O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Orfos de Sofía
O fracaso escolar como definición é o feito de non lograr o título académico mínimo obrigatorio dun sistema educativo. Pero, cando falamos realmente de fracaso? Falamos de fracaso escolar cando un rapaz non é capaz de alcanzar o nivel de rendemento esperado para a súa idade. A única forma de evaluar ás persoas son as notas dos exames polo que o fracaso tradúcese por suspensos (no caso de ter dous o máis e non superar o curso).
Podemos atribuir moitas causas ao fracaso escolar, cada persoa vese afectada por situacións diferentes que provocan o seu escaso rendemento escolar, entre elas podemos nomear:
Fracaso-escolar-ninos_ECDIMA20150129_000
  • Dificultades propias dos estudantes: Un elevado porcentaxe de casos de fracaso escolar débese a dificultades como a dislexia ou o déficit de atención

  • Dificultades socioeconómicas: Cómpre destacar que existen estudos que revelan unha relación directa entre o nivel económico das familias e o fracaso dalguns rapaces/as.

  • Problemas causados nos núcleos familiares.

  • A inestabilidade do Sistema educativo, non podemos vivir nunha reforma permanente dos plans de estudo.

  • Causas pedagóxicas: Descoñecemento de técnicas de estudio, etc.

  • etc.

  • Como causas máis destacables entre as citadas cómpre destacar e profondizar nas dificultades propias dos estudantes ou nos problemas emocionáis. No caso das dificultades propias un dos problemas e a dislexia que é a alteración da capacidade de ler pola que se confunden ou se altera a orde de letras, sílabas ou palabras. Tamén cómpre falar do deficit de atención que trátase dun trastorno que se diagnostica cando un rapaz/a non ten a capacidade de concentrarse nunha única acción. E finalmene, os problemas emocionais propios da etapa adolescente.

    España a nivel Europeo lidera o primeiro posto en fracaso escolar, ben e certo que reduciu case un 1,9% na súa taxa pero segue case duplicando a media comunitaria de 11% cun 19,97%, tendo así o maior porcentaxe de xoves entre 18 e 24 que teñen como moito Educación Secundaria e logo non continuaron formándose.
    No caso das mulleres, a cifra de abandono dos estudos trás a Educación Secundaria é menor respecto a dos homes. A cifra das mulleres é dun 15% fronte o 24% no caso dos homes.
    grafico-facilitado-por-eurostat.jpg
    Neste gráfico podemos observar o lugar que ocupa España (19,97%), é segida de Malta, Romania, Italia, Portugal... e con menos taxa está Croacia (2,8%) seguido por Eslovenia, Polonia e Chipre.
    Pódese observar que a media Europea (en azul) está moi por debaixo coa de España. O noso goberno ten marcado lograr no 2020 un porcentaxe de tan só un 15% o cal non está asegurado se poderase lograr.

    Este ano 2016 nos Informes Pisa (2015) encontramos mellorías nalgunhas comunidades autónomas como é no caso de Galicia. O rendemento dos estudantes galegos de 15 anos mellorou en Matemáticas con cinco puntos máis respecto vez anterior (2012), sobe dez puntos en lectura e mantense en ciencias.

    Entre elas Galicia ( tamén Castela e León, Navarra e Madrid) obtivo resultados próximos ós dos países mellor clasificados no informe PISA 2015.
    En concreto, na mellor nota, a de ciencias (512), Galicia situaríase no decimocuarto lugar mundial, como cuarta de Europa, só por detrás de Estonia, Finlandia e Eslovenia. En canto á comprensión lectora, con 509 puntos, estarían decimoterceiros á escala mundial (no continente quedarían por detrás de Finlandia, Irlanda, Estonia, Noruega e Alemaña). Incluso no peor dos rexistros, o de matemáticas, a nota resulta satisfactoria, xa que sitúanse vixésimo quintos a nivel mundial (decimoquintos na lista continental).
    España tamén sobe dous puntos en matemáticas (486), aínda que continúa por debaixo do promedio da OCDE (490) e da Unión Europea (493). En ciencias (493) baixa tres puntos, quedándose ó mesmo nivel que a media da OCDE e lixeiramente por debaixo da UE (495).
    O promedio dos países da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) nesta edición caeron en todas as áreas : oito puntos en ciencias, dous en lectura e catro en matemáticas.
    Todos estes datos son sorprendentes xa que aínda que lográrase unha melloría notable nos Informes Pisa a situación de fracaso escolar en España segue sendo un motivo de preocupación e é necesario corrixilo para lograr un maior avance nese aspecto.

    O fracaso escolar non é un tema que débase tomar a lixeira e todas as persoas deben concienciarse porque hoxe en día é importante lograr títulos académicos para nun futuro ter un traballo e poder sobrevivir. Facendo alusión o título, ser un orfo de sabedoría é algo desolador e realmente é necesario que esas cifras diminúan para poder ver un cambio positivo.

    (Artigo de Pablo Cuní Balayo)


    Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Ensinanza - Publicado o 08-02-2017 16:19
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame
    15 Comentario(s)
    1 As dificultades dos estudantes son a causa do gran índice de abandono e fracaso escolar entre a xuventude a nivel mundial. Unha gran parte dos adolescentes carecen dunha certa madurez emocional, o que nalgúns casos afecta á súa capacidade para tolerar a frustración e ser constantes.

    Vemos estas carencias cando ante un problema familiar ou de relación cos seus iguais, o adolescente se ve desbordado por non saber como actuar e solucionar dito conflito e non é fácil prestarlle axuda sen facer que se sinta presionado ou ameazado. Isto refléxase moitas veces nos seus datos académicos e é unha bola que se fai máis canto máis tempo pasa sen solucionarse o problema.

    Esa incapacidade de afrontar os problemas que o superan poden manifestarse con actitudes agresivas cara os demáis, desinteresadas cara os estudos... en actitudes de autodefensa que leva a cabo o rapaz ou rapaza inconscientemente para evadirse do problema ou chamar a atención.

    O problema ven da man do sistema educativo actual, un sistema educativo no que cada individuo non é máis ca unha media a final de curso, onde non se valora o traballo e todo se evalúa nunha proba única, no que unha#blgtk08# gran maioría de profesores, administrativos e outro persoal implicado na docencia ve a súa labor na sociedade coma un traballo máis, chegando pola mañá, contandolles aos alumnos o temario e volvendo a casa. Por desgracia, a realidade é que os alumnos precisan normalmente máis atencións ca as meramente lectivas: precisan ser escoitados, comprendidos, axudados... O profesor é un instrumento moi importante durante unha grna parte da vida do alumno e ten que ser consciente de que a súa actitude para con el vai ser determinante na súa educación, conduta e mentalidade.

    O sistema educativo debería cambiar a súa forma de orientar a educación, como fai o sistema educativo finlandés, onde se valora o traballo en grupo e a cooperación, tamén se evalúa aos profesores, non se fomenta a competencia nin se valoran as cifras, os pais implícanse moito na vida do centro, unha educación máis personalizada...

    Todo isto leva a un estado de convivencia idílico no que tanto profesores como pais e alumnos, e estes se atopan en harmonía e se ven con ganas de colaborar nas clases, se sinten integrados e buscan o beneficio persoal e colectivo para un futuro en sociedade adecuado.
    Comentario de Alejandro Recouso Tresandi (21-04-2017 09:04)
    2 En xeral, paréceme que o fracaso escolar é un problema actual ao que se debe de pór remedio nun futuro baixando as súas taxas. A principal consecuencia deste número de fracasos es el sistema educativo, que se centra tan só en evaluar aos alumnos mediante probas escritas, que premia máis memorizar que aprender. Se comparamos España con outros países poderemos apreciar que España ten moitas máis reformas educativas que outros, des#blgtk08#pois de seis leyes educativas que xa estiveron vixentes, de verdade que fai falta unha sétima lei?
    Paréceme que en vez de impór reformas tan á lixeira o noso Goberno debería parar e pensar nunha nova lei que beneficie a situación do alumnado e a poder ser, reduza o fracaso escolar. En vez de facer unha "chapuza" que nos perxudique a todos, paga a pena investir un pouco máis de tempo e idear unha lei con máis consistencia.
    Comentario de Elena Rodríguez Álvarez (21-04-2017 09:09)
    3 Os trastornos que se dan no ámbito do aprendizaxe soen ser a dislexia, o déficit de atención, dispraxia (que está pouco diagnosticado), etc. O déficit de atención ou TDA (Trastorno por Déficit de Atención) éo padecen aquelas persoas que non son capaces de estar atentos a unha soa cousa e lles custa concentrarse. Ás persoas con este trastorno soen ter máis dificultades a hora de estudar porque non son capaces a#blgtk08#o 100% de concentrarse no que teñen diante. Por outra banda, a parte dos trastornos estarían os problemas no ámbito familiar ou o acoso escolar, estos dous problemas causan que os rapaces fracasen nos estudos. Todo por ao mellor que haxa X problemas cos seus pais ou que o rapaz cree problemas ou conflitos na casa. Ppor último o bullying, que xa non se da só no recinto escolar senón que dáse nas redes sociales.
    Comentario de Aroa Mosquera Vila (21-04-2017 09:11)
    4 A posición do noso país nos informes Pisa con respecto ao resto de paises do mundo pode atribuirse a todos eses factores citados no artículo sobre o fracaso escolar. Mentres noutros paises como Finlandia(un dos mellores situados nesta proba) a educación é gratuita,evítase a competencia entre alumnos xa que non fan exames e apreciase a imaxinación e a capacidade de emprendemento.No noso país os estudos son cada vez máis caros,non porque a educación non sexa gratuita senon por todo o que hai que mercar (libros, material...Neste país os recurrentes cambios de leis e a falta de motivac#blgtk08#ión fan que os alumnos deixen de estudar e ríndanse a edades moi tempranas. Polo que todo esto e moitos outros factores fan que o noso país se situe nunha posición no moi favorable no ranking da proba Pisa. Se ben é certo que nos últimos resultados desta proba a puntuación do noso páis a mellorado en ámbitos como a lectura no que iguala a OCDE. Esta proba reflexa dentro do noso país un desnivel entre as zonas do norte con puntuacións máis altas e as do sur con puntuaciones máis baixas. Todos estes datos poden mellorase por diversas vías aínda que tamén pode pasar todo o contrario.
    Comentario de Elena López Del Río (21-04-2017 09:12)
    5 O fracaso escolar,é,e non o dubido,unha problemática que ten unhas dimensións bastantes preocupantes no noso país.
    Eu creo que o sistema educativo pese ás ventaxes que nos ofrece,é un sistema deficiente e inestable que aún non sabe solventar estas problemáticas que teñen moita mais importancia que os procedementos para bacherelato ou a realización das probas de aceso a universidade (nas que,por suposto,tampouco hai consenso polas forzas políticas).
    O fracaso escolar,ao meu parecer,é unha imaxe de como o goberno estase a preocupar pola educación. Neste país,eu cre#blgtk08#o que os parlamentarios,en vez de ser conscientes da importancia da educación,só a usan como propaganda política.
    O fracaso escolar será solventado,cando o goberno,en lugar de por trabas,estableza un sistema educativo que sexa capaz de incentivar ao estudo e sepa como facer do estudo algo atrátivo.
    O sistema educativo non está nos parlamentos ou nas forzas políticas,o sistema educativo está nese mestre que fai que os seus alumnos se interesen pola súa materia,nese pai que incentiva o estudo aos seus fillos ou nese alumno que loita por estudar e aprender.
    Comentario de Roberto Pereiras (21-04-2017 09:15)
    6 Este articulo goza de toda a razón do mundo ,xa que todos sabemos,que en España, o proceso educativo dende dentro e dende fora é cada vez máis complexo e problemático. A educación española é algo que deberiamos mellorar pouco a pouco entre todos, sobre todo pola conta que nos trae, porque o país depende das xeracións futuras e a súa formación.
    Eu creo que para mellorar esta situación, o Estado debería apoiar con certas axudas económicas ás fami#blgtk08#lias que o necesiten, para que os seus fillos podan estudar. Tamen poderían levarse a cabo certos cursos no colexio para os máis pequenos,impartidos por un psicólogo, para inculcarlles os principais métodos de estudo pouco a pouco.
    Aunque este fracaso escolar actual, non pode ser encuberto coa sistemática subida nos exames PISA, xa que eso podría ser consecuencia dunha relaxación global, e incluso baixar máis o nivel educativo a nivel mundial.
    Comentario de Diego Castro González (21-04-2017 09:18)
    7 Na miña opinión a causa principal do fracaso escolar no noso país non se atopa directamente nas razóns dadas no artigo, senón no propio sistema educativo que parece reticente a darlles solución. Non podemos esperar remediar a alta tasa de fracaso escolar non sistema educativo que non fai nada por intentalo.

    Durante toda a miña vida escolar son moitas as veces que atopei esta situación: un alumno cuxas notas son catastróficas, non atende en clase e adica o seu tempo a dar problemas. Nestas situacións a solución do profesor solía ser sempre a mesma, colocar ao alumno en cuestión na esquina da clase, apartado de todo o mundo para que non moleste aos que si queren #blgtk08#aprender. E ahí está o problema, pois nos atopamos ante unha persoa que no quere aprender.

    Se esa persoa non quere aprender, como pode pretender o sistema educativo que memorice un tema completo para o exame? Eu penso que neste caso a solución sería traballar coa motivación do alumno, atopar un modo de que realmente se interese por aprender. Moitos son os que preguntaron algunha vez para que serve estudar matemáticas, pois é imposible aprender algo ao que non atopas sentido.

    En conclusión, no se pode ensinar a alguén que non quere aprender, por iso os esforzos do sistema educativo deberían potenciar este aspecto para reducir o fracaso escolar.
    Comentario de Aida Bernárdez (21-04-2017 09:19)
    8 O fracaso escolar é unha realidade no sistema educativo español. Hai moitas causas que o provocan como os problemas de déficit de atención ou socioeconómicos. España lidera el ranking de fracaso escolar cun 19% de persoas que deixan de estudiar unha vez acabados os estudos obrigatorios.
    As mulleres dentro de este gran problema son as que menos abandonan (15%) por debaixo dos homes (24%)
    Como feito salientable, na nosa comunidade melloramos en asignaturas como matemáticas como podemos ver nos informes PISA. G#blgtk08#alicia estaría colocada en decimocuarto lugar pero ten moito que mellorar.
    Os problemas de caracter estudiantil deben solucionarse de maneira inmediata mediante reformas para conseguir un sistema educativo de calidade e abandonar a tónica habitual da que estamos acostumbrados. O sistema educativo a penas evolucionou e é pouco chamativo para os estudantes. O sistema finlandés debería de adaptarse a o resto dos países europeos. Mellorando a educación connseguiremos personas mas competentes no entorno laboral e social.
    Comentario de Adrián Santervás (21-04-2017 09:20)
    9 O tema dos estudos é unha frustración para moitos alumnos e alumnas,xa que moitos deles esfórzanse moito para acadar uns resultados, pero, a pesar dese esforzo os resultados non chegan.
    Ainda que en alguns casos o fracaso escolar producese porque ao alumno non quere ou non lle apetece, hai outros casos no que alumno quere pero non pode;estes son os alumnos con dificultades como a dislexia o el déficit de atención.
    Con este tipo de alumnos, na miña opinión, eu creo que deberíase actuar doutra forma, posto que non teñen as mesmas facilidades á hora de estudar que outros alumnos.
    Algúns centros xa actuan de maneira diferente con es#blgtk08#tes alumnos na hora dos exames. Estes centros adaptan os exames aos alumnos coas dificultades antes citadas.
    Ainda que na hora de dar clase non hay diferenzas entre un tipo de alumnos e outros.
    Eu creo que estas medidas deberían ser tomadas por todos os colegios ou institutos a parte de seguir coas clases de apoio que xa estan presentes na gran maioría dos institutos para os alumnos con dificultades en cada materia.
    En resumo, esta clase de alumnos necesitan un pequeno apoio para superar os seus estudos e non se produzan casos de fracaso escolar, xa que non son peores estudantes, se non que lles costa máis concentrarse.
    Comentario de Marcos Justo 2ºB BACH (21-04-2017 09:20)
    10 No artigo compárase a educación española coa doutros países, pero como son esas educacións? Menciónanse diferentes países (Alemaña, Italia, Portugal, Romania...), mais gustaríame centrar o comentario cara a educación en Croacia.
    O seu sistema educativo inclúe preescolar, básica (primaria), secundaria e educación superior.
    O preescolar abarca os nenos/as desde os 6 meses ata a edad escolar. A educación croata é gratuíta para todos os nenos/as entre 6 e 15 anos; do 1º ao 4º grao, teñen un profesor que abarca diferentes temas (matemáticas, natureza, sociedade...), e do 5º ao 8º grao teñen diferentes profesores que, o que xa estudaban, engáden outras materias (historia, xeografía...).
    A enseñanza secundaria está aberta para todos,pero xa non é obrigatoria por ley. Hay dous tipos de escolas secundarias: os#blgtk08# gimnasios, que corresponden a 4 temas educativos diferentes; e as escolas de formación profesional, que se adican a un comercio especializado.
    Na educación superior tamén poden elixir entre dúas opcións: a Universidad ou os estudos profesionais, que son programas máis especializados e centrados nas competencias profesionais.

    Como pódese ver, o sistema educativo croata é diferente ao español pero, cal é mellor? Na miña opinión esta é unha cuestión moi ambigua, xa que ao ter unha estrutura diferente é difícil establecer uns parámetros de sisteme educativo "perfecto".
    Pero decantaréime polo sistema croata xa que, malia que os dous teñen as súas ventaxas e as súas desventaxas, a educación española cambia constantemente e iso, para min, e un dos principais motivos de que haxa tanto fracaso escolar.
    Comentario de Marta Palomanes (21-04-2017 09:20)
    11 O fracaso escolar é un problema moi grave na actualidade no noso país, case cun 20% de xóvenes que fracasan nos estudos fronte ó 11% da UE. Isto pode deberse a causas moi variadas: déficit de atención, dislexia, problemas personais, dificultades económicas, etc. Non obstante, penso que a causa principal é o sistema educativo deste país, totalmente diferente ó de países como Finlandia, no que o fracaso escolar apenas se achega a un 10%. No modelo finlandés a escola obrigatoria non empeza ata os 7 anos e teñen moitas menos horas lectivas que outros países como o noso. Sen embargo, ó contrario que n#blgtk08#este país, os alumnos falan un mínimo de tres idiomas e a gran maioría obtén moi bos resultados académicos.
    Penso que neste país temos demasiadas horas lectivas e asignaturas e non se lle dá tanta importancia á creatividade, a experimentación e o traballo en equipo como nese país, senón que o noso modelo se basa principalmente nos libros de texto e a memorización. Os gobernos deberían deixar de facer tantas reformas educativas segundo a súa ideoloxía sen preguntar a profesores e estudantes e preocuparse realmente de mellorar a educación e buscar una solución ó problema do fracaso escolar.
    Comentario de Andrea López Rodríguez (21-04-2017 09:20)
    12 O fracaso escolar é un problema que afecta a moitos estudantes españois contando cunha tasa do 21,9% sobre o total. Pode ser causada por moitas problemáticas xa mencionadas no artigo que se poden solucionar de diversas maneiras. Por exemplo,as causas pedagóxicas poden solucionarse incentivando charlas nas escolas nas que se den a coñecer as diversas formas de estudo que poden existir para que estudar non supoña #blgtk08#unha amargura para o alumnado, senón un entreteñemento, buscando as utilidades que teñen os temas que estudamos na nosa vida cotiá. De esta forma os alumnos non terán a obriga de "chapar" a materia e poderán memorizala e empregala no momento e da maneira axeitados. Penso que nas escolas debería ensinarse dunha forma máis lúdica e didáctica na que os estudantes disfrutasen do explicado e mostrasen máis interese.
    Comentario de Inma Oliva (02-05-2017 21:14)
    13 Cando falamos de fracaso escolar, o primeiro que se nos vén á cabeza son, como ben di o artigo, os datos dos informes PISA. Números e porcentaxes que reducen a unha cifra o fracaso formativo que nos rodea.
    Evidentemente hai casos e casos, mais dende un punto de vista xeral pódese dicir que gran parte da responsabilidade é dun sistema caducado que moitas veces en vez de motivar ao alumno, logra xustamente o contrario.
    Dende a miña perspectiva (e obviando as dificultades propias do alumnado ou do seu entorno, como poden ser problemas familiares ou dificultades económicas), o problema reside na propia estrutura do sistema educativo:
    Dunha banda, a escasa vocación dunha gran parte do profesorado dos niveis inferiores e intermedios#blgtk08# (Primaria, ESO...) non logra transmitir ao alumno a curiosidade e as ganas de seguir aprendendo que son tan básicas e necesarias na ensinanza. O obxectivo, que podería ser a formación de persoas cun pensamento medianamente crítico, quédase estancando na mera mediocridade e en clases monótonas marcadas polo sermón en tono neutro do docente de turno.
    Con isto ínstasenos a memorizar coma se foramos robots, e para ese método non é adecuado nin por asomo, chegando a crear unha gran aversión cara certas materias.
    En definitiva, o problema está en que se nos considera (e quere facer) máquinas e aos Gobernos responsables só lles preocupa facer os cambios oportunos para que todo se adapte máxicamente ó que eles consideren ?correcto?.
    Comentario de Nicolás Alén (05-05-2017 08:55)
    14 Hoxe en dia, o fracaso escolar é algo que esta a orde do día. Dende o meu punto de vista, o sistema educativo español é o principal culpable de que os nenos de hoxe en día non logren as metas académicas que a sociedade e o goberno lles impón. En primer lugar, ¿como non vai haber fracaso escolar nun pais que cambia de leis cada ano? a inestabilidade educativa existente en españa é i#blgtk08#naceptable xa que unha lei educativa debería durar moitos anos e non ser cambiada cada vez que se cambia de partido político no goberno. Por outra parte, os informes pisa como outros tantos monstran o resultado dunhas probas que fai razonar e pensar aos alumnos, lles exisen capacidade de compresion cousa que, neste pais non se ensina pis aquí, o que te ensinan a facer é a memorizar
    Comentario de Paula Alvarez (11-05-2017 14:19)
    15 Eu estou convencido de que na maioría das ocasións, o fracaso escolar deberíase de chamar "Fracaso do sistema educativo español".

    Independentemente das situacións económicas e sociais que viven os adolescentes (ollo, que tamén afectan, que non se me malinterprete), penso que o sistema educativo actual ten moitos erros.
    #blgtk08#
    Como ben din os meus compañeiros, actualmente, ti eres unha nota. O que levo aprendido nestes seis anos de instituto, e que unha nota non representa o teu grao de coñecemento sobre unha materia, asi como o traballo e o esforzo.

    Os profesores deberían de ser máis profesores e menos funcionarios.


    Comentario de (12-05-2017 00:57)
    Deixa o teu comentario
    Nome:
    E-mail: (Non aparecerá publicado)
    URL:: Debe comezar por http://
    Comentario:
    © by Abertal
    Licencia Creative Commons


    Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0