O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Teñen dereitos os presos?
1. Toda persoa acusada de delito ten dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuicio público no que se asegurasen todas as garantías necesarias para a súa defensa.

2. Ninguén será condeado por actos u omisións nas que no momento de cometerse non foran delictivos según o Dereito nacional ou internacional. Tampouco se impondrá pena máis grave que a aplicable no momento da comisión do delito.

(Declaración dos Dereitos humanos. Art.11)


O Dereito penitenciario ocúpase particularmente da execución das penas e medidas de seguridade das privacións de liberdade.
A pena de prisión consiste na reclusión do condeado nun establecimento penal no que permanece privado da súa liberdade e sometido a un específico réxime de vida. Na Constitución española se establecen as penas e medidas de seguridade orientadas a reeducación e reinserción social dos presos.



Unha vez o preso sexa condeado e clasificado según o seu grao penitenciario e aplicada a súa pena ao detido, ten os seguintes dereitos:

? Que a Administración Penitenciaria vele pola súa vida, a súa integridade e a súa saúde .
? A que se preserve a súa intimidade e a súa dignidade.
? Ten dereito a ser chamado polo seu nome e a que a súa situación sexa reservada fronte a terceiros, así como recibir o tratamento penitenciario adecuado.
? Exercer o seus dereitos civís, políticos, sociais, económicos e culturais, se non son imcompatibles coa causa que motivou a súa estancia en prisión.
? Disfrutar das axudas públicas que puideran corresponderle.
? A relacionarse co exterior nas condicións establecidas.
? A participar nas actividades do centro.
? A disfrutar dos beneficios penitenciarios que no seu caso poideran corresponderle.
? A recibir información persoal e actualizada da súa situación procesal e penitenciaria.
? A formular peticións e queixas ante as autoridades competentes.
? A realizar un traballo remunerado dentro das posibilidades da Administración.

Ademais de estes dereitos o preso pode queixarse ou facer peticións, tamén pode comunicarse con alguén do exterior, solicitar visitas, e recibir paquetes e permisos de saida en caso de circustancias especiais.
No caso de peticións, todo interno ten dereito a formular ditas peticións verbalmente ou por escito, poidendo presentalas, se así o prefire o interesado, en sobre pechado, que entregarase baixo recibido. As comunicacións poden ser orais, escritas, telefónicas ou especiais como é o vis a vis, que poden ser de tres tipos : íntimas, familiares ou de convivencia.


Teñen dereito á recepción de paquetes e rexístrase minuciosamente o seu contido por si este puidera causar algún problema. Os presos só poden ter un permiso de saída por falecemento dun familiar ou para prepararlle cara a vida en liberdade.


(Artigo de Lara Villar)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Dereito - Publicado o 02-04-2016 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Alégrame saber que se lles trata aos presos/as coma persoas e non coma cousas ou como animais. Aínda que son culpables dalgún delito, seguen sendo seres humanos e, polo tanto, os seus dereitos continúan estando activos. Deshumanizar a un preso é rebaixarse a#blgtk08#o seu nivel e demostrar unha crueldade igual ou superior á do acusado. Está ben ter un control deles, xa que algúns son perigosos, pero o que non vexo correcto é privalos dos seus dereitos, das cousas básicas que todos necesitamos para vivir e relacionarnos.
Comentario de Uxía Blanco 2ºB Bach (20-04-2016 11:00)
2 Na miña opinión non todos os presos teñen que ter os mesmos dereitos.
Canto máis grave sexa o seu delito menos dereitos correspondelle.

Dereitos como recibir correo ou visitas penso que é un privilexio para certo tipos de persoas. A pesar de estas sometidas a revisións sempre pódese filtrar información entre o preso e xente de fora.

Outro dereito coma traballo remunerado, contas abertas ou participar en actividades do centro son privilexios que só se deben aplicar en delitos leves e que non supoña un perigo ofrecerl#blgtk08#los ao preso en cuestión.

A reincidencia tamén ten que ter un gran peso na decisión de que privilexios ten ese preso. Pois, se comete 100 delitos leves e ten todos os priviexios volverá a cometer un 101, o que quero dicir é que estar na cárcere non se ten que convertir nunha estancia hoteleira pero tampouco nun sufrimento constante.

Se aplicamos a cada preso uns privilexios distintos en funcións do seu comportamento, anos de prisión, delitos e reincidencias podemos facer que non reincidan pero que tampoco pasen un inferno.
Comentario de Raquel Amoedo (20-04-2016 11:01)
3 Hai xente na sociedade que cometeu verdadeiras barbaridades, dende o meu punto de vista estas persoas non merecen nada.
Pero tamén é certo que todos cometemos erros e que merecemos unha segunda oportunidade, pois non somos perfectos.
Por iso penso que estes d#blgtk08#ereitos deben ser disfrutados polas persoas en función da gravedade do seu delito, e mesmo poder volver a levar unha vida normal cun traballo remunerado.
Despois hai outras que non merecen volver a ver a luz do sol, pois son persoas cunha personalidade irreversible.
Comentario de Irene Barreiro (20-04-2016 11:02)
4 Eu penso,que inda que estén no cárcere,seguen tendo os mesmos dereitos ca os demáis, xa que seguén sendo persoas, é certo que cometeron un delito, pero puido ser unha equivocación da#blgtk08# cal se arrepinten, como é o caso dalgúns. Na miña opinión os dereitos citados no texto son unha serie de dereitos que non se deberían suprimir nunca, sexa o tipo de preso que sexa.
Comentario de Andrés Álvarez (20-04-2016 11:07)
5 Todos tenemos que tener unos derechos básicos incluso después de quebrantar la ley.Dado qu#blgtk08#e errar es de humanos ,los presos tendrían que seguir contando con una serie de derechos.
Comentario de Manuel Cid (20-04-2016 11:08)
6 Lamentablemente hai moitas cárceres nas que non se respectan estos dereitos e os presos viven en condicións inhumanas. Hai que tratalos con respeto, non se pode deshumanizar a ninguén, aínda que #blgtk08#hai algúns casos excepcionais (que o merecen, pero tratalos mal non é ético nin o correcto), pero a meirande parte deles non cometeron delitos graves ou estan presos por un erro e son inocentes.
Comentario de Lucía Estévez (20-04-2016 11:21)
7 Penso que ainda que estén no cárcere teñen dereito dunha vida xusta entrerexas e poden relacionarse medianamente con #blgtk08#exterior,sempre que o delito cometido non sexa unha "animalada". O principal obxectivo é a reinserción na sociedade.
Comentario de Marcos González (26-04-2016 09:38)
8 A día de hoxe é evidente que segundo o tipo de preso do que se trate, conta con certos dereitos ou non, cando deberían ser aplicables nun principio a todos eles.
É obvio que unha persoa que cometeu delitos moi graves non merece o mesmo que aquel que unicamente levou a cabo algún moi leve, pero tampouco esto se respeta.
Realmente existen centros penitenciarios nos que os presos #blgtk08#viven nunhas condicións de vida infrahumanas e nas que son maltratados de forma continua, independentemente do seu grado de delito. É certo que é necesario erradicar dita situación porque por moitos erros que cometeras na túa vida, considero que non é xusto nin defendible un trato tan denigrante como aquel ao que se enfrontan moitas persoas só polo feito de entrar na cárcere.

Comentario de Yasmina Mª López (26-04-2016 09:42)
9 O que se recolle nun papel é moi distinto do que ocorre na realidade. Moitos deses dereitos non se aplican na práctica. Hai cárceres que son absolutos centro de tortura.
Tamén opino que non todos os presos deben ser tratados do mesmo modo. Dependendo do gr#blgtk08#ao de gravidade do delito débense aplicar uns privilexios determinados. Digo privilexios porque, o trato mínimo que toda persoa merece non debe suprimirse nunca, pero hai unha serie de aspectos que nun réxime de castigo penitenciario son verdadeiros privilexios.
Comentario de Iria Lores (26-04-2016 09:42)
10 Está claro que hai moitos tipos de delitos , pero está claro que a finalidade principal é a reinserción en todos os casos que sexa posible e tamén está claro que os de#blgtk08#reitos débense cumplir xa que son dereitos pola simple condición de ser persoas , apesar de que algunha de esas "persoas" deixen en evidencia que o son cos seus actos.
Comentario de Aida Couso García (26-04-2016 09:46)
11 Seguindo este artigo, é obvio que non todos os presos deben ter as mesmas condicións na prisión, todo depende da gravedade do seu delito. Hai persoas que cometen terribles salvaxadas coma unha violación, un asasinato, un secuestro, etc... e outras que cometen delito#blgtk08#s menos graves.
Tamén é certo que a moitos presos as veces se lles trata de unha manera inhumana e isto tampoco se pode permitir porque todos os seres humanos temos dereitos. Hai moitas condicións que non se respetan e hai que facer algo para acabar con iso.
Comentario de Sara Muñiz (26-04-2016 09:49)
12 No meu punto de vista, os presos teñen tantos dereitos coma nós. Poderiamos sinalar que unha persoa pode ir ao cárcere por múltiples motivos, e non todos son tan graves. Se unha persoa rouba cincocentos euros, por exemplo, e por iso vai ao cárcere, eu creo que debería seguir tendo os mesmos dereitos. Non sabemos por que o fixo. Pode que quixera alimentar aos seus fillos, ou pode que o necesitase para comprar alcohol. M#blgtk08#oitas persoas van ao cárcere sen merecelo, porque tiveron unhas malas condicións de vida. Pero isto non significa que teñamos que eliminar ou prescindir dos seus dereitos.
En cambio, unha persoa que cometera barbaries, eu creo que non deberían ter tantos dereitos. Penso que deberían tratar de reinsertalos, pero no caso de isto non ser posible, creo que non deberían ter os mesmos dereitos que o resto de persoas.
Comentario de Manuel Estévez 2ºBACH C (26-04-2016 09:49)
13 Os dereitos que se lles permiten aos presos en España é o mínimo que se lles pode conceder por ser seres humáns, porque ao final, seguen sendo presos que cometeron un delito polo cal foron inculpados. Pero este feito non impide o #blgtk08#vis a vis coas súas familias, por exemplo. O permiso de saida que obteñen en caso de falecemento ou a chegada de paquetes e a capacidade de presentar unha queixa entre outras cousas, son o mínimo que poden recibir por ser presos.
Comentario de Sheila Sánchez Cabo 2º Bach B (26-04-2016 09:52)
14 Na miña opinion estou deacordo con este artigo sobre os presos, ainda que cosetiesen un delito todavia segen tendo "dereitos". Pero na realidade todos sabemos que estas situacións no se cumpren,como cando vemos en as noticias que os vixilantes abusan dos presos dandolles unha paliza.

Desde o meu punto de vista eu creo que canto mellor sexan as condicions do preso na cárcere él será menos propens#blgtk08#o a volver a cometer o delito. Un estudio en Noruega revelou que as súas cárceres no pais están case vacias pola falta de presos, a idea de este pais foi enviar a os presos a unha illa onde ten que traballar para poder comer, ten unha casa, bibliotecas, supermercados...todo esto nas mellores condicións de vida. Eu creo que moitos dos paises do mundo se tendrían que replantear as súas medidas e copiar esta idea.
Comentario de Gianfranco Pilla (26-04-2016 09:55)
15 Nas últimas semanas deuse unha polémica xustamente con este tema. O caso de Anders Breivik responsable da matanza de 77 persoas en 2011 en Noruega, 69 xóvenes asasinados nun campamento das xuventudes laboristas noruegas e 8 persoas as aforas da sede do Goberno por unha bomba. Breivik foi condeado a 21 anos prorrogables e agora denunciou ao Estado noruego por tratos "inhumanos" na súa condena.

Vive nunha habitación individual cun mobiliario da maior normalidade posible. Ben podría ser o cuarto dun estudante, co seu escritorio e estanterías de madeira, cunha televisión sobre#blgtk08# a mesa de noite para poder vela cómodamente dende a cama. Pois ben a xustiza errou ao seu favor, dándolle así a razón a este individuo sendo compensado polo Estado que deberá pagar os costes legales do xuízo, estimados en 35.800 euros.

Na miña opinión os presos si deben ter dereitos, pero estes dependen do delito polo que están no cárcere. Non é o mesmo cometer unha acción leve ca unha grave a hora de ser tratado no cárcere. Dentro das accións graves está a de Breivik por exemplo, a min paréceme mal sinceiramente que a xustiza lle dera a razón tras a barbarie que cometeu.
Comentario de Diego Rodríguez (26-04-2016 10:07)
16 Según o meu artigo a min pareceme ben que segan tendo uns certos dereitos a súa infracción xa esta castigada co feito de non ter liberdade e non levar unha vida normal , ademais eu considero que hay certas cousas que son vitais para unha pers#blgtk08#oa ,aunque sexa limitado o contacto coas persoas que quere .Es certo que hay moitos presos que cometen atrocidades é que persoalmente parezcanos mal que teñan estes dereitos pero por igualdade deben telos aunque creamos que non os merezcan .
Comentario de Lara Villar (27-04-2016 10:52)
17 Ya está bien de altruismo !!

Los presos han hecho daño a la sociedad y lo tienen que#blgtk08# pagar. Su castigo tiene que consistir en LA PRIVACIÓN DE DERECHOS. Para que aprendan la lección!!
Comentario de Vanessa (27-04-2016 10:58)
18 É algo evidente que os presos deben manter os seus dereitos como persoas aínda despois de cometer un delito, non se lles pode deshumanizar por cometer erros, e debe intentarse a reinserción na medida do posible. Por suposto, isto depende da gravidade do delito que cometeran. Non deberían ter as mesmas liberdades e beneficios dentro do cárcere unha persoa que acabou coa vida doutra que alguén que robou alimentos para a súa subsistencia, por exemplo. Sempre debe valorarse a gravi#blgtk08#dade do delito e opino que as condicións deben estar claras na pena aplicada, mantendo sempre uns dereitos básicos.
Por desgraza, estes dereitos non sempre se cumpren. En moitos países, especialmente en estes en vías de desenvolvemento, a situación dos presos é lamentable. Anúlanse todos os seus dereitos e son denigrados e anulados como persoas. Débese pór fin a esa situación e controlar con máis seguridade os centros presidiarios para garantir os dereitos dos internos.
Comentario de Ainoa Prado Romero (04-05-2016 11:01)
19 Penso que os presos seguen sendo persoas, a pesar de cometer algún acto ilegal. Isto en xeral, especificando creo que non todos os presos deberían ter os mesmos tratos, xa non dereitos. Con isto quero dicir que penso que non debe recibir o mesmo trato un asasino que unha persoa que atracou unha tenda, por exemplo (ou que defraudou a facenda, para pór máis distancia entre ambos casos). Aínda que pareza un pouco dura a miña opinión, son dos que pensa que debería a#blgtk08#plicárselle castigos aos presos correspondendo ao que fixeron, con isto quero dicir que a pena capital para un asasino non é nada desproporcionado, xa que pensa que se ese asasino matou a alguén querido teu, ti en que pensarías máis que en que morra? Isto cambia se o vemos desde fóra e a quen asasinou foi a un descoñecido, e xa dicimos que é unha animalada a pena capital, pero ti pensa que ese descoñecido é o teu irmán ou o teu pai, a cosa cambia completamente.
Comentario de Mario Rodríguez (10-05-2016 09:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0