O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Os nacionalismos
Enténdese por Nacionalismo un movemento socio-político de orixe romántica que nos seus inicios promoveu as unificacións de nacións como a alemá ou a italiana. Hoxe en día, e achegándonos á realidade existente na sociedade na que vivimos, cómpre relacionar o nacionalismo con aquelas comunidades que se perciben como nacións formando parte dun estado e que demandan ao devandito estado o seu dereito de autodeterminación (nacionalismo desintegrador).
Na actualidade, a cara externa dos nacionalismos pode ser vinculada a ideoloxías radicais e hostiles cara os exogrupos. Non obstante, o nacionalismo non está asociado a unha ideoloxía concreta, senón o que realmente busca é lograr a autodeterminación para un grupo colectivo (Breully, 1982); polo que este movemento pode atopar diferentes orientacións políticas. Se nos cinguimos ao nacionalismo como reivindicación política, supón a expresión dun desexo de autodeterminación; polo que falar de nacionalismo implica directamente falar do significado que teñen para o individuo as consecuencias que son desprendidas de algúns tipos de relacións entre os diferentes grupos étnicos, o cal pon de manifesto un feito máis que evidente: a relación entre os grupos non é equitativa e os grupos con máis poder impoñen unhas cláusulas que perxudican a aqueles grupos con menos poder.
Doutra banda, o filósofo alemán Immanuel Kant (1724-1804) establece no segundo artigo definitivo do seu libro "A paz perpetua" unha concepción dos pobos (neste caso, beneficiados únicos e directos do movemento nacionalista) como estados independentes entre si, polo que todo estado pode e debe afirmar a súa propia seguridade, requerindo aos demáis para que entren a formar con el unha especie de constitución, o que conformaría unha Sociedade de Nacións, que cómpre diferenciar do "Estado de Nacións". Segundo Kant, todo estado implica a relación dun superior (o que lexisla) cun inferior (o que obedece), co que moitos pobos reunidos nun Estado verían a ser un só. Precisamente aquí, segundo este filósofo alemán, debemos considerar o dereito dos pobos, uns respecto de outros, en canto a que forman diferentes Estados que non deben ser agrupados nun.
Segundo isto, e dende a miña opiniñon, o nacionalismo de tipo centrípeto (ou integrador) iría en contra do dereito esencial dos pobos á liberdade, tanto no plano lexislativo (ao haber un pobo con maior poder que absorbe a outro con menor poder é de obrigado cumprimento, na meirande parte dos casos, a lexislación do primeiro por parte do segundo) como no cultural (unha das culturas acabaría absorbendo á outra), sendo o máis "natural" dende unha perspectiva kantiana a variedade étnica e cultural agrupada nunha sociedade de nacións independentes, garantindo así os dereitos de cada unha.

Abandonando o punto de vista político e enfocando a perspectiva cultural, de cara á conservación das características propias dun grupo étnico en concreto tamén sería en certo punto beneficioso un nacionalismo centrífugo (desintegrador), dado que, ao non depender fiscalmente doutro Estado externo (co expreso significado de "dependencia" como unha relación desigual) non existe ningún tipo de coacción ou presión, tanto social como económicamente falando.

Unha vez presentados os dous principais tipos de nacionalismo (centrípeto, utilizado polos imperios; e centrífugo, empregado polas nacións disgregacionistas), convén analizar os pros e os contras de cada un.

O nacionalismo centrípeto presenta vantaxes de cara ao Estado dalgún xeito superior, xa que, e aquí volto a Kant que na súa obra "Sobre a paz perpetua" di, "A diferenza entre os salvaxes de Europa e os de América está principalmente en que moitas tribus americanas foron devoradas polos seus inimigos, namentres que os Estados europeos [···] fan algo mellor: os incorporan ao número dos seus súbditos para ter máis soldados cos que facer novas guerras [···]." Con isto, conclúese que os Estados que absorben a outros máis pequenos dispoñen libremente dos recursos (humanos, económicos...) de devandito estado para seguir medrando e/ou expandíndose.

Doutra banda, o nacionalismo de tipo centrífugo, inda que é beneficioso de cara ao autodesenvolvemento dunha nación-Estado, presenta certo tipo de limitacións, xa que, como Estados independentes é probable que atopen dificultades sobre en que sustentarse económicamente, sendo na meirande parte dos casos escasamente autosuficientes.

Fronte a estas principais diferencias gustaríame destacar un modelo proposto polo escritor, debuxante e político A.D.R. Castelao no seu ensaio Sempre en Galiza, no cal expón para o actual Estado español unha República Federal constituída polas diferentes nacionalidades históricas da Península, co que se solventarían gran parte dos problemas: entre os mesmos, existiría un apoio económico no competente aos gastos estatais, pero cada Estado federal seguiría mantendo unha ampla parte da súa autonomía, tanto política como cultural. con isto, considero que se pode establecer un punto intermedio no que se consolide un estado composto por varios pobos ou nacións independentes, sempre mantendo cadansúa autonomía pero, como di o saber popular, a unión fai a forza.


(Artigo de Nicolás Alén Guimeráns)


Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Actualidade - Publicado o 17-04-2017 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 En primeiro lugar, cómpre dicir que o nacionalismo foi tanto un movemento que provocou a escisión de estados no SXIX como a unficación doutros territorios (véxase o xa citado caso alemán e italiano ).Así pois xurdiu no contexto dos liberalismos, tralo intento de expansión do Imperio Napoleónico a comezos deste mesmo século. Certos lugares comezan a ter a idea da ``conciencia nacional``que deriva en todo isto .Como movemento político, este xurde case paralelamente a noción de identidade que comezan a ter cataláns , vascos e galegos no noso país , que se ve favorecida ca chegada da 2 República e truncada máis tarde polo réxime franquista que reprimiu todo este tipo de manifestacións ``nacionalistas`` internas . O dilema entre elixir un nacionalismo centr#blgtk08#ífugo ou centrípeto chegou ca democracia . Desaparecida a República , despareceu tamén o concepto de República Federal na que tiñan cabida os nacionalismos centrípetos como federacións, polo que a opción do nacionalismo centrífugo é a que prevalece hoxe en día , tanto en movementos nacionalistas de dereitas como de esquerdas . A idea de defender o ``noso``é moi suxestible para algúns pero o que deriva disto é o rechazo do externo , primar o que é natural de aquí só por iso ,provocando desigualdades entre o foráneo e o nativo . Para que un nacionalismo saia adiante como opción política ten que haber un acordo casi unánime na poboación , o que é case imposible precisamente por defender o propio e rexeitar o externo , aínda que esto nos poida beneficiar .
Comentario de Brais Alonso Costas 2Bach C (05-05-2017 08:54)
2 Este artículo mostranos diversos tipos de nacionalismos un o centrípeto e outro o centrífugo, asi como a prespectiva de Kant e Castelan quen describiu no seu libro "Sempre en Galiza" unha república federal que integrase a todas as nacionalidades de Penímsula. O nacionalismos poden observarse de diversas maneras algúns defenden o nacionalismo metres que outros muestran una actitude moi reticente a cerca deles. Se ben é certo os nacionalismos causaron ao longo da histor#blgtk08#ia conflictos. Un exemplo do que pode ocasinar un forte nacionalismo e o caso que viviu España coa dictadura de Franco xa que este defendia o nacionalismo español a toda costa sendo incluso obrigatoria a súa defensa.Outro caso pode ser o caso de ETA fundada en 1959 como una radicalización do nacinalismo vasco que pretendía a independencia de Eusakadi.En conclusión os nacionalismos poden ocasinar preblemas ou ben solucionalos pero sepre depende da maneira de enfocalos.
Comentario de Elena López Del Río (05-05-2017 08:58)
3 Hoxe en día o tema dos nacionalismos produce unha gran controversia na nosa sociedade.
En España hay certas comunidades (galicia, pais vasco, cataluña) que teñen unha lingua e cultura diferenciadas e que se sinten diferentes ao resto do país e polo tanto, necesitan un tratamento especial a hora da sua autonomía respecto ao goberno de Madrid.
As actuacións e#blgtk08# a forma de tratar este tema por parte do goberno non é a mellor opción o que provoca, que a xente que busca maior liberdade radicalice as súas reivindicacións creando así grupos como E.T.A.

Por outra parte, tamén existe o nacionalismo español, aquel que defende a patria e a unión de España e que rexeita todas as ideoloxías que pretenden o contrario a isto.
Comentario de Paula Alvarez (05-05-2017 08:58)
4 Desde a súa orixe,os nacionalismos,centrípeto e centrífugo,xogaron un papel de grande importancia na construción do mundo moderno.
Na miña opinión,os nacionalismos foron o preludio da actúal globalización.
Hoxe en día,está a haber no meu país España varios movementos nacionalistas,e,para ser sinceros,creo que os gobernos actuáis non saben aínda hoxe,nun Estado democrático e de liberdades,como afrontar estas situacións.
Os gobernos que prece#blgtk08#deron a este,deberon considerar o Estado das Autonomías como unha solución a estes movementos disgregadores.
En Cataluña.o movemento nacionalista é especialmente forte,e o goberno,lonxe de tender a mano e aceptar as opinións do pobo catalán,prefire seu inmovilismo que o único que fai é incentivar aos nacionalistas. Na miña opinión,creo que a solución pasaría por un estado federal.
Eu non comparto ningún nacionalismo pero podo entender que os haxa.
Comentario de Roberto Pereiras (05-05-2017 09:00)
5 A liberdade de expresión das distintas posicións ideolóxicas é fundamental hoxe en día, sobre todo despois da dura etapa de represión que sufriu durante o réxime franquista. Aínda que haxa, por exemplo asociacións terroristas baseadas en principios nacionalistas como ETA, creo que cómpre quedarse coa cara boa da moeda e defender a liberd#blgtk08#ade de expresión dos nacionalismos, pois son un grupo ideolóxico máis que non debe ser discriminado de ninguna maneira fronte a outros grupos maioritarios. Coma sempre, creo que é fundamental a igualdade entre todos e o respeto hacia as posicións diferentes ou contrarias a túa, co obxectivo de convivir na mesma sociaedade pacíficamente.
Comentario de Elena Rodríguez (05-05-2017 09:10)
6 O tema dos nacionalismos é un tema moi polémico. Por un lado, están os nacionalismos que buscan a unificación de varios pobos nun Estado, e por outro, o de pequeñas comunidades que manteñen unha cultura e unha lingua diferentes á que lles é imposta polo Estado e queren diferenciarse del. O primeiro caso é moi #blgtk08#perigoso e pode acabar no fascismo, como no caso alemán, italiano ou no réxime franquista. Penso que non é correcto xa que estase impoñendo unha cultura, unha lingua e unha relixión (no caso dos estados relixiosos) a toda unha nación e todas as persoas que viven nela, o que incita á violencia e o rexeitamento.
Comentario de Andrea López Rodríguez (05-05-2017 09:10)
7 O nacionalismo é unha ideoloxía e movemento sociopolítico que surxíu xunto co copmcepto de nación propio da Idade Contemporánea nas circunstancias históricas das Revoluciones desde finais do sig#blgtk08#lo XVIII.
Nun país coma España temos os nacionalismos periféricos (Galicia, Cataluña, País Vasco) e o propio nacionalismo español, o que provoca aínda hoxe fortes polémicas sobre o tema.
Comentario de Marta Palomanes (05-05-2017 09:17)
8 Hoxe en día, o nacionalismo é un tema moi polémico.
Os nacionalismos, como ben din os meus compañeiros, xorden co concepto de Nación, introducida a comezos da Idade Contemporánea, ao mesmo tempo que ían xurdindo as "Revolucións" (francesa, industrial, liberal, burguesa...).
No noso país, non hai día no que este tema non apareza na prensa e nos medios de comunicación.

O nacionalismo inclúe ideas dunh#blgtk08#a conexión cultural entre os membros da nación e os seus antepasados.
Persoanlmente, penso que se unha nación ou territorio, non quere seguir pertencendo a un Estado, ten dereito "nacionalizarse", anteriormente sometido a referéndum. No caso de España, penso que esa lentitude e impedimento por parte do Estado español á Cataluña, é debido a que saben que Cataluña é unha das principais fontes de ingresos e turismo á España.
Comentario de Xoán López (09-05-2017 20:00)
9 Os nacionalismos hoxe en día causan moita polémica. Nacen co concepto de nación, propio da Idade Contemporánea nas circunstancias históricas da chamada era das Revolucións dende fináis do século XVIII.

Sempre ocupou unha gran importancia o tema dos nacionalismos en España e moitas veces os nacionalismo leváronse a extremos que chegaron a ser realmente problemáticos como é o caso do xurdimento de ETA que era unha organización que empleaba a loita armada para defe#blgtk08#nder o nacionalismo vasco que causou numerosas mortes en atentados durante moitos anos.
Actualmente, seguindo o tema de nación, un dos casos máis próximos á fecha e o caso de Cataluña que quere nacionalizarse e facerse independente de España.

Tamén cabe destacar que vivimos nun país onde hai liberdade de expresión e o nacionalismo está permitido porque cada un pode defender o que quere, respetando sempre e sen agredir nin física nin verbalmente a outros.
Comentario de Pablo Cuní Balayo (11-05-2017 17:06)
10 O sentimento nacionalista presentado en ocasións por certos grupos sociais, agrupacións políticas, comunidades... Responde á necesidade deses individuos de autodeterminarse, de diferenciarse como conxunto de persoas que comparten (normalmente) unha identidade, unha cultura, un pasado, unha lingua e un territorio.

Normalmente, estes sentimentos soen ser vistos a través de moitos prexuízos derivados de medos da autoridade pola posible perda de poder (sobre todo nos nacionalismos disgregadores). Estos prexuízos transmítense á poboación mediante campañas contra estes sentimentos, descriminando ás persoas pertencentes a tal identidade minoritaria.

Sen embargo, na miña opinión, os casos de nacionalismos disgregadores nos que s#blgtk08#e defenda a autonomía dunha parte da poboación cunha cultura, pasado e lingua propias deben ter a posibilidade de autodeterminarse politicamente , xa que as únicas razóns pola que non están xa autodeterminados son sucesos de carácter político ocorridas nunha época pasada.

Algúns exemplos destes nacionalismos disgregadores (por exemplo en España) son o galego, que reclama a independencia de Galicia do Estado español, que, cando foi Reino de Castela, aproveitou a precaria situación polítco-económica do Reino de Galicia para facerse co poder, instaurar a súa lingua e leis...; ou o Catalán, que defende a independencia de Cataluña, que, sendo Reino de Aragón pasou a formar parte do Reino de España derivado do matrimonio dos Reis Católicos.
Comentario de Alejandro Recouso Tresandi (12-05-2017 10:01)
11 Neste tema cabe discutir os extremismos que son utilizados frente aos nacionalismos. O nacionalismo unificador prentende a unidade do Estado pode derivar no nacionalismo, e isto sería moi perigoso. E outros como: o ga#blgtk08#lego, o vasco ou o catalán que queren a diferenciación do Estado ao que pertencen. Este é un tema que crea moita polémica o día de hoxe, sobre todo en España. Temos que ter en conta que estos temas son moi complexos.
Comentario de Aroa Mosquera (12-05-2017 11:55)
12 Un nacionalismo é toda aquela reivindicacion cultural dos trazos caracteristicos dun pais con cultura propia en canto a lingua, costumes, tradicion, etc. Calquera menisfestacion de nacinalismo pode ser positiva para a efensa e conservacion dunha cultura que pode estar en perigo de extincion, pero isto pode complicarse e derivar en conflictos cando se radicaliza.
Por unha banda, os nacionalismos poden chegar a ser motivo e conflictos a nivel mundial, como foi o caso da Primeira Guerra Mundial. Isto ocorre cando o nacinalismo c#blgtk08#hega ao extremo de considerar á cultura en cuestion como a única valida fronte ao resto, tentado asi implantala ao resto do mundo mediante a forza e a doctrina. Isto constitue unha opresion dos dereitos individuais a pertencer e practicar libremente a cultura propia, e incluso a allea.
Por outra banda, podese considerar positivo o nacinalismo de calquer pais si este se exerce de xeito respetuoso co resto de culturas e paises, practicando este movemento co obxectivo de realzar a cultura propia eante unha posible desaparicion.
Comentario de Adrian Otero Parada (12-05-2017 13:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons