O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Reescribir os recordos
Fotolia_44556861_Hemorragia-cerebral.jpg
O cerebro é o órgano de maior complexidade do corpo humano, encargase do control do corpo e é o maior órgano do sistema nervioso central.

Un equipo de investigadores dos Estados Unidos está a usar unha técnica baseada na optoxénetica que permite etiquetar ao grupo de neuronas que gardan recordos e reactivalos a voluntade, aplicando sobre elas uns raios de luz. Este equipo investigou os mecanismo cerebrais que permiten crear un recordo, gardalo e recordalo durante un longo período de tempo, esta tarefa e levada a cabo polo encéfalo en milésimas de segundo.
Moitos recordos que parecen positivos para a persoa en cuestión, poden acabar por converterse en negativos despois dalgunha vivencia. Algúns destes recordos quedan grabados no cerebro e son difíciles de borrar, o que pode ocasionar trastornos mentais.
Estudos feitos con anterioridade chegaron á conclusión de que o cerebro é maleable e que os recordos negativos poden reescribirse, isto permitiu tratar a persoas con depresión ou con algunha experiencia traumática. Pero hai unha parte que se ignora e é como se crea e almacena un recordo a nivel celular e molecular no cerebro e como se pode cambiar a conexión que hai entre as neuronas para reescribilo

O último estudo que se basa nesta técnica optoxenética, explicada anteriormente, mostra que ao volver o recordo este traia con el a súa asociación positiva ou negativa. A técnica cobrou un enorme potencial ao estudar a un nivel de detalle inusitado os fundamentos neuronais do comportamento, a memoria e as causas de doenzas como a esquizofrenia ou o Alzheimer.

O primeiro experimento foi levado a cabo en ratóns. Os expertos emitirón ráfagas de luz sobre os ratóns mentres estes exploraban unhas áreas con cocaína e outras con sal, o resultado foi que os roedores olvidaron a súa preferencia polos lugares de cocaína.
Grazas a estes estudos sobre o cerebro e as súas funcions o campo da investigación está a crecer e nun futuro poderán curarse multitude de trastornos e enfermidades cerebrais.

(Artigo de Elena López del Río)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Ciencia - Publicado o 16-03-2017 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Os recordos é algo que todos temos, uns poden ser bos outros todo o contrario. Algunhas persoas din que os recordos malos acaban desaparecendo do noso cerebro e que solo permanecen os que son bos. Sen ben non sei se isto será do todo certo pois moita xente aí#blgtk08#nda con una edade no moi temprana seguen recordando un una mala época ou un accidente terrible que tiverón cando eran nenos. Para rematar os recordos son algo imprescindible para todo o mundo pois sin eles non seríamos ningúen por moito que sean bos ou malos
Comentario de Elena López Del Río (05-05-2017 08:42)
2 Os recordos,son unha parte importante da nosa vida,os recordos transmiten experiencias,e,en función de nós,podemos relacionalos con cousas positivas ou ben negativas. Ademáis,os recordos poden ter e,teñen efectivamente,unha carga emocional ligada a eles.
Eu neste ano gracias á materia de psicoloxía,puiden ver temas como a memoria a corto e largo plazo,así coma a memoria sensorial e o condicionamento. E#blgtk08# podo dicir que acercoume a un tema do que non tiña moita idea.
Todos temos recordos,bos e malos,poderíamos facer unha lista e non remataríamos nunca.
Eu,recordo o día que rematei a Educación Secundaria,foi un feito que me encheu de ledicia e orgullo por min. Agora,dous anos despóis,estou a piques de rematar bacherelato,experiencia que tamén pasará á miña memoria coma algo irremplazable.
Comentario de Roberto Pereiras (05-05-2017 08:46)
3 Os recordos son o mellor e o peor que podemos ter no noso cerebro.Grazas a eles podemos revivir na nosa mente momentos incríbles pero tamén malos momentos que pasamos na nosa vida.

Os mellores recordos que teño son os veráns da miña infancia. Todos os anos pasaba un mes nunha casa na plaia co#blgtk08#n toda a miña familia. Recordo, que non habia preocupacións sobre os estudos, amigos etc.. O único que facía alí era xogar cos meus curmáns ou cos veciños da zona.

O mellor que podemos facer é recordar estes momentos agradables e olvidar os malos momentos pois so así alcanzaremos a felicidade
Comentario de Paula Alvarez (05-05-2017 08:46)
4 Paréceme incrible a complexidade que pode chegar a tener o noso cerebro, desenvolvendo cousas tan importantes como a memoria, neste caso os recordos. Outros estudos psicolóxicos demotraron que a maior parte das persoas recordan máis as experiencias posi#blgtk08#tivas que negativas da súa infancia. Por iso a maioría da xente recorda esta etapa cun sorriso na face.
Dende logo creo que os recordos son indispensables para calquer persoa, e que tanto bos coma malos son piar fundamental na nosa vida.
Comentario de Elena Rodríguez (05-05-2017 08:50)
5 Este estudo é importante xa que poderían chegar a curar a persoas con Alzheimer ou esquizofrenia xa que recordarían todo. Non obstante, ademais de bos recordos t#blgtk08#amén poderían recordar experiencias negativas ou traumáticas, sería interesante que descubrisen una forma de eliminar os recordos traumáticos e conservar os bos.
Comentario de Andrea López Rodríguez (05-05-2017 08:50)
6 Cada vez son máis os avances no sector da investigación. Estamos nunha etapa na que a tecnoloxía está a cambiar o mundo da medicina e as ciencias biomédicas. Cando falamos dos progresos neste sector, pensadmos nunha peli de ciencia-ficción, pero a realidade supera á ficción.

Ás veces asusta o ritmo ao que este campo está a medrar. Son moitas as cuestións éticas que rodean este ámbito, e se realmente é necesa#blgtk08#rio ou beneficioso ir máis alá dos nosos recordos e usalos como nós queiramos. Tamén existe o debate sobre se se debe experimentar con animais, como neste caso cos ratos.

Persoalmente, todo o que teña que ver coa investigación biomédica, ou mesmo coa medicina, atráeme moito, pero non estou de acordo co uso de animais (como ratos ou simios) como bases para as nosas investigacións e experimentacións.
Comentario de Xoán Xosé López. (05-05-2017 08:53)
7 Todos posuímos recordos, xa sexan dun momento bo ou dun malo; aínda que as veces, cando son traumáticos, a nosa mente os bloquea para non sufrir.
Pensando nos meus propios recordos, os mellores que teño son calquera #blgtk08#coa miña curmá, que é casi coma unha irmá máis.
Para rematar, paréceme boa idea seguir investigando a técnica optoxenética para curar e mellorar a vida daquelas persoas que sofren enfermidades ou trastornos mentais.
Comentario de Marta Palomanes (05-05-2017 08:58)
8 Pareceme unha boa iniciativa por parte dos estudos científicos, xa que ten que ver con mellorar a vida humana. O tema principal que se aborda nestas técnicas para mellorar a capacidade cerebral humana e o dos recordos. Todos gozamos dun gran número de recordos, bos e malos, pe#blgtk08#ro o noso cerebro non ten a capacidade de recordar todos. Por iso se levan a cabo ditas técnicas, para intentar solucionar os problemas memorísticos que poidan surxir. Toda evolución científica que contribúe á mellorar o nivel de vida e saude humana, é beneficioso para todos.
Comentario de Diego Castro (05-05-2017 09:01)
9 Creo que isto pode coverterse nunha arma de dobre filo pois dunha banda a reactivación de recordos placenteiros podería aliviar a nosa dor nun momento determinado e doutra banda , a reactivación destes recordos positivos conlevaría que estes fosen irreais ,pois dedicariamos o noso tempo o disfrute dos mesmos e nos olvidaríamos de vivir o noso día a día , mergullariámosnos n#blgtk08#unha burbulla afastada da realidade.
As disciplinas científicas cada vez máis avanzadas están a virar cara unha situación na que se busque evitar a dor que nos pode causar a nosa propia existencia pois penso que a unha persoa calquera , o feito de quedarse na casa, vivindo unha e outra vez estos recordos faría que esta perdese a noción do mundo en que vive ,
Comentario de Brais Alonso Costas 2Bach C (05-05-2017 09:01)
10 O cerebro é o órgano que se encarga do control do corpo. Os avances que se producen na mediciña deron paso a unha técnica chamada optoxenia, esta técnica está basada que permite gardar un recordo e reactivalo a voluntade, aplicando sobre elas raios de luz. Esta nova técnica permitirá so#blgtk08#lucionar problemas como o Alzheimer ou diversos trastornos mentais producidos por malas experiencias como o maltrato. Este tipo de avances permitirán formar unha mellor sociedade e terminar con tratornos mentais que dificultan a vida das persoas que o padecen e as dos seu alrededor.
Comentario de Adrián Santervás (05-05-2017 09:06)
11 Este gran avance supón un paso adiante para a evolución humana , xa que descubriuse como funciona o noso cerebro en canto aos nosos recordos.
Na miña opinión é un logro espectacular porque considero que os recordos son algo esencial para a vida de cada unha das persoas;#blgtk08# con eles sabemos quen somos , de onde vimos e onde queremos chegar.
Dende o punto de vista científico , este descubrimento pode ser moi beneficioso , nun futuro, para as persoas que sofren certas enfermnidades cerebrais , como a alzheimer , a depresión ou o autumismo.
Comentario de Olaia Iglesias (05-05-2017 09:06)
12 Estos experimentos con tales resultados son unha gran esperanza para persoas con enfermidades como o Alzheimer. É incrible canto avanza a ciencia médica nos últimos anos, a pesar de o investimento descendera debido a crise actual.

Sen embargo, ao ler o artigo, non puiden evitar nos posibles usos negativos destas técnicas. Tal vez sexa porque vin moitas películas o porque teño demasiada imaxinación, pero estas investigacións deixanme un tanto paranoica. Non digo que non deban facerse, que por suposto que é necesario para curar enfermidades terribles, pero non#blgtk08# podo evitar pensar en que os seus usos poderían non ser todos tan benignos.

No texto nomeabase a posibilidade de reescribir os recordos para curar depresións, pero, realmente podería sentirse cómoda a humanindade saben que mediante a ciencia os seus recordos poden ser variados? Ao fin e ao cabo, o noso cerebro e o máis privado que temos, esquecendo as veces que outro organo máis que funciona mediante reaccións químicas.

É evidente a necesidade de realizar estes estudos, pero as suas posibles connotacións negativas son algo que da que pensar.
Comentario de Aida Bernárdez (05-05-2017 09:07)
13 O cerebro ten unha gran dimensidade e a cantidade de información que é capaz de almacenar é incrible. Os recordos fan referencia á memoria que faise ou aviso que dase de algo pasado ou de que xa falouse.

Normalmente acostumo a recordar perfectamente aqueles que son negativos e os positivos os recordo con menos claridade. Un recordo positivo que teña pode ser a primeira vez que chegou a #blgtk08#miña mascota a casa cando tiña eu 6 anos, que entrou pola casa de repente e o acollimos con nós porque non tiña fogar o animal.

Paréceme tamén impresionante os logros que van conseguíndose pouco a pouco e chamame a atención a técnica citada no artigo utilizando a optoxenética.
Pouco a pouco van lográndose máis avances e conseguindo maiores logros o que é algo realmente positivo.
Comentario de Pablo Cuní Balayo (05-05-2017 09:14)
14 Recordar é unha accion fundamental e inevitable do ser humano, todas as persoas recordan en maior ou menor medida. Algunhas son capaces de recordar sen problema detalles insignificantes que lle aconteceron no pasado, e outras conseguen recordar sucesson importantes que lle aconteceron nun pasado proximo tras un momento de reflexion.
Persoalmente considero que é moi imprtante considerar os recordos bos, pero mais ainda os malos, para intentar corrixirse na medida do posib#blgtk08#le en caso de que a culpa deste mal recordo sea nosa, pero se a culpa é alleaa persoa non deberia mais que telo en conta con esa persoa e procurar que lle afecte o menos posible.
Non considero correcto esquecer un recordo polo mero feito de que sexa desagradable, xa que esto seria intentar evadirse da realidade a un mundo falso. O conveniente é intentar tratar estos recordos co obxetivo de buscar ao responsable e considerar a sua gravedade, e preocuparse o menos posible.
Comentario de Adrian Otero Parada (05-05-2017 09:20)
15 O cerebro é o órgano máis complexo e sensible que temos os seres humanos, por iso, calquera investigación que poida axudar a comprendelo e tratalo é beneficiosa para a ciencia, pois aínda queda moito que descubrir del.

Sen embargo, como en calquera ciencia, algunhas investigacións poden ter certas cuestións morais que non están amparadas pola lei, e quizais esta sexa unha delas. A optoxenética, segundo o artigo, preséntase como unha solución a grandes enfermidades como Alzheimer, Esquizofrenia, depresións...

Nos casos de enfermidades graves como o Alzheimer podería ser unha boa solución: Poderíanse recuperar os recordos desas persoas que por dita enfermidade perden no máis profundo do seu ser. Sen embargo, para outras situacións como as depresións, os traumas... É realmente algo necesario?

Creo que a aplicación desta técnica en casos como as enfermidades dexenerativas pode axudar realmente, pero que a sú#blgtk08#a aplicación desmedida noutros casos máis comúns e menos graves como depresións, traumas ou adiccións sería perxudicial tanto para o individuo como para certo sector da sociedade.

A unha persoa con adicción aseguraríalle o esquecer que foi adicto unha vida mellor, sen recaídas? E a unha persoa cun trauma, axudaríalle o seu olvido a crecer como persoa? Persoalmente creo que a persoa adicta debe superar por propia vontade e con axudas a súa adicción, para saber o que é e non recaer. No caso da persoa cun trauma ou depresión, superar eses problemas (tamén con axuda profesional) pode fortalecer o seu carácter, a súa persoanlidade de cara a outros problemas que lle poidan xurdir.

A nivel social, esta técnica pode afectar negativamente a certas profesións como os psicólogos ou psiquiatras (profesións especializadas en tratar estes casos menos graves) que se verían obsoletos e inútiles coas súas técnicas fronte á optoxenética.
Comentario de Alejandro Recouso Tresandi (06-05-2017 12:16)
16 Antes de comezar, teño que decir que este tipo de novas e artigos gústanme moito, xa que o que quero estudar é medicina, e en concreto, neuroloxía, todo o relacionado co cerebro.

Aínda que, unha das cuestións morais, aparte das que di o meu compañeiro Alejandro Recouso coas que estou de acordo, é o trato e traballo cos animais.

#blgtk08#> Como ben dixen antes, o campo da ciencia me gusta e paréceme fascinante, pero son consciente do trato ao que son sometidos certos animais, como simios, ratos, coellos, e é un dos aspectos máis negativos e cos que estou en contra.

Temos dereito a experimentar cos animais? quen somos nós para exercer ese poder sobre eles?

Comentario de Xoán López (09-05-2017 20:17)
17 Ao que o artigo se refire é, evidentemente, un grande avance científico: o feito de poder interferir no proceso de almacenación de información que ten lugar no cerebro dun ser vivo supón un gran cambio na historia tanto da medicina como da psicoloxía.
Non obstante, cómpre tamén ser conscientes dos riscos e beneficios que isto pode impli#blgtk08#car.
De cara ó tratamento de certas enfermidades mentais ou traumas significativos poder ter un moi bo uso na nosa sociedade; mais doutra banda temos que ter en conta que as nosas lembranzas poden ser e son un piar para a nosa personalidade, polo que non sería beneficioso o emprego desta técnica (no caso de que se desenvolva) á lixeira.
Comentario de Nicolás Alén Guimeráns (11-05-2017 20:24)
18 Os recordos nos serven para poder seguir adiante coa nosa vida, poder superarnos a nivel persoal. Todos os temos tanto bos como malos; os malos son moi útiles para poder crec#blgtk08#er como persoas. Todos os recordos tendemos a non facer caso aos malos recordos, e soamente fixarnos nos bos recordos. Grazas a ter recordos podemos formarmos como persoas.
Comentario de Aroa Mosquera Vila (12-05-2017 11:34)
19 Os recordos son una peza fundamental do noso cerebro que tendemos a lembrar se resulta significativo na nosa vida. Cando somos pequenos, non temos todos os recordos na nosa cabeza e só sabemos o que nos din os nosos pais ou trazos xer#blgtk08#ais dela, así como traumas ou cousas clave. Algunhas persoas somos propensas a esquecer feitos, sobretodo malos, e quédamonos cos bos recordos que pode ter unha parte boa na nosa vida, e facilítanos ser persoas non rencorosas e positivas
Comentario de Inma Oliva 2ºBACH B (12-05-2017 11:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons