|
|
Os dereitos humanos, ilusión ou realidade. |
|
 A liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e os dereitos iguais e inalienables de todos os membros da familia humana. O descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinaron actos de barbarie ultraxantes para a conciencia da humanidade; por iso e que se considera, como a aspiración máis elevada da muller e do home, a chegada dun mundo en que os seres humanos, liberados do temor e da miseria gocen da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas.
No mundo é esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de Dereito, a fin de que as persoas non se vexan compelidas ao supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión.
Por todo iso, a Asemblea xeral das Nacións Unidas proclamou o 10 de decembro de 1948 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos como ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdición.
Neste curso de Filosofía do Dereito
imos coñecer mais a fondo o contido desta declaración
e faremos una valoración da súa presencia nas sociedades actuais.
(Artigo de O club das ideas)
|
|
|
|
17 Comentario(s) |
|
1 |
Eu escollín o feminismo en respecto ó Artigo 1 dos Dereitos Humanos que cita que ?Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben compo#blgtk08#rtarse fraternalmente os unos cos outros? para xustificar como este dereito non se aplica moitas veces á realidade e como as mulleres seguen loitando para alcanzar os mesmos dereitos e igualdades cos homes. |
|
|
Comentario de Sara Muñiz 2ºBach B (20-10-2015 09:35) |
|
|
2 |
O meu artigo trata sobre o establecemento dos cánones de beleza na sociedade e o que isto implica. Considero que este tema é un tema de interese, d#blgtk08#e actualidade e unha inxustiza. Todo isto levoume a escoller esta idea na que creo que moitas persoas veríanse identificadas, entre elas eu mesma. |
|
|
Comentario de Iria Lores 2º Bac C (20-10-2015 09:36) |
|
|
3 |
O artigo que eu escollín trata sobre a liberdade de expresión, e reflíctese no artigo 19 da Declaración de Dereitos Humanos.
Decidín falar sobre este tema debido a que (como se expón no #blgtk08#texto) a liberdade é unha das bases da dignidade humana, e segundo a cal podemos os humanos ser (citando o texto): "liberados do temor e da miseria e gozar da liberdade de palabra e de crenzas". |
|
|
Comentario de Manuel Estévez 2ºBACH C (20-10-2015 09:38) |
|
|
4 |
O meu texto baséase no artigo 16 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos: o dereito ao matrimonio e os requisitos para que esta sexa unha unión válida. A razón para escoller este artigo é que un novo país uniuse recentemen#blgtk08#te aos que xa aceptan o matrimonio igualitario, Estados Unidos. Outra das razóns é que miles de nenas (e nenos, pero maioritariamente nenas) son obrigadas a casar con persoas moito maiores a diario en países en desenvolvemento. |
|
|
Comentario de Ainoa Prado Romero (20-10-2015 09:42) |
|
|
5 |
O tema que escollín está relacionado co artigo número 5 da Declaración de Dereitos Humanos que dí o seguinte: "Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes." Pareceume un #blgtk08#tema de gran importancia posto que na actualidade aínda se seguen practicando actividades impropias de seres razonais como se nos considera ás persoas e é necesario chegar a unha solución para abordar dito tema. |
|
|
Comentario de Yasmina López 2º Bach C (20-10-2015 09:44) |
|
|
6 |
O motivo polo que escollín o artigo 5 da Declaración dos Dereitos Humanos o tamén chamado '' Nadie someterase a torturas nin a penas o tratos crueis, inhumanos ou #blgtk08#degradantes '' foi para que toda a xente se de conta da multitude de países que torturan nas cárceres e tamén a extensión da escravitude nos países do tercer mundo |
|
|
Comentario de Santiago Dios López 2º Bach B (20-10-2015 09:44) |
|
|
7 |
***A razón pola cal decanteime polo artigo tres da declaración dos dereitos humanos foi porque parecíame interesante e de gran actualidade o tema do dereit#blgtk08#o a vida e a súa relación coa eutanasia.
Ademáis de actual tamén se trata dun tema polémico e que está dando lugar a un conflito gubernamental.*** |
|
|
Comentario de Irene Barreiro (20-10-2015 09:45) |
|
|
8 |
Yo escogí el artículo 26 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, que está dedicado a la educación, porque me pareció un tema interesante de tratar, con diversos aspectos en los que poder centrarse y bastant#blgtk08#e adecuado para hacer una crítica de la educación actual y también del comportamiento social en las escuelas. Además, hacía poco había escuchado varias noticias sobre el tema y tenía muchas ganas de escribir sobre ello. |
|
|
Comentario de Luna Vicente Warren (20-10-2015 09:52) |
|
|
9 |
Eu vou falar das mulleres que traballan ó babasú. Escollín este tema porque penso que é un bo exemplo de que #blgtk08#aínda que nos atopemos no século XXI nun país coma Brasil seguen a existir exemplos de mulleres sen dereitos. |
|
|
Comentario de Raquel 2º Bach B (20-10-2015 09:52) |
|
|
10 |
Todos temos dereito á liberdade, pero esa liberdade é individual,como o é a expresión, a información pública, etc., sen esquecer o mesmo tempo que nos mesmos temos o dereito á privacidade, e que segúndo o artículo 12 da Declaración dos Dereitos Humans, o que nós fag#blgtk08#amos público non pode ser difundido sen o noso permiso, xa sexa a nosa dirección, correspondencia ou no ámbito familiar. Por iso, dentro do ámplo abanico de dereitos, decidín traballar sobre o dereito a privacidade pola relación que manten co uso das redes sociais. |
|
|
Comentario de Sheila Sánchez 2º Bach B (20-10-2015 09:55) |
|
|
11 |
A diferenza dos meus compañeiros, o meu artigo trata sobre os dereitos dos animais. O maltrato, a tortura, a mutilaci#blgtk08#ón e o dereito á vida son os distintos aspectos que tratarei no meu documento, usando como exemplo O Touro de Veiga. |
|
|
Comentario de Uxía Blanco 2º Bach B (20-10-2015 09:57) |
|
|
12 |
Eu escollín o dereito a vivenda digna porque foi un tema importante ao longo da humanidade. Ad#blgtk08#emáis de ser hoxe en día un tema de actualidade,polémico e polo cal producense moitos debates. |
|
|
Comentario de Marcos González (20-10-2015 10:01) |
|
|
13 |
Escollín o artigo 11 que trata dos dereitos dos presos, pois me pareceu un te#blgtk08#ma interesante xa que a ley e os dereitos cambian según o país no que vivas. |
|
|
Comentario de Lara Villar (21-10-2015 11:06) |
|
|
14 |
O meu artigo trata sobre as Eleccións Xerais do 20 de decembro. É actual e é un tema moi importante para saber en que dirección imos ir. Podemo#blgtk08#s relacionar este tema co artigo 21 da Declaración dos Dereitos Humanos, onde se defende o dereito a voto e a libre elección de representantes. |
|
|
Comentario de Diego Rodríguez Covelo (27-10-2015 10:09) |
|
|
15 |
yo voya habalar sobre el articulo 14 que trata sobre el asilo político debido a que es un t#blgtk08#ema muy actual por el flujo de refugiados políticos que escapan de una guerra en su país . |
|
|
Comentario de Manuel Cid (28-10-2015 11:08) |
|
|
16 |
O tema que vou tratar é o artigo 4 que fala sobre a esclavitude sexual xa que é un tema que esta á o#blgtk08#rden do día a nivel mundial. É un tema que comezou hai moito tempo e aínda non atopamos a solución. |
|
|
Comentario de Lucía Camisón (28-10-2015 11:13) |
|
|
17 |
Eu escollín un tema non relacionado directamente sobre os dereitos humanos , aínda que dunha forma u outra o está , e é o tema da violencia de xénero , interesoume e#blgtk08#ste tema porque considero que un gran lastre para a nosa sociedade e deberiamos adicarlle un espazo a isto para rematar dunha vez con todas con este gran problema. |
|
|
Comentario de Aida Couso García (31-10-2015 22:33) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|