O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A tortura, a debate.
"Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis,
inhumanos ou degradantes".


Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Art. 5.


Pero, ata qué punto é respectado este dereito na actualidade?. As veces os medios de comunicación denuncian casos de torturas e abusos de autoridade por parte de certos gobernos. A tortura é todo acto polo que se infrinxe intencionadamente a unha persoa dores ou sufrimentos graves, sexan físicos ou mentais, co fin de obter dela ou dun terceiro información ou unha confesión, de castigala por un acto que cometera ou que se sospeite que cometera, de intimidar ou coaccionar a esa persoa ou a outras, ou por calquera outra razón baseada nalgún tipo de discriminación. Algúns exemplos desto podería darse nun interrogatorio no que as autoridades excenden o seu poder, maltrato exercido a unha muller, tanto físico como moral ou a un rapaz ao que maltratan na súa infancia...
Un informe de Amnistía Internacional alerta de que a tortura segue sendo unha práctica habitual en moitos países. Algúns destes fomentan os malos tratos e permiten ás súas forzas de seguridade excederse co emprego da forza. Incluso España, que tamén recibiu denuncias por malos tratos dentro das súas fronteiras, feito que leva sucedendo dende miles de anos, comezando coas torturas propias da Inquisición que eran moito máis crueis (a crucifixión, o desmenbramento por cabalos, o desgarrador de senos...)
Na actualidade, máis de cen países seguen exercendo a súa autoridade mediante prácticas de tortura ou incluso coa pena de morte, en casos extremos.
Pero é este un modo de solucionar a violencia ou só serve para fomentala? Debemos ser conscientes de que no momento no que exercemos un poder sobre unha persoa, estámos responsabilizándonos do que lle ocorra. Deste xeito, ao condenar a alguén a sufrir torturas extremas ou penas de morte estamos sendo responsables dos posibles erros que podan xurdir. Temos que ter en conta que é algo irreversible e que nunca, ou en casos excepcionais unicamente, teremos a certeza de que alguén é culpable, de modo que non hai opción a equivocarse.

Unha persoa pode cometer actos que fagan que non sexa merecedora de ese calificativo pero, o feito de levar a cabo algo tan inhumano como é o de librarlle a alguén do seu propio dereito á vida, é denigrante. Cando un home ou muller comete un crime ou algo polo que mereza ser realmente castigado, a solución debe ser a de condenalo e tratalo do xeito máis rudo posible, ao igual que este fixo anteriormente. Pero a resposta a este tipo de accións non debe ser nunca a da violencia. De ningún modo a decapitación, o aforcamento, inxeccións letais ou armas de fogo van ser a solución para algún tipo de conflito.
Referímonos á meirande parte da nosa sociedade como persoas racionais, cun mínimo de cordura que quizais, en ocasións, esquecemos que posuemos. Resolver un problema creando outro tamén supón unha carencia de lóxica. Nestes casos, o único que faríamos sería sobrepor a nosa vinganza, fronte a cordura.

(Artigo de Yasmina López)


Escribe o teu comentario (22) - Categoría: Dereito - Publicado o 20-04-2016 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
22 Comentario(s)
1 Na miña opinión a tortura non se pode levar a cabo en ningún caso. As persoas que cometeron algún delito deben ser castigadas por elo. Isto non implica ser castigadas de modo físico se non, considero eu, separalas da sociedade para que non podan facer ningún outro mal.

Nalgúns casos estas persoas pódense reinsertar na sociedade e comezar de novo. Esta oportunidade non se lle pode negar polo que tampoco estoy#blgtk08# a favor da pena de morte, outro dos puntos que trata o artigo.

Teño que matizar que o dito anteriormente é referido a tortura física pero existe outro tipo que é a tortura psicolóxica. Este tipo de tortura considero que nalgúns casos pódese empregar. Por exemplo cando investigamos un caso podemos presionar ao sospeitoso para que nos axude no caso. Sempre que se recurra a ela ten que ser como último recurso.
Comentario de Raquel Amoedo (20-04-2016 10:47)
2 È certo que este tipo de practicas son totalmente inhumanas e que sempre existe, por mínimo que sexa, unha marxe de erro.
Pero tamén é certo que hai persoas que realizaron obras totalmente lamentables, pero aín#blgtk08#da así non creo que a tortura sexa a mellor solución, pois o único que conseguimos é rebaixarnos ao seu nivel.
Deberiamos demostrar ser persoas racionalmente superiores a estes seres totalmente deshumanizados.
Comentario de Irene Barreiro (20-04-2016 10:47)
3 Estou totalmente dacordo co pensamento e reflexión final da miña compañeira Yasmina no seu artigo. Empregar violencia para castigar a violencia é un método ilóxico e inmaduro baseado no "ollo por ollo e dente por dente".
Para cambiar a actitude dalguén, hai que usar unha técnica contraria á que o individuo utiliza para ensinarlle que a técnica que el usa#blgtk08# non é a correcta. Iso si, nunca usando a violencia ou calquera tipo de maltrato psicolóxico. Sempre con respeto e paciencia.
Se pola outra banda, o que se quere é unicamente outorgar un castigo, sen conseguir unha rehabilitación do acusado, débese restrinxir as liberdades do individuo sempre sen romper os seus dereitos e, por suposto, sen usar tortura.
Comentario de Uxía Blanco 2ºB Bach (20-04-2016 10:47)
4 Na miña opinión, todo tipo de tortura, sexa física ou mental debería de estar suprimida, xa que se alguén comete un delito, deberá ser condenado a un castigo, pero que non leve implicado algún tipo de violencia. Estou a favor da cadea perpetua, no caso de#blgtk08# que swexa un delito de homicidio con premeditación, pero a tortura non debería de estar permitido en ningún país do mundo, xa que é algo inhumano. Polo tanto, todos os gobernos dos países deberían comezar a prohibir por completo estos métodos de castigo.
Comentario de Andrés Álvarez (20-04-2016 10:49)
5 A tortura es un método inhumano de extracción de información o de castigo.Tendría que estar totalmente prohibido porque va en contra de lo#blgtk08#s derechos humanos. Para erradicar este terrible método las países tendrían que hacer un pacto para evitar y castigar la práctica de ella.
Comentario de Manuel Cid (20-04-2016 10:59)
6 A tortura non debería estar permitida, xa que ninguén ten dereito a ferir a outro ser vivo, e non hai causa algunha que o xustifique. E po#blgtk08#r suposto a pena de morte hai que erradicala en todo o mundo porque a potestade de decidir quen vive ou morre non está en mans de ningúen.
Comentario de Lucía Estévez (20-04-2016 11:12)
7 Todo acto de tortura ou tratos ou penas crueis, inhumanas e degradantes constitúen unha ofensa a dignidade humana e unha negación os principios dos dereitos humanos. #blgtk08#Por iso, a pesar de todo tipo de delitos feitos por persoas, non se debería tratar como algunhos certos estados o fan porque todos os humanos temos os mesmos dereitos
Comentario de Santiago Dios (26-04-2016 09:35)
8 Na miña opinión, a tortura é un acto que non debería de estar permitido en ningún país, non importa que fixera o acusado. Moi poucas veces podemos saber con seguridade que unha persoa é realmente culpable, pero aínda no caso de sabelo con certeza, non temos ningún dereito a xogar coa vida dos demais.
Eu creo que unha persoa que cometera graves delitos debería perm#blgtk08#anecer toda a súa vida no cárcere, no caso de non poder ser reinsertado, pero non debería de ser asasinado polo Estado, xa que iso soamente significaría que o facemos por venganza e non utilizando a razón humana.
Creo, desta maneira, que unha persoa non pode decidir sobre a vida doutra. Se fose ao revés, non nos gustaría que alguén decidise se vivimos ou morremos.
Comentario de Manuel Estévez 2ºBACH C (26-04-2016 09:38)
9 Estes actos non deberían ser legais en ningún país, ninguén ten dereito a maltratar física o mentalmente nin a adultos, independentemente do seu sexo, nin a nenos. Se é necesaria a tortura é porque non se descubriu a verdade completamente sobre o caso no que se lle culpa, o que quere dicir que os realmete culpables da súa incompeten#blgtk08#cia son os torturadores. Ao final, todos caen polo seu propio peso, solo hay que tratar de descubrir os feitos reais, sen a necesidade de torturar a ninguén da forma que xesa. Considero que se o acusado é culpable sempre será mellor a súa permanente estancia nunha cárcere, condenado legalmete a una tortura que op pode levar a morte.
Comentario de Sheila Sánchez Cabo 2º Bach B (26-04-2016 09:38)
10 Neste artigo podemos ver perfectamente reflexada a parte salvaxe da humanidade. Non entendo como nestas alturas aínda haxa casos de torturas contra as persoas. Cando ves casos de torturas nunha película o nunha serie, pensas que están moi lonxe da realidade, pero resulta non ser así, en moitos países se pagan delitos con torturas inhumanas e isto é terrible. Hai tor#blgtk08#turas tan terribles que levan á persoa á morte, ao desmaio ou incluso a perder a cabeza e non volven ser os mesmos.
Se unha persona comete un delito grave, castígaa levándoa ao cárcere durante o maior tempo posible, para mín iso xa é unha tortura suficiente, pero o uso de castigos físicos é inhumano e vai contra os valores e dereitos humanos.

Comentario de Sara Muñiz (26-04-2016 09:41)
11 Dende o menu punto de vista a tortura xa deberia de estar prohibida dende hai xa moito tempo. A tortura e unha técnica para sacar información ainda que isto supoña que o detido#blgtk08# confese algo que en realidade non fixo para poder escapar da tortura. Para rematar a tortura non debería practicarse baixo ningún concepto, por moi horrible que sexa o delito
Comentario de Gianfranco Pilla (26-04-2016 09:41)
12 Suponse que estamos no século XXI e parece que a sociedade non evoluciona , e dicir estou totalmente desacordo coa utilización de métodos de tortura tanto físicos coma ideóloxicos como medio de castigo , #blgtk08#para algun tipo de delito xa que suponse que o "castigo" e un medio de correción para facer ver que o acto acometido non esta ben e está claro que utilizar a violencia para esa correcón non é un exemplo.
Comentario de Aida Couso García (26-04-2016 09:53)
13 Penso que a pena de morte non é en absoluto a solución. Quitarlle a vida a alguén o vai facer sufrir unha vez xa non esté nesta vida? Vai experimentar así algún tipo de sufrimiento que lle faga reflexionar sobre os seus actos? claramento non.
Por outro lado está a cuestión de que nunca é abs#blgtk08#olutamente certero que alguén sexa culpable. En moitas ocasións descúbrese tempo despois da execución que a persoa non era culpable.
Débese pensar máis antes de tomar este tipo de decisións e ter sempre en conta que unha pena de morte e moitas torturas extremas non son moralmente correctas.
Comentario de Iria Lores (26-04-2016 09:55)
14 Eu estou en contra da utilización a violencia e a tortura para conseguir a información que se quere. Este é o drama de mo#blgtk08#itos prisioneros de guerra que ao largo da historia que a sufriron e hoxe en día tamén ocurre pero de un modo mais oculto
Comentario de Marcos González (26-04-2016 10:00)
15 Como xa puiden deixar claro neste artigo, non considero que a tortura sexa baixo ningún concepto unha solución para aqueles que cometen algún delito posto que é unha falta de humanidade responder de forma violenta a aquele#blgtk08#s que actúan por natureza deste xeito.
Sentímonos con orgullo cando falamos dos Dereitos Humanos que cremos ter e desenvolver na nosa sociedade pero realmente carecemos deles ou non facemos o uso adecuado destes.
Comentario de Yasmina Mª López (26-04-2016 10:04)
16 Na miña opinión creo que non debe levarse acabo ningún tipo de violencia nin abusar de ter poder sobre outros xa que a lei ten as normas necesarias para castigar os malos actos sen necesidade de hacer dano a alguén xa que en moitos casos#blgtk08# se non é evidente de todo se descoñece o verdadeiro culpable é paga estas torturas quen non debe aunque realmente nadie debe combatir a violencia con máis violencia. Castigos impostos por lei si pero non danos físicos ou psicoloxicos .
Comentario de Lara Villar (27-04-2016 10:43)
17 Si alguien pone en peligro la seguridad del estado con acciones terroristas o actividades de espionaje, para sa#blgtk08#carle infomación las fuerzas de seguridad pueden utilizar legítimamente este procedimiento. Eso me parece a mi.
Comentario de Javier (27-04-2016 10:55)
18 O respeto da dignidade da persoa humana esixe que a tortura esté prohibida en toda circunstancia.Sabemos que a tortura foi sempre extensamente practicada, pero na actualidade fundaramos a nosa esperanza en que desaparecería. Sen embargo, moitos gobernos seguen util#blgtk08#izándoa e xustifican este tipo de actos.

No meu caso, rexeito as artimañas xurídicas e técnicas que fan que esta violencia/tortura sexa unha “presión aceptable”, xa que ao poñela en práctica atenta contra os valores fundamentais da dignidade humana.
Comentario de Diego Rodríguez (27-04-2016 11:00)
19 Para Javier:
La cuestión que plantea tu punto de vista es la siguiente: ¿cómo saber cuando es legítimo o no? Porque en casos como el espionaje o tienes pruebas muy convincentes de que es una persona o no puedes estar seguro de que realmente sea un espía e incluso en el primer#blgtk08# caso podría ser un error. ¿Y si resulta que torturas a un supuesto espía para sacarle información y después resulta que no era la persona que buscabas?

En mi opinión, la tortura no debe ser permitida en ningún caso ya que hay otros métodos para conseguir información
Comentario de Luna Vicente Warren (27-04-2016 11:17)
20 Na miña opinión, a tortura non pode ser aceptable en ningunha circunstancia. Foi utilizada no pasado de moitas formas distintas, pero na actualidade debería estar completamente abolida. Hoxe temos uns valores e uns conceptos morais completamente diferentes aos doutras épocas, e debemos mostralo. Utilizando métodos de tortura, tanto física como psicolóxica, eliminamos os dereitos básicos das persoas.
Cando alguén comete un crime, a súa condena debería estar sempre máis basada no seu aislamento, reeducación e poste#blgtk08#rior reinserción na sociedade. Nunca debemos responder á violencia con máis violencia ou morte. Nese caso, onde está o límite?
Tampoco debe utilizarse para obter información, xa que ademáis de perxudicar á persoa e traumatizala de por vida, a información que se obteña non ten por que ser fiable, pode ser unicamente un medio para librarse da tortura á que está sendo sometida.
En definitiva, hai outros métodos "máis humanos" para chegar a estes fins, e en ningún caso é necesario chegar ao límite da tortura.
Comentario de Ainoa Prado Romero (04-05-2016 10:50)
21 Penso que a tortura non debería estar permitida baixo ningún concepto, paréceme un acto inhumano e totalmente innecesario para a búsqueda de información, xa que hoxe en día existe#blgtk08#n outros métodos para conseguila, xa que contamos con unha tecnoloxía máis avanzada, especialistas, etc... Para min non ten xustificación este tipo de actos, de ningunha maneira.
Comentario de Mario Rodríguez (10-05-2016 09:43)
22 Penso que a reflexión do artigo é a acertada para levar a cabo o fin de este tipo de actos que realiza o ser humano e que non son os adecuados de ninguna maneira, pero ti non podes castigar da mesma forma que o fixo el, o adecuado neste caso seria o contrario das súas accións.
É certo que as veces os humanos realizan accións que son inxustificables como é o asasinato ou cal#blgtk08#quera outra cousa,pero este individuo non podrá ser castigado coa morte, cadenas perpetuas ou outra maneira parecida como ocorre nañgúns países no século XXI. Quizáis o mellor para este tipo de humanos sería que os aislasen durante un bo tempo para que despois sexan reinsertados na sociedade paulatinamente para comprobar os seus cambios e que isto non volvera a ocorrer nun futuro.
Comentario de Lucía Camisón Fuentes (11-05-2016 21:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons