O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A realidade do matrimonio
?Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen restrición algunha por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casarse e fundar unha familia, e gozarán de iguais dereitos en canto ao matrimonio, durante o matrimonio e en caso de disolución do matrimonio.
Soamente mediante libre e pleno consentimento dos futuros esposos poderá contraerse o matrimonio.
A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.?


(Declaración Universal dos Dereitos Humanos, artígo 16)


Este artígo expresa a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, en canto ao matrimonio, pero ata que punto é ese un dereito real?

A declaración de dereitos humanos non menciona o dereito ao matrimonio igualitario e deixa liberdade a cada país para decidir sobre o matrimonio homosexual e a idade mínima para casarse, coñecida como idade núbil. A maioría dos países occidentais determinan que esta idade son os dezaoito anos ou os dezaseis anos con consentimento dos proxenitores. A pesar diso, hai moitos países que permiten o matrimonio infantil, xeralmente o dunha nena cun home adulto.

UNICEF realizou en 2010 un estudo sobre este tipo de matrimonio, concluindo que arredor dunha terceira parte das mulleres de vinte a vintecatro anos de idade que viven nos países en vías de desenvolvemento casaron sendo nenas.Isto é algo moi común nos países de Asia meridional ou África subsahariana, aínda que pode variar. En xeral, a idade media do matrimonio aumenta gradualmente, especialmente nas familias con maior capacidade económica. O 48% das mulleres de 45 a 49 anos casaron antes de cumprir os dezaoito anos, este número baixou a 35% na actualidade.

Estas mulleres normalmente abandonan os estudos se nalgún momento tiveron acceso a eles) e, na maioría dos casos, son as familias as que deciden con quen casará a nena, así que o consentimento non é por parte de ambos cónxuxes, polo que non debería ser legal.
Por outra parte, os dereitos das parellas do mesmo sexo non sempre están recoñecidos. Negar a estas parellas o recoñecemento e a igualdade impide a moitas persoas o gozo de todos e cada un dos dereitos humanos. Esteban Beltrán, o director de Amnistía Internacional en España, opina: ?Con estas posturas, tales relacións estigmatízanse e alimenta a discriminación e outros abusos na comunidade, nas escolas e nos fogares en contra dos dereitos humanos das minorías sexuais.?

Que estamos a facer para cambiar estas discriminacións?


Na actualidade, o matrimonio homosexual é legal en Bélxica, Canadá, España, Holanda, Sudáfrica, Noruega, Suecia, Portugal, Islandia, Arxentina, Dinamarca, Nova Zelanda, Uruguay, Francia, Luxemburgo, Brasil, Irlanda e Estados Unidos. Este último país foi o que aceptou estes dereitos máis recentemente. Concretamente, o 26 de xuño de este ano, o Tribunal Supremo de EEUU decidiu legalizar o matrimonio igualitario en todo o país, o que anula a capacidade dos estados para prohibir este tipo de unións.

Diferentes organismos das Nacións Unidas insisten na prohibición da discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero. En 2012 presentouse o primeiro informe onde se destacaba o seguinte: ?Recoñecer a igualdade de dereitos de todas as persoas non ten por que ser controvertido, nin implica a creación de novos dereitos. Trátase de insistir en que todas as persoas teñen dereito a gozar dos xa existentes?.

Nós, coma cidadáns, debemos loitar pola xustiza e a posibilidade de que estes dereitos cúmpranse en todo o mundo.


(Artigo de Ainoa Prado)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Actualidade - Publicado o 04-02-2016 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Na miña opinión cada persona ten o dereito a escoller con quen casarse e cando facelo. Isto ten matices e refírome ao matrimonio infantil, ten que existir unha idade mínima coa que se pod#blgtk08#e casar e regularizarse en todos os países. En canto ao matrimonio homosexual penso o mesmo, todos son libres de escoller a súa parella e se ambos están de acordo teñen dereito a casarse.
Comentario de Raquel Amoedo (09-03-2016 11:08)
2 Na miña opinión,os matrimonios con menores de idade,deberían estar prohibidos,xa que unha rapaza con 10 anos,non sabe elixir con quen quere pasar o resto da súa vida,e penso que está ben que a partir dos 16 con consentimento paterno ou os 18,maioría de idade,poidas casarte con quen queiras.
#blgtk08#En canto os matrimonios homosexuais,cada un é libre de escoller con quen quere casar,sexa un home ou unha muller,e debería de deixar de ser un tópico habitual no noso día a día que un país aprobe o matrimonio homosexual,porque debería de estar aprobado en todo o mundo,sen ningún tipo de excepción.
Comentario de Andrés Álvarez (09-03-2016 11:12)
3 O matrimonio tiña que ser un derecho que posea todo o mundo independentemente da súa orientación sexual. Ten que producirse de forma voluntaria por parte dos que van a contraer matrimonio. Tendría que s#blgtk08#er una elección popría e non unha obligación como acontece nalgúns países menos desenvolvidos. Tamén tendría que fijarse unha idade mínima para evitar que as familias casen as súas fillas moi xóvenes.
Comentario de Manuel Cid (09-03-2016 11:18)
4 Vése que en pleno século XXI seguimos vivindo nun mundo cunha mentalidade bastante atrasada falando en términos xerais. Paréceme increíble a diferenza de mentalidade que poden ter dous países veciños, ou os países europeos cos países asiáticos. O feito de que nenas de apenas 12 anos perdan o seu dereito a ser nenas libres e poder disfrutar a súa vida xogando ou aprendendo debido a que teñen que casar con un home maior sen o seu consentimento paréceme unha auténtica vergoña, ha#blgtk08#i que seguir lotando por abolir ese matrimonios inhumanos para que todas as nenas podan ser libres e disfrutar da súa infancia.
En canto ao matrimonio homosexual, como é posible que aínda non sexa legal en todo o mundo? Como pode ser que siga habendo xente que pense que eso está mal? A caso a xente pode elixir a quen querer? Aínda que avanzamos moito durante as últimas décadas, creo que a mentalidade da sociedade actual ten que avanzar moito máis e abrirse cara o mundo.
Comentario de Sara Muñiz (15-03-2016 09:39)
5 Na miña opinión, estou de acordo de que cada persoa ten o dereito de casarse e fundar a súa familia con quen queira. Pero isto non quere dicir que esté de acordo que as menores de idade casen con persoas a#blgtk08#dultas como podemos atopar en países de Asia ou África. Para min esto debería ser ilegal xa que unha nena menor ten o dereito de disfrutar da súa infancia e non estar a cargo dunha familia dende moi cedo.
Comentario de Santiago Dios (15-03-2016 09:42)
6 O dereito á liberdade de matrimonio establécese en principio como algo teórico, posto que na práctica atopámonos con situacións que están moi lonxe deste ideal. En ningún caso debe estar permitido que esta liberdade como é a decisión de matrimonio, se convirta nunha imposición e nunha obriga para alguén, que se vexa forzado a tal acto.
Unha rapaza que non ten apenas coñecemento da vida non pode ser obrigada a casar con un home moito máis maior ca ela porque neste caso está sendo condicionada e obrigada por unha sociedade que non acepta os dereitos de estas rapazas.
Por outra banda, esta liberdade de matr#blgtk08#imonio tamén debe dar mostra aceptando toda clase de unións como son as homosexuais e todas aquelas que en moitos países aínda seguen considerándose mal vistas. Esta situación carece totalmente de sentido xa que realmente cando dúas persoas queren estar xuntas, que sexa o propio Estado os que llo prohíban resulta ridículo.
Falamos dun claro avance na mentalidade social que se está a producir a pasos axigantados en comparación con anos atrás, pero queda un longo camiño por recorrer e este camiño comeza na educación dos novos xóvenes que non poden continuar esta tradición de incomprensión e incapacidade de avance.
Comentario de Yasmina López 2º Bach C (15-03-2016 09:45)
7 Cada persoa debe ser libre para casar con quen lle de a gana (sempre que ambos estén de #blgtk08#acordo), xa que iso é algo que só lles atañe a eles e ninguén máis ten dereito a opinar.
Comentario de Lucía Estévez (15-03-2016 09:45)
8 Esta claro que o matrimonio é unha elección moi díficil na nosa vida e creo que sobre todo é un dereito que deberíamos ter todos nos ,xa que se trata de un dereito que ven plasmado na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e esta #blgtk08#claro que non se cumpre en moitos casos , non sei porque en pleno século XXI aínda se teña que cuestionar os matrimonios homosexuais , e aínda mais indignante que se sigan a realizar matrimonios de convenencia , entre menores de idade.
Comentario de Aida Couso García 2 bach b (15-03-2016 09:46)
9 Respecto al matrimonio infantil, es necesario establecer una edad mínima a partir de la cual las personas pueden contraer matrimonio, una edad que debería ser igual en todo el mundo para evitar el matrimonio infantil.

Respecto al matrimonio homosexual, creo que debería ser legal en todo el mundo. Cada uno es libre de estar con la persona a la que ama, sea esta hombre o mujer, y a gozar de los mismos derechos que tiene cualquier pareja heterosexual. ¿Por qué#blgtk08# los homosexuales no pueden casarse en muchos países pero los heterosexuales sí? El matrimonio, cuando es consentido y deseado por ambos cónyuges, no es más que una expresión del amor que se profesan y una unión que nadie debería ser capaz de negarle a ninguna pareja. Por eso, en mi opinión, el hecho de que el matrimonio homosexual se legalice en un país no debería ser una noticia o algo destacable, ya que para empezar no debería haber estado prohibido en ningún momento.
Comentario de Luna Vicente Warren (15-03-2016 09:47)
10 É evidente que o matrimonio de convenienza non é cousa da actualidade, séculos atrás xa se daba nas sociedades que hoxe coñecemos como "desenvolvidas".
É inxusto para estas mulleres que non poidan decidir sobre o seu futuro e vivir a mereced dun home que, ademáis de poder ser o seu pai, nin sequera coñec#blgtk08#e. debemos ser conscientes de que a estas mulleres se lles nega desde moi novas o seu dereito de decisión.
outro tema que poderías ser "polémico" é o matrimonio homsexual, dende o meu punto de vista a solución e moi simple, todas a parellas, sexan do tipo que sexan deberían poder disfrutar deste dereito.
Comentario de Irene Barreiro 2º Bach (15-03-2016 09:48)
11 O matrimonio é en teoría unha unión de dúas persoas para toda a vida. Isto nos leva a pensar que se unha persoa soamente se casa unha vez, ou soamente pretende facelo unha vez, debe atopar á persoa adecuada. Polo tanto, unha vez encontrada, non importa o seu sexo. Por isto debería ser aceptado o matrimonio homosexual en todo o mundo, porque ti non elixes de quen te enamoras.
#blgtk08#Por outra banda, non me parecen correctos os matrimonios concertados, xa que ambas persoas teñen que querer concebir o matrimonio, e non obrigar a ninguén. Vivimos nunha sociedade en teoría moderna, polo que ninguén pode dicirnos que facer coa nosa vida. Somos libres de vivila como queiramos, e casar con quen nos prazca. E se a alguén lle molesta iso pois que desapareza da túa vida.
Comentario de Manuel Estévez 2ºBACH C (15-03-2016 09:52)
12 En canto ó matrimonio homosexual estou dacordo en que teñen que ter os mesmos dereitos ca calquera outro matrimonio. É certo que pouco a pouco estase conseguindo igualdade para eles ou elas. pero aínda queda m#blgtk08#oito camiño por recorrer.
Pola outra banda, penso que é necesario marcar ou esixir unha idade mínima para casar, xa que de non habela, moitos adultos abusarían dos nenos e non se fomentaría a igualdade.
Comentario de Uxía Blanco 2º B Bach (15-03-2016 09:52)
13 Como xa dixen no artigo, é decepcionante ver o mundo en que vivimos. Sí, avanzamos, pero este avance é demasiado lento. Debemos priorizar o respeto dos dereitos humanos canto antes.Estamos en 2016 e aínda vemos a moitas nenas obrigadas a casar con homes moito maiores que elas, tratadas como simple mercancía e vivindo unha vida desgraciada unicamente porque alguén tomou por elas unha decisión que elas non tiñan madurez nin autonomía suficiente para afrontar. Estes matrimonios están protexidos por lei en moitos lugares. Sen embargo, o matrimonio igualitario non o está. En re#blgtk08#sumen, pódese obrigar a unha nena a casar cun descoñecido moito maior en perfecta legalidade pero dúas persoas non poden facelo na maioría dos países por pertencer ao mesmo sexo porque algunhas persoas o consideran antinatural. A orientación sexual non é algo que se poida elixir, e aínda se discrimina a moitas persoas por ela. A igualdade de dereitos é necesaria e debería contemplarse específicamente neste apartado da Declaración de Dereitos Humanos. O matrimonio ten que ser unha posibilidade para todas as persoas, pero non unha obriga. Aínda queda moito camiño por facer.
Comentario de Ainoa Prado Romero 2º BACH C (15-03-2016 09:53)
14 Contraer matrimonio con alguén é unha decisión propia das dúas persoas que van casar, non pode ser nin prohibido nin obrigado, ten que ser elección propia.
Paréceme increíble xa non casar a nenas de 10 anos con homes de 60, que iso#blgtk08# ya non é nin medio normal, senon que en países como Sudafrica pódanse casar persoas do mesmo sexo, e noutros países como son Inglaterra ,Alemania , etc, que son países máis avanzados, cunha mayor riqueza e cultura, isto non sexa posible.
Comentario de Mario Rodríguez 2ºB (15-03-2016 09:54)
15 Os matrimonios concertados quedaron na antigüedade, hoxe en día só os países con unha relixión moi inculcada e mediana mente pobres ver normal este tipo de uniones, onde a muller é una nena de pouca idade que recientemente tivo ese salto a madurez. Ademáis, #blgtk08#as mulleres as usan como un comercio no que os seus popios pais reciven un pago ou beneficio por dar a súa filla a un home con máis poder. Estas unións concertadas son un problema pola diferencia de idade, e porque elas non sempre queren esta unión forzada.
Comentario de Sheila Sánchez 2º Bach B (15-03-2016 09:59)
16 Casarse con alguén non é unha cousa para tomarse a la lixeira e moito menos facer do matrimonio un contrato. Casarse ten que facerse por amor a persoa o porque ambolos dous decidides casar pero esta liberdade non esta en todas as culturas nin en todas a relixións hoxe en día aun hay relixións ou cu#blgtk08#lturas nas que o matrimonio é un contrato o unha imposición da sociedade ou a familia e é moi triste que neses países nenas de tan só dez anos se vexan obrigadas a casarse con homes adultos , no que na miña opinión non é normal xa que debería polo menos haber unha idade mínima ou poder de decisión.
Comentario de Lara Villar 2ºBach B (15-03-2016 10:04)
17 En pleno século XXI e que se produzan este tipo de cousas é algo que demostra que aínda queda un longo camiño por percorrer en relación coa liberdade e os dereitos das persoas.

Cada persoa ten que ter o seu dereito a casar con quen queira e f#blgtk08#undar a súa familia con total liberdade sempre que se goce dun mutuo consentimento PROPIO, sen ter presións por parte de terceiras persoas. O desenvolvemento e a cultura de cada sociedade inflúe enormemente neste ámbito xa que a mentalidade ven relacionada.
Comentario de Diego Rodríguez 2º Bach (15-03-2016 10:10)
18 Pareceme pouco lexitimo que nenas de tan curta idade teñan que casar con adultos porque seus pais asi o mandan. As mulleres teñen que ter o dereito para casarse cando e con quen queiran e só, se se queren casar. E deber de todos loitar par#blgtk08#a que as mulleres de estos lugares disfruten deste dereito fundamental.

A estas alturas da vida e tras loita en moitos paises, entre eles, España logrouse a legalidade do matrimonio homosexual pero ainda hay moito que facer.
Comentario de Marcos González Montero 2º BACH C (16-03-2016 10:50)
19 Os anos pasan e as sociedades aparentemente evolucionan pero se comparamos as mentalidades do mundo en que vivimos coas mentalidades do mundo en que vivían os nosos avos, ou incluso tempo antes, as cousas non sufriron os cambios que deberían.
Séguense a producir auténticas aberracións. Ninguén, a parte de ti mesmo, é quen de elexir o teu futuro. Establecer acordos matrimoniais entre un adulto e un neno paréceme algo totalmente inmoral e repugnante.
Por outro lado, as discriminacións por orientacións sexuais en pleno sécul#blgtk08#o XXI, e en calquera outro momento da historia, deberían ser absolutamente inconcebibles. O problema está en que xérase a idea de que o feito de sentirte atraído por unha persona que se sae do canón de 'relación normal' non se concibe como algo 'común', algo que non ten ningún tipo de relevancia. Ser homosexual é como ter dous ollos, dúas orellas ou dez dedos nas mans. Algo tan natural como quererse e amarse non merece ningún tipo de discriminación. Cada persoa elixe con quen compartir a súa vida e ninguén tengo o dereito a cuestionalo.
Comentario de Iria Lores (16-03-2016 11:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0