la Guerra Civil, pero entendo que esa é unha parte da nosa historia e ainda que non queramos repetila, temos que asumila.
Comentario de Manuel (08-11-2007 16:36)
5 Nos tempos que corren non debería haber ningun impedimento para a liberdade de cada persoa ou dos seus familiares.
Para unha victima dunha dictadura ou os seus familiares non creo que sexa do seu agrado ver pola rúa o fanatismo que hai hacia a persoa,persoas ou grupos politicos que mataron,maltrataron ou foron/son seguidores des#blgtk08#as persoas.
A liberdade acortase para esas xentes que non son partidarias da persoa representada nas insignias ou estatuas,nomes de rúas,...e demais situacións.
Contestando ó comentario de "Manuel",creo que a historia de un país debería permanecer,pero....¿E se non te ves identificado con ese país?¿Tes porque aturar iso?
Comentario de "·Hadrian·" (09-11-2007 08:57)
6 Moitos acontecementos da humanidade, están escritos con sangue huma#blgtk08#na e non hai Deuses nin Patrias que xustifiquen semellantes abusos.
Comentario de Xavier (09-11-2007 16:12)
7 Os símbolos e as bandeiras estiveron sempre presentes en tódalas confrontacións bélicas, quizais por iso non despertan en mí ningunha simpatía.
Uns#blgtk08# e outros son signos convencionais que pretenden despertar sentementos patrióticos que uniformizan e anulan a nosa personalidade.

Saúdos!!
Comentario de Anónimo (09-11-2007 22:13)
8 Moitísimas grazas pola vosa participación, pero non quer#blgtk08#emos que os comentarios sexan anónimos.

Comentario de Carmen (13-11-2007 17:50)
9 Eu estou dacordo con esa lei...
Non temos porque aturar ningun de eses simbolos...è historia, si...pero non penso que sexa unha historia que debase respetar tanto, xa que tódolos símbolos, estatuas e demais foron impostos e estan ligados directamente cunha ideoloxía que deberiamos borrar e eliminar completamente#blgtk08# deste pais...Xa que por culpa de ela morreron miles e miles de persoas sen razón, soamente polo mero feito de pensar doutra forma da que estaba considerada "correcta"...
Non sei, o pasado non debe ser borrado, pero hay algunhas cousas que non deberían perdurar xa na época en que vivimos..

Bikos**
Comentario de Lucy (15-11-2007 19:28)
10 EU CREO QUE ÁS PERSOAS INTELIXENTES NON TEN QUE IMPORTARLLES ESES SÍMBOLOS,POR OUTRA PARTE ESOS SÍMBOL#blgtk08#OS DEBEN DE ESTAR AI COA INTENCIÓN DE VER A SORTE QUE TEMOS DE NON VIVIR BAIXO A INFLUENCIA DA FALANXE
Comentario de Alexandre 4 ESO (16-11-2007 22:57)
11 ese simbolos están ahí pola culpa do fascismo,non para ver a sorte temos de non vivilo se non para recordar que houbo xen#blgtk08#te cun fanatismo que chegaba a tal punto de mandar facer esculturas de eles mesmos para q as xeracións novas os recordasen
Comentario de Hadrian (20-11-2007 09:03)
12 Eu non creo que haxa que borrar todo noso pasado,xa sei que persoas e familias sufreron na época do franquismo,e queren borra-lo seu #blgtk08#pasado retirando estas estatuas e máis,son elementos,que forma parte da nosa cidade e axuda a indentificala.

*[Besos]*
Comentario de Carla 4 ESO (20-11-2007 19:32)
13 Alexandre, Carla e Susi, benvidos ó nos#blgtk08#o blog.

Un bico, Carmen
Comentario de Carmen (20-11-2007 20:39)
14 É verdade que esas cousas son dunha época que non é digna de recordar, e ás veces pensamos que non queremos que formen parte da nosa sociedade e do noso país. Pero igual que moitas outras cousas, non está nas nosas mans decidilo. Podemos estar a favor ou en contra, pero é parte do noso pasado. Por moitos símbolos que quitemos ou eliminemos sempre vai estar aí.
É o recordo dunha época, boa ou mala coma calquera outra. Os símbolos só teñen a importancia que nós lle queramos dar. Todo está na interpretación: ignorancia para os que os sufriron, odio para aqueles que os viviron, indiferenc#blgtk08#ia para aqueles que non teñen conciencia do que pasou e gusto para os que viviron neses anos un bó tempo.
Eu penso que hai que saber actuar con moderación. Na miña opinión non se deberían elimina-los símbolos históricos, pero si os que resulten violentos. Cada símbolo é un mundo e non creo que haxa persoa capaz de incluír nunha lei os artículos necesarios para actuar correctamente nin na metade dos casos.
Por iso non creo no poder dunha lei para resolver este problema.
A verdade que non se me ocorre unha forma distinta de facelo, espero que a vós si.

Biç0$
Comentario de Alba Meira 4º ESO (21-11-2007 21:32)
15 Un simbolo non ten o significado ou a importancia que ti lle des, ten o significado e a importancia que lle deron aqueles que o puxeron....
Eu creo que todolos simbolos falanxintas resultan violentos por igual...#blgtk08#
E por ultimo non penso que ningun simbolo falanxista poda identificar unha cidade sexa a nosa ou calquera... e se o fai..penso q temos fronte a nos un problema mais grave do que cremos...

BiKos**
Comentario de Lucy (28-11-2007 21:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0