|
|
¿Sociais por natureza? |
|
Entre os pensadores que defenden a natureza social do ser humano está Aristóteles (s. IV a C.). Na súa Política argumenta do seguinte xeito:
. O ser humano é, por natureza, un animal
cívico.
. A razón principal é que só o ser humano posúe a
palabra.
. Os humanos posúen o sentido do bo e do malo, do xusto e do inxusto.
. A cidade é unha comunidade perfecta e posúe a
autosuficiencia total.
¿E tí que pensas?.....
|
|
|
|
14 Comentario(s) |
|
1 |
Gustaríame facer varias observacións, coa venia:
1. Con respeito ó argumento do home como "animal cívico" por natureza: O ser humano, ás veces, é un "animal" e un "incívico" (ex.: botellón).
2. Con respeito ó argumento da palabra como fundamento da civilización: en sentido amplio, se cadra teríamos que falar de "pensamento abstracto", en xeral.
3. Con respeito #blgtk08#á cidade: é certo que determinadas acepcións do término teñen connotacións históricas claramente liberadoras (ex.: as polis gregas ou as vilas medievais exentas de señorío). Mália iso, hoxendía, calquera psiquiatra pode poñer de manifesto o carácter claramente alienante do modus vivendi urbán.
Habería tanto que dicir sobre todas estas cousas...
Unha apertiña! |
|
|
Comentario de cansendono (27-10-2007 23:14) |
|
|
2 |
Aristoteles dalle moita importancia o don da palabra por riba da voz.
Pensa que os homes foron dotados do privilexio da fala para poder expresar os seus sentimentos e diferenciar o bo do malo.
Eu creo#blgtk08# que non sempre,por natureza, aprendese a diferenciar entre o bo e o malo.
Esta diferencia ben dada pola sociedade a que pertenzas xa que en cada unha, existen valores morais distintos.
Saudos!!! |
|
|
Comentario de *Silvia* (30-10-2007 10:53) |
|
|
3 |
Aristóteles, no libro "Polìtica" fàlanos da concepcion que ten da cidade, para èl a cidade è perfecta, autosuficiente e ademàis promove o v#blgtk08#ivir ben, no sentido de desenrolar as virtudes que posùe cada indivìduo; Aristoteles defende tamèn que a cidade é unha comunidade natural. |
|
|
Comentario de Maria (30-10-2007 11:02) |
|
|
4 |
Eu creo que Aristóteles confúndesé ao dicir que o home non é nada sen vivir nunha sociedade,a pesares de que hai persoas que por mor de diferentes causas non o fan, este é o caso dos nenos salvaxes cós que podemos facer frente a varias ideas que temos dende sempre.
Estas ideas son:
·A idea de vivir sen ningun tipo de estado,xa que dende sempre se dí que vivir sen estado é vivir na maldade pero no caso dos nenos salvaxes isto no#blgtk08#n é certo.O estado marca na sociedade a maldade ao poñer algun tipo de límite á nosa liberdade.
·A idea de Kant de que o home solo pode ser home mediante a educación,non é certa xa que os nenos salvaxes viven sen ningun tipo de educacion,aprenden mediante un instinto.
Os nenos salvaxes non vivenen sociedade nin saben o que isto representa,pero son persoas coma nós.
Con isto e sen máis que dicir,despidome. |
|
|
Comentario de ··· (30-10-2007 11:20) |
|
|
5 |
Estamos tan afeitos a vivir en sociedade, a compartir a nosa vida cos demais que vemos niso o efecto dunha tendencia natural en nós. Pero ¿e se nos equivocásemos?.
Crer na sociabilidade humana non significa crer na solidari#blgtk08#edade e a cooperación das persoas, xunto as relacións mais harmónicas e cooperativas o ser humano tamén establece relacións de competencia, rivalidade, tensións, conflictos e incluso, as veces, violencia (recordade o que decía T. Hobbes) |
|
|
Comentario de Carmen (30-10-2007 18:51) |
|
|
6 |
O primer caso coñecido dun neno salvaxe remóntase o ano 1800. Apareceu en Francia un neno (Victor de l´Aveyron) que medrara só nun bosque.
Os titores se ocuparon de socializalo pero ainda #blgtk08#que aprendeu algunhas cousas nunca chegou a integrarse na sociedade. Pareceme que nin sequera aprendeu a falar.
Parece, pois, que a experiencia social é decisiva nos primeiros anos de vida |
|
|
Comentario de Xavier (03-11-2007 19:48) |
|
|
7 |
Eu penso que as persoas somos sociais por natureza,pois ata os nenos salvaxes neces#blgtk08#itan socializarse(neste caso con animais)para aprender a sobrevivir e a vivir... |
|
|
Comentario de Irene (29-11-2007 22:15) |
|
|
8 |
Eu penso que o home si é social por natureza, xa que sempre tendemos a arrimarnos a alguén e cando sentímonos sós ou non temo#blgtk08#s amigos, deprimímonos.
Aínda que todo depende do carácter de cada persoa, según o dependente que sexa ou non.
|
|
|
Comentario de Andrea (27-02-2008 14:05) |
|
|
9 |
Aristóteles defende que o fin ó que tende a alcanzar o ser humano é a felicidade. Eu estou #blgtk08#de acordo con el.A finalidade ten que ser que o ser humano sexa feliz e viva en sociedade. |
|
|
Comentario de Marta - 2ºBach D (27-02-2008 14:06) |
|
|
10 |
As persoas para poder vivir en sociedade necesitamos dunha persoa/institución que controle os nosos actos e po#blgtk08#ña límites porque os seres humanos en estado de liberdade tendemos a destruirnos entre nos para sobrevivivir. |
|
|
Comentario de dani (08-10-2009 09:01) |
|
|
11 |
Nos pensamos que Aristoteles ten razón e que nós cando nacemos xa somos sociables porque desde el primer momento no que vemos a alguén sempre tendemos a acercarnos a el ben sexa para xogar ou relacionarnos...
Pero isto tamen depende da mentalidade de cada un, hai persoas que non tenden a relacionarse moito, xa pode ser por vergoña ou porque a esa persoa non lle gusta r#blgtk08#elacionarse coas outras persoas e é máis independente, pero isto é un caso aparte porque a maioria da xente ten amigos cos que se relaciona cada dia, por exemplo no instituto que todos temos algun que outro amigo, unos mais e outros menos pero os temos hai para o que necesitemos.
Dito isto nos pensamos que Aristóteles ten razón e que todos somos sociables por natureza. |
|
|
Comentario de Fran e Saúl (08-10-2009 09:04) |
|
|
12 |
Os seres humans somos por natureza salvaxes y precisamos dunha educ#blgtk08#acion axeitada.O ser humano ten que ser feliz e vivir en sociedade. |
|
|
Comentario de Yo (08-10-2009 09:10) |
|
|
13 |
Eu penso que Aristoteles di que o ser humano é#blgtk08# o unico capaz de razonar y tomar decisiones. |
|
|
Comentario de Pedro Martinez (08-10-2009 09:12) |
|
|
14 |
Nos pensamos que o ser humano temos un cometido na vida, ser felices. Para acadar a felicidade
hai que intentar cu#blgtk08#mprir os nosos soños. As veces os soños son dificiles de cumprir pero non
por iso tenmos que deixar de intentalo. |
|
|
Comentario de 4º eso B (08-10-2009 09:12) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|