O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O crime organizado na gran pantalla. A orixe das mafias
O concepto ?mafia? que coñecemos actualmente refírese a calquera organización de crime organizado ou outras actividades sospeitosas que están espalladas por todo o mundo. Pero o concepto de mafia ven de moito antes, do século XIX, en Italia.

Cansada dos abusos e da explotación por parte da aristocracia da época, certa parte do pobo (o campesiñado) decide rebelarse e formar organizacións con pistoleiros profesionais para combater ditos abusos. Estas serán as futuras mafias. En 1874, as mafias están no seu punto álxido en Sicilia. Nin sequera o goberno pode controlalas.
PikiWiki_Israel_20841_The_Palmach.jpgDebido á situación de crise do país, moitos habitantes de toda Italia (Sicilia incluída) víronse obrigados a emigrar ao outro lado do Atlántico e moitos deles foron a parar a Estados Unidos, e algúns levaron con eles esas técnicas, esquemas e prácticas da típica mafia siciliana.

No século XX xa tiñan, sen dúbida, un gran poder dentro da sociedade. Empezaron a desenvolver actividades como a prostitución, as concesións de préstamos (con altos intereses)? e a facerse con negocios lexítimos como a construción, cadeas de restaurantes, industria téxtil? ás veces con aspiracións económicas e outras para utilizalos como tapadeira ou para branquear capital. Destacan nesta época personaxes como Al Capone, Lucky Luciano, Frank Costello, Carlo Gambino?

As mafias italoamericanas viron o seu auxe na época da Lei Seca, cando empezaron a introducir nas cidades o alcohol, vendéndoo ilegalmente, chegando a converterse en verdadeiros expertos do contrabando, chantaxe, branqueo de diñeiro, etc. Por suposto, eran organizacións xerarquizadas, onde as máximas autoridades eran o "xefe" e o "subxefe" (este último de menor rango) e estaban aconsellados polo "consiglieri", logo virían os "capos" e os seus respectivos "soldatos", dos que era responsable. Todos estes estaban apoiados (na maioría dos casos) polos seus asociados, que podían ser empresarios, políticos, gobernantes, policías? que os axudaban económicamente ou con favores, a cambio de outro tipo de favores que normalmente estaban fora da legalidade.
Sen dúbida algunha, a corrupción foi unha constante (e seguramente siga sendo) na vida das mafias, aparte dun importante apoio.


A mafia no cine

Sen dúbida, esta cultura mafiosa non podía pasar desapercibida polas cámaras de Hollywood e converteuse nun fenómeno que impulsou unha nova temática de grande éxito propia de Estados Unidos
A sociedade italoamericana relacionada coa mafia aparece reflectida en grandes películas con importantes actores e directores que gozan dun prestixio internacional e unha ampla carreira no mundo cinematográfico.
A película por excelencia desta temática é The Godfather (O padrino), obra de Francis Ford Coppola, baseado no libro de Mario Puzo, que pertence a unha triloxía onde a segunda e a terceira entrega de mesmo título, na miña opinión, non gozan das mesmas características nin da mesma esencia que ten esta primeira entrega. Ademáis cabe destacar outras películas como Goodfellas (Un dos nosos), dirixida por Martin Scorsese, froito do libro Wiseguy de Nicholas Pileggi e Once Upon a Time in America, de Sergio Leone, adaptación da novela The Hoods de Harry Grey. que gozan dun prestixio internacional e unha ampla carreira no mundo cinematográfico.
E sen dúbida non podemos esquecer a grande importancia dos actores, os encargados de encarnar na súa propia pel aos personaxes míticos do crime organizado:

--Marlon Brando: Encarnou a Vito Corleone, o xefe da mafia máis popular do cine na película The Godfather. Un papel que sen dúbida marcou un antes na súa carreira e no mundo dos cinéfilos.

--Robert De Niro: Él mesmo se denomina fan das películas desta temática, e aceptou varios papeis como membro de organizacións mafiosas como en The Godfather II facendo de Vito cando era novo, en Goodfellas como Jimmy Conway,
Once Upon a Time in America, como David Aaronson, en Casino, como Sam Rothstein ou A Bronx Tale, facendo de Lorenzo Anello, onde non interpretaba a un mafioso senón a un italoamericano de a pé.

--Joe Pesci: Tamén un actor que peca de mafioso participando con grandes interpretacións en Goodfellas, Once Upon a Time in America e Casino.

--Al Pacino: Un actor de gran renome que destaca sobre todo pola súa participación como Michael, fillo de Vito Corleone en The Godfather e como protagonista nas seguintes dúas entregas.Tamén cabe destacar deste actor a súa interpretación como Tony Montana en Scarface, un filme de temática mafiosa pero en mans dunha personaxe cubana.

Todas estas películas son clásicos do cine dos anos 70, 80 e 90, moi recomendables e de grande interese, pois nos permite analizar as características dos actores e valorar os seus traballos e interpretacións. Apréndennos os xestos, miradas, expresións destes actores que expresan a súa madurez e experiencia neste tipo de películas, así como as preferencias, peculiaridades e manías de algúns dos grandes directores de Hollywood.

Así que....
se vos gusta a temática mafiosa xa sabedes,
atrevervos con estes títulos que non teñen desperdicio ningún
.


(Artigo de Alejandro Recouso)




Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Cine - Publicado o 02-02-2017 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 A principios do SXX as mafias constituían un valor máis ligado á sociedade americana . As mafias ocupaban un grande espazo tanto político como económico aproveitándose das clases populares e mais dos hábitos corruptos . Se ben esta situación cambiou a partir dos anos 60, máis que nada porque o modelo de mafia coñecido ata entón comezou a transformarse e convertirse nas organizacións criminais complexas que coñecemos ahora , controlando máis ámbitos que o posible contrabando como é o tráfico de armas e venta destas a países subdesenvolvidos que están en guerra . Porén , pese a que tiveron uns inicios que respondían a situación social existente , pouco a pouco e a #blgtk08#medida que ían gañando poder , decidiron obviar os primeiros obxectivos e pasar a ocupar o poder , enriquecéndose ou acadando o dominio político . En canto a adaptación cinematográfica penso que en especial ''The Godfather ''e mais ''Scarface'' son adaptacións que fan mella no espectador , que conseguen recrear ( non sei se fielmente ) o clima da época en que a mafia tiña todo o poder . Doutra banda , a apesar de que considero esta lista de grande calidade , creo que se podería engadir unha máis na que Al Pacino é protagonista ; ''O Precio do Poder'' na cal se amosa , sempre dentro desa esfera mafiosa ,a dificultade que supón manterse no poder e facer uso del .
Comentario de Brais Alonso Costas 2 Bach C (03-02-2017 08:57)
2 Sobre a parte do artigo no que se fala das películas teño pouco que comentar, por que nunca mirei ningunha destas películas das que se falan no texto, xa que nunca chamoume a atención esta temática nas películas.

Eu creo que as mafias tiveron un gran papel dentro da historia dos países onde exerceron as actividades criminais, que foi; como dicese no tex#blgtk08#to, en Italia e Estados Unidos.

Eu, no caso de vivir nesta época,creo que non estaría de acordo coa creación destas asociacións criminais.
Pero por outro lado habería que ver a situación económica que se vive nesa época, porque se e moi mala e a población sufría moitos abusos, tería que apoiarme nestas asociacións criminais para poder sobrevivir.
Comentario de Marcos Justo Seijo 2ºB (03-02-2017 09:01)
3 O certo é que, como di Alejandro, as mafias están espalladas por todo o mundo, e case todos os días escoitamos ou vemos novas acerca delas sen que nos demos de conta.

Non hai máis que ler no xornal unha nova sobre os inmigrantes que chegan á península, en condicións infrahumanas, que é tan frecuente ultimamente. Neste campo, as mafias teñen moito que ver, xa que son estas as que lles poñen a disposición os medios ne#blgtk08#cesarios (por exemplo, unha embarcación) para realizar o traxecto, sempre por unha cantidade de diñeiro elevada. O diñeiro sempre vai a ser o motor de todo. O motor do mundo.

Sen dúbida, unha conclusión que podemos sacar, é que os muros, controis e fronteiras dos países non van a ter control sobre este tema. É moi difícil parar as mafias, porque mitas veces, están máis interiorizadas no sistema do que nos pensamos.
Comentario de Xoán Xosé López (03-02-2017 09:03)
4 O crime organizado tivo unha importancia dispar en Italia e America. Nunha empezou sendo un acto de protesta contra a crise que sufría o país e noutra xa se orientou dende un primeiro momento a gañar diñeiro e branquealo por medio de diver#blgtk08#sos métodos. Todo isto está recollido nas películas nomeadas no artículo nas que se profundiza máis no crime organizado americano. Estas películas gañaron moitos adeptos co paso do tempo e aínda hoxe en día seguen a ter un exito destacado.
Comentario de Elena López del Río (03-02-2017 09:13)
5 Case sempre que nos fala das mafias, falamos delas coma un feito ficticio que só ten lugar nas películas. Como di este artículo isto non é así. As mafias ocuparon un gran espazo na nosa historia e esporádicamente seguen sendo noticia nos telediarios.
Pero sen duda, o maior legado da mafia foi o g#blgtk08#ran contenido cinematográfico que nos deixou ao longo do tempo. Case toas as personas viron, ou polo menos conocen películas como O Padrino, e a imaxen da mafia italiana trasladouse ata debuxos como os Simpson. Dende logo a mafia é un concepto que dunha forma ou de outra é coñecida por todas as persoas.
Comentario de Elena Rodríguez (03-02-2017 09:15)
6 Neste texto trátase o xurdimento e a historia das mafias,un tema que,a verdade,a mín chamame a atención.
O exito das mafias foi tal que agora hai mafias espalladas por todo o mundo,e non é para menos,pois o concepto de mafia abrangue unha gran cantidade de xente.
Pese a estar acostumados a relacionar ás mafias cos italoamericanos,chegando ao punto de ser case un estereotipo,en todo o mundo existen mafias tales como a mafia rusa,a mafia china (Tríada) ou mafia xaponesa (Yakuza).
Desgraciadamente,este fenómeno,lonxe de ser cousa do p#blgtk08#asado,o vivimos todavía.
Eu,nas mafias,vexo unha estructura similar a unha sociedade,pois é unha banda xerarquizada e con codigos de honor que fai actividades xa sexan legais ou ilegais de diversa índole,algo ao meu parecer bastante interesante para analizar.
Non vexo idóneo dar unha opinión,pois é un tema no que tería que pensar para desarrollar unha boa opinión,unha opinión solida,preparada,e sen incurrir a error.
Sen embargo,comparto a opinión que moitos dos seus negocios ilegáis están mal e non deberían seguir existindo.
Comentario de Roberto Pereiras (03-02-2017 09:16)
7 A mafia foi o resultado da crise que se produciu no século XX especialmente en Italia. Tiveron un poder inmenso tanto político como económico. Esto levou aos grandes escritores a narrar historias como o padrino, novela insignia deste tema. Este tipo de vida tan peligrosa non pasou desapercibida e non tardou en chegar ó cine. O Padrino que foi unha das películas máis vistas. Ac#blgtk08#tualmente o xénero mafioso segue sendo igual de atractivo para escritores e público polas mezcla entre asasinatos e romance. Grandes actores como Robert De Niro non puideron dicir que non a un papel no Padrino. Actualmente aun seguen existindo mafias, xa que aun non se conseguiron erradicar, destacan en Rusia, República Checa, Albania ou Xapón pero existen globalmente.
Comentario de Adrian Santervas (03-02-2017 09:18)
8 A mafia foi un dos grupos máis perigosos e perseguidos do século XX, sobretodo en USA, onde a actividade delictiva era maior. As mafias tiñan o seu orixe na Italia siliciana de onde tiveron que emigrar para poder buscar un futuro mellor, e todos eles tiñan a idea de buscar o soño americano, e para iso, foron formando as chamadas mafias, que foron formadas por persoas con recursos armamentísticos e socias, derivados en influencia sobre persoas poderosas do Estado que axudaban a que os seus crimes e ilegalidades pasaran desapercibidos.
Máis tarde, os directores e guonistas americanos, aproveitaronse da expectación que causaban as mafias para levar a súa vida e os seus actos ao cine. Levaronse a cabo moitas películas de este xénero#blgtk08#, se ningun tipo de problema coas verdadeiras mafias, que cabía a posibilidade de que organizaran algun tipo de ataque contra eles que usaron a súa imaxe e actos, pero non foi asi.
Eu creo que os directores foron moi intelixentes, porque as mafias teñen unha influencia nos cinófilos increible que os manteñen en tensión toda a película e lles encantan os argumentos usados. Para min o Padrino será recordada como unha das peliculas máis famosas da historia polo seu recorrido e fama.
A mafia sigue estando presente hoxe en día fora das películas so que con menos actividade, ainda que eso non tería que ver para que moi pronto volvan a chear de misterio, medo e dasacougo os nosos corazóns, ainda que con felicidade polo cariño.
Comentario de Diego Castro (03-02-2017 09:18)
9 Como ben comeza este artigo, as "Cosa nostra" italiana xurdiu por un motivo de necesidade durante o século XIX; mais a súa historia non remata aí, chegando a espallarse polo mundo adiante e chegando a ter repercusión nos nosos días, esta última quizais non coa forma orixinal propia da mafia siciliana pero sí no mesmo concepto, adicándose ao control de diversas actividades ilegais como poden ser a trata de persoas ou o narcotráfico; sendo en moitos casos incontrolables polos gobernos locais, posto que poden chegar a exercer unha maior influencia na poboación a través dunha política do terror ou, noutros casos, contando co apoio das propias autoridades, a través da corrupción (basta dicir que a mafia estadounidense tivo moito que ver na victoria deste país na Segunda Guerra Mundial para facerse unha idea do inmenso poder que podían e poden chegar a acumular: http://www.cienciahistorica.com/2015/02/03/lucky-luciano-mafia-ayudaron-aliados/ )
Dende o meu punto de vista, a cultura cinematográfica de Hollywood deu a coñecer, en gran medida, as actividades deste tipo de organizacións para o público xeral. Comezando por The Godfather (para min unha das mellores entregas sobre esta temática, tanto dentro da propia saga como no ámbito xeral deste tipo de filmes), na que se amosa dun xeito asombroso a realidade mafiosa a mediados #blgtk08#do século XX, expoñendo a tan xerarquizada estrutura deste tipo de organizacións, así como as loitas internas de familias por facerse no poder e a política de "non é nada persoal, só son negocios"; pasando tamén por outra incrible película icónica do cine de mafias como é ?Os Intocables de Elliot Ness?, dirixida por Brian de Palma e contando cunha xenial BSO da man de Ennio Morricone, na cal se amosa a realidade dende un punto de vista ben distinto: a loita contra o crime organizado dun axente federal no Chicago da Lei Seca controlado por Al Capone. En ámbalas dúas podemos atopar actores da talla de Kevin Costner, Sean Connery, Marlon Brando ou Al Pacino; quen nos introducen totalmente co seu xeito de actuar nese ambiente turbulento e quizais misterioso que sempre emvolveu ás sociedades mafiosas moi axudados,como non,das xeniais bandas sonoras (e lembremos aquí a Nino Rota co tema principal da de The Godfather, Love Theme).
Como ben conclúe Alejandro, tamén da man deses pequenos ?guiños? e manías dos directores (en The Godfather, por exemplo, sempre que ía ocorrer algunha desgraza había laranxas de por medio) que, cando non, póñenlle a guinda ao pastel. En resumo, filmes de primeira categoría que son ideais para comezar a introducirse no ?como é? deste mundo cheo de recovecos e traizóns que é o da Cosa Nostra.
Comentario de Nicolás Alén Guimeráns (09-02-2017 21:17)
10 Como ben dixo Alejandro neste artículo, a mafia, aínda que a asociemos ao cine, naceu dun acto real de protestas que derivou na delincuencia que coñecemos hoxe en día.
Pero, volvendo ao cine, coñécese como cine de gánsters ao xénero cinematrográfico que ten como tema principal o tema organizado. A diferenza #blgtk08#doutros xéneros cuxo tema central é o delito, no cine de gánsters destaca o punto de vista do propio criminal, o que fai que moitas destas películas resulten moralmente ambiguas; en ocasións, obras deste xénero foron acusadas da glorificación da violencia, polo que tiveron frecuentes problemas coa censura.
Comentario de Marta Palomanes (10-02-2017 08:59)
11 A mafia queiramos ou non está moi ligada a nosa sociedade dende fai uns séculos.Pódemola encontrar oculta (ou non) na política sobre todo nos últimos tempos que ate os políticos pertencen a mafia, son un recurso na economia xa que moven moito diñeiro. Debemos comprender que as mafias poden chegar a controlar un pais enteiro como ocorreu en Italia e é m#blgtk08#oi dificil parar as súas accións porque teñen un poder incalculable.
En canto ao cine, é normal que un tópico coma a mafia lévese a gran pantalla xa que pode dar moito xogo en canto a trama argumental pero tamén pode facer que reflexionemos para nos e nos demos conta das atrocidades que se poden chegar a facer por conseguir diñeiro o ter poder
Comentario de Paula Alvarez (10-02-2017 09:11)
12 O concepto das mafias podémolo atopar de moitas formas: en libros, películas, nos xornais... Remontámonos (como ben está reflictido no artigo) a séculos atrás dende a súa orixe ata hoxe que continúan. Non é un tema que débase tomar a lixeira xa que moitas das mafias xogaron con vidas (entre outras cousas) e a maioría da xente tenlle respeto ás persoas que pertencen a estes grupos.
A mafia aparece moitas veces nas grandes pantallas (é un tema #blgtk08#que dá moito xogo para o cine) hoxe en día contamos numerosas películas onde podémolas ver coma no clásico "El Padrino". Os actores nestas películas teñen que intentar meterse no papel dun mafioso e remover nas persoas sentimentos e sensacións o que non é fácil.
As mafias por desgraza permaneceran máis tempo ocupando portadas e aparecendo nos xornáis anunciando noticias tristes pero ben e certo que deixounos grandes obras cinematográficas .
Comentario de Pablo Cuní Balayo (14-02-2017 23:36)
13 As mafias son organizacións clandestinas que teñen a súa orixe en Sicilia e foron creadas por necesidade do campesiñado como rebelión dos abusos da aristocracia. Teñen unha gran repercusión na nosa sociedade no ámbito de ocio como en filmes ou libros. As mafias aínda seguen moi presentes na nosa sociedade actual coma por exemplo, no paso da fronteira dos estranxeiros entre España e África, no tráfico de prostitutas para a explotación sexual, nos temas de contrabando de drogas ou determi#blgtk08#nados productos alimenticios... Son bandas que resulta prácticamente imposible controlar xa que son numerosas e actúan con moita precaución ante as autoridades. Penso que as mafias son necesarias para un correcto funcionamento da economía aínda que sexa de materia ilegal xa que mantén o comercio en movemento.
Segundo a Interpol, en España operan 688 grupos mafiosos dedicados fundamentalmente a tráfico de drogas, a explotación sexual, a extorsión e o blanqueo de capitais.
Comentario de Inma Oliva Fernández (16-02-2017 23:28)
14 a orixe destes movementos ilicitos que popularmente coñecemos como mafias, reside na protesta contra os abusos aristócratas de finais do seculo XIX. Acadan o seu maior auxe en Sicilia, pero producirase unha emigracion a America. A sua actividade basease en actos criminais e en contra da lei, lexos dunha revulucion campesiña, evolucionou cara a delincuencia movendo contundentes masas de diñeiro ilegal.
Certo é que estes movementos poden chegar a estimilar positivamente a economia dun pais, mais constan de tal desprestixio polos dereitos humans, que#blgtk08# nin e lonxe poden ser aceptados pola lei. Pero o gran problema das mafias atopase no seguinte. As autoridades competentes dun pais poseen a forza para facerse cumplir a ley, pero a organización destas bandas e tal que a súa rixidez xerquica permite zafar de sacions e conseguir os seus propositos economicos en canto a branqueo de capitais case á perfeccion.
Estase falando enton dunha rede de organizacons criminais con fins economicos que, influindo notablemente no PIB dun pais, apenas recibe restriccions das autoridades grazas á sua consistencia.
Comentario de Adrian Otero Parada (17-02-2017 00:19)
15 As mafias xurdiron coma unha organización formada polo campesiñado que se rebelou contra os valores aristócratas e a aristocracia no século XIX e foi consolidándose/desenvolvéndose ata chegar a ser o que coñecemos hoxe en día.( Cabe dicir que as mafias teñen un gran papel nas sociedades, xa que forman unha gran eco#blgtk08#nomía sumerxida en moitos países)
Este tema non pasou desapercibido e houbo escritores que narraron historias sobre os mafiosos e toda a xente relacionda coa organización, ata que tivo lugar no cine , onde existen moitas películas relacionadas con este tema , que son coñecidas como películas de "gánsters".
Comentario de Olaia Iglesias (17-02-2017 09:05)
16 Estamos acostumado a ser constantemente bombardeados con imaxes de mafias. En películas, videoxogos e outros medios podemos ver esa imaxe dun lider dunha mafia rodeado de luxo, facendo calquera cousa por conseguir o exito, coma se non tivera corazón. Por debaixo del, os seus subordinados dedicanse a realizar todo este traballo sucio, seguindo as suas ordes.

Independentemente da impresión que este tipo de historias causen en #blgtk08#nós, case todos tendemos a esquecer unha cousa importante: as mafias son algo real. Aínda que o contexto cambiara do de esas mafias mostradas no cine, de todos eses clichés, na actualidade existen organizacións criminais moi perigosas. Continúan realizando as mesmas actividades: tráfico de drogas, de persoas, robos, asasinatos... Por máis que estas cousas resulten lonxanas para nós, está claro que, as veces, a realidade supera á ficción.
Comentario de Aida Bernárdez Italiani (17-02-2017 09:12)
17 As mafias, nun principio xurdiron co obxectivo de acabar cos abusos da aristocracia, pero foron evolucionando durante o século XX ata converterse en organizacións clandestinas de crime organizado. Están organizadas de forma xerárquica e todos os membros seguen as órderes dunha persoa, o "xefe" desa mafia. #blgtk08#Estas mafias practican actividades ilícitas que atentan contra os dereitos humanos, como o asasinato, o branqueo de diñeiro, a prostitución, o tráfico de drogas, etc. Por desgracia, a maioría delas seguen practicando ese tipo de actividades e penso que os gobernos deberían facer algo por acabar con elas.
Comentario de Andrea López Rodríguez (17-02-2017 09:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0