O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A sociedade actual. Reflexións


Sinto a necesidade de transmitirvos estas reflexións que vou facer, pois non poden quedar só na miña conciencia, ten que ser compartidas coa intención de facer entre todos unha reflexión mais amplia.

As sociedades actuais ao meu parecer están moi mal estructuradas, os intereses persoais e o diñeiro xogan un protagonismo esaxerado, e os valores èticos e filosóficos quedan esquecidos. Estou seguro que moita xente sería capaz de cometer atrocidades por unha recompensa económica sen palpebrar. A necesidade é algo malo, pero é peor o exceso de ambición e a avaricia.
Estamos nuns anos de crise, pero lonxe de preocuparnos pola economía, por que non nos preocupamos polo noso futuro? Por que non nos preocupamos das novas xeracións?.

Ultimamente, estou a ver, que moitos mozos xa nacen sen valores,e, se nacen con eles, os deixan a un lado enseguida, pois asumiron que os cartos é o mais importante, o que implica que o diñeiro convértese nunha especie de medidor social. A min paréceme moi triste que nos estemos a preocupar da cor dos partidos que nos vaian gobernar e non dos valores que defenden. Pois as novas xeracións poden ser educadas tanto se gobernan os azuis,os laranxas, os verdes ou os amarelos.

Tamen hai que falar que na miña vida vin que a hipocresía e a falsedade chegara a un punto no que todo o que vemos ou deixamos de ver na política ou noutros ámbitos do mundo, é hipocresía pura, tanto no ámbito local, coma no autonómico, o estatal e hasta o mundial. Persoalmente, teño medo dos mandatarios que están a gobernar no mundo, pois, desgraciadamente, nesta sociedade somos uns monicreques que bailan ao seu son.

A modo de reflexión persoal, cheguei á conclusión de que vivimos nun mundo de apariencias, non buscamos ensinar a nosa realidade, seno ensinar o que temos, as nosas posesións, a nosa felicidade, creando unha irrealidade na que, se non andamos con ollo podemos quedar afundidos nela.
Non quero dicir que os cartos non sexan importantes, tampouco quero dicir que nunca houbese hipocresía, pero ultimamente está chegando a un nivel no que a bondade e a boa vontade vese mermada polos contravalores que nos fan comportarnos coma aves carroñeiras.
Esta visión da sociedade pode parecer moi pesimista, pero, lonxe de ser só una das miñas visions negativistas do mundo, é a realidade, e, sinceramente, espero que algún día esta situación poida revertirse e a sociedade poda mellorar.



(Artigo de Roberto Pereiras)



Escribe o teu comentario (26) - Categoría: Opinión - Publicado o 23-05-2017 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
26 Comentario(s)
1 Para reflexionar a fondo sobre a sociedade actual entendo que é moi apropiada a Filosofía, pero a L#blgtk08#OMCE pretende eliminala dos plans de estudo para facer cidadáns dóciles e sumisos.

Comentario de Sonia (04-06-2017 23:54)
2 As persoas, nesta sociedade científico-técnica, sentímonos cada vez máis pequenas. E cada vez plantexámosnos menos interrogantes e dúbidas sobre a nosa realidade. Ignoramos quen somos e ónde imos.

Recollendo as palabras de Adela Cortina: "É difícil coñecerse a sí mesmo, nunha civilización acelera#blgtk08#da, vertida ao exterior, cando monopolizan a nosa vida o e-mail, o teléfono movil, internet, o contestador , as esixencias burocráticas, as turbulencias do mundo económico, non digamos do teatro político... e así casi ata o infinito.”

O xénero humano hoxe é escravo das súas propias realizacións.
Comentario de Luís (05-06-2017 00:09)
3 A sociedade actual basease no diñeiro e na posesión de bens, xa que a xente con máis diñeiro e a xente que máis poder ten, e esta xente, a súa vez, e a que maior posibilidades ten de seguir aumentan#blgtk08#do o seu capital.
Ademais, todos os problemas da crise so afectan aos pobres, dificultando que estes podan sair do seu estado económico e por tanto, que podan levar unha vida normal.
Comentario de Nicolás Rodríguez 1º Bachillerato C (05-06-2017 17:52)
4 Estoy de acuerdo con el comentario porque es muy sincero, y habla de la realidad de nuestra sociedad, una sociedad capitalista en la que manda el capital que nos lleva a hacer atrocidades. Una sociedad en la que el gobierno roba, con un rey y presidente que se bur#blgtk08#lan de nosotros. Por otra parte nuestro futuro, las nuevas generaciones, desde mi punto de vista veo nuestro futuro un poco triste y negro, por la juventud de hoy en día de jóvenes perdidos a los que se le dan opurtunidades y acaban con ellas y con ellos mismos.
Comentario de Juan Sebastián Gaviria Yepes (05-06-2017 17:52)
5 A sociedade actual basease no diñeiro e na posesión de bens, xa que a xente con máis diñeiro e a xente que máis poder ten, e esta xente, a súa vez, e a que maior posibilidades ten de seguir aumentan#blgtk08#do o seu capital.
Ademais, todos os problemas da crise so afectan aos pobres, dificultando que estes podan sair do seu estado económico e por tanto, que podan levar unha vida normal.
Comentario de Nicolás Rodríguez 1º Bachillerato C (05-06-2017 17:52)
6 Vivimos nunha sociedade que valoramos. Valoramos a capacidade do ser humano de organizarse, de crear estados, partidos de diversas ideoloxías políticas... Pero esa sociedade que tanto valoramos, carece de valores. Como ben indica o autor do artigo, a ambición e a hipocresía do ser humano lévao a cometer atrocidades pensando únicamente nos propios beneficios sen reparar no ben común, malia que este sexa o principal obxectivo dunha vida en comunidade e sociedade. Unha das principais causas deste problema reside na educación d@s máis nov@s, xa que a base do cambio de pensamento e a mellora da sociedade está nas n#blgtk08#ovas xeracións. Dentro desta carencia moral, a ambición para min é un dos menores problemas. Existen problemas de raíz que impiden que o mundo avance, e o exemplo fundamental é a forte mentalidade machista que aínda hoxe reina nas mentes dunha parte da poboación demasiado grande. Se non recoñecemos dereitos e valores básicos como a igualdede (non só entre sexos senón tamén entre persoas de distinta raza, condición sexual, etc...) dificilmente poderemos afondar nos novos problemas que xorden nas sociedades modernas. Falamos dun problema de raíz, e é necesario acabar con el para chegar ao cambio e ao avance.
Comentario de Manuel Emilio González López / 1ºC BACH (05-06-2017 17:55)
7 Poderíase dicir que o autor deste artículo ten a razón cando fala da hipocresía e da falsedade o polo menos do que entendemos por ela, pero nós pensamos que isto non sempre foi así, xa que o ser humano tende a moverese polos seus propios intereses,#blgtk08# e tamén tendemos a confundir poseer bens materiais ou imaxe social, é dicir pertencer a un grupo social elevado, importante, con felicidade e iso convértenos en materialistas. Cando verdadeiramente a felicidade non ven dada polos biens materiais.
Comentario de María Calvar Arce, Miguel Martínez Novoa 1 BAC- C (05-06-2017 17:55)
8 Eu considero que a nosa sociedade basase nunha grande parte no poder adquisitivo, debido a o noso sistema económico, O problema desto e que os que carecen de propiedades ou cartos parecen no ser ninguén para a xente que se supón que no#blgtk08#s goberna e representa, facendo que os ricos acaben máis ricos e os pobres máis pobres.
Pero que podemos esperar dun pais onde os partidos xulganse polo seu color como di Roberto ou pola forma de vestir e físico dos integrantes.
Comentario de Abel Martínez 1ºBach C (05-06-2017 17:55)
9 O autor refírese repetidas veces á falta de valores da sociedade Occidental actual. É difícil manter uns valores nun mundo no que o acceso á información é incriblemente intensa, e con isto refírome tanto ás noticias obxectivas coma ás que non. É un pouco difícil, nunha sociedade non entreada psicolóxicamente para tanto mal xunto nunha mesma pantalla, tantas desgrazas e tanta destrucción; ser quen de manter o rumbo dos valores propios e lle facer frente, chega un momento no que a nosa mente pode chegar a desconectar, pode entenderse isto coma un entumecimento psíquico no que "perdemos a ilusión propia polo mundo."

Nalgún momento da nosa historia, os líderes espirituais mudaron a súa función orixinal, a función de sacar á xente da súa apatía e de darlles esperanza, mudaron da súa función de guías espirutuais que nos adoitaban encher por dentro#blgtk08# con relatos fantásticos incribles doutra época, e mudaron para se converter nas figuras autoritarias que hoxe coñecemos que, xunto co noso acceso á información fai que perdamos a nosa confianza neles, valeirarnos por dentro, e caer nesa falta de valores ó crer que vivimos nun mundo en pleno caos e maldad.

Pero esquecemos, esquecemos que a nosa cultura avanza, para ben ou para mal; redúcense a mortalidade e as desigualdades inmensas doutra época. Isto conseguiuse porque un grupo de xente recuperou nalgún intre da nosa historia aquela esperanza, sairon da súa apatía e expoñéronse á angustia, e insistiron en que os demáis puideran facer o mesmo.

En palabras de Sharon Brous, "Porque sabemos que o cambio social soamente sucede ao estar o suficientemente despertos, como para ver a nosa casa en chamas"

Voltémolo facer.
Comentario de Diego Valiño, 1ºC (05-06-2017 17:56)
10 Como di o autor non podemos caer na contradicion de creer que o ben persoal esta por encima dos bens coletivos.
Mediante a cultura do consumismo a sociedade foi mermando en calidade persoal e crecendo en pertenencias materiais. Agora os nenos non buscan achegarse aos amigos e ir xogar a pelota ou ir a dar unha volta, non me entendades #blgtk08#mal non digo que este mal o disfrutar dos avances tecnoloxicos que nos ofrece o nacer nesta era, pero sempre ai que ter un limite.
Creo que punto o que quere legar o autor é que habaria que centrarse máis nas relacións persoais e intentar non alcanzar a felicidade nos obexetos se non no cotiá, e disfrutar do camiño que e vivir.
Comentario de Iago Vila González 1ºC (05-06-2017 17:56)
11 É díficil decidir se un partido polítio vai lidarar o noso país cando estamos demasiado preocupados por a súa cor iso é certo, a xente ademais esta demasiado preocupada pensando en como divertirse e non nas consecuencias dos seus actos e iso desenbocou nestas xeracións nas que o número de nenos aplicados e preocupados polo seu futu#blgtk08#ro e país menguou significativamente e isto ten un impacto significativo na nosa cultura e polítia xa que calquera maoir de idade ten dereito a votar e elixir o goberno que él ou ela crean adecuado, na miña opinión o primeiro para ter unas elecións e unha política justa é educar os nosos nenos e mostrar interes pola nosa política.
Comentario de Matias Louzao 1ºBach C (05-06-2017 17:57)
12 O autor refírese repetidas veces á falta de valores da sociedade Occidental actual. É difícil manter uns valores nun mundo no que o acceso á información é incriblemente intensa, e con isto refírome tanto ás noticias obxectivas coma ás que non. É un pouco difícil, nunha sociedade non entreada psicolóxicamente para tanto mal xunto nunha mesma pantalla, tantas desgrazas e tanta destrucción; ser quen de manter o rumbo dos valores propios e lle facer frente, chega un momento no que a nosa mente pode chegar a desconectar, pode entenderse isto coma un entumecimento psíquico no que "perdemos a ilusión propia polo mundo."

Nalgún momento da nosa historia, os líderes espirituais mudaron a súa función orixinal, a función de sacar á xente da súa apatía e de darlles esperanza, mudaron da súa función de guías espirutuais que nos adoitaban encher por dentro#blgtk08# con relatos fantásticos incribles doutra época, e mudaron para se converter nas figuras autoritarias que hoxe coñecemos que, xunto co noso acceso á información fai que perdamos a nosa confianza neles, valeirarnos por dentro, e caer nesa falta de valores ó crer que vivimos nun mundo en pleno caos e maldad.

Pero esquecemos, esquecemos que a nosa cultura avanza, para ben ou para mal; redúcense a mortalidade e as desigualdades inmensas doutra época. Isto conseguiuse porque un grupo de xente recuperou nalgún intre da nosa historia aquela esperanza, sairon da súa apatía e expoñéronse á angustia, e insistiron en que os demáis puideran facer o mesmo.

En palabras de Sharon Brous, "Porque sabemos que o cambio social soamente sucede ao estar o suficientemente despertos, como para ver a nosa casa en chamas"

Voltémolo facer.
Comentario de Diego Valiño, 1ºC (05-06-2017 17:57)
13 É díficil decidir se un partido polítio vai liderar o noso país cando estamos demasiado preocupados pola súa cor iso é certo, a xente ademais está demasiado preocupada pensando en como divertirse e non nas consecuencias dos seus actos e iso desembocou nestas xeracións nas que o número de nenos aplicados e preocupa#blgtk08#dos polo seu futuro e país menguou significativamente e isto ten un impacto significativo na nosa cultura e política xa que calquera maior de idade ten dereito a votar e elixir o goberno que él ou ela crean adecuado, na miña opinión o primeiro para ter unas elecións e unha política justa é educar os nosos nenos.
Comentario de Matias Louzao 1ºBach C (05-06-2017 17:58)
14 Estamos dacordo con algunhas cousas do texto, como a idea de que na sociedade actual dámoslle demasiada importancia aos cartos e a apariencia.Os valores persoais deberían xogar un papel moito maior que os intereses persoais, non se pode vivir nunha sociedade tan superficial, na que se valore máis ter cartos que ser una boa persoa con valores éticos. O problema é que como di o autor a xente sempre intenta demostrar e aparentar cousas, e iso non é o importante. Tamén opinamos que, como di o autor do texto, moitos dos gobernantes actuais son moi #blgtk08#hipócritas. Sen embargo, tamén hai cousas coas que estamos en desacordo como o comentario de que nos preocupamos demasiado polas cores dos partidos que nos van gobernar e non dos valores que defenden. Isto , na nosa opinión, non ten sentido, xa que a cor dos partidos representa os valores que defenden, por exemplo, o PSOE, coa cor vermella representa os valores da esquerda e á axuda ao proletariado, así que dicir que as cores non importan, é unha falacia.
En conclusión, estamos bastante a favor do que di o autor, con algunhas excepcións.
Comentario de Alba Mora e Ángel López 1ºBach C (05-06-2017 17:58)
15 Poderíase dicir que o autor deste artículo ten a razón cando fala da hipocresía e da falsedade o polo menos do que entendemos por ela, pero nós pensamos que isto non sempre foi así, xa que o ser humano tende a moverese polos seus propios intereses,#blgtk08# e tamén tendemos a confundir poseer bens materiais ou imaxe social, é dicir pertencer a un grupo social elevado, importante, con felicidade e iso convértenos en materialistas. Cando verdadeiramente a felicidade non ven dada polos biens materiais.
Comentario de María Calvar Arce, Miguel Martínez Novoa 1 BAC- C (05-06-2017 17:58)
16 Coincido co autor na maioría dos aspectos que trata. Pero o que máis me entristece é a cuestión dos valores, refírome a que as persoas, especialmente a xente nova, de cada vez lle dá menos importancia aos principios que guían a súa conducta e o seu comportamento. Case ninguén guía os seus actos polos seus principios, senón que o fai polas consecuencias que poidan acarrear ou polos beneficios que poidan c#blgtk08#onlevar.

Na miña opinión, a hipocresía está directamente relacionada coa falta de valores, esto amósase en case todos os ámbitos da nosa vida cotiá, dende a política ata a escola. Acotío, podemos observar como as persoas só finxen o que son para que os demais non falen mal delas ou para aparentar ser mellores, cando deberían facer as cousas porque cren nelas ou, simplemente, non facelas.
Comentario de Noa Soage (05-06-2017 17:59)
17 Pois eu penso que Rober ten toda a razón, porque debemos de pensar mais nas próximas xeracións, que estan a ver que o importante e presumir de posesións e non ser humilde que eso e o mais importante, mentras que o mais importante non e iso, hai que ensi#blgtk08#narlles que o importante son os valores, axudar as persoas, compartir, non presumir do que ti tes e os demais non. En conclusión que debemos de deixar de pensar en política e en nosotros mismos e empezar a preocuparnos porque os nenos aprendan valores.
Comentario de Abel 1ºC (05-06-2017 18:00)
18 Eu penso que Roberto ten moita razón na súa opinión sobre case todo o que di, pero lamentablemente neste mundo chegamos a un punto no que ninguén pode facer nada por sí só. Con isto quero dicir que aínda que ti só te deas conta de algo que vai mal no mundo, aínda que o grites moi forte e algúns teñan similitude cos teus pensamentos non chegará a nada. Na miña opinión sobre a hipocresía, paréceme algo moi natural no sentido de que está desaparecendo causa de que cada vez máis persoas só pens#blgtk08#an en conseguir capital. Por iso cheguei á conclusión de que, como na evolución, unha especie intenta adaptarse segundo as diversas condicións para poder sobrevivir. O mesmo pasa co ser humano, que cada día máis o que se trata é de conseguir máis e máis capital e os valores están desaparecendo porque xa non son necesarios, por iso perdurarán os enganos e as artimañas. Tan só é unha opinión persoal e como xa dixen anteriormente, non pretendo cambiar nada ou almenos sei que non chegará lonxe.
Comentario de kamiña freestyle 1ºc (05-06-2017 18:00)
19 Pois eu penso que Rober ten toda a razón, porque debemos de pensar mais nas próximas xeracións, que estan a ver que o importante e presumir de posesións e non ser humilde que eso e o mais importante, mentras que o mais importante non e iso, hai que ensi#blgtk08#narlles que o importante son os valores, axudar as persoas, compartir, non presumir do que ti tes e os demais non. En conclusión que debemos de deixar de pensar en política e en nosotros mismos e empezar a preocuparnos porque os nenos aprendan valores.
Comentario de Abel 1ºC (05-06-2017 18:01)
20 Estamos dacordo con algunhas cousas do texto, como a idea de que na sociedade actual dámoslle demasiada importancia aos cartos e a apariencia.Os valores persoais deberían xogar un papel moito maior que os intereses persoais, non se pode vivir nunha sociedade tan superficial, na que se valore máis ter cartos que ser una boa persoa con valores éticos. O problema é que como di o autor a xente sempre intenta demostrar e aparentar cousas, e iso non é o importante. Tamén opinamos que, como di o autor do texto, moitos dos gobernantes actuais son moi #blgtk08#hipócritas. Sen embargo, tamén hai cousas coas que estamos en desacordo como o comentario de que nos preocupamos demasiado polas cores dos partidos que nos van gobernar e non dos valores que defenden. Isto , na nosa opinión, non ten sentido, xa que a cor dos partidos representa os valores que defenden, por exemplo, o PSOE, coa cor vermella representa os valores da esquerda e á axuda ao proletariado, así que dicir que as cores non importan, é unha falacia.
En conclusión, estamos bastante a favor do que di o autor, con algunhas excepcións.
Comentario de Alba Mora e Ángel López 1ºBach C (05-06-2017 18:01)
21 Eu coincido en que este mundo esta demasiado guiado polos cartos, e#blgtk08# a hipocresía na que a xente vive, o cal vai a rematar co mundo.
Comentario de Pablo Vaamonde Fernández 1º Bach C (05-06-2017 18:01)
22 Creo que tes toda a razón cando dis que moita xente sería capaz de facer case calquera cousa que poida perxudicar a outros con tal de obter unha compensación económica.
#blgtk08#r /> Esta sociedade na que vivimos é moi ruín e non creo que cambie nun futuro cercano. E non só os demáis, tamén creo que eu podería facer cousas perxudiciosas para os demáis.
Comentario de Antón Otero 1º Bacharelato (05-06-2017 18:04)
23 A sociedade leva sendo avariciosa e hipocrita dende hai moitos anos coas modas e outras guerras no mundo. Tes razón as sociedades están moi mal estrutradas e t#blgtk08#ampoco a xente fai nada por arreglalo por simples imaxes que darian aos demáis. Eu creo que alguna xente pensa como tu e quere axudar a esta sociedade corrupta.
Comentario de Hugo Cousiño 1ºBac (05-06-2017 18:04)
24 Creo que tes toda a razón cando dis que moita xente sería capaz de facer case calquera cousa que poida perxudicar a outros con tal de obter unha compensación económica.
#blgtk08#r /> Esta sociedade na que vivimos é moi ruín e non creo que cambie nun futuro cercano. E non só os demáis, tamén creo que eu podería facer cousas perxudiciosas para os demáis.
Comentario de Antón Otero 1º Bacharelato (05-06-2017 18:05)
25 Vámonos centrar nun tema, o materialismo, que é a idea que postula que a materia é o primario facendo que a consciencia exista como consecuencia desta. O materialismo afirma que o mundo é material e que existe independentemente da consciencia, é dicir, que a consciencia e o pensamento desenrólase a partir dun nivel superior de organización da materia. Na actualidade, moitas veces perdemos a opurtinidade de conocer grandes persoas só polo feito de dar máis importancia ao plano material, cambiando a forma de relacionarnos entre nos e poucas persoas non se dedicaron a volver a retoma#blgtk08#r a parte do plano interior (considerando como plano interior o espiritual, é dicir, o autocoñecemento, a empatía, a amabilidade…).
Observemos o noso entorno: nunha situación na que, por exemplo, houbese una persoa tirada na rúa, sexa pola súa situación económica ou por algún feito externo, prestaríamos a nosa axuda altruista se, como consecuencia teríamos que renunciar a faltar ao traballo ou a clase? Seguramente moita xente contestaría que sí, pero a maior parte da xente non cesaría de traballar para atender a ese individuo, todo pola motivación final: os cartos.
Comentario de Jose R. González y Jaime Caamaño (05-06-2017 18:08)
26 O noso problema é que non nos decatamos da pobreza que hai no mundo, das tribus nómadas que non poden vivir nun só lugar porque non teñen qué comer ou das rapazas que son casadas para que a súa familia poda seguir vivindo cos cartos do marido. A xente da nosa sociedade vive nunha burbulla, supoño que porque eles viven ben, #blgtk08#non pensan nos demáis. É verdade que hai xente que axuda, que vai alí e loita polos dereitos desas persoas pero, desafortunadamente, toda axuda é pouca. A ambición é o problema, é o que leva a que esa riqueza estea mal repartida. Os ricos queren ser máis ricos e os non tan ricos tamén o queren ser. Así non imos a ningures.
Comentario de Inés Alonso Méndez 1º Bach (05-06-2017 18:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons