O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A ciencia tamén interesa ás mulleres
O acelerado avance científico e tecnolóxico foi un dos rasgos característicos do século pasado pero, cal foi o papel da muller neste proceso?, gue obstaculiza actualmente a relación das mulleres coa ciencia?.

Ao longo da historia da humanidade, existiron grandes mulleres que favoreceron ao avance de moitos campos do saber: ciencia, tecnoloxía, historia... as mulleres contribuiron de forma notable ao coñecemento. Sen embargo, cando se fala de mulleres e ciencia o primeiro no que se pensa é na súa pouca presenza na historia, por iso, habería de reescribir a historia para recuperar do olvido aquelas científicas que foron silenciadas ou mantidas na sombra dos seus compañeiros científicos polo mero feito de non ser homes.

Un claro exemplo é o de Rosalind Franklin (1920-1958): as súas fotografías de difracción de raios X foron claves para que Watson e Crick poidesen propor o modelo de dobre hélice do ADN, co que obtiveron o Premio Nobel en 1962; sen embargo, a contribución de Franklin non tivo ningún recoñecemento ata a publicación da súa biografía (1975). Como ela Trótula de Salerno, Annie Russell Mauder ou moitas outras.

A historia pon de manifesto como as oportunidades das mulleres cambiaron co tempo. A creación das universidades europeas (s. XII-XV) reduciu as oportunidades, xa que estaban vetadas: nas suizas non foron aceptadas ata a década de 1860, nas inglesas ata 1870, nas francesas ata 1880 e nas alemanas ata 1890. As academias científicas tardaron aínda máis en admitir ás mulleres.

Nos nosos días xa non se pode falar de exclusión das mullerers das universidades; non obstante, existen aínda mecanismos sutís e implícitos que contribuen a manter a marxinación da muller:

En primeiro lugar, debería plantearse se a muller chega á educación superior nas mesmas condicións ca os homes: os diferentes xoguetes que se lles dá aos nenos e ás nenas, a idea arraigada de que o papel da muller está restrinxido ao fogar, os prexuízos inconscientes que desalentan ás nenas de estudar ciencias por ser cousa de homes...

En segundo lugar, asócianse aos homes características como a racionalidade, o emprendemento, a competividade, ou a agresividade, necesarias para ter éxito nunha carreira científica; pero ditas características veríanse inadecuadas nunha muller.

Por último está a discriminación xerárquica, pola cal investigadoras capaces e brilantes son mantidas en niveis inferiores nas escala da comunidade científica. Aínda en campos onde a participación da muller parece alta, pódese descubrir que son marxinadas. O MIT admitiu nun documento publicado en 1999 que, sen desexalo, discriminara ás mulleres. A UNESCO admite desigualdade entre homes e mulleres dedicados a investigación. A Comisión das Comunidades Europeas encontra que as mulleres obteñen case o 40% de tódolos postdoctorados, pero só o 15% das investigadoras europeas son mulleres.


Coñeces mulleres ilustres no terrreo da ciencia?

Cales son as causas que dificultan hoxe tanto o ingreso como a carreira científica das mulleres?

Que acción habería que emprender para conseguir a igualdade entre homes e mulleres neste asunto?



(Artigo de Marta Palomanes)


Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Muller - Publicado o 15-01-2017 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 Marie Curie, foi unha pioneira no campo da radioactividade especialmente estudou o uranio. Ademáis descubriu dos elementos químicos novos o polonio e o radio.
Reci#blgtk08#biu un premio nobel por estes descobrementos, e outro pora sua investigación na radioactividade, foi a primeira persoa en recibir dous premios nobel en diferentes campos.
Comentario de Paula Alvarez (20-01-2017 09:09)
2 Eu estou de acordo co texto,creo que no pasado discriminouse á muller polo feito de ser muller.

As antigas sociedadedes erean machistas, e os homes non soportaban que unha muller levárase os méritos.

Na sociedade actual non é como a de antes, pero aínda quedan sectores nos que exíste desigualdade entre homes e mulleres; como é na área de ciencias.

Pero nos institutos; pol#blgtk08#o menos no meu, os estudos de ciencia non ten discriminación de xénero, xa que hai incluso máis mulleres que homes estudando esta rama.

Igual pasa na rama de humanidades, que non é só un sector para mulleres, se non que tamén hai moitos homes que realizan estes estudos.

En conclusión, as sociedades están evolucionando e xa non se fan restriccións de xénero case en ningún sector
Comentario de Marcos Justo Seijo 2ºB (20-01-2017 09:10)
3 Como sempre, o problema está na educación. Vivimos nunha sociedade patriarcal, na que hai un desequilibrio de poder entre varóns e mulleres, a favor destes.

Non hai máis que ver a situación económica da maioría das mulleres hoxe en día. O soldo dunha muller é, case sempre, menor que o de un home, falando do mesmo traballo. A grande maioría dos car#blgtk08#gos directivos de empresas, compañías, etc, está ocupado por homes. Dos que en 2014 gañaban entre 0 e 1 vez o salario mínimo, 7 de cada 10 eran mulleres. A pobreza laboral ten rostro de muller.

Ven un artigo no xornal El Diario, no que se afirma que as mulleres reciben de media un salario un 30% menor que o dos homes polo mesmo traballo realizado.
Comentario de Xoán Xosé López (20-01-2017 09:16)
4 Neste texto tratase a posición da muller dentro dos diferentes campos do coñecemento,facendo especial alusión á ciencia.
Eu como gran amante da historia sei que duante seculos e seculos a muller estivo privada,estivo sometida,por tradición,a un home,o que dificultaba o feito de facer descubrimentos ou,no caso de facelos,que se lles recoñecera a elas.
Mirando a historia deste país,temos figuras como Concepción Arenal,mulleres que loitaron contra unha sociedade patriarcal e impuxerón que no ano 1933,a muller poidera ter participación por m#blgtk08#edio do sufraxio,feito que sentou as bases da igualdade neste país.
Sen embargo,ademais dos dereitos como o sufraxio,hai unha cousa que ten que cambiar,que é a mentalidade.
Desde nenos,pese a non o parecer,recibimos unha educación contraria á igualdade,unha educacoón que fai ver a mentalidade patriarcal que segue a haber,e,que co tempo,haberá que limar.
Ao meu parecer,a verdadeira igualdade reside en lograr unha mentalidade igualita,e,a partir diso,sentar as bases da igualdade,por medio de educar ás novas xeracións doutra forma.
Comentario de Roberto Pereiras (03-02-2017 08:54)
5 Non cabe dúbida de que a muller segue sendo marxinada na nosa sociedade. Aínda que a discriminación máis "directa" foi menguando segue existindo unha discriminación "indirecta". Antes as mulleres eran discriminadas negándolles os seus dereitos (como o voto), agora, sen embargo discriminalas dunha forma diferente, de forma que esta marxinación é invisible para algunha xente, como a dificultade de acceso a algúns traballo#blgtk08#s ou o pouco recoñecemento de este como é ter un salario menor.
Desde logo, as científicas son menos recoñecidas ca os homes que traballan no mesmo campo, pero non só ocurre na ciencia. Se preguntamos á xente que nos diga o nome dalgún pint@r nos responderán con seguridade nomes como Velázquez, Picasso, Goya... sen nesequera mencionar a pintoras tán validas como eles como por exemplo é Frida Khalo o Mary Cassat.
Comentario de Elena Rodríguez (03-02-2017 08:56)
6 O tema tratado no artículo ten moitas cousas das que se pode falar, se ben é certo que as mulleres permaneceron a sombra de moitos homes no campo da ciencia, sendo as veces os seus descubrimentos máis significativos.
Conforme avanzou o tempo coñécense máis tr#blgtk08#aballos realizados por elas no campo das ciencias, aínda que para que haxa igualdade de condición falta moito. A sociedade e a maneira de pensar de certas persoas ten que cambiar para que o traballo das mulleres na ciencia goze de tanta importancia coma o dos homes.
Comentario de Elena López del Río (03-02-2017 08:58)
7 A ciencia interesa as mulleres como aos homes, ou máis ca eles ou menos, trátase de ter igualdade entre homes e mulleres nesta rama cousa que non se ten. Aos nenos dende pequenos no catálogos dos xoguetes fan como unha distinción entre nenas coa cor rosa e os nenos con azuis ou vermellos, dende pequenos xa nos ditan o que temos que dedicarnos o día de mañá, coidar ne#blgtk08#nos e facer as tarefas domésticas. Nos xoguetes científicos ata fai máis ben pouco, case sempre aparecían nenos e agora comezan a aparecer más nenas en relación con este campo.
Hai moitas mulleres en relación coa rama científica e xa non só na biosanitaria senón tamén na tecnolóxica que emprenden un camiño contra esta desigualdade a que nos vemos sometidas.
Comentario de Aroa Mosquera Vila (03-02-2017 09:00)
8 O tema exposto neste texto non é nada novo, a muller sempre estivo oprimida dende tempos inmemoriables, destinada a coidar do fogar e dos fillos, sen poder tan sequera acceder a uns estudos ou incluso non poder facer eleccións na súa vida.
Este feito non comeza a cambiar ata principios do século XX, cando son aceptadas nalgun#blgtk08#has universidades, sendo aínda moi discriminadas.
Hoxe en día, aínda vivimos nunha sociedade patriarcal e profundamente machista, na que as mulleres non reciben o mesmo trato que os homes, gañan menos polos mesmos traballos, están moi sexualizadas e sofren todo tipo de discriminacións e abusos, todo polo feito de ser muller.
Comentario de Andrea López Rodríguez (03-02-2017 09:09)
9 O tema aquí exposto é, por desgraza, certo. Durante moito tempo vimonos envoltos nunha sociedade machista na que por ser muller xa eras considerada menos ca os homes. A verdadera vergoña é que, na actualidade, queden todavía resquicios desta discriminación.
Aínda que as mulleres xa demostraron de sobra ter a mesma capacidade ca un home, seguimos a ver como moitas empresas prefiren contratar a un varón incluso se hai un#blgtk08#ha muller cun mellor currículo. É unha vergoña que dende os gobernos se vexan obrigados a regular por lei o número de mulleres que unha empresa debe ter contratadas cando isto tería que vir directamente das empresas, que non deberían ter en conta o xénero á hora de contratar.
En conclusión, non hai ningún xénero superior ao outro, todo temos as mesmas capacidades para conseguir logros académicos, sexa no campo que sexa.
Comentario de Aida Bernárdez Italiani (03-02-2017 09:09)
10 O papel da muller, como ben reflexa este artigo, estivo moi infravalorado e hoxe en día o segue estando. Na sociedade actual aínda que lograrase un maior avance que no pasado, seguen habendo moitas distincións como é cos xoguetes para nenos e para nenas e coma cos traballos para homes e mulleres.
Dende o pasado a muller cumpriu grandes labores dentro dos terreos da ciencia, da literatura... como é o caso das mulleres da xeración do 27 (Margarita Manso,Marga Gil Roesset...) as cales foron olvidadas e hoxe en día o seguen estando (seguramente case nadie sepa delas porque non estúdanse cando dase este tema) . Elas tamén realizaron grandes obras pero por desgraza case nadie sabe quen son e que obras relataron#blgtk08#, non como no caso de Lorca que pertence a ese grupo e tivo recoñecemento como todos os homes da Xeración dos 27 excluíndo así as mulleres...
Todo isto debería considerarse como unha reflexión á xente porque se somos unha sociedade tan avanzada e todos somos iguais porque o papel das mulleres non aparece nos libros de texto cando estúdase as mulleres do caso que nombrei aínda que xa sáibase que elas tamén fixeron grandes labores? ou porque algúns traballos
"son" para homes e non para mulleres? Estes motivos, os do artigo e moitos máis lévanme a pensar que vivo nunha sociedade patriarcal e que aínda que a muller logrou moitos avances para ter voz na sociedade, seguen sen ter o papel que se merecen.
Comentario de Pablo Cuní Balayo (03-02-2017 09:17)
11 Ao longo da historia o papel da muller estivo sempre enmarcado nun segundo plano con respecto ao do home. O papel da muller foi sempre de acompañamento do home. A frase "todo gran home ten detrás unha grande muller" podémola considerar non só coma unha reflexión senón coma unha constante histórica.
Os homes trataron dende sempre de gobernar o mundo, de poñelo aos seus pés, por enriba de todo animal e elemento da natureza, pero tamén por enriba da muller, denigrándoa a unha subcategoría da raza humana.

Por iso, toda contribución en grandes proxectos e toda actividade emprendedora das mulleres ao longo da historia tratou de ser ocultada pola sociedade machista por temor a perder ese protagonismo, esa capacidade absoluta de rexer o mundo ao seu parecer.

Pouco a Pouco, o protagonismo femenino en todos os ámbitos foi aumentando, grazas á progresiva concienciación social, potenciación de valores como a empatía, revoltas... pero aínda queda un longo #blgtk08#camiño por percorrer; non so no ámbito legal, hoxe en día a lei (polo menos nos Estados máis civilizados) é bastante igualitaria con respecto a homes e mulleres, senón na mentalidade de cada unha das persoas que conforman as sociedades do mundo, pois moitas persoas seguen estancadas en mentalidades retrógradas e cando unha destas persoas ten un cargo importante na sociedade (político, famoso...) pode incitar a outras persoas a pensar dese mesmo modo arcaico que non deixa avanzar mentalmente á sociedade.

Persoalmente, considero que esa loita polos dereitos da muller é, pero non debería ser, unha loita necesaria. E digo que non debería ser necesaria porque o ter que loitar polos dereitos da muller é loitar por uns dereitos innatos que deberían ter cabida nas mentes de todas as persoas e nas leis de todos os Estados do mundo. Debería ser unha loita inexistente e os dereitos e oportunidades da muller deberían estar garantidos e aceptados na sociedade de maneira innata.
Comentario de Álex Recouso Tresandi (03-02-2017 09:17)
12 Á pregunta inicial do artigo coido que se podería respostar que invisible; é dicir, necesario, porque basta con destacar mulleres como Rosalind Franklin ou Margaret Hamilton que sen a súa labor non serían realizables as labores científicas nas que colaboraron, pero non recoñecido, debido á estrutura da sociedade na que vivimos.
Devandita sociedade (puramente patriarcal) nunca considerou necesario revalorizar o traballo das mulleres, neste caso, no campo científico, arrastrándoas a un inxusto segundo plano e, en moitos casos como pode ser o de Margaret Hamilton, negándolles o recoñecemento que merecen.
Evidentemente, este modelo de comportamento comeza xa dende a base da educación no tipo de "segregación" que se fai na infancia (cousas estilo xoguetes para nenos vs xoguetes para nenas ou cores de neno vs cores de nena) e da idea da fraxilidade feminina que se lles incluca dende que teñen uso de memoria (os nenos non choran, non sexas nenaza).
Se cabe pensar que esta discriminación só se estende ao ámbito da investigación e labores científicas, cómpre ir a calqueira dos outros campos nos qu#blgtk08#e participaron (é dicir, calquira dos outros campos da nosa historia). Se analizamos o papel na arte das mulleres sempre está nun plano secundario: na música, Clara Schumann sempre viviu á sombra do seu marido Robert; Maria Anna Mozart nunca gozou do apoio necesario para iniciar a súa propia carreira musical, eclipsada polo seu irmán Wolfgang;ou, se botamos unha ollada na pintura, Artemisa Gentileschi, unha das pintoras máis "coñecidas" (coñecida agora, obviamente), pertencente á escola caravaggiana, foi violada por un compañeiro do gremio por sentir este superioridade e considerala inferior por adicarse a "cousas de homes".
En definitiva, considero que este é un problema fundamental na nosa sociedade xa que está privando do principio de igualdade (igualdade de oportuinidades, igualdade salarial, por non abranguir temas máis delicados, como por exemplo naqueles moitos casos nos que ás vítimas que se atreveron a denunciar unha violación foilles insinuado se non a provocarían elas) a unha gran parte da nosa sociedade; o cal constituíu e consitúe unha débeda histórica e de cambio social urxente con elas.
Comentario de Nicolás Alén Guimeráns 2ºA Bach (10-02-2017 09:11)
13 Concordo co artículo en que as mulleres simplemente polo feito de selo sufriron todo tipo de discriminacións ,tanto laborais salariais como sociais , ó longo dunha historia narrada pola sociedade patriarcal .
No caso do ámbito científico isto é se cabe máis sangrante para o colectivo feminino ; non só non foron recoñecidas como figuras que aportaron avances nestes campos , senón que aínda se lles privaba en moitos casos do libre acceso a ese mundo científico.
No caso ó que se fai referencia no mencionado artigo , a figura de Rosalind Franklin constitúe o reflexo dunha sociedade acostumada a non valorar ás mulleres . Foi unha investigadora que a mediados do SXX fixo un descubrimento tan grande e aínda así pasou inadvertido ; grazas os seus experimentos cos raios X , case por casualidade encontrouse o factor determinante para completar a secuencia do ADN ,feito que sería aproveitado por Watson e Crik . Rosalind morreu sen ver recoñecido o seu logro , nin por compañeiros nin pola sociedade en xeral e así caeu no olvido , como tantas outras mulleres brillantes.Así pois , creo que o ámbito científico estivo sempre supeditado ó xénero que exercía o poder na sociedade pero a#blgtk08#fortunadamente os prexuízos que puñan as mulleres en contra disto fóronse derrubando un por un e o final , na sociedade do SXXI a pesar de quedaren restos de toda a tradición anterior ,as mulleres amosan cada vez máis interese por este campo e isto é positivo, non só para a nivelación social home-muller senón tamén para poder disfrutar dos avances ós que cheguen as futuras investigadoras .
Pola contra , se ben digo que o campo cientíco non debería ser exclusivamente característico dos homes , tamén remítome a que as humanidades non o deberían ser das mulleres , é dicir , debido a que a sociedade valorou positivo nun home valores como os científicos ou os traballos manuais . Para isto é necesaria unha educación sen condicionamento en ningún ámbito e así chegar a formar homes e mulleres en igualdade de condicións e posibilidades laborais .
En suma de todo , os prexuízos modernos que dividen a homes e mulleres en especialidades non lle fan ningún ben á sociedade en sí misma , xa que nos estamos privando de ter un desenvolvemento enorme en campos distintos , estámonos privando de xeniais ivestigadoras que poden mellorar a vida de todos .Deberían reflexionar sobre o tema .
Comentario de Brais Alonso Costas 2 Bach C (10-02-2017 20:29)
14 A desigualdade de xénero é un tema que está sempre presente na nosa vida cotiá, mesmo ao acender a televisión na publicidade. Debería importarnos tanto a homes como a mulleres xa que é un problema social que nos inflúe directa ou indirectamente. Aínda que antigamente existiron grandes pioneiras da ciencia, da poesía (firmaban os seus poemas con nomes masculinos para que fosen publicados) ou traballos profesionais que eran atribuídos aos homes, sempre se lles presentaban trabas no momento de dar a coñecer o seus descubrimentos ou coñecementos. Por iso creáronse organismos ou grupos de protesta e defensa nos que se fomentaba a igualdade entre homes e mulleres. Existe un organismo autónomo adscrito #blgtk08#ao Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade coñecido como "Instituto da Muller" que ten como obxectivos a promoción e o fomento das condicións que fagan posible a igualdade real e efectiva de mulleres e homes, así como a plena participación da muller na vida política, cultural, económica e social.
Na actualidade, foise suavizando esta desigualdade grazas á loita de moitas mulleres polos nosos dereitos. Isto non quere dicir que a desigualdade de xénero desaparecese. Por desgraza segue presente na mente dalgunhas persoas que consideran ás mulleres coma un "floreiro" que só serve para facer as tarefas do fogar e coidar aos fillos, pensamento moi pouco acertado en pleno século XXI
Comentario de Inma Oliva Fernández (17-02-2017 00:33)
15 Unha vez máis podemos ver como as mulleres estiveron (e están) nunha posición de desigualdade frente o home.Este texto céntrase na situación delas no campo da ciencia , onde a pesar de ser, en moitos casos, as que fixeron ou descubriron novos métodos e fórmulas científicas , non recibieron #blgtk08#o correspondente recoñecemento e en bastante casos, foron seus compañeiros os premiados.
Para mín, con este artículo podemos confirmar coma a historia estivo marcada polo patriarcado e o máis importante ,que as mulleres aportaron moito máis as nosas vidas,ao mundo, do que se coñece.
Comentario de Olaia Iglesias (17-02-2017 08:48)
16 As dificultades da muller nos estudios e no mundo laboral é unha realidade. As mulleres ao longo da historia foi igual de importante como a que fixeron os homes. Un caso é o de Rosalin Franklin como mewnciona no texto, pero non é a única, por exemplo tamén Marie Curi. O acceso a universidade foi moi difícil e moi duro para as mulleres. No século XX lograron acceder aos estudos, pero aun non conseguen ter esa igualdade no traballo, ten dificultades para#blgtk08# acceder a postos de alto rango, cobran menos, traballan máis... Aun temos moito moito que mmellorar nesta sociedade sexista.
Os nenos e as nenas xa nos diferencian dende que nacemos. Os nenos de azul, as nenas de rosa. Os nenos coches e as nenas princesas. Estas diferenzas separan a ambos sexos en vez de lograr a igualdade. Ensínannos cousas que nos separan en vez de xuntarnos. A igualdade pódese lograr, pero aínda queda moito camiño por facer.
Comentario de Adrián Santervás (17-02-2017 09:05)
17 Dentro do ámbito das ciencias, ao longo da historia houbo unha marcada discriminación para a muller que consideraba inútiles os seus esforzos para facer mellor o mundo, non so polo simple feito de que non podía ser máis có home, senón pola marxinación constante que sufrían.
Mulleres como Rosalind Franklin ou Marie Curie foron esenciais para o desenvolvemento da ciencia no século XX, pero con escaso recoñecemento no seu traballo.
Co paso do tempo esta imaxe da muller foi cambiando#blgtk08# a prol da tolerancia en ambos sexos, loitando por un mundo sen discriminacións. Ainda que, hoxe en día as marxinacións e desprezos hacia o sexo feminino seguen presentes, a pesar dos abundantes cambios.
Na actualidade a muller xa pode ocupar postos educativos e universitarios, e tamén, postos de goberno. Ainda que en ámbitos como o coidado da casa ou as ocupacións laborais limpiado de casas, colexios ou calquera centro público, as mulleres seguen recibindo abusos sexistas como antaño.
Comentario de Diego Castro González (17-02-2017 09:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0