O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Entre touros e cabalos
Cando se lle pregunta a un extranxeiro polo símbolo que mellor representa a España, por normal xeneral, fan referencia aos touros. Bravo, salvaxe, perigoso, forte e violento son os distintos adxectivos que se lle atribúen a este animal na nosa sociedade.
Para algúns é un campión digno, para outros é unha vítima incomprendida. Millóns de opinións, miles de persoas e centos de festas. Só dous bandos. Unha única pregunta: Vivo ou morto?

Anualmente cada segundo martes de setembro en Valladolid, concretamente en Tordesillas, ocorre unha das tradicións máis valoradas e coñecidas do noso país: O Touro da Veiga.



Consiste en liberar ao animal polas rúas do pobo ata chegar a campo aberto. Unha vez alí, touro e lancero disputan unha loita física onde, a maior parte das veces, o hastado morre desangrado por mor dos cortes que lle propinan os alí presentes.
No caso de que este exceda os límites do torneo, será indultado e gozará dunha vida de semental cos da súa especie, ata que morra de vello.
As normas do evento son moi estritas e prohiben calquera tipo de vehículo motorizado. Así que os afeccionados van a pé ou a cabalo.

Para saber a orixe do Touro da Veiga hai que remontarse á época medieval. Algunhas fontes afirman que todo comezou en 1355 a modo de festexo cando naceu Isabel, filla do rei Pedro I.
Xa no ano 1966, Francisco Franco prohibiu o rejoneo do touro (toureo a cabalo) para darlle morte en campo aberto. Pero en 1970 viuse obrigado a autorizalo novamente por presión dos afeccionados. Dende entón seguiu representándose todos os anos ata a actualidade.
A día de hoxe, a lei española recoñece que todos somos iguais e todos temos os mesmos dereitos. Entón pregunto, por que algúns teñen permiso para mutilar e matar animais en público e outros non? Legalmente só existen dúas posibles solucións: ou se prohibe ou se autoriza o maltrato animal en toda España.
Baseándonos nisto, existen posturas a favor e en contra do tema: O Partido Animalista PACMA, que arrasa nas redes sociais, é un proxecto en defensa de todos os animais. Maniféstase dende hai 10 anos en contra do Touro da Veiga con numerosas protestas, manifestacións e chamamentos aos partidos políticos. A súa intención é abolir este "bochornoso espectáculo de crueldade, sufrimento e morte."
A súa campaña deste ano en contra dos malos tratos animais, apoiada por numerosos famosos, chámase: 'EU ROMPO UNHA LANZA POLO TOURO DA VEIGA.'


Segundo os animalistas, as persoas taurinas son seres insensibles, intolerantes, maleducados, irrespetuosos, analfabetos e asasinos.

É posible xeneralizar neste caso?
Considérase taurina a toda aquela persoa que apoia ou goza das festas caracterizadas coa morte do touro, por exemplo o toureo das prazas. Pablo Fermoso de Mendoza, experto na tauromaquia e especialista na arte do toureo a cabalo, é considerado un dos mellores rejoneadores do mundo.E quen mellor que el para explicar que se sente ao xogarse a vida diante dun bovino de 500kg?
(Recomendable ver o vídeo a partir do minuto 9.)
https://www.youtube.com/watch?v=6PQJ6GvGjDY

Se observamos a tauromaquia en profundidade, descubriremos que existen uns "actores secundarios" nos que pouca xente repara: os cabalos. Monturas pesadas e incómodas, espuelas/esporas afiadas, bocados agresivos e daniños para a sensible boca do cabalo (coñecidos como 'bocados vaqueiros'), serretas (instrumentos que se lle colocan no nariz que dificultan a respiración e provocan feridas para obter submisión), ferraduras, continua tensión, medo, etc.





Espora
Serretas








Bocados Vaqueros
Montura Vaquera

O cabalo por natureza ten instinto de presa e en ningún momento vai querer entrar en conflito cun depredador por vontade propia, neste caso, o hastado.
Pero, quen somos nós, os galegos, para criticar e xulgar o trato que se lle dá aos equinos? Xustamente nós, os de Rapas dás Bestas.



Candaoso, Mougás, Sabucedo, Domaio ou San Cibrán. Definitivamente ningunha provincia galega escapa desta tradición. É curioso como un gran público turístico achégase cada ano ás nosas terras para ver centos de cabalos semisalvaxes comprimidos como sardiñas enlatadas nos curros, á espera de ser desparasitados mediante a forza humana.




Tiróns de crines e cola, ataduras en extremidades, dificultade da respiración por acción humana mediante presión, separación de potrillos e nais, enfrontamentos entre mandas,...
De verdade temos o cerebro tan pouco evolucionado como para seguir usando as mesmas técnicas que os nosos devanceiros?
Non era que máis vale maña que forza?
Ás veces chámaselle animal ao ser vivo equivocado.
Touros, cabalos, cans, raposos ou crocodilos; todos eles usados polos caprichos dos seres humanos.
E para terminar, unha reflexión da miña colleita:

Quen busca a paz entre irmáns
nunca a vai atopar,
pois primeiro deben respectar
ao ser que chaman animal.



(Artigo de Uxía Blanco)


Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 03-05-2016 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Estou totalmente de acordo coa postura deste artigo. Sempre deberíamos tratar aos animais con respecto, algo que en España está claramente ausente.
Por exemplo, establecemos diferenzas entre cans, gatos e outros animais domésticos, para os que a súa tortura está penada; pero torturamos a outros, cobramos entrada e chamamos a iso "arte". A tortura nunca é arte.
Moitos defensores da tauromaquia argumentan que crea postos de traballo e mellora a nosa economía. O seguinte exemplo pode semellar esaxerado,#blgtk08# pero é realmente un equivalente do que nós facemos na actualidade: Na época dos romanos, as loitas de gladiadores eran unha forma de ocio moi común. Moitas veces, cunha persoa indefensa ante outras armadas ou bestas (unha imaxe que seguro é familiar para os taurinos). Estou segura de que tamén contribuía á economía, pero todos agradecemos que sexa unha práctica xa erradicada.
Os animais non teñen voz para loitar polos seus dereitos, así que deberíamos ser nós os que o fixeramos e rematar con estas barbaries.
Comentario de Ainoa Prado Romero (04-05-2016 11:12)
2 Tal y como expone la autora del artículo, solo debería haber dos opciones legales respecto a este tema: debería estar prohibido el maltrato animal para todos los animales o estar permitido para todos, lo cual en mi opinión sería una barbaridad. Sin embargo, en España se permite la tauromaquia, con el maltrato que conlleva tanto hacia los toros como hacia los caballos, por motivos de "tradición". En mi opinión, es ridículo basar una ley en el hecho de que es una tradición, porque por esa regla de tres, ¿por qué no se mantiene el uso de elementos de tortura para el ser humano? Tam#blgtk08#bién se usaban habitualmente en el pasado, era normal usarlos. Sin embargo, es ilógico mantener algo así tras la aparición de los derechos humanos, que no son más que una muestra de la racionalidad del ser humano que pretende frenar las barbaridades que se cometían en épocas anteriores. ¿Acaso esa racionalidad solo somos capaces de aplicarla cuando el tema a tratar nos afecta solo a nosotros? ¿Cómo podemos hallarnos en el siglo XXI tan atrasados respecto al respeto de los animales? No debemos olvidar que, después de todo, el ser humano no es más que otro animal de la naturaleza.
Comentario de Luna Vicente Warren (04-05-2016 11:12)
3 Esta claro que deben existir distintas opiniones sobre cualquier tema, pero antes que nada tenemos que tener claro que estas distintas tradiciones como la del toro de la vega no deberían estar a debate ,ya que se trata de maltrato animal..
Es muy triste que en nuestro país España se sigan produciendo este tipo de mal#blgtk08#trata hacia los animales y aún por encima exista gente que este orgulloso de que nuestro país sea conocido por lo que simboliza.
A pleno siglo XXI creo que debemos cuestionarnos todo esto y erradicarlo, ya que al fin y al cabo estamos perjudicando a animales que de una forma u otra no pueden manifestar su desacuerdo.
Comentario de Aida Couso García (10-05-2016 09:52)
4 Eu teño amigos que viven en Valladolid e apoian os touros, gústanlle e disfrutan do espectáculo, e non os considero asasinos nin malas persoas xa que son moi boa xente. Penso que simplemente é un tipo de pensamento tradicional, como o é a relixión, se ti críaste nun ambiente católico, moi seguramente serás católico, se te crías nunha familia de esquerdas, moi posiblemente aca#blgtk08#barás sendo de esquerdas, todo inflúe, incluíndo este tema.
Xa na miña opinión penso que matar os animais é un acto totalmente deleznable, xa que eu teño mascota e tiven toda a miña vida vivín rodeado de animais e non penso que disfrutaría vendo a algún sufrir, creo que é un pensamento un pouco anticuado e irrespetuoso cos animais, xa que tamén teñen dereito a vivir.
Comentario de Mario Rodríguez (10-05-2016 09:59)
5 Creo que este artigo ten moita razón. Ao igual que existen dereitos para as persoas, existen dereitos para os animais. Ao igual que nós, eles sofren, e non deberiamos ferilos e menos por diversión, como é o caso dos touros.
Suponse que somos máis intelixentes que moitos animais, pero ás veces non o parece. Vemos como unha aberración maltratar gatos, cans... pero logo sinalamos c#blgtk08#omo tradición matar touros ou cazar cervos e elefantes.
Eu nin respeto nin comparto a opinión das persoas que maltratan animais e buscan unha razón para facelo.
En definitiva, creo que non debería estar permitido o maltrato animal, aínda que esta é unha razón obvia e lóxica. Vivimos nun mundo civilizado, e unha cousa é cazar para alimentarnos e outra cazar por diversión.
Comentario de Manuel Estévez 2ºBACH C (10-05-2016 10:01)
6 Na actualidade, un acto de crueldade e falta de respeto polos animais como o dos exemplos citados neste artigo, debería levar xa tempo erradicada, aínda que non sexa o caso.
O noso país caracterízase por desenvolver actividades cruentas tendo como única finalidade a diversión inxustificada de certos colectivos que adican o seu tempo de lecer a invertir o diñeiro en cousas como#blgtk08# o maltrato animal, algo que carece de sentido na súa totalidade segundo a miña opinión.
Obvio as opinións son diversas pero non considero que por moito que estas persoas que o apoian, que se valen de motivos de mellora da economía ou de tradición, estén no certo ou deban ser respectados.
Para que a sociedade poida avanzar, debe deixar de lado este tipo de actividades.
Comentario de Yasmina López Carballo (10-05-2016 10:05)
7 Aínda que o Touro da Vega sexa unha tradición moi arraigada, non deixa de ser maltrato animal. Non entendo como hai xente que disfruta vendo como un ser vivo é torturado e morre lenta e dolorosamente có único propósito de
ofrecerlles un "bó" espectáculo. Os touros son animais salvaxes que non só se ven privados da súa liberdade, senón que tam#blgtk08#én son obrigados a pelexar coma gladiadores sen teren alternativa. E cando firen a un toureiro, moitos pensan que son uns monstruos cando, só son uns animais acorralados que están tratando de facer todo o posible para sobrevivir. Debería erradicar xa esta cruenta práctica porque os animais tamén teñen sentimentos e ningún merece sufrir desta manera.
Comentario de Lucía Estévez (11-05-2016 11:12)
8 Estou de acordo con este artigo, penso que os animais en todo momento deberían ser tratados dunha maneira libre, sen "obrigarlles" a facer cousas que por eles mesmos non farían. Ningún animal debería sufrir desta maneira. Como se menciona neste artigo, estos actos deberían estar sancionados dende hai moito tempo, non vexo un deporte facerlle dano aos animais, non debería ser unha finalidade #blgtk08#para a diversión dos humanos.
A miña conclusión e que creo que non debería estar permitido o maltrato animal, aínda que esta é unha razón lóxica. Vivimos nun mundo civilizado, onde os animais non son obxecto para ser maltratos aínda que as veces cazamos os animais para alimentarnos, pero esta acción non debería ser por aficción, senón simplemente alimentación e con un uso racionado.
Comentario de Lucía Camisón Fuentes (11-05-2016 21:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons