Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dereito á liberdade de expresión |
|
?Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa das súas opinións, o de investigar e de recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión?.
(Declaración Universal dos Dereitos Humanos, artigo 19)

A pesar do que diga a Declaración de Dereitos Humanos, a realidade é máis ben diferente.Podemos comezar falando dende o entorno mais privado, cando nin sequera tes liberdade de expresión no teu grupo de amigos ou no teu círculo familiar, cando certas cousas que dis son respondidas con crítcas sobre a túa ?ignorancia?, xa que os demais non aceptan as túas ideas sobre a realidade.E se a liberdade de expresión a nivel familiar non existe, acaso imos esperar atopala fóra desta?
Pode observarse a falta de liberdade en diversos ámbitos, comezando polo social. Por exemplo, nunha folga, pode verse que existe unha limitación á liberdade, pois en calquera momento un policía pode cargar contra un cidadán, tendo pleno dereito a facelo, se o caso fora o contrario, esa persoa estaría acusada de atentar contra unha autoridade.
Un dos momentos históricos máis importantes, que marcou o camino hacia unha sociedade democrática, conseguindo esta unha maior liberdade, foi a revolución francesa (1789), e foi un conflito social e político acaecido en Francia, con diversos períodos de violencia, que culminou coa instauración dunha República, que se fundamentaba na igualdade de tódolos cidadáns ante a lei.
Debemos chegar entón á conclusión ?despois de comentar estos aspectos? de que non existe unha verdadeira liberdade de expresión, e temos que tratar de buscar unha solución a isto, xa que unha persoa sen dereitos non é unha persoa libre, e a liberdade é un dos dereitos máis fundamentais do cidadán.
Pode que atopemos unha solución ao problema partindo das causas que o orixinan:
-O medo un rexeitamento ás persoas que son distintas (xenofobia, homofobia...)
-Unha mente retrógrada.
-Ensinanzas que recibimos dende pequenos, que asumimos como correctas, cando soamente incitan ao rexeitamento dos demais.
Así que, en conclusión, podemos sinalar a liberdade como un dereito fundamental que posúe todo ser humano, e que non debería ser censurado por ningunha outra persoa, institución ou goberno, sen importar quen sea. E debemos de haxar a solución que nos impide ser capaces de disfrutar e vivir conforme a ela.
Cal cres que sería a solución a este problema?
E cal é a túa opinión ao respecto?
(Artigo de Manuel Estévez)
|
|
|
|
20 Comentario(s) |
|
1 |
É evidente que non existe en ningunha parte do mundo unha total liberdade de expresión. Un claro exemplo son os medios de comunicación, que non sempre son obxetivos dado que cada un ten unha ideoloxía e uns intereses propios detrás de cada publicación que fai porque se algún deles está mol#blgtk08#estando ou deixando en evidencia a algunha persona do poder político, non será cerrado nin ameazado xa que iso afectaría a boa imaxe do invidio ou a "democracia" reinante, pero sí se utilizarían a os grupos económicos para presionar a ese medio de comunicación que se insubordinou.
|
|
|
Comentario de Olaia Iglesias (11-11-2016 09:00) |
|
|
2 |
No que a mi respeta e dando a miña humilde opinión, este artígo goza de toda razón en canto á realidade na que vivimos actualmente, xa que en moitos casos carecemos de dereitos e liberdades, sobretodo en comparación cos grandes líderes politicos ou institucións inferiores que imparten "xustiza". Na sociedade non se xulga nin se ve da misma maneira unha agresión física por parte dun garda cívil hacia un cidadán polo que fora (aínda que ninguna acción deste tipo esta xustific#blgtk08#ada),que se ese cidadán o fai unicamente para defender a súa integridade física ou moral. En definitiva, na sociedade actual non podemos actuar con total liberdade, xa que esta case todo censurado, e na miña opinion, so polo que dira algunha xente do que vexas, hagas ou compartas, non nos deberia de importar a vida dos demais mais da conta, cada un debería ser libre de pensar e facer o que lle pete sempre que sexa o adecuado para que todos podamos vivir nun equilibrio común |
|
|
Comentario de Diego Castro (11-11-2016 09:02) |
|
|
3 |
A meirande parte dos medios de comunicación neste país están sometidos a limitacións ou crenzas determinadas polo partido político gobernante nese momento, é dicir, non teñen certa liberdade no seu contido.
Nos máis coñecidos pode verse un enfoque dende diversas perspectivas, uns falan máis dos partidos de dereitas, sen #blgtk08#crtiticar a súa actuación e outos dos partidos de esquerdas (criticando ou poñendo en mala posición a os de dereitas).
En conclusión, neste pais a prensa e polo tanto, os cidadáns están limitados ou condicionados polo poder político xa que cada un deles son dunha ideoloxía ou doutra criticando fortemente a oposta deles. |
|
|
Comentario de Elena López Del Río (11-11-2016 09:03) |
|
|
4 |
Na miña opinión , este debate non trata sobre se existe ou non liberdade, senón que se trata do uso que podemos facer dela , neste caso referido o aspecto da libre expresión comunicativa ou dos medios de comunicación que constitúen así mesmo un medio de grande capacidade influenciadora da sociedade.
Debido o seu papel influenciador, moitas veces téntanse por unha serie de barreras que moitas veces, atentan para a nosa liberdade de expresión, entendida ésta non como unha incitación ó odio (islamofobia) senón unha opinión que o cidadán debe considerar pero en todo#blgtk08# caso non considerar como dogma, é dicir, que non todo o que ven publicado nos medios é estrictamente verdade e viceversa.
Por último, cómpre engadir que se ben e certo que moitas veces o papel do Estado neste aspecto é desprotector para/coa cidadanía, e necesario que se establezan unha serie de límites, empezando por preguntárense en que consiste a liberdade de expresión; en divulgar información falaz e incitante ó odio ou en ter dereito a expresar a opinión (de calqueira ideloxía) pero que non provoque rexeitamento na sociedade entre persoas ou grupos sociais.
|
|
|
Comentario de Brais Alonso Costas (11-11-2016 09:04) |
|
|
5 |
Na miña opinión, eu creo que todos os membros da sociedade tiñamos que ser libres, tanto libres de expresión como de acción, sempre que este moralmente ben feito.
Pero como se expresa no texto, se non temos libertade de expresión na nosa familia, como esperamos tela cando falamos con xente á que non coñecemos nin temos confianza?
Eu estou de acordo co texto en canto a que a liberdade de expresión non existe, nin no noso país nin en ningún outro país do mundo.
É máis, nin as televisións privadas teñen libertade de expresión, esto debese a que non é del todo privada, p#blgtk08#orque o partido político que esté a gobernar sempre lle da diñeiro público para que poidan seguir co seu traballo a cambio de que a cadea privada non saque à luz todos os trapos sucios deste partido e así non perder votantes e lastrar aos demáis partido.
E non falemos xa das televisiós públicas, que están totalmente financiadas polo goberno.
En conclusión, os que mandan nos queren facer ver cousas que non existen; neste caso a libertade de expresión, xa que se fora unha sociedade libre de expresión cada quen podería expresar os seus ideais, e non todos poden expresar estes ideais. |
|
|
Comentario de Marcos Justo Seijo 2ºB (11-11-2016 09:06) |
|
|
6 |
Eu,exercendo a miña liberdade de expresión coma se merece,e de dicir que estou completamente de acordo co texto e coa idea que busca expoñer.
Eu creo que a liberdade de expresión que se expón na Declaración Universal dos Dereitos Humanos,é bastante utópica,facendo referencia ao texto hai que preguntarse algo:
Estamos preparados para ter liberdade plena?
Eu creo que o exercicio da liberdade non tería que estar limitado nin por ningunha forza de seguridade,ni por unha lei,nin por ningunha institución.
Agora ben,temos que decatarnos de que ao contrario de moita xente que faría un bó uso da liberdade total de expresión,tamen hai determinada xente (ou colectivos de xente) que fa#blgtk08#rían un uso del todo inadecuado,fomentando a violencia e dando mais motivos para que poidan limitar a liberdade.
Falando no ámbito nacional,temos a famosa Ley Organica da Seguridade do Cidadán,a cal é verdadeira censura e é unha ley que mostra o gran despotismo dos gobernantes do país,a censura é algo que ainda existe e nestas sociedades "democraticas" non é o correcto.
Para non alongarme mais,hei de dar a miña conclusión que vai ser bastante escueta e simple:
A liberdade de expresión total poderá existir cando haxa verdadeira tolerancia polas opinions alleas e cando non se use esta liberdade como pretexto para exercer violencia,algo que,desgraciadamente,tardaremos moitisimo tempo en conseguir. |
|
|
Comentario de Roberto (11-11-2016 09:08) |
|
|
7 |
"A miña liberdade comeza onde remata a túa"
Para comezar, na meirande parte do noso país á liberdade de expresión non está regulada como debería. Porque toda persoa ten que ser libre de expresar os seus gustos, os seus pensamentos, etc.
Non é así, tódalas persoas están xulgadas nun ambito social. Como por exemplo no seu posto de traballo, que esa#blgtk08# persoa este condicionada a non poder manifestar a súa orientación sexual por medo a que o despidan.
Creo que todos teríamos que ser libres desde pequenos a todos os niveis da nosa vida, para ser libres de expresar os nosos sentimentos, as nosas emocións, etc.
En referencia coa primeira frase, sirve para respetar aos demais e poñer uns límites. |
|
|
Comentario de Aroa Mosquera Vila (11-11-2016 09:08) |
|
|
8 |
Estou completamente de acordo ca postura deste artigo. Como di Manuel, a liberdade é un dos dereitos fundamentais dos seres humanos; pero, por que somos privados dela?
Un sector onde aparece claramente a falta de liberdade de expresión é na prensa. Para calqueira que non esté dacordo conmigo, chega con ver o caso do periodista Fernando Berlín,despedido da cadea Ser polas "continuas guerras comerciais e políticas" da medio. Como di el, "Non somos manexables".
Nos xornais tamén hai denuncias e carencias de liberdade de expresión; deste modo, hai xornais con ide#blgtk08#oloxías de "dereitas" (La Vanguardia, ABC) e outros, menos abundantes, con ideoloxías de "esquerdas" ( a maior parte dixitais ou libres e independentes, como é o caso de "Público", ou "tintaLibre")
Deste xeito, cando leemos un artigo no xornal, ou unha nova, debemos contrastala cas de outros medios, para recibir a información o máis achegada á realidade posíble, evitando ser manipulados e influenciados polos medios.
Para rematar, penso que o que fai que exista a falta de liberdade de expresión, é o medo ao pobo, o medo a que a xente pense por si mesma.
|
|
|
Comentario de Xoán Xosé López (11-11-2016 09:13) |
|
|
9 |
O poder político interfire nos medios de comunicación? A televisión, a radio, a presa... Deberían de ser imparciais e aportar unha información veraz e leal sen limitacións e non seguir as pautas do partido que goberna no país. Pero esto non é así, poucas son as excepcións, como programas de radio de tertulia con diferentes ideais políticos ou programas de televisión coas mesmas características, excepto a pública, que a controla o Estado. A prensa, na miña opinión, está máis contaminada porque favorecen ao partido que segue os seus ideais políti#blgtk08#cos (El mundo, El País...) e soen ser de tirada nacional.
O poder político, en xeral, ten poder nos medios de comunicación, manipula a informcación de maneira que saian beneficiados. Fannos ver, por exemplo, que se reduce o número de parados en verán pero non indican que son traballos precarios e temporais. Todas estas estratexias as utilizan para non perder votantes. Todo son intereses persoais e manipulacións para saír beneficiados, deixando a un lado a realidade social a pesar de que a liberdade de expresión sea un dereito universal. |
|
|
Comentario de Adrián Santervás (11-11-2016 09:14) |
|
|
10 |
Teóricamente, a opinión pública é o que pensa o público sobre asuntos de interese xeral, mais verdadeiramente é o que din os medios de comunicación que é. Inconscentemente, as persoas tendemos a crer ou dar por válido alguna idea polo mero feito de que saíu na televisión, radio?, ou porque o dixo alguén famoso ou con importanci#blgtk08#a na sociedade. Neste sentido o medios de comunicación convértense en creadores de opinión pública simpantizantes con aquelas creenzas que posúen os donos de ditos medios de información. Estos usan a opinión pública, a través dos medios de comunicación, para obter uns beneficios e defender uns intereses propios.
|
|
|
Comentario de Marta Palomanes (11-11-2016 09:16) |
|
|
11 |
A estas alturas está claro que non existe unha completa liberdade de expresión. Un claro exemplo podemos atopa-lo nos medios de comunicación. Estes, que teóricamente deben dar unha información obxectiva, vense en moitos casos influenciados por motivos políticos. Para poñer un exemplo, unha televisión propia dun lugar nunca dirá algo en contra do goberno que a está financiando. O goberno podería ser capaz de#blgtk08# ofrecer soamente a información que lle interese, evitando que se publiquen cousas que os perxudicarían. Isto atenta tanto contra a liberdade de expresión como contra o dereito a información.
Atopamos un caso similar nos periódicos. Cada cal tende a dar a información dende o seu propio punto de vista político. De este modo non atoparás a mesma información do mesmo modo en "El país" e en "El mundo". |
|
|
Comentario de Aida Bernárdez Italiani (11-11-2016 09:17) |
|
|
12 |
A liberdade é un dereito fundamental que non disfrutamos plenamente na actualidade. Ti podes ser motivo de bromas dos demais por expresar a túa opinion e incluso multado. Se ve ata nos aspectos mais basicos por exemplo se ti no teu grupo de amigos tes unha ideolóxia diferente a dos demais, estes mofaranse de ti aunque sexa sen mala intención, pera ainda asi non estan dando importancia a tu#blgtk08#a opinion. Pero este problema é orixinado en gran parte polas nosas bases, moita xente non considera que persoas que non son como él(homosexuais, negros), poidan ter o seu respeto o que a súa opinion valga o mesmo. Un exemplo de que a sociedade segue sendo machista e homofoba e que Donald Tramp gañara as eleccions. E isto tardara anos en cambiarse e quizais nunca consigase esta liberdade. |
|
|
Comentario de Miguel Collazo (11-11-2016 09:18) |
|
|
13 |
Estou totalmente de acordo con este artigo, moitas veces non temos liberdade de expresión nas nosas casas sobre todo, os menores de idade que están subordinados polos seus pais, estes xóvenes que nas suas casas viven co medo de "se digo tal cousa pasarame isto.." sempre tendrán un mal concepto do que signifca a liberdade.
Noutro caso, os amigos sempre van a influir sobre ti dunha maneira ou de otra se un grupo grande de persoas coas que estás n#blgtk08#on pensa igual ca ti e critica as túas ideas é mellor que non estés con esa xente. O mellor que se pode facer é estar con persoas coas que se pode falar de calquer tema se que te xudguen e debatindo as distintas opinións.
Por outra parte, como nombra o artigo nas manifestacións sempre hai carga policial e é compresible xa que sempre habrá un grupo de xente que quera converter esa manifestación nunha guerrila e moita xente pode sair perxudicada |
|
|
Comentario de Paula Alvarez (11-11-2016 15:06) |
|
|
14 |
Os xornais levan sendo unha gran vía de comunicación e de información durante moitos anos. Pero cabe destacar o cambio que comezaron a experimentar dende fai poucos anos.
Supostamente son un medio de comunicación imparcial e obxectivo, pero nestes últimos anos vimos comprobando que non é exactamente así. Loxicamente, cada xornal pode ter unha ideoloxía diferente, pero ten que distinguirse pola súa profesionalidade, obxetividade e imparcialidade, aínda así, nos encontramos con todo o contrario. Ultimamente os periódicos describen a realidade como queren ou como lles conven, segundo os ideais que teñan, non é escasa a xente que fala da prensa amañada pola política. Isto causa que un xornal contra#blgtk08#diga a outro, ou as veces a sí mesmo. Isto pode provocar confusión na xente xa que a influencia que poden chegar a ter é mais alta do que moitos pensan, un exemplo é, que un día calquera, o ABC publica unha recuperación económica e de emprego en España, á vez que El País publica unha diminución do mesmo, por poñer un exemplo calquera, pero que non é mentira.
En conclusión debemos dicir que quizáis non estamos desacertados dubidando das publicacións dos xornais ou do posible amaño que pode haber con respecto a temas como a política.
Na miña opinión creo que hoxe en día os periódicos xa case non serven para informar, senón para manipular, e que non hai que facer caso a todo o que se lee. |
|
|
Comentario de Jorge 2º Bac (13-11-2016 22:32) |
|
|
15 |
Na miña opinión a liberdade de expresión debería ser un dereito fundamental de calquera persoa. Hoxe en día os medios de comunicación están moi condicionados pola ideoloxía gobernante, cadeas de televisión e radio, tanto públicas e privadas engloban todo o seu contenido segundo o mesmo punto de vista, que sole ser de esquerda o de dereita.
Na miña opinión o ideal sería que cada un mostrase as súas ideas pero xa que#blgtk08# ás veces é difícil, polo menos os medios deberían mostrarse imparciais en certos feitos para non influír na opinión dos demais.
A estas alturas da nosa historia cousas como a Lei Mordaza párecenme feitos que non se poden plantear nunha sociedade "supostamente" avanzada, claro está que se a implantación desta lei cabe soamente como noticia é un claro sinal de que a sociedade non é tan avanzada como se di.
|
|
|
Comentario de Elena Rodríguez (17-11-2016 15:41) |
|
|
16 |
Poderiamos dicir que o presente artigo é unha visión unilateral do artigo 19 da mencionada Carta.
Non podemos falar de liberdade de expresión dun único individuo sen ter en conta como afecta esta ó resto. A liberdade individual ten a fronteira nas liberdades alleas.
Cando fala de que os demáis non aceptan as túas ideas non se pode apelar á falla#blgtk08# de liberdade, senon que se refire ó acto de limitar a liberdade dos demáis no dereito a aceptar ou non as túas ideas.
A declaración do art.19 é, dende o meu punto de vista, unha utopía desexable e para a súa defensa ou consecución non se deben utilizar argumentos coma os do texto.
Remato sinalando que esta é unha opinión respetuosa coa exposta. |
|
|
Comentario de Nicolás Alén Guimeráns 2ºA Bach (17-11-2016 21:19) |
|
|
17 |
#blgtk08# |
|
|
Comentario de (18-11-2016 23:44) |
|
|
18 |
A liberdade de expresión é un dereito básico, exclusivo e fundamental do ser humano. Ninguén debe ser quén de usurparllo aos demais. Cada persoa ten as súas diferentes maneiras de pensar e de facer as cousas e débese respetar cada unha das ideas, para nós lóxicas ou ilóxicas, dependendo da cultura ou relixión á que procedamos. #blgtk08#
Ningún pensamento é correcto ou incorrecto simplemente hai diferentes formas de enfocar as diversas situacións do mundo que nos rodea.
A coñecida como "Ley Mordaza" abole, entre outras moitas cousas que poderían resultar lóxicas, a liberdade de expresión con sancións de ata 600.000?, unha verdadeira barbaridade. |
|
|
Comentario de Inma Oliva Fernández (18-11-2016 23:47) |
|
|
19 |
Hoxe en día a liberdade de expresión está moi limitada e en moitos casos condicionada.Tamen considero que o seu uso deberíase utilizar de forma consecuente e sen afectar con insultos ou argumentos non válidos as persoas.
Nos medios de comunicación podemos ver que está condicionada a liberdade de expresión e que non poden expresar en moitos aspectos as súas ideas polas consecuencias que lle poden causar.
É d#blgtk08#estacable a Lei Mordaza imposta polo goberno que nos reprime e non nos permite exercer a libertade de expresión polo que paréceme inxusto moitos dos aspectos que abarca esta lei.
Comparto moitas das opinións expresadas neste artigo e non existe unha libertade de expresión como a que debería haber, falamos dunha libertade de expresión moi reducida nalguns aspectos e que poderíase mellorar nos temas que pode abarcar. |
|
|
Comentario de Pablo Cuní Balayo (18-11-2016 23:58) |
|
|
20 |
Hoxe en dia esta bastante xeneralixado e aceptado pola maioria o ideal da liberdade como dereito fundamental. Pero observando a practica, efectivamente, existe unha minoria intolerante incapaz de aceptar as caracteristicas alleas á sua persoa. Isto é, que a tanto a liberdade de opinion como a liberdade propiamente dita non existe na sua totalidade debido á intolerancia e á discriminacion de certas#blgtk08# persoas e ideoloxias (normalmente conservadoras e anticuadas) para aceptar condicions diferentes ás suas en outras persoas.
Partindo desta idea de liberdade, a democracia e un equisito minimo para chegar a ela, e a autoridade dunhas persoas sobre outras debe ser utilizada no menor rango posibel, ca finalidade única de organizar a sociedade e a politica para a correcta convivencia de todos. |
|
|
Comentario de Adrian Otero Parada (18-11-2016 23:58) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|