O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Persoas non humanas























No ano 2014, en Arxentina, apareceu o caso de Sandra, unha orangutana que por primeira vez recibiu a condición de persoa non humana. Esta foille entregada por un xulgado de Bos Aires e máis tarde foi confirmada por outro xuiz da mesma cidade. Pero, que significa exactamente ser unha persoa non humana?.

A persoa non humana é unha proposta de figura xurídica que se pretende otorgar a certas especies de animais de notable intelixencia. Grazas a esta, estos animais pasarían a poseer varios dos dereitos básicos que se aplican aos seres humanos. De serlles adxudicada esta distinción, estes animais non poderían seguir encerrados en zoolóxicos, pois se estaría violando o seu dereito á liberdade. Os principais beneficiados por esta medida serían os chimpancés, orangutáns e resto de grandes simios; aínda que nun futuro tentaríase extendela a outras especies coma delfíns, orcas, elefantes e certos tipos de loros.

Actualmente, estas especies atópanse protexidas só pola lei de dereitos dos animais que impoña a lexislación de cada lugar, pero grazas ao recoñecemente de "persoa non humana", recibirían o recoñecemento de tres dereitos básicos ata o momento só aplicados a persoas naturais: dereito á vida, á liberdade e a no ser maltratados física nin psicolóxicamente.

A día de hoxe existen varias causas abertas para poder conceder esta categoría a varios animais. En Arxentina, para unha chimpancé chamada Cecilia; en México, para un orangután chamado Totó, e outra en Chile. Sen embargo, esta iniciativa só conta co caso de Sandra, do cal falei máis arriba, ao seu favor. Pero organizacións coma Nonhuman Rights Project en Estados Unidos e o proxecto Gran Simio en España continúan esforzandose para lograr que un xuíz conceda un habeas corpus, unha figura xurídica creada na Inglaterra medieval que recoñece o dereito a non ser privado de liberdade sen acusación, a algún destes animais. E, segundo o abogado estadounidense Steven M. Wise, con cada caso están máis preto de logralo.



(Artigo de Aida Bernárdez Italiani )


Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 07-03-2017 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 parece ser un lema claro e conciso: buscanse valentes,posto que os nenos de agora viven nunha sociedade moi abusiva na que o buying está a orde do dia.
Cada vez é mais frecuente esta situacion,quizais polas novas tecnoloxias,quizais porque os nenos de agora nacen con moitas mas ventaxes ca antes,isto da lugar #blgtk08#a unha dependencia, tanto tecnolóxica coma é o caso das videoconsolas e os móviles,por outra parte,dase unha dependencia a ter unha vida moi comoda onde teñen todo a altura dun clik,os valentes son aqueles que,pese a tamen pertencer a esta epoca son capaces de desatarse desas dependencias e crear circulos de amizade.
Comentario de Sandro Medeiros (28-04-2017 08:54)
2 "Dereito á vida, á liberdade e a no ser maltratados física nin psicolóxicamente", tal e como redacta a miña compañeira. Seica fai décadas, sería imposible falar desta concepción respecto ós animais. Dende a miña postura, defendo ferreamente o dereito á vida de calqueira animal, a súa liberdade e, malia que a moitos lle pese, a condena de calesqueiran maltrata-los.

Vou pola rúa, boto unha ollada e observo unha cadela. Inmediatamente mátoa dun disparo, a xente revóltase ante min. Encendo a tele, deixo na canle que re#blgtk08#produce corridas de touros. Él, saca a súa espada e mátao. É ovacionado e aplaudido polo público presente na plaza.

Con este dous exemplos quero denunciar a falta de coherencia na sociedade española, que namentres outros matan por necesidade, eles matan por un aplauso fácil dun público inmoral.

Conclúo, malia que sexan animais e moitos deles, outros non, seméllanse a nós, calqueira animal debe ter a súa listaxe de liberdades e dereitos, que sexan capaces de se sentir libres neste mundo intrasixente.
Comentario de Pedro Arias (28-04-2017 09:01)
3 No comentario menciónanse dúas organizacións a favor dos dereitos destes animais, o Nonhuman Rights Project en Estados Unidos e o proxecto Gran Simio en España; pero vou centrarme no primeiro.
O Nonhuman Rights Project (NhRP) é unha organización polos derechos dos animais americanos, sen ánimo de lucro, que tratan de cambiar o estatus legal de polo menos algúns animais, co obxectivo de asegurar os dereitos de liberdade do corpo e a liberdade deste.
Este proxecto, fundado por Steven M. Wise, comezou en 2007 como un proxecto do Center for the Expansion of Fundamental Rights; e foi en 2012 cando cambiou o nome a Nonhumans Rights Project.#blgtk08#
Por suposto, como sucede coa maioría dos proxectos, non todos están a favor. Algúns xuristas opuxéronse públicamente a misión e as metas do NhRP. O xuíz de apelacións Richard Posner, por exemplo, opónse a personalidade xurídica dos animais non humanos sobre a base de que a ley otorga aos seres humanos un estatus especial non pola súa intelixencia senón dunha "intuición moral máis profunda que calquera razón que puidese darse por ela ou impermeable a calquera razón que usted ou alguén puidese dar en contra dela".
Na miña opinión, está ben que se lles recoñezan dereitos aos animais, sempre que non se olvide que seguen sen ser persoas.
Comentario de Marta Palomanes (28-04-2017 09:07)
4 Eu,sempre tiven unha postura a favor dos dereitos dos animáis,pois é algo lóxico,obviamente,os animais son distintos a nós e,por tanto,non poder ter os mesmos dereitos,pero iso non é xustificación para non defender o dereito á vida ou a ter dignidade,eu creo que os seres humanos teñen aún unha percepción dos animais moi distanciada do que cabería esperar nunha sociedade do S.XXI.

Aún hoxe exis#blgtk08#ten seres que creen que os animais poden ser un medio de diversión,un xogete coma outros,esos seres,non merecen a categoría de persoa.

Eu creo,que otorgar a un animal a categoría de persoa xurídica,lonxe de poder presentar problemas,sería moi beneficioso para eles,pois non serían tratados como obxetos,e,ademáis,darían amparo ao respeto pleno dos seus dereitos,que,a día de hoxe,vense diezmados.
Comentario de Roberto Pereiras (28-04-2017 09:08)
5 Os animais merecen tantos dereitos como os seres humanos pois ninguén, é dono de nadie e tampouco debería selo dos animais. Os animais domésticos non existen, os domesticamos nos. Todos os animais deberían vivir en liberdade e non presos nun zoolóxico.
Polo tanto, respecto ao post eu estou totalmente de acordo con que se ll#blgtk08#e otorguen estes privilexios aos animais e que sexan considerados tan dignos como os humanos, debemos protexelos prque pertencen a riqueza do noso planeta e temos que realizar fortes represalias hacia a xente que os maltrata ou os utiliza como animais de caza, de pelexa etc.
Se cuidamos aos animais, estamos cuidando o mundo
Comentario de Paula Alvarez (28-04-2017 09:10)
6 Penso que calquera animal debería ter os mesmos dereitos que os humanos, non só os simios. Non me parece adecuado que os teñan encerrados en zoolóxicos separados das súas familias e contra a súa vontade, usándoos como unha mera atracción para os humanos.
Ningún ser se me#blgtk08#rece estar nesa situación. Así mesmo, penso que se deberían reforzar e endurecer as leis contra o maltrato animal, aínda moi presente na actualidade por desgraza. Espero que algún día os animais gozen dos mesmos dereitos que temos os seres humanos e sexan tratados como persoas.
Comentario de Andrea López Rodríguez (28-04-2017 09:14)
7 Os dereitos dos animais é algo que sempre está a ser comentado por moitas partes da sociedade, algúns están a favor deles, outros en cambio neganse rotundamente a recoñecer que os animais podan ter algún dereito. Nas cidades moitas veces obsérvanse manifestación a favor dos dereitos e liberdades dos ani#blgtk08#mais, que moitas veces nos zoolóxicos nos que están encóntranse nunhas situacións moi desfavorables semetidos a agresións ou case sen recibir comida.Con esta loita de querer declaralos "persoas" o que se pretende conseguir e a libertade e moitos dos deiretos que ao estar nun zoolóxico vense vulnerados
Comentario de Elena López Del Rio (28-04-2017 09:15)
8 Liberdade e dereito son dúas palabras fundamentais na concepción dunha sociedade, xa que todos os individuos sen ningún tipo de excepción deben ser libres.
Neste articulo podemos observar como estas características xurídicas sonlle atribuidas a certos chimpancés hoxe en día, que pasan a ser persoas non humanas, pero cos dereito#blgtk08#s xuridicos destas. Pareceme ben o que se está facendo, xa que se miramos un seculo atras, non había nin sequera dereitos para o xénero feminino, e hoxe en día atribuenselle incluso aos animais. Consideroa unha iniciativa fundamental para que podamos vivir dunha vez por unidos, non so os seres humanos, senón os seres vivos en global.
Comentario de Diego Castro (28-04-2017 09:19)
9 É importante que nunha sociedade como a nosa esta clase de iniciativas se esten a levar a cabo .En pleno apoxeo dos ideais liberais e a defensa que se fai deste tipo de dereitos esenciais no noso día a día , cólase o asunto animal . É ou non é correcto concederlle ós animais unha serie de dereitos e liberdades que ata entón só estaban ligadas ós seres humanos? Eu penso que sí pois vimos dunha cultura na que os animais foran explotados en moitos casos e tristemente maltratados noutros excusándono#blgtk08#s na nosa capacidade superior de ''razoamento'', pero se tal e como demostra este artigo as cotas de intelixencia de determinados animais acadan estos niveis qué debemos facer? pois a resposta lóxica sería conferirlles unha serie de dereitos e liberdades ( bases tamén da súa propia seguridade) que respeten a súa intelixencia como tal e, polo tanto, se impulsen este tipo de iniciativas que nos acheguen a manter as relacións que estos seres vivos , por mor da súa intelixencia , se merecen de nós.
Comentario de Brais Alonso Costas 2 Bach C (03-05-2017 13:09)
10 Persoas non humanas? Animais con dereitos? É un tema que deu e segue dando bastante de sí , xa que moita xente está a prol do dereito a vida dos animais e da súa liberdade .
Respecto a todo isto, eu pregúntome , se estamos tan convencidos de que lles pertencen eses dereitos "básicos" (como temos as persoas) ,que facemos comendo carne? ou peixe? ou moitos dos al#blgtk08#imentos que están a venta no mercado, dado que a inmensa maioría contén algo dalgún animal ; podén dicircho doutra maneira, pero o certo é que un peixe é un cadáver e un trozo de carne tamén supón unha morte ... Con isto quero dicir, que é moi fácil dicir que os animais teñen dereito a vida etc , pero se non somos consecuentes, todo o que dicimos perde o valor que ten.
Comentario de Olaia Iglesias (05-05-2017 08:53)
11 Os dereitos neses animáis paréceme un gran avance xa que non merecen ningún tipo de agresión ou maltrato (dereito á vida, á liberdade e a no ser maltratados física nin psicolóxicamente) pero considero que todos os animáis merecen non sufrilo polo que debería aplicarse para máis aparte dos simios.

Unha das organizacións unidas é Gran Simio en España que pretende #blgtk08#que os simios teñan a consideración de homínidos pola gran cercanía xenética que ten cos neandertales, erectus, etc. Pretende que se recoñezan os dereitos que se lle recollerían a estes se non houbesen sido extinguidos.

Como iniciativa paréceme que está ben e que realmente ten sentido que se recoñezan eses dereitos ós simos como homínidos que son e apoio a idea.
Comentario de Pablo Cuní Balayo (05-05-2017 09:01)
12 Os simios son os animais que máis similitudes xenéticas gardan co ser humano. Os chimpancés ou os bonobos teñen ata un 98,7% de similitude xenética connosco, practicamente son coma nós, teñen moi grandes capacidades. É por isto que moitas persoas de colectivos como os nomeados loiten por que estes animais conten con dereitos similares aos humanos, dereitos tan básicos como o "dereito á vida, á liberdade e a no ser maltratados".

Pero, por que tanta controversia? Por que non conceder eses dereitos sen discrepancias? Creo que la respuesta es muy fácil: Complejo de superioridad. Desde el inicio de los tiempos para el ser humano, la humanidad se ha sentido superior a los animales, a todos y cada uno de ellos, llegando a decidir a cerca de aspectos como: como han de vivir, donde han de vivir o para que sirven, tratándolos como simples instrumentos de beneficio propio. É por isto que hai tantas discrepancias á hora de acercar a certos animais á condición de humanos.

Quizais algún día esta situación cambie, quizais algún día os animais teñan unha serie de dereitos lóxicos que lles outorguen unha vida digna e libre. E en relación a isto, si, quizais algún día o ser humano tome conciencia e deixe de empregar aos animais coma medio ou instrumento para o seu propio #blgtk08#beneficio. Se te paras a pensar, por que se seguen empregando animais para labores forzadas?, por que seguimos tendo animais en cautiverio (coa excepción dos animais en perigo de extinción, que é unha causa razoábel)? e máis aínda, por que seguimos alimentando, mantendo e asasinando a millóns de animais para o seu consumo e aproveitamento (peles, marfil...)?

Parece algo alarmante dicir que non é necesario consumir carne. Moitos defenden que son necesarias certas proteínas para sobrevivir, pero, o son? O argumento de que o ser humano evolucionou grazas ao consumo de carne (totalmente certo) xa está obsoleto. As condicións do ser humano agora non son nin parecidas ás dos inicios da nosa especie. A día de hoxe non precisamos a carne para escapar de depredadores, percorrer longas distancias (agás quizais en certas culturas moi primitivas ou sen medios)...

É unha realidade que hai centos de alternativas saudábeis para non alimentarse con carne, por que seguimos comendo masivamente animais entón? Puro pracer. Agora pregúntate, está o teu pracer por enriba de millóns de vidas? Creo que os dereitos dos animais non é algo que "pode estar ben", senón algo que debe ser. Se de verdade temos razón, se de verdade somos a especie superior a todas temos que demostralo.
Comentario de Alejandro Recouso Tresandi (05-05-2017 20:46)
13 Os dereitos dos animais son, na miña opinión, básicos e fundamentais para evitar que certas conductas humanas lles provoquen sufrimento ou mesmo a morte.
Non obstante, os responsables de manter ditos dereitos deben ser as persoas, xa que, no meu parecer, son os únicos seres capaces de regulalo.
Contrariamente a isto, no artigo exponse o feito de que se lles outorgase a condicón de "persoas non humanas#blgtk08#"; é dicir, seres non pertencentes á especie humana pero que en cambio si poden gozar dos seus dereitos fundamentais. No meu punto de vista, é ilóxico, xa que o feito de contraer dereitos leva ligado de por sí asumir certos deberes que, neste caso, non se poden desempeñar; polo que a solución máis lóxica a este problema sería limitar a actividade humana en prol do resto de especies que sexa perxudicial para estas.
Comentario de Nicolás Alén Guimeráns (11-05-2017 21:13)
14 Son amplos os campos nos que se ven afectados os animais: circos, zoolóxicos, obxectos de matanzas tomadas como cultura (tauromaquia), investigación, experimentos, etc...Pero, só teñen dereitos os que están máis "achegados" a nós?

Un can ten menos semellanzas a nos xenéticamente ca un simio, mais creo que merecen o mesmo respeto. E respeto ao comentario do meu compañeiro Nicolás (o cal respeto moito e agradezo), creo que neste caso deberíase de especificar cla#blgtk08#ramente o de obter dereitos sen deberes.

Unha persoa ou ser contrae unha serie de deberes, pero se se é consciente, se se ten consciencia do que está a facer. Iso é precisamente o que nos diferencia aos humanos. A consciencia. Un animal ten dereito a non ser maltratado, mais non ten un deber claro cara nós. Un exemplo claro: un can. Ten dereito a non ser mlatratado, a unha vida digna, mais non lle podes esixir a un can que non te morda cando se vexa ameazado.
Comentario de (12-05-2017 00:47)
15 A día de hice a xente segue pensando que os animais son obxecto de diversión. Utilizandóos nos circos, nos zoos encerrados, etc. Os animais tamén teñen dereitos. Teñen dereitos de #blgtk08#ser libres e vivir no se hábitat. Teñen os seis dereitos como seres vivos que son. É un tema moi completo. Pero estou de acordo en que comecen a ser considerados os seus dereitos.
Comentario de Aroa Mosquera Vila (12-05-2017 10:09)
16 Paréceme moi ben que se comecen a ampliar os dereitos ós animáis. Pola contra, considero que os homínidos non deberían ter máís dereitos que outros animais sebon que deberían ter todos os mesmos.
Os dereitos dos humano#blgtk08#s son independentes ós dos animáis e ambos deberían telos na súa xusta medida, sen que ningún sobrepasase nunca os dereitos do outro. Por exemplo, un animal debería ter dereito a non ser maltratado sexa un homínido ou non.
Comentario de Elena Rodríguez (12-05-2017 11:25)
17 Hoxe en día, os animais están moi protexidos fronte aos maltratos que reciben dalgúns seres humanos. Penso que os animais deberían ter dereitos, e os monos (a nosa raza de orixe) deberían ser considerados en parte humanos. Os a#blgtk08#nimais tamén teñen sentimentos e para moita xente son un apoio importante cos que se senten acompañados e queridos. Teñen o dereito a ser respetados polos seres humanos e considerados unha especie igual e cos mesmos dereitos.
Comentario de Inma Oliva 2ºBACH B (12-05-2017 11:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0