O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Cuestión de dignidade
?Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e,dotados como están de razón e conciencia,deben comportarse fraternalmente
os uns cos outros?
.

(Declaración Universal dos Dereitos Humanos, art. 1)


Isto é o que di o artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, pero esa teoría está moi lonxe de facerse realidade. Neste artígo ímonos referir a un colectivo que durante moito careceu dese dereito, referímonos as mulleres. A vida humana sempre estivo asentada nunha sociedade patriarcal. Os homes, durante todas as etapas da historia, a idade antiga, a idade media, a idade moderna e incluso agora, na idade contemporánea, foron considerados superiores tanto econonómica como xurídicamente. Se todos os seres humanos nacen iguais en dignidade e dereitos, por que isto non e así na actualidade? Por que moitas mulleres séntense oprimidas? Por que cada vez danse máis casos de violacións ou de agresións e as veces replantease se foi culpa da muller?

Moitas personas din que o feminismo é un invento das mulleres para conseguir máis dereitos cos homes, cando en realidade é unha loita que leva facendo a muller durante moitos anos para poder alcanzar a igualdade e o recoñecemento dos seus dereitos ante o home.

No Dicionario Ilustrado da Lingua, o feminismo é definido como ?Doutrina social que concede á muller igual capacidade e mesmos dereitos que ós homes.? A propia definición incurre naquelo contra o que o feminismo loita: considerar que a suprema mellora é elevar á muller á categoría do home como ser modélico, e suprimir ou disimular calquera imaxe da muller que a presente como ser activo, dona da súa propia loita.

O 26 de agosto de 1789 promulgábase a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán que viña a recoller e desenvolver o lema da Revolución francesa (Liberté, égalité, fraternité) e que, posteriormente, inspiraría a actual Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro de 1948), pero Olympe de Gogues non estaba de acordo cas redacción desta declaración que excluía ás mulleres polo que decidiu redactar a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá, que é un dos primeiros documentos históricos que propón a emancipación feminina no sentido da igualdade de dereitos ou a equiparación xurídica e legal das mulleres en relación ós varóns.

Gran parte das costumes sociais e a evolución política das sociedades non terían lugar de non ser polos grandes esforzos, reflexións e reivindicacións das mulleres. O que o movemento feminista buscou ao largo da historia foi a igualdade entre os homes e as mulleres, que sexan consideradas persoas xurídicas cos mesmos dereitos e obrigas que os homes. Os dereitos que reivindican son: a integridade física, o traballo, a educación, a cultura, a unha vida sexual e reproductiva plena e sá, a conservar os ingresos, a acceder ao dereito de propiedade e aos créditos bancarios e o máis importante de todas, a ser tratadas con dignidade.


Se nos poñemos na situación da muller nos países árabes, ou en moitos países asiáticos como a India ou China, comprobaremos que está claramente infravalorada. Se falamos da muller en Arabia Saudita, esta ten escasos dereitos, está sometida a unha sociedade patriarcal terrible na que é utilizada e tratada como un obxecto. A mentalidade tradicional instaurou a idea de que a muller precisa dun cuidador, sexa o seu pai, marido, irmá ou fillo, non admiten que sexa dona da súa propia persoa é válese por si misma.

A pesar de todolos esforzos, aínda queda un longo e penoso camiño por recorrer, pois son moitos os que non comprenden que homes e mulleres temos os mesmos desexos e necesidades. Ata que a mentalidade acerca destes temas non cambie, a situación seguirá igual.



(Artigo de Sara Muñíz)


Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Muller - Publicado o 07-03-2016 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 Na miña opinión,dentro desa primeira declaración de dereitos do home e do cidadán,deberían estar recollidos tamén os dereitos da muller,xa que como di o artículo 1 da actual declaración de dereitos "Todos os seres humanos nacemos libre e iguais en dignidade e dereitos",e iso deberíase cumprir,en completa igualdade#blgtk08# para homes e mulleres.
A situación neses países árabes,debería rematar xa,e para iso,o resto de países do mundo,deberían porse de acordo,e intentar poñerlle fin a esta realidade que se está a vivir neses países.A pesar de que é pola súa cultura,é denigrante para todas as mulleres,polo que debería cambiar.
Comentario de Andrés Álvarez (09-03-2016 10:44)
2 Estou de acordo coa procura de igualdade por parte das mulleres,son tan validas como os homes e tendrían que ter os mesmos dere#blgtk08#ito que eles. Este dereito tiña que ser respaldado por as leis de todos os países, e así crear unha sociedade máis igualitaria.
Comentario de Manuel Cid (09-03-2016 10:49)
3 Na miña opinión a declaración universal de dereitos humanos debería ser iso, UNIVERSAL. Todos os países do mundo deberían acatarla independentemente da súa cultura e costumes. Estes dereitos deberían estas ref#blgtk08#lexados como leis e cumprilas como tal. Cada país pode pensar,sentir,ter unha moral dista,relixión ou calquera aspecto da súa culta diferente a outras pero, ten que respetar que as mulleres tamén son persoas.
Comentario de Raquel Amoedo (09-03-2016 10:50)
4 A realidade no noso país é que apesar de que é un país desenvolvido e se supón que xa debería de estar erradicado o machismo non o esta, iso sae a luz en diferentes casos que se dan a diferentes ámbitos.
No mundo do traballo a día de hoxe unha mulller recibe en xeral menos remuneración por realizar o mesmo#blgtk08# traballo , dando como por feito que unha muller non esta igual de capacitada que un home , cando non é asi.
Por outro lado o termino ´´Feminismo´´ entra en controversia co termino ´´hembrismo´´,xa que o primeiro busca a igualdade entre homes e mulleres , e o segundo busca a supremacia da muller sobre o home.
Comentario de Aida Couso García 2 bach B (09-03-2016 10:52)
5 Na miña opinión tódalas mulleres do mundo teñen os mesmos dereitos que os home, como está reflexado no artigo 1 na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dere#blgtk08#itos. Pero non en todos os países encontráse o dereito da muller respaldado pola ley senón que en países árabes e entre outros, ignóranse o reprímense estes dereitos. Non debería ser así, todas se merecen o mesmo trato por igual.
Comentario de Santiago Dios (09-03-2016 10:56)
6 Ben é certo que no último século a situación da muller mellorou, pero este non debe servirnos de comodín para sentirnos conformes coa mesma. Pois se somos personas conscientes e consecuentes debemos ser coñecedoras de que a situación da muller segue sendo inferior na sociedade.
O Feminismo pretende conseguir a igualdade de dereitos e deberes non só entre mulleres e homes, senon tamén respecto a outros colectivos minorizados como os homosexuais, transexuais...
Debe quedar #blgtk08#claro o concepto de Feminismo, pois existen moitas confusións, aclarar que o que o Feminismo procura é a igualdade, non a supremacía dun sexo sobre o outro.
Como ben se amosa no artigo todavía son moitas as sociedades enormemente atrasadas e coa mente e os ideias moi pechados.
Na miña opinión xa vai sendo hora de que todos teñamos claro o significado de igualdade, de dereitos e deberes, pois independentemente do noso sexo todos e absolutamente todos somos persoas humanas.
Comentario de Irene Barreiro 2º Bach (09-03-2016 10:56)
7 Penso que ata que non exista unha evolución na mente das persoas cara á igualdade entre sexos, todo seguirá sendo igual. É certo que nos países máis desenvoltos as mulleres teñen os mismos dereitos ca os homes, pero aínda así ocórrenlle cousas ou reciben tratos diferentes, como cobrar menos polo mesmo traballo ca os homes, recibir preguntas como se pensan quedarse embarazas(nas entrevistas de traballo), etc...
Noutros países máis atrasados mentalmente como os musulmáns, a muller ten escasos dereitos, e pode ser abusada e oprimida sen penitencia ningunha,#blgtk08# e isto é o que non se debería de permitir.
Para concluír, ten que haber un cambio de mentalidade como ocorreu anteriormente para chegar a esta época na que as mulleres no noso país puideran votar, ser solteiras, saír a rúa, ter un traballo, etc, pero insisto en que este cambio aínda non é suficiente, nin neste país nin nos outros menos ou máis desenvoltos. Os homes temos que pensar que todos nacemos grazas a unha muller, vivimos maioritariamente gracias a ela, e tamén moitos convivimos e temos relacións cotidianas con elas, polo tanto, hai que respetar.
Comentario de Mario Rodríguez 2ºBach B (09-03-2016 10:59)
8 Na miña opinión, e segundo o que establece o artigo primeiro da Declaración dos Dereitos Humanos,todos somos libres de facer o que queiramos, sen importar a nosa raza, sexo...
Se ademais suponse que é unha declaración "universal", é dicir, apta para todos, non pode ser que haxa persoas con menos dereitos, como neste caso, as mulleres.
Unha muller non debería ser inferior polo mero feito de ser muller, cousa que nin sequera pode elixir. Disto surxe o termo "femini#blgtk08#smo", que en teoría busca unha mellora e igualdade de dereitos con respecto aos homes, e non unha supremacía, como é o caso do hembrismo. Este primeiro termo leva a moitas persoas a opinar que o "feminismo" é superioridade da muller por ter no seu nome o termo "fémina", muller.
Antes de opinar algo, debemos informarnos, porque senón caemos en graves erros. Polo tanto, creo que debe haber unha igualdade de dereitos que se respete e se leve á práctica, e non só á teoría.
Comentario de Manuel Estévez 2ºBACH C (09-03-2016 11:00)
9 Debe haber igualdade entre homes e mulleres e ambos deben ter os mesmos dereitos. Porén aínda queda moito por facer, xa que, como di no texto, en moitos países as mulleres son infravaloradas, tratadas coma obxectos cos que po#blgtk08#den facer o que lles de a gana, xa que elas carecen de calqueira tipo de dereito, están obrigadas a facer e comportarse conforme os homes lles dicten, sen poder tomar as súas propias decisións, e isto non debería consentirse.
Comentario de Lucía Estévez (09-03-2016 11:01)
10 A triste realidade é que a muller aínda segue sendo infravalorada e sometida a unha sociedade patrialcal en algúns países mentres que en outros os dereitos da muller avanzaron un pouco . O resultado desta loita creou o feminismo que non é feminazismo , a muller no busca creerse mellor ca o home no feminismo a muller busca a igualdade po#blgtk08#dendo ter os memos dereitos e libertades ca os homes tanto no ámbito laboral e social para que as mesmas cousas que estan ben vistas para un home tamén o estean para a muller. Xa que , tanto a muller e o home ambolos dous son seres humans polo tanto poseen as memas necesidades e teñen os memos dereitos como ben fai referencia o artigo.
Comentario de Lara Villar 2º Bach B (09-03-2016 11:03)
11 Como ben citei neste artículo,?Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e,dotados como están de razón e conciencia,deben comportarse fraternalmente
os uns cos outros? do artículo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, todas as persoas de todo o mundo deben ter os mesmos dereitos pero que al finao e ao cabo, só quédase en palabras escritas nesa declaración. Durante os anos, o sistema patriarcal dera preferencias aos homes blancos heterosexuais, e os colectivos das mulleres, das persoas negras, das persoas homosexuais, e outros máis quedaron oprimidos por ese sistema. O feminismo non busca só a igualdade, busca a liberación da muller neste sistema, busca poder ser libre e poder facer o mesmo que fan os homes sen ser xulgada.#blgtk08#
Estou farta das personas que din que o feminismo busca a superioridade, estou farta dos casos de violencia de xénero e os homes queixándose 'e os homes que?' 'Para cando un día do home?' 'Os homes tamén estamos oprimidos'... Mentira, o día do home é todos os días do ano, xa van 11 mulleres asesinadas en 2016, e o home branco, nunca estivo oprimido, só hai que botar una ollada a nosa historia. Estou farta de ter que ir coas chaves na man cando volvo sola á casa polas noites por medo, de non poder vestir como quero, de que me xulguen se fago unha cousa, o se non a fago. Estou farta desta sociedade na que non deixa que as mulleres seamos libres, que non nos traten con igualdade, que nos sexualiza. Si muller bonita é a que loita, nunca deixaremos de ser bonitas.
Comentario de Sara Muñiz (09-03-2016 11:04)
12 Unha das primeiras cousas que necesitamos cambiar en canto ao feminismo é a idea errónea que se ten deste concepto a nivel global. Actualmente hai un número moi elevado de persoas que pensan que feminismo e machismo son antónimos e, polo tanto, que o feminismo defende a superioridade da muller sobre o home. Esta concepción leva a un rexeitamento xeral do feminismo, a un medo das persoas de proclamarse feministas (especialmente dos homes) e incluso a consideración deste termo como unha palabra tabú.
O verdadeiro feminismo non pode estar máis lonxe desta#blgtk08# concepción. O feminismo busca a igualdade de homes e mulleres, e participou e participa activamente na defensa dos dereitos de outras minorías. O problema é a confusión entre feminismo e hembrismo. Este último termo non é recoñecido aínda pola Real Academia da Lingua, e moita xente descoñece a súa existencia. O hembrismo sí é o contrario do machismo; é dicir, o hembrismo é a actitude que defende a superioridade das mulleres sobre os homes. Esta concepción errónea leva a moitos malentendidos, e eliminala é para min unha das prioridades na defensa do feminismo.
Comentario de Ainoa Prado Romero 2º Bach C (09-03-2016 11:06)
13 Resulta tremendamente ilóxico que na actualidade, e tendo en conta todos os momentos da nosa historia na que as mulleres desenvolveron un papel fundamental, todavía exista de forma reiterada e continua unha opresión e un trato desfavorable e de inferioridade cara ao colectivo que compoñen as mulleres tanto no seu conxunto como a nivel individual. Carece de sentido a idea da superioridade dun xénero polo mer#blgtk08#o feito de nacer así. Ademais, non hai ningún motivo real polo que debera ser deste modo, só unha tradición machista na que se fundamentou toda a nosa historia. Pero a historia ponnos de manifesto as cousas que debemos cambiar para poder prosperar como sociedade, e é esencial un cambio neste ámbito para que deixen de producirse todas as actividades que están denigrando a figura da muller e os seus dereitos.
Comentario de Yasmina López 2º BACH C (09-03-2016 11:07)
14 Creo que ser feminista non é so cousa de mulleres, senón tamén de homes. Buscar a igualdade de dereitos debería de ser unha loita na que estén unidos ambos sexos, xa que ser feminista non significa procurar a superioridade da muller. Todo o contrario, búscase un #blgtk08#equilibrio; cousa que nunca existiu.
Este machismo ven ligado moitas veces á relixión, ademáis do territorio no que se viva. Por iso é tan complexo conseguir unha victoria do feminismo.
A pesar disto, non debemos tirar a toalla. O bo faise esperar.
Comentario de Uxía Blanco 2ºB Bach (09-03-2016 11:09)
15 Non é normal para a mentalidade occidental a actual situación da muller nos países árabes, tratadas como un obxecto sexual e de traballo doméstico. Eu respecto as tradicións ou mentalidade dos diferentes paises, pero,¿Como #blgtk08#respetar esta barbarie?
Creo que é traballo de todos facelos comprender que as mulleres teñen os mesmo dereitos que os homes e que ten que haber unha obrigación, xa non unha conciencia de trato humano cara as féminas
Comentario de Marcos González Montero (09-03-2016 11:09)
16 Creo que prácticamente todos estamos de acuerdo en que la mujer es infravalorada tanto en la historia como en la actualidad, a pesar de que ha conseguido muchas mejoras respecto al pasado. Con esto claro, lo lógico sería buscar un cambio de mentalidad que buscase la igualdad entre hombres y mujeres y, en teoría, esto debería conseguirse con el paso de los años y la llegada de nuevas generaciones alejadas del machismo tan marcado que existía en el pasado. Por esto, sorprende enormemente que en encuestas realizadas hace relativamente poco a adolescentes muestres el terrible resultado de que el machismo es#blgtk08#ta volviendo a resurgir y no solo por parte de los hombres. Cosas como que en las relaciones de pareja el hombre mantenga a la mujer localizada en todo momento o le revise el teléfono móvil o que regule las personas con las que puede o no puede estar se consideran normales para numerosos adolescentes hoy día, personas de nuevas generaciones que se esperaba que mejorasen la mentalidad respecto al tema existente hasta hace unas décadas, no que retomasen esta mentalidad de una forma tan prohibitiva hacia la mujer.
El cambio es necesario, pero es imposible si la mentalidad de las personas no cambia.
Comentario de Luna Vicente Warren (09-03-2016 11:15)
17 A concepto de feminismo é un bo ideal que deberíase inculcar en todos os xovenes, pero non é así, por eso o feminismo quedase en iso unha ideoloxía na que as mulleres poden ser consideradas iguais aos homes, pero isto non é unha consedración, has mulleres e os homes son iguais. Pero por diversos motivos, según a cultura as propias mulleres infravalóranse, e pola contra hai mulleres que creense superiores aos homes. É por isto que o feminismo está está en estado neutro que aínda que consegue progresos, tamén consegue o contrario #blgtk08#e en parte favorece ao propio machismo, esto dase porque non hai unha unidade das mulleres, dase moitas veces que as mulleres mesmas ensinan as súas fillas que so serven para servir aos seus maridos, pais, irmáns... así que para que o feminismo chegase a progresar de forma correcta, primero deberían ser as mulleres as que se concienciaran de que son os iguais aos homes e que temos os mesmos dereitos de vida ca eles, por eso penso que é unha boa iniciativa pero que as sociedades e culturas non permiten o seu desarrollo correcto.
Comentario de Sheila Sánchez Cabo 2º Bach B (09-03-2016 11:16)
18 Na miña opinión é sorprendentemente triste que nos nosos días non se teña claro o verdadeiro significado de 'feminismo'. Pensar que pode tratarse dun movemento das mulleres para intentar sobrepoñerse á figura masculina é totalmente ridículo.Todas aquelas figuras trascendentais na historia que loitaron e loitan pola reivindicación dos dereitos da muller son, ao meu parecer, auténticos heroes. Por desgracia, a nosa sociedade avanza moi lentamente. Máis aínda en todos aqueles países onde #blgtk08#o machismo é extremo.
O feminismo é necesario. As mulleres non deixaremos de loitar ata ver todos os nosos dereitos recoñecidos e ata que ninguén deixe de ridiculizar o noso papel nunha sociedade, tan necesitado coma o do home.
Por último sinalar que ao igual que as mulleres loitamos polos nosos dereitos, cada día son máis os homes que loitan xunto a nos. Tamén é triste ver que, aínda menos que anos atrás, son moitas as mulleres que defenden e aplauden causas machistas.
Comentario de Iria Lores (24-03-2016 21:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0