Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O castiñeiro, símbolo de eternidade |
|
Como todos os anos, a chegada do mes de novembro marca o comezo dunha festividade moi especial, con multitude de manifestacións populares en todos os recunchos do país. Trátase do día de defuntos, a celebración cristiá consagrada aos fieis que xa non están connosco. O día dos defuntos, ou dos mortos, segue no Santoral católico á festividade de todos os Santos, e existe constancia escrita de que as súas orixes remóntanse ata mil anos atrás, nos inicios do século XI d.C.
Con todo, poucos imaxinan que esta xornada ten en realidade unhas raíces moito máis escuras. En Galicia e noutras rexións de España, as fontes remóntanse ata a épocas anteriores ao propio nacemento de Cristo. Cedeira, municipio da Coruña, celebra todos os anos por estas datas unha orixinal festa de orixe celta denominada Samaín. Ata non fai moito se pensaba que os defuntos visitaban por estas datas as igrexas e ermidas onde se celebraban misas pola súa alma, mentres que nas casas era costume preparar alimentos aos parentes vivos, pero pensados como un xeito de honrar aos mortos. As ánimas volvían así por un día ás súas vellas moradas, para quentarse xunto á cheminea e comer en compañía dos seus familiares vivos, afastando así a tristeza definitiva do camposanto. Herdanza dun pasado ancestral, tamén resultaba frecuente prender unha fogueira común con ramas de tezo, consideradas outrora sagradas, para despois utilizar este lume no aceso de todas as lareiras da comunidade.
É precisamente esta profunda sensibilidade cara ao mundo dos mortos a mellor mostra da orixinalidade celta en Galicia, e por suposto o legado máis estendido do Samaín, unha festa druídica que se remonta aos tempos escuros anteriores ao cristianismo e á cultura imposta polos pobos civilizados.
Na cultura tradicional se simboliza a vida perdurable dos defuntos por medio de plantas sempre verdes ou de longa vida. O castiñeiro, una das árbores máis lonxevas da flora europea, é un acertado símbolo da eternidade. Así, pois, comer castañas no día de Tódolos Santos, ademais de ser un auténtico pracer, equivale a una manifestación publica de fe na vida eterna.
Ademais do magosto profano, que se organiza durante os meses de outubro e novembro no souto, nunha casa ou no forno comunal, existe un magosto relacionado cos defuntos, e que se celebra o día de Tódolos Santos. Foi costume en toda España, e en Italia, comer castañas cocidas e asadas no cemiterio e tamén na casa. En Portugal, ás doce da noite, poñen una mesa con castañas para os mortos.
Nestes días tódolos que teñen familiares no cemiterio limpan as sepulturas, adórnanas con flores e acenden unha lámpada de aceite. As luces acesas son símbolo de vida. As flores leva ós defuntos do mesmo xeito que se lles soe levar ós vivos. Nalgunhas parroquias, o crego percorre o cemiterio rezando responsos polos defuntos, moitos confesan para gañar una indulxencia plenaria para os seus familiares mortos. Outros levaban á igrexa cereais, patacas e outros produtos da terra como ofrenda, outros rezaban o rosario na casa.
Foi no século XIX cando a tradición do Samaín se exportó a Estados Unidos a partir de países como Escocia e Irlanda, cuxa poboación emigró en masa a Norteamérica por mor das hambrunas que abordelaron Europa a mediados de século. Este é a orixe do Halloween actual (térmo derivado de All Hallows´ Eve, Véspera de Tódolos Santos), unha festa reimportada despois ao noso continente nun intento de alienar nosas tradicións máis arraigadas: precisamente aquelas que deron orixe e significado ao rito actual de reverenciar aos mortos.
E tí a quen recordas neste día?
(Artigo de O clube das ideas)
|
|
|
|
18 Comentario(s) |
|
1 |
Este artigo é moi interesante,non sabía nada da orixe destas festividades ata agora,a verdade que nunca me sentín coa curiosidade necesaria para indagar no tema,pero este artigo expón cousas bastante interesantes fal#blgtk08#ando dende o antigo Samaín ata ao novidoso Halloween.
O mais interesante do texto é cando explica a expansión da tradición por Europa e cando comenta o profundo simbolismo do castiñeiro,realmente interesante. |
|
|
Comentario de Roberto (11-11-2016 08:48) |
|
|
2 |
Sempre é importante coñecer a orixe das nosas festas e costumes. En concreto o día de "Tódolos santos" ten unha orixe curiosa que non todo o mundo sabe. A festa de Halloween que celebramos agora ten a orixe xa en tempos moi antigos e nos pensamos que é unha festa actual, imitamos a USA sen saber que fomos os europeos quen levamos a tradición a eles no século XIX. Tamén variou ao longo do tempo, antes este día era visto como día para#blgtk08# reunirse cós familiares, amigos e coñecidos mortos e agora e vista polas novas xeracións como unha festa para levar disfraces de medo, ver pelis de medo e xogar a xogos de medo sen pensar no que consiste esta tradición, aínda así a maioria xente maior( sobre todo os crentes) seguen levando frores ao cementerio e conservando máis ou menos o costume antigo que era o Samaín, . E eu espero que unha tradición tan antiga nunca se perda. |
|
|
Comentario de Miguel Collazo (11-11-2016 09:05) |
|
|
3 |
O Samaín e o día de Tódolos Santos é un día festivo nacional para honrar a todos os nosos mortos.
Naturalmente, estou de acordo en que haxa un día espécifico para eles, pero máis ben no sentido símbolico. Para min con este día se demostra un respeto hacia eles, un recordo, é como dicir que non caeron no olvido.
Aínda así hay certas costumes ligadas a este día que realmente non comparto.
Neste día a xente sole adicar o seu tempo a ir ata os ceminterios, poñer flores novas, limpar as tumbas, ir a misas.#blgtk08#..
Todas estas costumes que se fan especialmente ese día pódense facer tamén calquera outro, é dicir, todas esas cousas non teñen exclusividade nese día, e realmente non comparto a idea de que masas de xente asistan aos ceminterios neste día para levar a cabo tradicións que perduran no tempo.
Para resumir, este día para min é un símbolo de respeto hacia eles pero non va ligado con facer ou non certas tradicións, xa que penso que o mundo tende a evolucionar e que as tradicións non son eternas.
|
|
|
Comentario de Elena Rodríguez (11-11-2016 09:11) |
|
|
4 |
E certo que o día de tódo os santos é unha data sinalada na tradición cristiana e en España ten unha tradicion arraigada , se ben a festividade do Samaín de orixe celta non arraigou na nosa sociedade debido a ( según o artigo a imposición das culturas civilizadoras) pero tamén cabe dicir que aínda que esta tradicion existise nun momento da historia de Galicia e mesmo importada a EEUU , A sociedade non a mantivo e esta foi recuperada a partir da segunda metade do SXX , debindo ós esforzos de numeros#blgtk08#os etnólogos por darlle unha identidade cultural mais diferenciada a Galicia .
A celebraciín deste día como tal , pertence a tradicion cristiana polo cal eu non a practico , na miña opinion o culto , o respeto polos difuntos debes ser constante e non un dia o ano como acto simbolico , creo que aporta mais pensar nesa persoa no dia a dia , que nuna data sinalada a que levamos flores o sepulcro como acto de homenaxe . Que mellor homenaxe que ter o seu recordo vivo na tua vida diaria . |
|
|
Comentario de Brais Alonso Costas (11-11-2016 09:16) |
|
|
5 |
A verdade é que comunmente adóitase dicir que Halloween é unha festa americana e que con todo o tema da globalización chegou ata nós.
É moi interesante saber que isto non é así e que en realidade esta festividade ten a súa orixe no noso continente Europeo fai moitos séculos.
É verdade que co paso do tempo os ritos que fanse en EEUU e#blgtk08# na nosa cultura son diferentes a pesar de que as dúas celebracións proveñen da mesma.
Esta época do ano é unha das miñas favoritas porque podes reunirte con toda a túa familia, rememorar vellos acontecementos e disfrutar dun alimento como a castaña que nos recorda as colleitas dos nosos antepasados antes da chegada da pataca as nosas vidas |
|
|
Comentario de Paula Alvarez (11-11-2016 14:59) |
|
|
6 |
O día de tódolos santos e un día, visto dende a miña prespectiva inecesario xa que debemos honrar a os nosos antepasados tódolos días do ano, non so un. O de ir ao camposanto a limpar e adornar as lápid#blgtk08#as e algo que todo o mundo podería facer calquer outro día do ano. Dásellede demasiada importancia a este día que é un día máis coa única diferenza de que a xente acude en masa aos camposantos.
|
|
|
Comentario de Elena López Del Río (16-11-2016 23:12) |
|
|
7 |
Esta festividade é curiosa, polas súas raíces e por como estendeuse cara outros lugares. Tamén por outra parte, coñecer como se celebra aquí e como é, interesa moito. Pero este día interesa explotalo porque é un día no que recordas aos q#blgtk08#ue xa non están.
Non debería ser así, porque poderías ir calquera outro día alí. Non só ese día en concreto, o único diferente que a xente vai porque é unha tradición ir tódolos anos ao camposanto a velar aos que xa non están. |
|
|
Comentario de Aroa Mosquera Vila (17-11-2016 18:19) |
|
|
8 |
Clara demostración da evolución dos costumes ó longo da historia en adaptación as necesidades sociais, políticas e relixiosas de cada momento. Aínda que na nosa apreciación directa, o catolicismo sexa a cuna de tódalas nosas costumes, conceptos coma a morte, o alén, os solsticios, as colleitas, etc... son as verdadeiras raices da nosa cultura. Así por exemplo o culto os mortos xa evidenciado nas culturas castrexas se transmite ata o noso samain do mesmo xeito que no #blgtk08#resto do mundo celta chegou ó "halloween".
A expansión ou contaxio destes costumes sempre tivo medios adaptados a cada tempo. Primeiramente a expansión e conquista duns pobos sobre outros. Posteriormente elementos como o Camiño de Santiago que supuso un autentico "internet" para a época ata chegar a hoxe en día en donde a globalización e a inmediatez das comunicacións converten o alleo en propio antes de que a consciencia nos diga o contrario.
|
|
|
Comentario de Nicolás Alén Guimeráns 2ºA Bach (17-11-2016 20:57) |
|
|
9 |
É interesante saber de onde veñen os costumes e como se foron estendendo ao longo de toda a historia máis , ainda que estea ben dedicar un día aos nosos#blgtk08# defuntos eu penso que debemos recordalos día a día e non cando e porque estea establecido no calendario, ademáis de limpar as súas lápidas e adornalas. |
|
|
Comentario de Olaia Iglesias (18-11-2016 15:51) |
|
|
10 |
A orixe dos nosos costumes actuáis é sempre algo curioso e interesante, tanto no caso do día dos defuntos como de halloween, aínda que ao fin e ao cabo ambas festividades teñen a mesma orixe.
Pola miña parte sempre re#blgtk08#cordarei acompañar á miña avoa ao ceminterio para poñer flores cando era máis pequena. Pero isto non ocorría só no día de defuntos, senon en en calqueira época do ano, pois mostrar este respeto non é cousa exclusiva dun día. |
|
|
Comentario de Aida Bernárdez (18-11-2016 17:11) |
|
|
11 |
Coñecer os orixes das nosas tradicións é importante e, nese sentido, este é un texto moi completo e interesante. Na miña opinión, é bonito ter un día no que se recorda aos familiares, amigos ou coñe#blgtk08#cidos que xa non están pero, realmente, debería facerse tódolos días. En canto ao posible debate Samaín-Halloween, cada quen que faga ou celebre o que queira, como se quere celebrar ambos ou ningún. |
|
|
Comentario de Marta Palomanes (18-11-2016 19:16) |
|
|
12 |
É interesante saber as orixes e costumes dos nosos antepasadose que chegan ata nós hoxe en día, este comentario está ben estruturado e completado.
Aínda que hoxe en día esta #blgtk08#época a coñezan todos como "halloween". Podemos ver como algo verdaderamente positivo que haxa unha cultura así, provinte dos celtas, que marque unha pequena diferenza coas demais. |
|
|
Comentario de Jorge Gonzalez (18-11-2016 23:03) |
|
|
13 |
Resultoume bastante curioso este artigo. O certo é que a meirande parte das cousas que acontecen nestas datas eu xa as coñecía.
A miña opinión non só se vai limitar a decir se está ben ou non recordar aos mortos tódolos días. Está claro que esta data é unha data simbólica. Non é que ese sexa o único día no que se lembran aos mortos, #blgtk08#senón que é un día representativo e de homenaxe a eles. É evidente que non só se lembran ese días.
Gustoume tamén o feito de que nomease o tema do "Samaín". Sinceiramente dame pena que hoxe en día a palabra dominante sexa Halloween. É un claro exemplo da conquista lingüística por parte do inglés. Non podemos perder termos como estes. |
|
|
Comentario de Xoan López (18-11-2016 23:04) |
|
|
14 |
A pérdida das tradicións é un problema moi serio. Este texto amósanos a transformación do samaín na americana festividad denominada Halloween. A cultura autóctona non debería de pe#blgtk08#rderse e o causante deste fenómeno é a globalización. A globalización favoreceu numerosos ámbitos pero no cultural perxudicou a moitos lugares, como neste caso a Galicia co Samain. |
|
|
Comentario de Adrián Santervás (18-11-2016 23:15) |
|
|
15 |
Eu penso que é moi acertado levar a todos os países esta tradición, xa que recordar aos teus familiares, os cales xa non están ao teu lado dunha forma tan peculiar como a de comer castañas, o cal dalle un toque máis alegre, a algo, que por outra parte, ten un sentimento forte de morriña e recordo por aquelas persoas que formaban parte da nosa vida aportando un pedaci#blgtk08#ño da súa para a nosa felicidade. Paréceme moi ben sobre todo que se lle de o nome unicamente de Samaín en Galicia, para diferenciar a nosa cultura pasada de estar coa familia en momentos de represión e postguerra e rememoralas nestas fechas cada ano, aunque sigan connosco todos os días axudándonos a superar con motivación cada un dos días da nosa anodina existencia. |
|
|
Comentario de Diego Castro (18-11-2016 23:18) |
|
|
16 |
Paréceme moi interesante e misterioso o mundo dos mortos e os diversos rituais que se lles ofrecen xunto coa súa procedencia pero, independientemente de ser un bo acto en conmemoración aos nosos seres queridos que xa non permanecen con nós, algúns rituais resultan innecesarios. Sabemos que os nosos defun#blgtk08#tos familiares non van voltar connosco por moito que lles fagamos ofrendas de todo tipo e convén que nos lembremos deles durante todo o ano sen houber necesidade de celebrar un día festivo. Aínda así respeto e estou a favor de conservar estas tradicións porque forman parte da nosa cultura e procedencia. |
|
|
Comentario de Inma Oliva Fernández (18-11-2016 23:20) |
|
|
17 |
O día dos defuntos e o San Maín (Halloween) son algunhas das tradicións remontadas a épocas pasadas que serven para honrar os mortos e que aínda atopamos na actualidade. Considero que coñecer a súa orixe e como celebrábase (explicado no texto) é algo interesante e que non está de máis porque forma parte da nosa cultura.
Paréceme curiosa e chamativa a utilización de plantas de forma simbólica para representar as vidas xa que ten unha finalidade de recordar ás persoas que m#blgtk08#orreron.
Nestas datas sinaladas realízanse unha serie de actos como poñer flores as tumbas, limpar as lápidas... que aínda que penso que está ben facelo deberíase realizar con máis frecuencia e non só ese día porque xa que a xente que é relixiosa utiliza ese dia para honrar os seus mortos deberían facelo máis frecuentemente.
Tamén cabe destacar que o San Maín e o Halloween aínda que correspondan coa mesma data e teñan a mesma finalidade hai diferencias dun ó outro. |
|
|
Comentario de Pablo Cuní Balayo (18-11-2016 23:29) |
|
|
18 |
E un acto de consideracion tan bonito coma importante hacia os queridos que xa non estan.
Esta festa, co fin de recordo aos mortos, non so se deberia facerse un dia especifico ao ano, senon que deberia ser realizado sempre que nos veña en gana á nosa voluntade, e no polo mero feito de seguir unha simple tradicion.
Un requisito moi importante para celebrar esta festa con correccion é valorala filosoficamente dende un punto d#blgtk08#e vista racional e apartarse do dogma católico no que permanece engaiolado. Para iso debemos ter en consideracion o verdadeiro significado de vida e de morte. A vida sabemos de primeira persoa o que é, mais non ocorre o mesmo coa morte. Ata non chegar a ela, á morte, non podemos afirmar a consciencia, voluntade e incluso a existencia propia e persoal dentro da mesma; polo tanto non se debe valorar, nin moito menos, a vida despois da vida. |
|
|
Comentario de Adrian Otero Parada (18-11-2016 23:34) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|