Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novidades curso 2016-17 |
|
Coa implantación da LOMCE o alumnado de bacharelato ten opción a escoller novas materias optativas. As que oferta o departamento de Filosofía do noso instituto para o novo curso escolar son: Psicoloxía, Ética e Filosofía do dereito e Historia da filosofía, para o nivel de segundo; e Antropoloxía para o nivel de primeiro de bacharelato.

A Filosofía do Dereito xa ten unha longa tradición no noso curriculo. Ofertámola porque todo ordenamento xurídico precisa dunha xustificación, un fundamento, unha lexitimación teórica, o valor da FILOSOFIA DO DEREITO debemos buscalo nos problemas que suscita, onde as preguntas son máis importantes que as respostas e por suposto no seu gran potencial educativo.
Dámoslle a benvida á PSICOLOXÍA, rama do saber cuxa finalidade esencial é tanto a comprensión da propia individualidade como das condutas sociais e a súa interrelación. Desde uns antecedentes históricos moi ligados ao desenvolvemento do saber filosófico, a psicoloxía evolucionou cun cariz, en certo xeito, bifronte. Por unha banda, ten unha indubidable filiación humanística; por outra parte, a súa temática busca regularidades e explicacións científicas.Estas características distintivas, polo seu obxecto de estudo e a súa metodoloxía, fixeron que a psicoloxía poida considerarse unha disciplina moi interesante para o alumnado de segundo de bacharelato, na medida en que lle axudará a coñecerse mellor como individuo e a desenvolverse como persoa e, ao tempo, a afrontar os diversos problemas e retos que a convivencia suscita.
|
|
|
|
23 Comentario(s) |
|
1 |
Estas duas asignaturas parecenme moi interesantes porque tratan temas da sociedade que nos afectan a todos en xeral.
Por unha parte, temos Ética e Filosofía do dereito na cal estudamos temas actuales de gran interese e quedan moito #blgtk08#xogo para debatir. Ademais obtemos coñecementos básicos sobre a lei que nos axudarán a entender mellor a política e todo o relacionado co tema xurídico.
Por outra parte co novo sistema de educación (LOMCE) ofrécesenos a asignatura |
|
|
Comentario de Paula (23-09-2016 08:58) |
|
|
2 |
Ola eu son Miguel, éncheme de orgullo e satisfación formar parte de este blog. Creo que a filosofia do dereito é unha asignatura que me pode ensinar cousas interesantes, cousas que todos debemos saber e poden se#blgtk08#rvirnos na vida futura.
A psicoloxía e unha asignatura que espertame curiosidade e paréceme moi interesante e incluso pode axudar a entenderse a un mesmo. (O outro comentario mandeino involuntariamente). |
|
|
Comentario de Miguel 2ºBACH A (23-09-2016 09:02) |
|
|
3 |
Hola a todos,queria comunicarvos que este ano vou a permanecer a voso lado expoñendo as miñas ideas sen ningun tipo de tapuxo nin de tabú. Neste blog, opinarei sobre todo aquelo que ten relacion coa asig#blgtk08#natura de ética e filosofía do dereito e sobre aqueles temas que merezan a pena. Desexovos a todos un feliz curso con moitas alegrias e co menos sufrimento posible no apartado estudiantil. Moita sorte! |
|
|
Comentario de Diego (23-09-2016 09:07) |
|
|
4 |
Eu son Olaia Iglesias e escollín estas novas optativas de filosofía do dereito e psicoloxía porque parécenme moi interesantes os temas dos que tratan como a con#blgtk08#ducta humana , o seu comportamento , as preguntas das que reflexiona como por exemplo sobre a sociedade ,o por qué das cousas e porque pode axudarme nun futuro. |
|
|
Comentario de Olaia 2 bachillerato B (23-09-2016 09:10) |
|
|
5 |
escollín as respectivas materias de ética e filosofía do dereito e psicoloxía porque parécenme útiles e unhas boas optativas para nun futuro poder ter máis coñecementos nos meus estudios superiores futuros. Ética e filosofía do dereito permítenos coñecer ún pouco máis a orixe da política dende o#blgtk08# punto de vista filosófico e tamén permítenos saber máis sobre a política no medio no que vivimos actualmente. Psicoloxía consiste nunha materia para coñecernos máis a nós mesmos dende un punto de vista de especialistas. Espero que sexan unhas materias interesantes que sirvan para o día de mañá. |
|
|
Comentario de Inma Oliva 2º Bach B (23-09-2016 09:10) |
|
|
6 |
Hola, eu escollín esta materia porque gustoume a filosofía do ano pasado, sobre todo a parte na que se estudaba o dereito e as leis.
A materia non sei se vai servir#blgtk08#me para os estudos que vou a realizar ao rematar o bacheralato xa que non sei o que vou facer cando remate; pero o que si espero é que sexa unha asignatura doada e amena. |
|
|
Comentario de Marcos 2º BACH B (23-09-2016 09:10) |
|
|
7 |
Escollin as materias de etica e filosofia do dereito e psicoloxia porque considero que conforman unha formacion basica que deberia estar en coñecemento de todo o mundo; cultivando o uso da razon, tendo conciencia de como funcionan os sistemas executi#blgtk08#vo, lexislativo e xudicial e, sobre todo, entendendoo, ainda que as veces non poseen unha xustificacion moral. Confio en que esta materia sexa de proveito e de axuda para a formacion dos meus principios morais, e de regulador na convivencia de todos. |
|
|
Comentario de Adrian Otero 2º bach (23-09-2016 09:11) |
|
|
8 |
Eu son Olaia Iglesias e escollín estas novas optativas de filosofía do dereito e psicoloxía porque parécenme moi interesantes os temas dos que tratan como a con#blgtk08#ducta humana , o seu comportamento , as preguntas das que reflexiona como por exemplo sobre a sociedade ,o por qué das cousas e porque pode axudarme nun futuro. |
|
|
Comentario de Olaia 2 bachillerato B (23-09-2016 09:12) |
|
|
9 |
Ola,son alumna de 2ª de Bacherelato A. Según o meu parecer, a implantación da materia de psicoloxía neste centro é una gran idea, xa que permítenos profundizar na mente humana así como axudarnos a autoanalizarnos.
Escollín #blgtk08#esa materia porque interésame para o meu futuro, dado que unha das miñas opcións, e que a ofertaran no centro, axúdame a profundizar nela para saber se me gustará como para estudala nun futuro e acabar dedicándome a esa profesión. |
|
|
Comentario de Elena López (23-09-2016 09:12) |
|
|
10 |
Ola, estou cursando 2º de Bacharalato cursando como optativas tanto Ética e Filosofía do Dereito coma Psicoloxía.
Aínda que no caso de Ética tiña outras opcións, collín estas duás asignaturas porque creo que poderían servirme no futuro orientadas cara a carreira que nun principio #blgtk08#quero elixir, xa que é da rama sanitaria.
Así mesmo paréceme que estudando unha carreira que ten como fin un traballo cara o público non ven mal unhas nocións básicas de ética e sobretodo de psicoloxía para poder afrontar as distintas situacións laborais da mellor maneira posibel. |
|
|
Comentario de Elena Rodríguez (23-09-2016 09:12) |
|
|
11 |
Ola! CHámome Pedro e vou ser o voso compañeiro nesta viaxe estudantil. Quería explicar por que collín esta asignatura. Principalmente collín está asignatura porque está orientada ós meus estudos, como principal estudo pensei en Economía e Filosofía, un doble grado na Universidade de S#blgtk08#antiago de Compostela, polo que optei por cursala neste curso 2016-2017. Neste blog tentarei dar a miña mellor opinión
sobre os diferentes artigos dos cales trataremos ao longo de curso.
Deséovos un bó inicio de curso, seica comentan que é un curso difícil e intenso. |
|
|
Comentario de Pedro Arias (23-09-2016 09:13) |
|
|
12 |
Ola, son Nico e este ano vou cursar como optativas tanto Ética e Filosofía do Dereito como Psicoloxía. Fundamentalmente, escollín estas dúas materias polo seu carácter sociolóxico. Psicoloxía éme interesante por como estuda a mente humana ou o noso comportamento en sociedade, é dicir, como somos. Este factor, de cara ao que eu quero estudar (estudos superiores de piano) foi un dos que máis me decantou cara Psicoloxía, xa que me parece unha boa vía para chegar a comprender, #blgtk08#á larga, como podería chegar a influír a música na mente humana (ámbito que aínda é bastante descoñecido, tanto ese como a terapia musical).
Doutra banda, Ética e Filosofía do Dereito foi unha asignatura que escollín case totalmente por curiosidade, por ver que pode aportarme esta materia tanto no plano cívico como a comprender e analizar o carácter moral das normas fundamentais que rixen a nosa sociedade xa que, ó fin e ó cabo, forman parte tamén da nosa realidade. |
|
|
Comentario de Nicolás 2ºA Bach (23-09-2016 09:13) |
|
|
13 |
O meu nome é Xoán, e este ano vou cursar Ética e Filosofía do dereito.
Teño pensado facer Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, co cal esta asignatura non vai a influir na reválida ou na carreira, pero p#blgtk08#aréceme interesante o feito de que se oferte.
Penso que é importante saber e coñecer os problemas actuais, así como os dereitos individuais para saber e poder afrontar os problemas da nosa convivencia.
|
|
|
Comentario de Xoán López (23-09-2016 09:15) |
|
|
14 |
Saúdos, chámome Andrea e collín esta asignatura e máis Psicoloxía xa que me parecen bastante interesantes para poder comprender a sociedade que nos rodea e poden ser moi úti#blgtk08#les no futuro, sobre todo a Filosofía do dereito, debido ós distintos temas actuais que trata como poden ser a política, os dereitos que temos como cidadáns e persoas, etc. |
|
|
Comentario de Andrea 2º Bach B (23-09-2016 09:15) |
|
|
15 |
Saúdos a tod@s os visitantes que recibimos e recibiremos neste blog no transcurso do tempo.
Para comezar , cómpre dicir que a miña, e en xeral a nosa eleccion pola asignatura impartida neste curso; ( Filosofía do Dereito ou Psicoloxía) , fará que pasemos moito tempo neste blog, comp#blgtk08#artindo os nosos comentarios críticos ou opinións sobre temas de actualidade que vos parezan interesantes.
Participaremos da materia da asignatura a través deste blog, para achegárvos un coñecemento ou unha perspectiva diferente sobre os contidos que desenvolveremos ó longo do curso. |
|
|
Comentario de Brais 2 BACH C (23-09-2016 09:16) |
|
|
16 |
Saúdos a todos e a todas, espero que pasedes un bo curso sen ningún tipo de problemas. A miña elección por estas materias como son as de Ética e Filosofía do Dereito e Psicoloxía, terá como consecuencia que participe neste blog continuamente expresando, pola miña parte, #blgtk08#a opinión ou crítica cara os temas dos que se comenten.
Tentarei amosar a miña máis sincera crítica cara a vos, como farán os meus compañeiros, así, comentando os nosos distintos puntos de vista de cara ós temas de actualidade ó longo de todo este curso 2016/2017. |
|
|
Comentario de Jorge 2ºC (23-09-2016 09:16) |
|
|
17 |
Bos días, son estudante de segundo de bacharelato. Decidín escoller esta asignatura xa que o seu caracter moralizador e didáctico é moi útil na vida cotiá e pode servirme logo para estudios posteri#blgtk08#ores. No blog encontramos un amplio abanico de posibilidades dende a filosofía, antropoloxía e ciencias ata temas de actualidade entre moitos outros apartados. Deséxovos un bo curso e un feliz ano. |
|
|
Comentario de Adrián Santervás (23-09-2016 09:17) |
|
|
18 |
Ola,gustariame presentarme,chamome Roberto,son alumno tanto da materia de ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO coma de PSICOLOXÍA e,durante este presente curso 2016-2017,vou ser un novo redactor de este blog,no que vou amosar tanto temas de interés xerál coma a miña visión crítica e in#blgtk08#conformista da realidade.
E logo desta breve presentación,gustariame mandar os meus mellores desexos tanto para os meus futuros lectores coma os outros redactores que,estou seguro,lograrán facer un excelente traballo nesta paxina.
Un saudo.
|
|
|
Comentario de Roberto (23-09-2016 09:18) |
|
|
19 |
Ola! Chámome Marta, son alumna de 2º de Bacharelato e este ano estou cursando Ética e Filosofía do Dereito. Escollín esta asignatura porque no futuro gustaríame estudar#blgtk08# a carreira de Dereito.
Penso que o coñecemento dos dereitos é importante xa que axúdanos a defendernos e defender aos demáis contra as inxustizas da sociedade. |
|
|
Comentario de Marta 2ºBACH C (23-09-2016 09:18) |
|
|
20 |
Ola a todos, o meu nome é Aida Bernárdez e este curso comezo 2º de bacharelato. Dentro do meu horario atopanse as materias de filosofía do dereito e psicoloxía. O certo é que a primeira no era a miña primeira opción, pero debido a que non foi posible formar un grupo de historia e xeografía de Galicia terminei cursandoa. Mais isto non significa que non este interesada na asignatura, de feito á hora de facer a matrícula estiven dubidando #blgtk08#un tempo sobre cal das duas escoller. Na miña opinión esta asignatura resulta bastante interesante e útil xa no mundo no que vivimos é imprescindible aprender sobre como funcionan as leis e a democracia.
Por outro lado esta psicoloxía, materia se cabe aínda máis interesante. A mente humana é complexa e calquera asignatura capaz de axudarnos a comprender aos demais e a nós mesmos merece un sitio no noso horario de clases. |
|
|
Comentario de Aida Bernárdez 2ºBACH B (23-09-2016 09:19) |
|
|
21 |
Ola, son alumna de psicoloxía e de filosofía do dereito. Estou cursando a primeira materia por curisosidade, interésame saber como reacciona a mente humana ás diferentes experiencias da vida cotiá. Por outra parte tamén teño como opción a carreira de psicoloxía para poder coñecer un pouco máis sobre nós mesmos, e poder reaccionar ante algún feito que nos #blgtk08#afecte na nosa vida. Gustaríame poder axudar a persoas con algún problema que eles non sexan capaces de solucionar por sí mesmos. A última, pola importancia que ten nunha carreira que teño como opción, tamén teño interese porque podería axudar a persoas. Estas materias as aproveitarei para saber se podería dedicarme toda á miña vida nun mesmo traballo. |
|
|
Comentario de Aroa Mosquera (23-09-2016 09:19) |
|
|
22 |
Estou seguro de que algúns alumnos colleron esta asignatura por descarte ou por "parecer máis fácil" ca outra do mesmo bloque de optativas. Ademáis, á gran maioría non lles vai axudar a mellorar a nota nunha posible proba de acceso (sexa cal sexa) a unha carreira universitaria e porén poden pensar que a asignatura de Ética e Filosofía do Dereito non ten nada ou case nada de interese nin lle pode aportar cousas necesarias para a súa formación.
A realidade, en cambio, é que esta rama da filosofía, ao longo de todo o curso académico nos vai inculcar valores e nocións sobre como se r#blgtk08#ixe a nosa sociedade, como nace o Dereito e en que se fundamenta e a súa relación coas cuestións éticas e morais que nos inflúen (ou deverían) a todos e cada un dos integrantes dunha sociedade.
Desta maneira é razonable tamén pensar que nos pode aportar moito a todos e cada un de nós individualmente; a formarnos como persoas (valores, conciencia social...) e axudarnos a coñecer os nosos dereitos e deberes, individuais, pero tamén de cara ao resto da sociedade.
Creo que con todo, o tránsito por este curso vai ser unha etapa productiva grazas a esta e outras moitas materias. |
|
|
Comentario de Álex 2ºBACH C (23-09-2016 09:19) |
|
|
23 |
Ola!
Son Pablo e neste curso de segundo de bacharelato estou cursando a materia optativa de Filosofía do Dereito. Aínda neste intre non teño as ideas moi claras sobre que estudar como carreira universitaria pero Filosofía do Dereito creo que pode axudarme a comprender moitos aspectos da sociedade tales como a moral, a xustiza, a ética... e temas que considero importantes como as normas #blgtk08#xurídicas.
O tema máis importante para mi son os dereitos humanos porque é algo que baixo o meu punto de vista todos nós deberíamos coñecer xa que é algo que todas as persoas os temos desde que nacemos ata que morremos e pode protexernos en caso de conflictos ou problemas.
A filosofía do Dereito creo que pode aportarme moitos coñecementos novos que son importantes.
|
|
|
Comentario de Pablo 2ºBACH C (23-09-2016 09:19) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|