O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A falsa idealización da beleza
Desde fai un tempo fálase de que os cánones de beleza establecidos na actualidade non son os adecuados tendo en conta que cada persoa ten un corpo determinado.
Xa son moitas as campañas que promueven a liberdade nun mercado textil que cada día está máis distorsionado.
En 2006, o Ministerio de Sanidade propugnou un pacto de autorregulación cos fabricantes e a industria da moda para crear un sistema homoxéneo de tallas nas prendas de vestir.
En 2007 asinouse o acordo, onde o Ministerio daba un tempo para que se puxesen de acordo. Entre os seus puntos de partida: que os maniquís tivesen un mínimo de talla 38 e que a talla 46 non se considerase "especial".


Certo é que cada vez as tallas nas tendas son máis pequenas. Moitos opinan que isto non é o correcto pero, por que?.
Non se pode pretender esixir tallas máis grandes para xente máis grande si déixase de lado a aqueles que non son así. Debemos pensar que cada persoa é un mundo e cada corpo é diferente e absolutamente todos sen discriminación algunha temos dereito a entrar nunha tenda e atopar a peza que nos sente perfecta. O problema é cando as persoas obsesiónanse con entrar no pantalón máis pequeno de todo o centro comercial porque creen que esa talla é a adecuada.


Agora ben, se non se debe de deixar de lado a ninguén polo seu aspecto físico, por que se establece unha liña divisoria entre tallas para xente grande e tallas para xente non tan grande? Estas primeiras tallas só véndenas en tendas especializadas e con deseños específicos a un prezo moito máis elevado. Estar gordo implica vestir con roupa distinta aos demais a un custo maior? Paréceme unha absoluta aberración que se chegue a isto. Todas as cadeas do textil deberían fixar uns patróns e fabricar a mesma roupa para todos e ao mesmo prezo, sen ter que acudir a unha boutique específica e pagar por unha peza o que en Pull and Bear custan dúas ou tres prendas.


Analicemos que os cánones de beleza establecidos na actualidade son totalmente contrarios aos de tempos pasados:

-Na prehistoria os homes preferían ás mulleres de grandes senos e cadeiras anchas, posto que esas características se asociaban á fertilidade.

-No Renacimiento cobran protagonismo corpos redondeados, mans e pés finos, peitos pequenos e firmes, tez branca e fázulas sonrosadas, beizos vermellos, cabelo louro e longo, fronte despexada e ollos grandes e claros.

-No Barroco estilanse corpos máis rellenitos: cadeiras máis anchas e cintura estreita, brazos redondeados e carnosos, pel branca e peitos máis rechamantes que son resaltados polos corsés. Ademais, a figura feminina se embellece coas populares pelucas,os perfumes, os lunares postizos ou pintados, os corsés de infarto, os encaixes...

-Na Época Victoriana o que verdadeiramente chama a atención é o uso dos corsés para estreitar ao máximo a cintura e realzar o busto e as cadeiras. Estes apertados elementos deixaban sen alento a moitas mulleres, provocando desmaios ou ata a morte pola deformación do tórax, que acaba estruxando os órganos vitais.

-A principios do século XX o ideal feminino sería peitos altos, cadeiras anchas e nádegas prominentes. Ata que pouco a pouco vai evolucionando cara un corpo cada vez máis delgado chegando ata o ideal actual.

Paga a pena cinguirnos a uns estereotipos que segundo a época benefician máis a uns que a outros? Todos somos beleza porque esta é subxetiva.


(Artigo de Iria Lores)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Actualidade - Publicado o 19-01-2016 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Na miña opinión deberian estar maís enriba das tallas que poñen en cada tenda. Se existe unha norma teñen que cumplila e facer que se cumpra con revisións as tendas. Despóis tense que obligar que se fabrique ropa ata unha determinada talla para xuntar toda a roupa#blgtk08# nunha mesma tenda e non facer diferenzas. A hora de facer publicidade xa sexa nun anuncio, pasarela ou revista. Non poden empregar unha talla menor da 38 que é a establecida como di no artigo. Se poñemos multas acabaran por acatar as normas e cambiará ese canon.
Comentario de Raquel Amoedo (09-03-2016 11:20)
2 En mi opinión, no es necesario ceñirse al canon de belleza establecido para poder considerarte hermosa, ya que eso es algo que debe juzgar cada persona dependiendo de si esta a gusto con su físico y su apariencia. Además, estoy de acuerdo con#blgtk08# el comentario de Raquel. si se multase a todas las tiendas que no cumplen las normas establecidas respecto a las tallas y a las fábricas que no quieres fabricar ropa de tallas más grandes de las que fabrican actualmente, dejarían de hacerlo.
Comentario de Luna Vicente Warren (15-03-2016 09:35)
3 Na miña opinión,en todas as tendas debería de haber tallas para todas as persoas,xa que parece que por ter unha talla grande ou pequena,estas discriminado e non podes mercar roupa nunha tenda normal.O mesmo sucede c#blgtk08#oas tallas dos zapatos,xa que por exemplo,se eres unha muller,e tes un pe grande,é máis dificil que atopes tallas de zapato.Penso que entre todas as tendas,deberían chegar a unha serie de acordos en canto as tallas.
Comentario de Andrés Álvarez (15-03-2016 09:38)
4 As tallas tiñan que ser do tamaño necesario para todo o mundo.Tiñase que manterse unha serie de tallas e evitar que as tendas as cambien.Estas diferenzas de #blgtk08#tallas poden levar a problemas de saúde ou psicolóxicos producidos pola procura de portar as mellores marcas as cales teñen unhas tallas casi inalcanzables.
Comentario de Manuel Cid (15-03-2016 09:40)
5 a muller sempre estivo estereotipada desde o principio dos tempos,abligandolle a vestir de unha forma o otra para parecer mais guapa.nestes ultimos anos persoalmente creo que este estereotipo se aa radicalizando,agora o unico que vemos por television son mulleres que so parecen uns esqueletos ou que estan increiblemente operadas.
As tendas e as marc#blgtk08#as son as que teñen toda a culpa,moitas veces non encontramos roupa da nosa talla o cando a encontramos enrealidade e un par de tallas mais pequenas. Este problema se deeria de cambiar facendo que as tendas teñan todas as mesmas tallas nos seur respectivos tamaños
persoalmente eu creo que non todo o que importa debe estar no corpo,tamen no interior
Comentario de gianfranco Pilla (15-03-2016 09:47)
6 O ideal de beleza é un concepto que evoluciona coa época.
agora estase pondo de moda o canon de "muller real". eu penso que este concepto é totalmente erróneo, pois todas a persoas somos reais, independentemente da nosa talla de roupa ou zapatos.
O problema ven dado can#blgtk08#do as grandes multinacionais toman como modelos persoas cun físico moi específico, parece que ignoran a súa influencia sobre a poboación.
Creo que neste ámbito debería haber diversidade, é dicir, modelos de todos os tipos e isto é algo xa está sendo adoptado por certas marcas.
Comentario de Irene Barreiro 2º Bach (15-03-2016 09:57)
7 A falsa idealización da beleza leva sendo un tema de débate durante moito tempo. É certo que cada vez as tallas de roupa son máis pequenas, e creo que debería fixarse as mesmas tallas para todas as tendas de roupa, porque a xente non elixe ser delgada ou ser gorda, moita xente nace con complexións delgadas e outras con complexións máis anchas. Na actualidade, un grupo de estudantes creou una campaña en Twitter por toda España chamada "#Eresmásquetutalla na que adicábanse a pór pegatinas nos probadores das tendas con este hashtag ou con frases como 'Tu cuerpo es un hogar, no una cárcel' ou '¡Cuidado! Tu imagen en este espejo puede estar distorsionada por los cánones de belleza irreales establecidos' para reivindicar que cada vez as tallas das tendas son máis pequenas.
Nas tendas deberían#blgtk08# establecerse tallas para todo o mundo, xa se é unha 34 ou unha 46, sen ter que chamar 'tallas especiais' a algunhas prendas de roupa. Vivimos con medo de que nos xulguen polo noso corpo, polos cánones que a sociedade nos ha impartido. Non quero gustar a xente, non quero ser do agrado da xente, quero gustarme a mín e poder estar cómoda conmigo misma, sen ter que pensar o que lle gustaría a sociedade que eu fóse. Basta de idealización de beleza, basta de xulgar, basta de esixirnos cómo debemos ser. Estou farta de escoitar ou ler xente dicindo 'Esto sí que é un corpo real' ou 'Aos homes gústanos as mulleres que son así'... Todos os corpos son reais, e, unha muller non ten un corpo para satisfacer a vista dos homes, ten un corpo para sí mesma, xa que é libre e pode facer con el o que ela queira.
Comentario de Sara Muñiz (15-03-2016 09:57)
8 Na actualidade o problema que neste artículo se plantea é algo moi común e de grande importancia posto que está producindo problemas graves en moitas persoas, sendo as principais vítimas as rapazas xóvenes que se deixan influir polos cánones estéticos que se estableceron nos nosos días. Estas rapazas chegan a odiarse a sí mesmas só polo feito de non entrar nun pantalón ou non verse tan delgadas como a sociedade establece que deberían estar para ser fermosas. É certo que co paso do tempo esta situación vai cambiar como xa o fixo anteriormente, posto que o ideal de beleza é#blgtk08# algo que atopamos en continuo proceso de cambio e evolución.
Pero ata cando debemos esperar? A pesar de que sexa un problema temporal, ninguén pode deixar que o seu amor propio se vexa afectado por unhas tallas que unhas tendas establecen.
Ninguén debería verse discriminado polo feito de ir a comprar roupa e que non atope algo que lle sente tan ben como debería, nin por ser demasiado delgada nin polo contrario. Ninguén pode obsesionarse con alcanzar esa perfección que realmente non existe, que unicamente pode chegar a cumprirse na mentalidade de cada un.
Comentario de Yasmina López 2º Bach C (15-03-2016 09:58)
9 Esta claro que cada corpo é un mundo e polo tanto debería haber maís variedade de tallas, pero esta claro que nesta sociedade existen moitas discriminacións por ter unha talla grande ou pequena.
O probl#blgtk08#ema de todo isto e que nunca estamos conforme con noso corpo , e sempre temos algo que cambiar , ninguén e perfecto, e non é malo querer cambiar o teu corpo , pero facendo todo iso tes que quererte a ti mismo.
Comentario de Aida Couso García 2 bach b (15-03-2016 10:02)
10 É necesario concienciar á sociedade de que as tallas non son importantes e o aspecto físico é unha característica máis das persoas, non algo que as defina e polo que teñan que sentir vergoña. Isto é moi complicado nunha sociedade na que constantemente se bombardea ao consumidor con imaxes cheas de ideais moi pouco realistas que convencen ás persoas de cómo "deben ser". Isto provoca problemas de autoestima, especialmente en idades de alto risco como a adolescencia e pode levar a trastornos alimenticios.
As tendas seguen estes idea#blgtk08#is e utilizan maniquíes que se adaptan ao que se ve en revistas e anuncios de moda. Estes maniquíes son extremadamente pequenos en moitos casos. Isto foi denunciado en múltiples ocasións nos últimos tempos por promover estilos de vida que perxudican a saúde.A denominadas "tallas grandes" tamén deberían normalizarse, xa que é máis común do que queren facernos crer. O lóxico para os fabricantes de roupa é fabricar as tallas máis comúns para ter maior beneficio económico, e algunhas das tallas consideradas especiais están incluidas nelas.
Comentario de Ainoa Prado Romero 2º BACH C (15-03-2016 10:04)
11 Creo, por experiencia propia, que debería haber un maior número de tallas nas tendas, principalmente polo mero feito de que ninguén é igual, e non todos temos as mesmas medidas. Por vivir nun lugar, non ides ter todos a mesma talla, polo que estas deben ser variadas en todas partes. Ti non tes a culpa de ter ese corpo, sexa o "perfecto" ou non. Unha persoa pode cambiar un pouco o seu corp#blgtk08#o, pero se ti eres delgado, aínda que o canon de beleza sexa ese, podes non sentirte ben co teu corpo.
Creo que cada persoa é un mundo, e que non podemos discriminar a causa de ese, xa que o canon de beleza cambia co tempo. Unha persoa con sobrepeso ou infrapeso ten que ser feliz, aínda que poda estalo máis se o cambia un pouco, pero non pode impedir esto que disfrute da súa vida.
Comentario de Manuel Estévez 2ºBACH C (15-03-2016 10:09)
12 Este un tema que me pon bastante enferma. Estou cansa de ver cantidade de xente preocupada polo seu físico, pola súa talla, polo que pense o mundo sobre eles. Estou a favor de que a xente se preocupe do seu corpo, pero non así.
A min educáronme sen complexos, sen vivir ligada a unha talla concreta. E creo que todo o mundo debería facer o mesmo xa que nin todos os fabricantes traballan co mesmo patrón nin todas as prendas de roupa sentan igual de ben coa mesma talla.
Para min o canon de beleza baséase no corpo#blgtk08# deportista, no que se dedica tempo a coidar a súa alimentación e buscar constantemente un físico tonificado. Deixando de lado os corpos anoréxicos ou os de comodidade total.
Independentemente diso, creo que todo o mundo ten dereito a atopar a súa talla de roupa. Todos teñen dereito a vestirse como quere e poder mercar SEN PAGAR MÁIS so por ter unha constitución máios grandes.
Delgados e gordos son persoas normais e é discriminación que non atopen as súas medidas.
A beleza está na mente, que carafios.
Comentario de Uxía Blanco 2º B Bach (15-03-2016 10:09)
13 Nas tendas debe haber dende tallas grandes a pequenas, porque todas son tallas reais, e así todas as persoas teñen as mesmas oportunidades para vestir com#blgtk08#o lles de a gana, sen ter que ir a unha tenda especial para atopar algo que lles guste e lles sente ben. As industrias gañarían moito se entenderan isto.
Comentario de Lucía Estévez (15-03-2016 10:09)
14 O noso corpo é completamente diferente ao dos demáis, cada un de nós ten as súas propias características, os patronaxes da roupa non se poden facer pensando só en xente que ten unha constitución física delgada, porque tamén dependendo da súa altura necesita unha talla superior porque o baixo do pantalón non lle chega. É por isto que unha persoa que teña este problema teña que ir a unha tenda aparte, aínda que o caso pode ser o revés.
Ademáis, se as #blgtk08#tallas teñen unha medida, a prenda non debería ser máis pequena do que a etiqueta indica, non por iso a xente se vai concienciar de que ten que adelgazar, porque se a esa persoa se ve perfecta para ela, un comerzo non ter que vir a decirlle que está ou non dentro dos limites de beleza, é ela a que ten que decidir iso, e o feito de que separen a roupa pola súa talla fai que os que necesitan por diversos motivos tamaños distintos se sintan mal co seu corpo.
Comentario de Sheila Sánchez 2º Bach B (16-03-2016 10:52)
15 Paréceme unha inxustiza a vez que unha tontería que existan ''tallas únicas'' de determinados productos ou que as tallas sexan para xente delgada. Todos temos dereito a vestir coma nos de a gana e a pór o que mellor nos senta, non temos que vestir de diferente maneira a que queremos porque as empresas no#blgtk08#n lles dea a gana de facer máis tallas, estamos no noso dereito e ninguén non-lo pode quitar. Algunha xente nace delgada e outra xente nace máis ancha, é pura xenética, e aínda que fose o caso de que unha persoa quixese ou se sentise ben sendo máis ancha estaría no seu mesmo dereito de vestir como quera.
Comentario de Mario Rodríguez 2ªBach B (16-03-2016 10:52)
16 O primeiro que debemos ter claro e que cada un ten unhas medidas , un corpo , é unha constitución diferente polo tanto non podemos compararnos con ninguén . Dende o meu punto de vista creo que nas tendas debería exitir ou haber unha gama de tallaxes mais ampla dende unha persoa que ten unha constitución extremedamente delgada porque polo que sexa non engorda ate unha persoa que ten máis masa ou volume corporal, xa que teñamos a talla que teñamos seguimos sendo persoas. #blgtk08#r />
Porque ao final se so hay cinco tallas e grazas aos anuncios de dichos comercios nos que se ven modelos que parecen ter un corpo perfecto de ensoño esto acaba por incentivar que o mellor é ter menos talla e ser delgada o que leva a algunhas obsesións en trastornos alimenticios por eso o que debería promoverse e que sempre pode estar mellor máis ben por saúde que por contentar o gustarlle aos demais por que son os canones de beleza que levanse hoxe en día .
Comentario de Lara Villar 2º Bach B (16-03-2016 11:01)
17 Pareceme unha tontería a concepción das tallas únicas e unha autentica aberración os modelos de beleza da muller. Como xa sabemos,a beleza e relativa e a nosa sociedade consumista e cr#blgtk08#uel comenos a cabeza para que estes dentro de ese canon que se busca. Non se dan conta de cada persoa e como é, e debe ser feliz así como é, por este motivo debemos tirar cós complexos
Comentario de Marcos González Montero 2º BACH C (16-03-2016 11:10)
18 A preocupación de acadar un corpo "ideal" ven sendo xa algo común no transcurso da historia. Os estereotipos creados pola sociedade trocaron nas épocas e evolucionaron ata o "modelo a seguir" actual.

Este último modelo mudou rapidamente tras a Revolución Industrial onde as industrias textis foron das máis beneficiadas cos avances tecnolóxicos que lles perm#blgtk08#itiron aumentar a súa produción en grandes cantidades. Dende aquí comeza unha gran obsesión polas tallaxes perfectas que condicionan a visión da sociedade sobre os corpos das persoas. Está claro que non toda a xente ten a condición/capacidade necesaria para conseguir ese ideal de corpo, deberíanse deixar de lado os cánones xa que a beleza, na miña opinión, é subxectiva.
Comentario de Diego Rodríguez 2º Bach B (16-03-2016 11:14)
19 Porque ao ter unha só cinco tallas ou tamén ver nos anuncios de dichos comercios as modelos que parecer ter uns corpos perfectos e de ensoño fannos pensar que temos a necesidade de ter eses corpos, estar delgadas e ter unha talla concreta o que desencadena moitas#blgtk08# veces a obsesión e isto a trastornos alimenticios como a bulimia o anorexia .
Esta claro que sempre podese estar mellor pero de outras formas máis ben por saúde que por parecerlle guapa ou guapo a alguén ou porque a sociedade a imposto un ideal de beleza.
Comentario de Lara Villar 2º Bach B (16-03-2016 11:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons