O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

As mulleres brasileiras loitan pola igualdade



"1. Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desempleo.

2. Toda persona ten dereito, sen descriminación algunha, a igual salario por traballo igual.

3. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como a sua familia, unha existencia conforme á dignidadade humana e que será completada, en caso necesario, por calesquera outros medios de protección sociais.

4.Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses."


(Declaración universal dos dereitos humanos. Art.23)



As mulleres partidoras de cocos tamén coñecidas como as quebradeiras adicanse a recolectar o que cae das palmeiras aproveitando a semilla, a cáscara e as follas. Con este traballo viven moitas familias. Moitas delas viven en asentamentos fundados por escravos e a mayoria non teñen dereitos de propiedade sobre a terra onde recolectan.

Localízanse repartidos polos estados máis pobres de Brasil como os estados de Piauí, Tocantins, Maranhao e Pará.

Ao longo de moitas xeracións este estilo de vida viuse amenazado pola deforestación, a agricultura, a ganaderia e as operacións mineiras. E aínda agora o goberno non considera importante esta actividade dende un punto de vista económico.

O goberno brasileiro está apoiando actualmente actividades económicas relacionadas cos biocarburantes, a minería e outras actividades a gran escala. Frente a esta situación, estas traballadoras crearon un movemento para defender os seus dereitos tamén decideron controar mediante cooperativas todo o proceso dende a recolección hasta a venta do produto rematado.



Segundo un dos obxetivos previstos para lograr a igualdade de xénero, os Gobernos comprometeranse a levar a cabo reformas que concedan as mulleres igualdade de dereitos sobre os recursos económicos, e que tamén permitan poseer e controlar terras.

Está previsto que se aprobe e lles sirvan de apoio na sua loita por conseguir unha lei federal para protexer a palmeira e darlles acceso aos bosques de babasú, con independencia de quen sea o propietario das terras. A cadea de producción do babasú é unha maneira de reducir a pobreza, erradicar o hambre, garantizar unha vida sa e xestionar os bosques de forma sostenible.

Nas últimas décadas ocurriron importantes modificacións na inserción da muller no mercado de traballo, cun forte aumento de mulleres na poboación economicamente activa, que representaba a fines dos anos oitenta o 35% da forza laboral brasileira. A sua tasa de participación económica hoxe en día é máis alta pero só un 54% do salario dos varons.

(Artigo de Raquel Amoedo)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Muller - Publicado o 07-03-2016 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 A verdade é que a actualidade da situación social da muller en Brasil está lonxe da igualdade. Neste caso, as mulleres que traballan coas palmeiras perden o diñeiro que gañan ao recolectar os cocos ao pagar o terreo que non lles pertence. Isto non é normal e non o entendo, porque non ten moito sentido que perdan o diñeiro que conseguen polo seu traballo. A pesar de todo isto, creo, ao meu parecer, que as mulleres están a conseguir unha maior importancia no mercado laboral en Brasil, grazas á súa intensa loita pola igualdade. Desta maneira, e como dise no final da noticia, os gobernos están a levar a cabo reformas que concedan unha igualdade sobre os recursos económicos.
Non sei se o traballo coas palmeiras ten un gran im#blgtk08#pacto económico. Ao parecer, e segundo o goberno nacional brasileiro non. Pero aínda que pode non ter moita importancia a nivel económico, sí o é a nivel social, xa que grazas a este traballo moitas persoas teñen traballo e alimento todos os días. De non ser por este traballo, moitas familias poderían atoparse na pobreza. Así, en conclusión, eu creo que está ben que se esté a elaborar unha lei para protexer a palmeira, e desta maneira reducir a pobreza e garantir e xetionar os bosques de forma sostible.
En definitiva, e a pesar da situación desigual da muller en Brasil, estamos a conseguir unha maior igualdade no campo laboral, a pesar de situacións de desigualdade como é o caso das mulleres que traballan coas palmeiras.
Comentario de Manuel Estévez 2ºBACH C (08-03-2016 10:00)
2 Ao ler este artigo parece que nos estivésemos trasladando a pleno século XIX.
Esta situación paréceme totalmente denigrante para calquera ser humano. Pero esta situación non só se da neste país nin con este producto, s#blgtk08#enón que a explotación a colectivos coma a muller está extendido a todo o mundo.
o que resulta totalmente inadmisible é que os gobernos non fagan nada. Sempre antepoñendo os seus beneficios aos dereitos e á dignidade.
Comentario de Irene Barreiro 2º Bach (08-03-2016 10:05)
3 Os dereitos da muller traballadora tiñan que ser exactamente iguais ca dos homes, pero desgraciadamente non é así. Unha igualdade laboral na que a condición da muller ou das nais, non sexa motivo de diferencia en ningún trato. Mesmo dereito #blgtk08#de condicións de traballar ca os homes sen importar a situación social que consiste en respetar as mesmas xornadas laborais, salarios e prestacións.
Isto lévanos a unha igualdade de trato que significa respetar a dignidade da muller.
Comentario de Santiago Dios López (08-03-2016 10:06)
4 Na miña opinión, esta situación que se esta a vivir en Brasil debería rematar o antes posible, pero para iso, deberá actuar o goberno brasileño, que polo que pon o artigo xa están en proceso unha serie de reformas.
En canto a situación xeral, non debería existir desigualdade entre homes e mulleres,e penso que #blgtk08#entre todos debemos por fin a isto, é moi inxusto que no século XXI ,nunha sociedade avanzada como o é a nosa, unha muller,que desempeña a mesma función que un home cobre menos polo feito de ser muller, ou que sigan existindo os prexuízos de que por ser muller non debería poder traballar nun cargo alto dunha empresa.
Comentario de Andrés Álvarez (08-03-2016 10:06)
5 A realidade e que certamente non deberia existir estas cousas, e moi indignante que unha muller teña que exercer ese traballo por unha mísera recompensa e ademáis ter que descontar de ese diñeiro unha parte para o dono da parcela, esta cl#blgtk08#aro que isto ten que cambiar pero por desgracia a pesar das reformas que se estan a facer, as cousas están igual de abusivas, so tendo en conta o beneficio propio do propietario das parcelas sen ter en conta a vida das súas traballadoras.
Comentario de Aida Couso García 2º Bach B (08-03-2016 10:09)
6 Este artigo fala das dificultades de traballo de aquelas mulleres que a día de hoxe continúan nunha situación opresora. Están pagando unha elevada cantidade de cartos unicamente para poder levar a cabo unha tarefa de traballo. Estas condicións claramente inxustas obrigan a estas mulleres a vivir nunha precariedade continua, xunto coas súas familias, o cal parece ilóxico posto que lle están facilitando a tarea#blgtk08# aos donos das fincas, de xeito que o ideal sería encontrar un modo coherente de traballo no que non saísen prexudicadas. Xa de por sí a idea de que se lles cobre por traballar carece de sentido, pero se lle sumamos o feito da elevada cantidade da que estamos falando, semella aínda máis surrealista.
Non podemos avanzar como sociedade se na actualidade aínda encontramos sectores oprimidos deste xeito.
Comentario de Yasmina López 2º BACH C (08-03-2016 10:10)
7 Para que las cosas fueran más justas tendrían que recibir un sueldo por su trabajo ,#blgtk08#y a la vez pagar en función de los productos que se llevan marcando un precio justo
Comentario de manuel cid (08-03-2016 10:10)
8 Paréceme moi boa a iniciativa dos Gobernos de comprometerse a promover a igualdade mediante reformas para que estas mulleres teñan #blgtk08#as mesmas oportunidades ca os homes e poder así ser propietarias das terras que traballan, o que sería moi beneficioso para todos.
Comentario de Lucía Estévez (08-03-2016 10:10)
9 Un dos temas máis comúns nos países subdesenvolvidos é a explotación no traballo, que neste tipo de países ven sendo habitual.

Explotar as persoas có fin de acadar un beneficio propio non é ético, xa que como se reflexa no artigo estase a atentar contra un d#blgtk08#os artigos da declaración universal dos dereitos humanos, en concreto o artigo número 23.

Este é un dos graves problemas que ten a sociedade capitalista, que só busca xerar e xerar cartos sen pensar os grandes delitos que está a cometer contra os explotados.
Comentario de Diego Rodríguez 2º Bach B (08-03-2016 10:10)
10 Cada vez que leo unha noticia como esta, abráiame que no siglo XXI sigan ocorrendo este tipo de cousas.
É triste pero certo, non só en Brasil, senon tamén noutros países desenvolvidos nos que as mulleres tanto social coma laboralmente se encontra en continua desventaxa. Non só tampouco nos países #blgtk08#desenvolvidos ou nos países musulmans, tamén no noso país as mulleres cobran polo seu traballo menos ca os homes(con menos diferencia que nos países desenvolvidos, lóxicamente), ou lles poñen máis impedimentos nas entrevistas de traballo como a típica pregunta de: E pensas quedarche embarazada?
Comentario de Mario Rodríguez 2ºBach B (08-03-2016 10:10)
11 todo depende de como se mire. por una parte tectnicamente ese terreno no es suyo por tanto deberian pagar por lo que estan haciendo.
pero por o#blgtk08#tro lado, es dueño de ese terreno podria contratar a las mujeres para que trabajen en su terreno y pagarles un salario digno por lo que estan haciendo
Comentario de Gianfranco Pilla (09-03-2016 10:38)
12 Neste artículo fálase dunha actitude opresora clara hacia estas mulleres. Estas mulleres fan unha tarea pola que teñen que pagar para poder manter ás súas familias e a elas mesmas, o que é unha clara opresión. Paréceme ilóxico que teñan que pagar por ese traballo cando, aunque estean traballando nas terras de outros, están a facerlle favores a esas persoas ao recolectar eses #blgtk08#froitos. Brasil aínda que é un dos países máis grandes do mundo, segue sendo un país subdesenvolvido onde é clara a explotación das mulleres e nenos. A verdade é algo inmoral e é repugnante como o diñeiro pode volver ás personas tan crueles, volvendo cegos aos políticos, o goberno, que non fai nada por acabar con este traballos polo beneficio económico que lle supón ao país.
Comentario de Sara Muñiz (09-03-2016 10:40)
13 A falta de humanidade que exponen os donos das parcelas demostra que so están interesados no beneficio propio e non nas persoas que traballan para eles. Na súa maioría son mulleres con familia, que teñen que traballar para subsistir na pobreza na que vivir, en horas superiores a recomendadas, moitas veces e#blgtk08#mbarazadas, para que logo a horas de cobrar o seu salario reciven a metade porque teñen que pagar por traballar nas terras doutras persoas xa que non poden permitirse comprar terras propias, e ainda que poidesen non se lles permitiría porque iso implicaría perder traballadoras e aumentar a súa competencia.
Comentario de Sheila Sánchez Cabo 2º Bach B (09-03-2016 10:41)
14 A situación das mulleres nos países subdesenvolvidos é aínda de maior desigualdade que nos países desenvolvidos. Neste caso, en Brasil, ao non ter a posibilidade de adquirir terreos e ter que traballar en cultivos alleos, estas mulleres conseguen únicamente o necesario para sobrevivir e manter ás súas familias, e en moitas ocasións nin iso. Non reciben un salario, simplemente os restos da colleita, e deb#blgtk08#en pagar para poder traballar.
O goberno e as mulleres están a loitar para cambiar esta inxusta situación, pero o progreso aínda non é suficiente. Ao non considerarse o seu traballo o suficientemente importante (neste caso o cultivo de cocos) para a economía, esta loita é aínda máis lenta. Isto debe cambiar urxentemente para poder asegurar a subsistencia das familias das zonas máis pobres do país.
Comentario de Ainoa Prado Romero (09-03-2016 10:41)
15 Non me sorprende en absoluto atopar casos coma este en pleno século XXI, onde a muller segue sen ter os mesmos dereitos ca os homes. Por sorte isto está a cambiar e pouco a pouco#blgtk08# as mulleres vanse facendo un oco en todos os campos dominados por varóns.
Espero que en menos de 20 anos falar de desigualdade de xénero sexa algo extraño e impensable.
Comentario de Uxía Blanco 2ºB Bach (09-03-2016 10:42)
16 Si, ainda que vivamos no século XXI aun existen moitas desigualdades en canto riqueza e nivel económico entre os países desenvolvidos e os subdesenvolvidos e tamén desigualdades en canto a xénero máis nos países pobres pero tamén aunque en menor medida nos países con mayor nivel economico, tamén danse no noso país. A muller esta en nun posto inferior que a h#blgtk08#ome en moitas cousas o que e triste xa que grazas aos avances que a feito para conseguir o que ha conseguido a muller ata agora que aun siga existindo diferenzas.

E é realmente triste que hoxe en día aínda que se explote a xente no traballo, que gañen menos diñero por facer por exemplo roupa que logo as multinacionais venderán a altos prezos.
Comentario de Lara Villar 2º Bach B (09-03-2016 10:51)
17 Penso que a estas alturas na vida da humanidade é imposible que anda a muller, non so en Brasil, senón que en outro moitos lugares do Globo a situación laboral da muller non este totalmente normalizada.Non únicamente pasa nos países pobres, senón que en moitos países "desenvolvid#blgtk08#os" existe esta situación. En Europa a situación da muller traballadora non esta totalmente normalizada, pois non teñen o nivel de salario que os homes e en moitas momentos laborais sofren vexacións por ser mulleres.Primero temos que mudar o noso e poderemos influir nos demais.
Comentario de Marcos González Montero (09-03-2016 10:54)
18 El trabajo del que se habla en el artículo no es el mejor y tampoco creo que obtenga grandes beneficios económicos, pero por el hecho de que muchas familias consiguen vivir gracias al trabajo de esas mujeres creo que debería protegerse.

Como se puede observar en el artículo, la situación de la mujer en la participación económica no es igual a la de los hombres, aunque esto no debería sor#blgtk08#prendernos. En nuestro propio país, sin ir más lejos, una mujer tiene más dificultades en el ámbito laboral que un hombre: es mucho más difícil que llegue a puestos directivos, cobra menos que un hombre por el mismo trabajo y al trabajo fuera de casa se le suman todas las tareas que hace en el hogar. ¿Cómo podemos pedir igualdad en otros países si no conseguimos una situación igualitaria en el nuestro?
Comentario de Luna Vicente Warren (15-03-2016 10:00)
19 Debería ser absolutamente inconcebible en pleno século XXI este tipo de abuso pero, tristemente, a realidade deste país ao igual que de moitos outros é esta. Non só se trata de deixar de lado todos os dereitos e condicións dignas que os traballadores merecen senón que tamén s#blgtk08#e trata de pisotear a dignidade das mulleres. As desigualdades sociais e sexuais son unha gran lacra nas sociedades occidentais pero aínda máis en todos aqueles países aos que aínda lles queda moito camiño que percorrer para alcanzar o ideal de vida que toda persoa merece.
Comentario de Iria Lores (16-03-2016 10:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0