O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

E niso... foise Fidel


Fidel, o fin dunha utopía inalcanzable.

Para uns heroe, para outros lider carismático e para outros principal responsable da dictadura comunista en Cuba.


Personaxe referente do socialismo e das causas dos oprimidos "foi unha desas persoas que desafiaron o establecido, empuxados por un soño: un mundo máis xusto, unha sociedade sen clases" (Alberto Garzón). Encarnou a historia da dignidade non só de Cuba, senón de América latina no seu defensa e a súa loita contra o control e o dominio dos Estados Unidos.








Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 27-11-2016 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 O 26 de Xulio do 1953 as tropas revolucionarias cubanas reveláronse contra a rancia dictadura de Fulgencio Batista. As tropas revolucionarias cubanas, lideradas por Fidel Castro, tiñan unha clara ideoloxía esquerdista, marxista, nacionalista e comunista.

Co remate da guerra, no 1959, o poder recae nas mans de Fidel, que permaneceu nas súas mans ata a súa morte.

Compre destacar que, nos anos da ditadura castrista, #blgtk08#Cuba gozou dun dos máximos graos de desarrollo humano, un excelente sistema educativo e sanitario, así mesmo a solidaridade co
Terceiro Mundo.

A morte de Fidel non debe frear os pés ós futuros revolucionarios. Non temos que chorar pola súa morte, senón ter un sorriso sobre a súa imaxe e telo como un exemplo de revolucionario.

"Que importa morrer, se deixamos semente de vencer" (Moncho Reboiras)
Comentario de Pedro (09-12-2016 09:18)
2 Fidel Castro foi o dirixente da Revolución Cubana, convertíndose nun referente para todas as nacións reprimidas no mundo, e consciente a súa vez de que esa era a única vía para a transformación social.

Independentemente das críticas que recibira Fidel, o que está claro e que esta espiña política para os EEUU trouxo educación e sanidade a cuba, e a xente polo menos#blgtk08# tiña fogar e alimentos que levar á boca.

Se cuba pasou fame, foi polo bloqueo continental imposto por parte dos EEUU.

Para rematar, creo que Fidel foi, é e será un dos líderes revolucionarios máis importantes do século XX, que non estaba sometido a ningún imperio, e un modelo a seguir.

E niso....chegou Fidel. Ata a vitoria sempre!
Comentario de Xoán López 2º Bach A (10-12-2016 20:29)
3 "No se preocupen, seré breve". Así comenzou o noso protagonista o seu primeiro discurso na sede da ONU o 29 de setembro de 1960. Durou exactamente catro horas e vintenove minutos.
Digamos que este é o resumo da vida política deste galego universal.

A súa historia comenza sacrificando o seu estatus acomodado de avogado de profesión (o mesmo que o doutor Ernesto Guevara) e a súa propia vida pola consecución dun ideal de xustiza social e de futuro para todos por igual fronte a modelos que na súa exportación ó exterior resultaron dictaduras títeres dun capitalismo feroz.

Naquela época so existían dous modelos de organización dun pais: ou a democracia capitalista ou a dictadura comunista. Para a intelectualidade de gran parte de sudamérica, farta #blgtk08#dos desmans dos Estados Unidos nos seus respectivos países, era moioto máis atractivo e romántico acoller os modelos e ideais comunistas. E así chegou Fidel, e o Che, e moitos outros.

Pero que diferente é aquela utopia da que hoxe en día todos buscamos (uns con máis convencemento que outros) e que o tempo se encarga de enfrontar cunha realidade máis "pragmática".
Iso mesmo aconteceu co "compañeiro Fidel". O tempo fíxolle entender que manter unha utopía a 100 km dun xigante cun modelo económico e social diametralmente oposto so podía ser posible a través dun poder "pouco democrático" .
É por iso que non comparto o comezo do texto cando fala do fin dunha utopía. A Utopía de Fidel, como a de moitos outros, vive. O resto é pura historia.

Comentario de Nicolás Alén Guimeráns 2ºA Bach (14-12-2016 22:53)
4 Sobre cada suceso ocorrido na historia hai centos de miles de versións diferentes sobre como aconteceron, polo que hai unha infinidade de interpretacións diferentes e moitas veces non podemos saber a realidade tal como é porque cada persoa tende sempre a narrar o acontecido dende un punto de visto moi subxectivo, tal como o viviu, deixando de lado moitas veces a obxectividade, polo que nos vemos obrigados a recadar información de diversas fontes para sacar a nosa propia interpretación, buscando un punto común a todas esas versións, que cremos que será o máis acertado.
Como ben di a entrada do blog "Para uns heroe, para outros lider carismático e para outros principal responsable da dictadura comunista en Cuba" e como todo, dependerá do punto de vista dende o cal se mire.
A dictadura de Fulgencio Batista foi unha etapa na que Cuba se convertiu nun país practicamente subdesenvolvido: gran parte da poboación era analfabeta, case un cuarto da poboación estaba desempleada pola súa nefasta política económica á vez que deixou o estado de percibir millóns de ingresos anuais, apenas había electricidade nun 10% das casas, moitos campesiños non tiñan terras que traballar e moitas destas estaban en mans de extranxeiros ou terratenentes...
En definitiva, despreocupouse das necesidades básicas do seu país e centrou a súa política en mellorar as relacións con Estados Unidos e en investir os fondos do Estado nas cidades máis atractivas para fomentar o turismo.
Ademais, a situación do seu goberno agravouse con medidas como a prohibición da liberdade de expresión, reunión e folga; a instauración da pena de morte...
Hai un dito popular entre os reaccionarios a esta ditatura que na miña opinión emprega unha metáfora moi explícita pero moi certa sobre Cuba nestes anos: "Cuba era o puticlub de Estados Unidos". #blgtk08#r /> Ante tal situación chegou Fidel, un revolucionario disposto a cambiar a situación pola que atravesaba o seu país, disposto a loitar polas necesidades básicas da xente e disposto a loitar contra a hexemonía e a dependencia estadounidense na isla. Tras establecerse no goberno declaráronse marxistas-leninistas, un partido comunista.
É eiquí onde xorde o problema, o problema que rodea a toda nación que decide establecer un goberno comunista. A crítica xeral moitas veces inxustificada ou argumentada co pasado. Certo é que á hora de poñer en práctica os ideais marxistas ao longo da historia ocorreron verdadeiras atrocidades,coma os gulags de Stalin, que non tiñan nada que envexarlle aos campos de concentración nazis, mais estas atrocidades non son responsabilidade dos ideais marxistas que loitan contra as diferenzas de clases, senón deses líderes que manchan a ideoloxía aplicando parte dos principios políticos da mesma á súa maneira e inventándose a outra parte.
En Cuba, o peche de fronteiras, a loita contra a globalización, a limitación de certas liberdades económicas... foron motivo de crítica durante décadas; mais pola outra banda, esas medidas que limitaban certas liberdades individuais, á hora de analizalas no conxunto da sociedade, resultaron ser as responsables de que houbese unha educación digna, de que a situación económica das familias mellorase, de que a xente non morrera de fame, de que se respectara o medio ambiente...
Como todo, cada persoa terá o seu punto de vista. Para os que defendían e demandaban as súas liberdades individuais o goberno de Fidel foi similar a unha dicadura como calqueira outra; para outros, que viviron durante anos nunha situación precaria baixo o xugo da dictadura de Batista, o goberno de Fidel supuxo a salvación e a esperanza dunha nova vida, dunha nova oportunidade.
Comentario de Alejandro Recouso Tresandi 2º Bach C (15-12-2016 19:36)
5 Unha das figuras mais importantes de latinoamerica,considerado un ditador para alguns e un heroe para outros,impulsado pola sua fé nas suas ideas e o seu desexo de conseguiren a tan anhelada liberdade,por mor de vivir nunha sociedade capitalista gran parte da informacion que recibimos é previamente modificada ou censurada isto da lugar a que haxa un rexeitamento ó #blgtk08#que non é o tradicional e non siga os canons,gran parte da informacion recibida sobre Fidel parte dunha base real mais é moi modificada por medios de comunicacion posto que a idea de socialismo é vista coma a de unha forma degoberno irracional,grazas a fidel cuba logrou sair do seu estado de miseria,foi simplemente unha figura necesaria e insustituible na historia
Comentario de Sandro (15-12-2016 23:02)
6 Fidel Castro levanta unha marea de opinións diferentes xa que non todo o mundo ten o mesmo punto de vista. Como ben dise na entrada "Para uns heroe, para outros lider carismático e para outros principal responsable da dictadura comunista en Cuba."
Cómpre destacar o papel de Fidel Castro na revolución cubana xa que foi o principal líder de ataque contra a dictadura imposta no 1952 por Fulxencio Batista, etapa na que cuba encontrábase nunha situació#blgtk08#n crítica: tiña un índice de corrupción xigantesca e un tercio da poboación vivía baixo a pobreza.
Durante a revolución, él tiña moitas frases que pasaran a historia porque e eu destacaría: "Revolución é cambiar todo o que debe cambiarse"

O líder da revolución , Fidel Castro, pasará a historia polo que fixo e non está de menos honrar a súa morte aínda que para moitas persoas a súa figura só provocase efectos negativos na sociedade.
Comentario de Pablo Cuní Balayo 2º Bach C (19-12-2016 21:46)
7 No referente á figura de Fidel Alejandro Castro Ruz temos unha gran división de opinións,sendo para uns un ditador e para outros un Libertador das mans do Imperialismo,se algo podemos sacar en claro é que está figura non deixa indiferente a ninguén.
Eu,na miña opinión,teño clara unha cousa,nunca poderemos xulgar libremente un feito histórico así que s#blgtk08#ó nos cabe analizar obxectivamente.Fidel Castro logrou liberar Cuba da influencia dos EE.UU que dominaban a illa dende 1898,eu creo que o comunismo non foi unha boa alternativa para Cuba,pero iso xa é outro cantar.
A miña conclusión é que este home,cos seus detractores e os seus seguidores,foi unha gran figura histórica do Seculo XX e do Imperialismo
Comentario de Roberto Pereiras (21-12-2016 15:08)
8 Fidel Castro foi un persoaxe moi salientable na historia recente de Cuba e de todo o mundo, iso ninguén o pode negar.
Onde pode haber discrepancias e sobre se a sua labor foi boa ou mala.
Na miña opinión, eu creo que fixo un gran labor para logra#blgtk08#r a igualdade de clases.
O que non me gustaba foi que despois de conseguilo implantase unha propia dictadura.
Podes estar a favor ou en contra de este historico persoaxe, pero o que non se pode negar e que fixo grandes cosas por e para o seu pais
Comentario de Marcos Justo Seijo 2°B BACH (21-12-2016 22:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons