O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

As iniciais LGBT
Nos últimos anos normalizouse o uso das iniciais “LGBT” para denominar de forma igual a todas as persoas e comunidades que se identifican como lesbianas, gays, bisexuais ou transexuais, ou aqueles que teñen dúbidas sobre a súa orientación sexual e/ou identidade de xénero. bandera-LGBT.jpgAlgunhas persoas agregan letras adicionais, incluíndo, por exemplo, “I” de intersexo. A “Q” de queer fai referencia ás persoas cunha identidade de xénero que non está incluída ou trascende o binario home e muller.
Non se debe confundir a orientación sexual coa identidade de xénero (vivencia interna e individual do xénero tal e como cada persona a sinte profundamente, a cal podería corresponder ou non co sexo asignado no momento do nacemento)

¿Que significa cada inicial?.

Gay_flag.pngLESBIANA. Una muller que ten unha atracción emocional, romántica e sexual hacia outras mulleres.

GAY. Un home ou unha muller que ten unha atracción emocional, romántica e sexual hacia outra persoa do mesmo xénero; algunhas persoas só utilizan o término en referencia ós homes.

BISEXUAL. Un home ou unha muller que ten unha atracción emocional, romántica e sexual hacia persoas de ambos xéneros. Para algúns/as, a atracción hacia cada xénero é equitativa, mentras que para outros/as pode existir unha preferencia dun xénero sobre outro. Poden gustarnos un 90% as mulleres e un 10% os homes ou viceversa e ser bisexual.

TRANSXÉNERO. É un térmo xeral que describe ás persoas cunha identidade de xénero diferente do sexo asignado polo médico ao nacer. Todos temos unha orientación sexual e unha identidade de xénero, son dúas cousas diferentes. As persoas transxénero pódense identificar como heterosexuais, homosexuais, bisexuais ou en duda.

A "Q" inclúe outras orientacións sexuais como poden ser a pansexualidade, asexualidade, etc ou identidades de xénero como interxénero, demisexualidade, etc.

PANSEXUALIDADE. É unha orientación sexual caracterizada pola atracción sexual ou romántica por outras persoas independientemente do sexo e xénero das mesmas. Polo tanto, os pansexuais poden sentirse atraídos por varóns, mulleres e tamén por aquelas persoas que non se sinten identificadas co seu xénero, incluíndo así, por exemplo, a intersexuais, transexuais e interxéneros.

ASEXUALIDADE. É a falta de orientación ou desexo sexual. As personas asexuais non senten atracción sexual ou física hacia ningunha outra persoa e non senten desexo polo pracer sexual, polo que non se identifican con ningunha orientación sexual definida. Non é habitual que se enamoren ou teñan parella.

INTERXÉNERO. A diferencia da transexualidade, as personas que se identifican como interxénero non se identifican nin como home nin como muller. Poden verse a sí mismas como masculino e feminino ou completamente aparte destes xéneros. Algunhas persoas teñen características do sexo oposto, outras as teñen de ambos.

DEMISEXUALIDADE. A demisexualidade refírese a quen non sinte atracción sexual en base a un físico, senón únicamente por persoas con quen teña unha conexión emocional forte, xa sexa amor profundo ou unha amistade moi grande. Sen eses vínculos, sen esa relación previa, é incapaz de sentir atracción por ningunha persoa.

Aínda que as leis e acordos de protección de Dereitos Humanos defenden a igualdade de todos os seres humanos, o colectivo LGBT é obxecto de discriminación e intolerancia. En 55 países son perseguidos e non se admite a libre orientación sexual; como mostra máis desgarradora están os asesinatos en Brasil polos denominados "escadróns da morte", as lapidacións en Arxelia, as operacións de castigo en Perú, as torturas en Rumanía, o internamento en psiquiátricos en Rusia…

Aínda queda un largo camino para que se normalice a LGBT e se deixen de practicar a homofobia, bifobia, transfobia e outros moitos tipos de discriminación hacia este colectivo en todo o mundo, especialmente en países subdesenvolvidos.



(Artigo de Andrea López Rodríguez)



Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Opinión - Publicado o 02-05-2017 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 En total desacordo co artigo.

Dende o principio dos tempos só recoñecemos dous sexos: masculino e feminino, todo o demais é antinatural.

A naturez#blgtk08#a fíxonos homes ou mulleres e diso con cabe dúbida. A diversidade de inclinacións propostas no artigo é cultural, as modas e os tempos actuais desfiguran o noso verdadeiro ser.
Comentario de Xavier (05-05-2017 08:53)
2 As persoas cada vez, teñen máis liberdade a hora de definir a súa orientación sexual ou como se identifican como mulleres ou hombres. A verdade é que isto é unha das mellores cousas que pode traer un sistema demócratico. Xa que antes, a xente que non fose heterosexual era repudiada por todo o mundo pero, eu fág#blgtk08#ome unha pregunta, ¿fai falta poñerlle unha etiqueta a todo?. Cada día sae un novo nome para identificar un tipo de identificación persoal ou sexual. Dende o meu punto de vista, vexo isto algo inncesario pois penso que cada un pode ser o que queira ser sen ponerlle nome a todo simplemente, ser iso que ti queres.
Comentario de Paula Alvarez (05-05-2017 09:08)
3 XAVIER QUI#blgtk08#EN ERES??
Comentario de (05-05-2017 09:13)
4 No día de hoxe,existe unha concepción da sexualidade moi distinta cá que había fai seculos. Os tempos cmbian,ao igual que a sociedade,non e un fenómeno estrano senon que é un proceso de evolución da mentalidade.
Eu,repeto todas as opcións sexuais de cadaquén,pois cada persoa quere o que lle da a gana.
Sen embargo,moita xente desaproba todo o que non sexa o convencional,e dicir,a heterosexualidade.
Eu podo entender que haxa xente de idade avanzada que o desaprobe,pois fixeron a#blgtk08# súa mentalidade no marco dun réxime estrítamente católico,pero a mín ver,a día de hoxe,nunha democracía,a xente xoven da miña idade ou cercana á miña desaprobando,negando ou increpando ás xentes que no exercicio da súa liberdade,deciden ter unha sexualidade diferente á convencional,causame pena e incluso medo.
Eu creo que a liberdade de sexualidade terá que ser asumida pouco a pouco,promovendo a diversidade e acabando coa mentalidade xudeocristiana que ten esta sociedade desde hai séculos.
Comentario de Roberto Pereiras (05-05-2017 09:13)
5 A discriminación que sofren os membros do colectivo LGTB son apreciables en todos os países do mundo. Un claro exemplo é a persecución a que están sometidos en Chechenia onde é un delito ser homosexuais e onde a túa propia familia está obrigada a matarte por ser homosexual.Este estado empezou a crear campos de concentración para exterminar aos homosexuais sendo sometidos a dolorosas torturas e logo de que confesasen e delataran #blgtk08#a outras persoas coa mesma orientación sexual cá eles os deixaban libres para ir a súa casa onde os seus familiares tiñan a obriga de matalos. Pero non só en Rusia ou Chechenia os membros deste colectivo están sometidos a todo tipo de insultos ou agresións tamén en países onde está legalizado o matrimonio homosexual e aínda así estas personas están sendo agredidas e insultadas a todas horas por ir da mano pola calle ou besarse.
Comentario de Elena López Del Río (05-05-2017 09:19)
6 Parece incrible que na época tan supostamente moderna na que vivimos todavía non se respete ao colectivo LGTB. Comentarios homófobos e tránfobos como o de Xabier fomentan o odio a este colectivo, mostrando unha carencia importante en canto a respeto. Liberdade de expresión haina, pero ata un punto. Cando a túa opinión repercute negativamente a apertura dun pequeno anaco da nosa sociedade para min non é válido. #blgtk08#Comentarios que fomentan o odio ou que no aportan nada máis que unha estúpida opinión onde escasean os argumentos para rebatila (porque non ten ningún para defender a súa postura) parécenme inadmisibles. Tanto a transfobia, como a homofobia, o machismo ou calquera posición que perxudique a alguén na súa vida e no normal desenrrolo desta parécenme innecesarios. Xabier deberia gardarse as súas opinións para seu.
Comentario de Elena Rodríguez (05-05-2017 09:20)
7 O colectivo LGBTI é, a día de hoxe, noticia en practicamente tódolos medios. A polémica xerada en moitos países (sen ser necesariamente do chamado "primeiro mundo") fai xurdir opinións disidentes ou de apoio cara os dous grupos (a propia comunidade e o grupo que négase a recoñecela). Non obstante, cabe considerar que o grupo que vai en contra dos dereitos deste colectivo basea a súa conduta no odio e na intolerancia. Sobra dicir que cada persoa debería ser totalmente libre para manifestar a súa sexualidade do xeito que desexe, pero neste sentido tendemos a identificar e tachar de “intolerantes” a aqueles países no que se manifesta abertamente a censura deste dereito básico, obviando algo fundamental: nós tamén manexamos esta aversión que se condena. Pese a que os seus dereitos estean medianamente recollidos na lexislación, socialmente inda se segue dando unha presión cara este tipo de colectivos (que se manifesta, por exemplo, no comentario de Xavier :
"En total desacordo co artigo.

Dende o principio dos tempos só recoñecemos dous sexos: masculino e feminino, todo o demais é antinatural.

A natureza fíxonos homes ou mulleres e diso con cabe dúbida. A diversidade de inclinacións propostas no artigo é cultural, as modas e os tempos actuais desfiguran o noso verdadeiro ser.


Comentario de Xavie#blgtk08#r (05-05-2017 08:53)"

que non fan máis que pór de manifesto a mentalidade xeralizada da nosa sociedade).

Desgraciadamente, inda pódense contar (e non precisamente só cos dedos das mans) moitos casos de persoas deste colectivo que son rexeitadas polas súas familias, amigos e entorno en xeral, sofren acoso, violencia verbal e física e, en moitos casos, chegan ao suicidio.
Desgraciadamente, inda certas orientacións seguen estando moi sexualizadas e gozan de mellor “acollida” xa que a nosa sociedade as reduce a obxectos de consumo do home (léase aquí mulleres homosexuais e bisexuais); mentres que outras son considerados unha fase (bisexualidade en xeral, ou por exemplo considerar que un home bisexual estea confuso entre a heterosexualidade ou a homosexualidade, é dicir, deberíamos visibilizar certas orientacións) e outras como un termo inexistente (en referencia, por exemplo, á transfobia que se da derivada de pensar só na existencia de homes ou mulleres cis).

Dende o meu punto de vista, o ámbito dos dereitos do colectivo LGBTI aínda está moi pouco avanzado, sendo necesario un cambio da mentalidade colectiva non só da nosa sociedade, senón a nivel global; comezar a aceptar as liberdades alleas e, sobre todo, retirar as presións sociais e xurídicas a certos colectivos.



Comentario de Nicolás Alén Guimeráns (05-05-2017 14:26)
8 Dame pena e lástima ler comentarios tan simples e ignorantes como o de Xabier. Realmente, e por desgraza, é o reflexo do pensamento de gran parte da sociedade tan supostamente modernizada na que estamos a vivir.

Creo que ainda non n#blgtk08#os damos conta da importancia e a gravedade que teñen estes prexuízos, e os camuflamos co termo "liberdade de expresión". A liberdade de expresión deixa de selo en canto ofendes ou insultas.

Intolerancia ante a intolerancia.
Comentario de Xoán López (07-05-2017 03:20)
9 No mundo no que vivimos na actualidade cada vez hai máis orientacións sexuais e identidades de xénero, coas que as persoas poden identificarse e expresar o que senten.

A RAE define a tolerancia como o "respeto das ideas, crenzas ou prácticas dos demáis cando son diferentes ou contrarias das dos demáis." Na miña opinión, ao igual que aumentan #blgtk08#estas comunidades, tamén debería aumentar a tolerancia cara elas.

Por desgraza moitos países aínda non o aceptan, como menciónase ao final do artigo. Aínda que non é de extrañar que non o fagan cando os países que dicen aceptalo e ter "liberdade de expresión", no fondo seguen a discriminar, consciente ou inconscientemente, a comunidade LGBT.
Comentario de Marta Palomanes (11-05-2017 17:30)
10 O colectivo LGBTI, aínda que logrouse que houbese un maior avance na mentalidade dalgunhas persoas a comparación con tempo atrás, sofre moita discriminación e tristemente segue sen aceptarse en moitos lugares e por moita xente.

Hai en países como Rusia que o simple feito de ser homosexual é considerado como delito e moitos homosexuales son asasinados simplemente por sentir atracción por unha persoa do mesmo xénero. Ocorre unha situación parecida nos Emiratos Árabes onde é penado.
En todos os países moita xente compórtase agresivamente coa xente pertencente a este colectivo. As lesbianas, os gays, os bisexuáis, os transexuáis... teñen que escoitar vexacións e sufrir bullying ou escoitar insultos pola rúa ou mesmo ser victimas de violencia por persoas que as discrminan s#blgtk08#en ter un argumento válido (estas persoas sofren transfobia, homofobia, bifobia).

Son incapaz de comprender o porqué se fai isto e paréceme triste e ridículo que non se respete. A sexualidade non se elixe e os motivos porque unha persoa decide cambiarse de sexo non debe ser cuestionados nin atacados tampouco. Todos, independentemente dos nosos gustos ou se somos homes, mulleres ou transexuáis somos persoas e non é xusto que agrédase a alguén por sentirse atraído polo mesmo sexo ou por non estar agusto co sexo que naceu e querer sentirse feliz co que realmente lle corresponde. Todas esas persoas que discriminan deberían reflexionar e pensar realmente o que fan porque atacar a alguén por iso o considero algo inaceptable porque isto non é motivo de ataque ou de ser cuestionado.
Comentario de Pablo Cuní Balayo (11-05-2017 17:50)
11 É un feito probado que este colectivo , LGTBI , segue hoxe a ser discriminado por unha parte da sociedade que é intolerante , que non acepta a diversidade tanto de orientacións sexuais como de identidades . Se ben isto acontece nos países máis avanzados é de esperar que teña lugar noutros menos desenvolvidos,nos que estes colectivos aparte de sufrir o rexeitamento dos seus#blgtk08# conxéneres sofren todo tipo de torturas e castigos polo feito de ser diferentes.
Para traballar en contra de que a discriminación teña lugar na nosa sociedade é preciso educar dende a base en diversidade de cultos , orientacións sexuais e de gustos , para facer ver que non hai uns que estean por encima de outros ou normalizados, e por tanto considerados correctos.
Comentario de Brais Alonso Costas 2BACHC (12-05-2017 09:38)
12 É un feito probado que este colectivo , LGTBI , segue hoxe a ser discriminado por unha parte da sociedade que é intolerante , que non acepta a diversidade tanto de orientacións sexuais como de identidades . Se ben isto acontece nos países máis avanzados é de esperar que teña lugar noutros menos desenvolvidos,nos que estes colectivos aparte de sufrir o rexeitamento dos seus#blgtk08# conxéneres sofren todo tipo de torturas e castigos polo feito de ser diferentes.
Para traballar en contra de que a discriminación teña lugar na nosa sociedade é preciso educar dende a base en diversidade de cultos , orientacións sexuais e de gustos , para facer ver que non hai uns que estean por encima de outros ou normalizados, e por tanto considerados correctos.
Comentario de Brais Alonso Costas 2BACHC (12-05-2017 09:42)
13 O concepto "LGBT" (Lesbianas, Gais,Bisexuais e Transxéneros) é un tema, por desgraza, moi polémico nesta sociedade aínda homofóbica. Resúltanme molestos moitos comentarios que se escoitan polas rúas ou que se len nas redes sociais que son verdadeiramente ofensivos tanto como para as persoas que pertenzan a este grupo cole#blgtk08#ctivo como para as persoas que non. Penso que todos debemos ter o mesmo respeto e trato independientemente da condición sexual que teñamos. Penso que co tempo e ca renovación das xeracións teñamos esta igualdade e as persoas terán máis liberdade de pensamento e repeto cara o que agora non se considera "tradicional".
Comentario de Inma Oliva 2ºBACH B (12-05-2017 12:03)
14 Nos últimos tempos, a visibilización de diferentes colectivos que se identifican con diferentes orientación sexuáis están tendo máis cabida na sociedade. Ainda que este traballo de integración que se está levando a cabo é un proceso lento e creador de certas controversias, o certo é que certas comunidades teñen máis acollida que outras.

Neste artigo expóñense diferentes colectivos que se identifican como lesbianas, gays ou bisexuais que, aínda que sofren rexeitamentos todavía hoxe en día, contan cunha visibilización moito maior que outras orientacións sexuais das que pouco se sabe na nosa cultura. Estamos a falar das persoas que teñen unha identidade de xénero que non se corresponde co binario home-muller, como por exemplo, os asexuais.

Semella que esta “cuarta orientación sexual” sexa algo novidosa, pero o certo é que esta condición sempre existiu. A realidade é que a xente asexual non tivo voz nin termo para definirse ata o século XXI.

Aínda hoxe en día é arduo atopar estudos publicados sobre este tema e, os poucos que hai, limítanse a constatar a existencia desta orientación. Non hai estudios a nivel mundial, pois os que podemos atopar só fan referencia á poboación#blgtk08# estadounidense na meirande parte dos casos e tampouco se profundiza proporcionando información que todo o mundo debería de ter á man para comprender e comprenderse en momentos de confusión.

En definitiva, as persoas asexuais tiveron que calar durante toda a historia sen saber exactamente que era o que sentían, pensando incluso que podería tratarse dunha patoloxía.
Son persoas que pasaron desapercibidas durante moitos séculos pero que sempre estiveron aí. Exemplos de personaxes asexuais na nosa cultura son Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle ou Sheldon Cooper, da serie televisiva “The Big Ban Theory”, para quen o sexo é un mero trámite social. Aínda sendo coñecidos, seguramente pouca sería a xente que se parase a pensar nisto, pois apenas contamos con información.

Para rematar, este tema hoxe en día un pouco máis coñecido, segue sendo un tema tabú na sociedade ata o punto de saber que non moita xente sabe que significa este término máis aló do coñecemento da palabra en si. Isto fai que teñamos prexuízos e nos enganemos sen ter información sobre o exposto.Se de verdade queremos ser unha sociedade completa e moderna, precisamos saber máis acerca de todos e cada un de nós.
Comentario de Alejandro Recouso Tresandi (12-05-2017 12:19)
15 Nesta sociedade non cabe duda de que xiste unha ampla modalidade de prexuixos entre os que se encontran os exclusion sociais de homosexuais.
A causa desto reside na falta de educacion e falta de respeto á variedade de orientacions sexuais que existen.
na declaracion universal dos dereitos humanos queda recollido o dereito á liberdade de orienta#blgtk08#cion sexual, e non debe ser motivo de opresion ou reclusion persoal. A orientacion sexual non esta suxeita á voluntade, señon que é unha condicion natural e invuluntaria, e calquera das opicion e tendencias sexuais deben estar á mesma altura e respetadas independientemente do numero de persoas que pertenxan ao grupo dos homesexuais e ao grupo de heterosexuais.
Comentario de Adrian Otero Parada (12-05-2017 12:31)
16 Todos temos o dereito de poder ser o que queiramos. Ter a orientación sexual que queiramos. Poder desenvolverse como perosa con calquera sin que sexa mirado doutra f#blgtk08#orma. Todos temos ese dereito que ninguén pode quitarcho. Polo tanto todos, teñen ese memso dereito e así todos viviriamos nunha sociedade xusta e cunha igualdade.
Comentario de Aroa Mosquera Vila (12-05-2017 13:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons