O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Dereito á libre circulación entre países



"1. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio de cada Estado.

2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a regresar ao seu pais".

(Declaración universal dos dereitos humanos, artígo 13)


Isto é algo que todo o mundo debería respetar xa que dá igual a nacionalidade, a raza, ou a crenza que teña cada un, todos somos persoas, polo tanto todos somos iguais.
Este conflito, como moitos outros, ten a súa orixe, na captura política, na pobreza, na guerra, na violación dos dereitos humanos e tamén na desigualdade. Movementos sociais, grupos espontáneos de persoas, organizacións que comezaron a mobilizarse e reclamar os dereitos que consideraban perdidos.

A día de hoxe, a cifra de mortos chega ata os 210.060, case a metade de todos eles civís, aínda que a cifra real probablemente sexa maior. Entre os mortos hai 10.664 nenos e 6.783 mulleres. O observatorio sirio para os Dereitos Humanos concretou que 35.827 dos falecidos eran insurxentes e 45.385 membros do exército de Al Assad. Siria tiña una poboación duns 23 millóns de persoas, e segundo as Nacións Unidas afírmase que uns 3,73 millons de sirios fuxiron do país na procura dunha vida mellor.
?Save The Children? é unha das ONG´S que axuda de diferentes formas aos nenos e nenas refuxiados de Siria distribuíndo materiales básicos para a supervivencia, facilitando alimentos ás familias, apoiando na educación, protexendo nenos e manténdoos en bo estado de saúde.



Uns 4 millóns de refuxiados fuxiron a distintos países, os principais son os seguintes:
-Turquía; Acolleu case 2 millóns de refuxiados.
-Líbano; Máis de 1 millón de refuxiados.
-Xordania; 600.000 refuxiados.
-Iraq; 250.000 refuxiados.




(Artigo de Andrés Álvarez Terán)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Actualidade - Publicado o 17-02-2016 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Na miña opinión correspóndenos a todos os países recoller e protexer aos refuxiados. Eles non queren estar aquí, non é por capricho é por necesidade. As súas vidas corren perigo e o noso deber é axudalos. Non só debemos facer isto, tamén temos que resolver o problema dos conflitos en Siria para que poidan regresar as súas casas e se ato#blgtk08#pen seguros. Non temos que pensar no diñeiro, temos que pensar que poderíamos ser nós e as nosas familias as rexeitadas polos países que se chaman `civilizados´ a eles mesmos. A guerra pódese evitar desarmandoos é dicir facer un pacto de total aislamento no que non se lle venda nada para que non podan fabricar armas, balas o subsistir.
Comentario de Raquel Amoedo (09-03-2016 11:00)
2 Actualmente podemos ver con facilidad que el derecho tratado en este artículo no se cumple. Esto se observa en el problema de la guerra de Siria, conflicto que ha causado la emigración en masa de la mayoría de sus habitantes. Todos estos civiles, que realmente no quieren abandonar su país sino que se ven forzados a hacerlo, son víctimas no solo de la guerra sino también de los gobiernos europeos. El acuerdo alcanzado por la Unión Europea con Turquía es un claro ejemplo del egoísmo humano y de la falta de empatía de los políticos. Gracias a este acuerdo, Turquía conseguirá más ayuda económica por parte de la UE y una aceleración de su proceso de unión a la misma, a cambio de que todos los refugiados sirios que se encuentran actualmente en suelo europeo sean mandados allí, donde deberán pedir el asilo de forma legal, un proceso muy lento. Y, mientras estas negociaciones sucedían, miles de refugiados se#blgtk08# encuentran en tiendas de campaña sobre un barrizal en la frontera entre Grecia y Macedonia, esperando que les abran las fronteras para poder huir del horror que han vivido y que aún viven, viven a la intemperie, con recursos escasos. La medida adoptada por la UE, un organismo en el que se supone se agrupan países desarrollados, defensores de los derechos humanos y tan "implicados" en la causa de Siria que cuando alojaron a un par de familias quisieron ir a hacerse una foto con ellas(cuando aún quedaban miles en la calle y las fronteras esperando una solución, como si solo importara la apariencia de que estaban arreglando algo para tratar de tapar el desastre que realmente existe sobre el tema), me parece inhumana ya que trata a todas esas personas cuyas vidas se han visto truncadas por circunstancias ajenas a ellos como si fueran mercancía que se pudiera intercambiar a cambio de una serie de favores.
Comentario de Luna Vicente Warren (09-03-2016 11:01)
3 Os países europeos tiñan que permitir pasar os millóns de persoas que teñen que escapar obrigadas do seu país para poder sobrevivir. Tiñase que repartir a población Siria entre os diferentes pa#blgtk08#íses da UE de forma proporcionada según o seu espazo xeográfico e pola súa situación económica, de esta forma os países que reciben persoas de Siria non notarian a aglomeración de refuxiados.
Comentario de Manuel Cid (09-03-2016 11:03)
4 A única forma de entender a esta pobre xente que escapa do seu páis polo conflicto bélico que sofre, é poñerse na súa pel.
Se no meu páis houbera unha guerra, na que case seguro eu e os meus fósemos morrer, paréceme máis que evidente que fuxiríamos a outro país o antes posíbel.
Esta xente non é unha xente indixente que ven a pedir comida e refuxio, esta é xente coma nós que tiña o seu posto de traballo, a súa escola, a súa casa, os seus recordos, e que tiver#blgtk08#on que abandonalo todo para escapar da guerra ,ademais de que eles xa o dicen, que eles non queren vir para aquí, eles o que queren e que lles axudemos no seu páis a solucionar a guerra para que eles poidan volver, que é o que de verdade queren.
Con todo isto quero criticar aos páises europeos que denegan o paso a estas persoas, porque 100% seguro, que se fose a súa familia e iso ocorrera no noso país, serían os primeiros que marcharían a outro en busca de refuxio.
Comentario de Mario Rodríguez 2ºBach B (09-03-2016 11:09)
5 As guerras, a fame, as persecucións, a pobreza e a opresión son dos moitos motivos polos cales os refuxiados encóntranse nun movemento migratorio cara a Europa para ter a axuda necesaria e ter unha vida máis decente. Teñen a necesidade de escapar dos seus respectivos países, de non esco#blgtk08#itar cada vez que saen a rúa o son das armas e ver en cada esquina máis mortos. Por iso a Unión Europea, que na miña opinión me parece correcto, a creación de asilos de acollida e que a través de recursos de educación e económicos podan ter un traballo e tamén ter unha vida máis fácil.
Comentario de Santiago Dios (09-03-2016 11:10)
6 O conflito que está a vivir Siria é un dos grandes problemas actuais, millóns de persoas tentan fuxir da guerra emigrando a outros países na busca dunha nova vida nun lugar diferente, comezar de cero.

A diario chégannos novas imaxes do calvario que están a vivir todos estes refuxiados nas distintas fronteiras de países veciños. Os países que os captan non dan o seu brazo a torcer e poñen moitas dificultades para a en#blgtk08#trada dos refuxiados. Esto último non debería ser así xa que atenta contra o artigo número 13 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e máis nos países que están a poñer pegas e que firmaron respetar esta declaración como Grecia, Turquía, etc.

Vendo isto, estamos a prohibir o paso das persoas aos demais países? Que ocorre có dereito ao asilo? Queremos avanzar pero ao final rematamos dando un paso cara atrás.
Comentario de Diego Rodríguez 2º Bach B (09-03-2016 11:11)
7 Na actualidade é elevado o conflito que está tendo lugar debido aos refuxiados que tiveron que fuxir do seu país e buscar outro lugar no que ter estancia durante un tempo. Isto resulta case irónico polo feito de que realmente na meirande dos casos e na totalidade dos que proceden de países conflitivos, esta procura dun novo lugar onde residir débese principalmente a un perigo existente nos seus lugares de residencia. Estas persoas non abandonan os seus fogares por mera diversión, por viaxar ou por coñecer mundo, senón que o fan por unha necesidade vixente na sociedade na que vivimos.
#blgtk08#/> A libre circulación é un dereito que debe estar presente en todo o mundo pero que, como é obvio, non é un deber que se cumpra. E isto é así porque moitos países deciden pechar as súas fronteiras para poder "salvagardarse" dos estranxeiros e non abrir as portas ao que eles consideran novos "conflitos". Deste xeito amosan a súa actitude pechada e a súa falta de solidariedade co mundo que lles arrodea.
Considero que esta é unha actitude que debemos erradicar totalmente, aínda que se trate dun proceso longo e difícil polas mentalidades complexas que atopamos na sociedade actual.
Comentario de Yasmina López 2º BACH C (09-03-2016 11:12)
8 Está claro que este problema non é algo que se poda obviar, pois día a día nos medios escoitamos o drama que esta acontecendo en dito país, quizais este sexa un factor que normaliza a situación, pois cando o escoitamos todos os días parecénos xa algo habitual.#blgtk08#r /> Dende o meu punto de vista é vergoñento que paises se neguen a recibir a esta xente que escapa desesperada da miseria e da violencia. Paréceme de absoluta insolidariedade que non sexan acollidos, polo mero feito de hoxe son eles pero mañá podemos ser nós.
Comentario de Irene Barreiro 2º Bach (09-03-2016 11:17)
9 Esta tema a día de hoxe e moi actual, pero esta claro que este problema non ven de agora ,leva anos e anos producíndose cousas de este tipo, e parece que os grandes paises que teñen medios de rematar esta masacre que se esta a producir ,non fan nada mais que pactos absurdos que está claro que non se vai a cumplir.
Unha noticia actual que #blgtk08#vin fai pouco foi que os paises europeos fixeron un pacto no que os paises se comprometian a expulsar do pais a todas aquelas persoas ¨Refuxiadas¨ que se encontren no pais de forma irregular.
É moi triste que suceda isto xa que esa xenta fuxe do seu pais , porque se atopan nunha guerra sangrenta , non se desplazan do seu pais por gusto.
Comentario de Aida Couso García 2 bach B (09-03-2016 11:17)
10 Lendo últimamente os últimos artigos publicados, estoume a decatar que moitos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos non se compren, primeiro a igualdade de dereitos e agora o dereito á libre circulación entre países. Paréceme de vergoña o que está a facer a Unión Europea con estos refuxiados. Estas persoas non chegan a Europa porque queren, non queren encontrar unha nova vida en Europa polo seu gusto propio. Escapan dunha guerra que parece que non ten fin, das mortes das súas familias, da destrución masiva, algo inhumano. Entendo que a chegada de inmigrantes ou de #blgtk08#refuxiados poda desequilibrar o balance europeo de poboación, pero sendo morais, estas persoas, os inmigrantes que embárcanse nunha viaxe perigosa nunha balsa para chegar ata España, Italia, Grecia, etc.. escapando do seu país, é porque a situación no país de onde veñen ten que ser inhumana e devastadora.
Se non queremos esto, intentemos mellorar a situación nos seus países, pero prácticamente, al menos no caso de Siria e os países veciños é casi imposible. Que en pleno século XXI teña que pasar o mesmo que hai 80 anos en España cara os países de Latino América, é terrible.
Comentario de Sara Muñiz (09-03-2016 11:17)
11 É lamentable o que está sucedendo nas fronteiras. Esta xente non emigra por vontade propia, teñen que deixar toda a súa vida atrás para poder sobrevivir, e iso non é doado, moitos deles nunca chegan, e os que o conseguen, atópanse cun panorama desolador; as fronteiras estanlles pechadas, non teñen comida, bebida ou dereito de asilo, atópanse nunhas condicións nefastas, nas que ningunha persoa se debería atopar xamáis. Pero isto parece que non lles importa ós líderes, xa que o único que saben facer é mirar hacia outro lado, utilizando á violencia para reprimilos, sen pensar nin por un segundo com#blgtk08#o sería a situación se foran eles mesmos os que se atoparan nesas condicións, pero parece que para eles a empatía é unha palabra extraña, case tanto como "solidaridade" ou "humanidade", porque a eles só lles importan os cartos, que, ó fin e ó cabo, que é?? de veras valoran máis un pedazo de papel que unha vida?? a resposta está clara, para eles esa xente non importa, xa que non lles aportan beneficios económicos. Deberían poder pasar, porque son persoas inocentes, vitimas dunha guerra da que non forman parte, e necesitan a nosa axuda, e, se non nos axudamos entre nos, quen o vai facer??
Comentario de Lucía Estévez (09-03-2016 11:21)
12 todas as personas temos dereito a viaxar de un pais a outro con libre circulacion por Europa.
E increible ver como cientos de poersonas tienen que moverse do seu pais de orixen para poder fuxir desta guerra que esta asolando o pais durante tantos anos
otra cousa qu#blgtk08#e me pacere impresionante e ver como moitos paises non queren acoller a estas pobres persoas eas ven como se fosen basura que solo queren estar de forma ilegal nun pais.
na miña opinion todos os paises do mundo deberian de ponerse de acordo para poder axudar a esta xente
Comentario de Gianfranco Pilla (15-03-2016 09:34)
13 Non entendo o que se está a facer nas fronteiras. Impedirlle o paso a outros países a persoas que non emigran por gusto, que o fan pola súa supervivencia e para conseguir un futuro mellor. É denigrante a actuaciçon dos gobernos neste contexto, botándolle a culpa aos emigrantes da mala situación do noso país, qu#blgtk08#e é a nosa culpa, e partindo desa "excusa", decidir que o mellor é evitar a entrada de persoas no país. Non ten moito sentido e deberiamos de erradicar isto porque é o que se establece na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que todos temos dereito a unha libre circulación, a non existenza de barreiras.
Comentario de Manuel Estévez 2ºBACH C (15-03-2016 09:37)
14 Todos somos seres humáns con dereitos, con liberdade de ir a lugares en busca da nosa supervivencia e mantenemento da nosa vida. Que a xente necesitada lle restrinxan o seu dereito a crear a súa propia vida, dame a sensación de que desean a morte desas persoas necesitadas, porque os condenan a vivir no seu país onde a guerra e a pobreza son devastadores. Podo entender o medo a que a entr#blgtk08#ada de inmigrantes dificulte a economía para os propios nativos do país, pero quizá non é sempre que un só lugar acepte a estas persoas, sino que, se todos os países con bó mantemento lle den asilo e axuda aos máis necesitados, paréceme inhumano que non lle demos apoio aos nosos iguais porque non queremos saír da nosa comodidade, iso é moi egoísta, para calquera, gobernantes e cidadáns.
Comentario de Sheila Sánchez 2º Bach B (15-03-2016 09:37)
15 É moi triste que estando no século que estamos non sexamos capaces de axudar a centos de miles de persoas que non teñen recursos para sobrevivir a causa da guerra. Pensamos que xirando a cabeza cara a un lado, o problema solucionarase por sí so; per#blgtk08#o non é así.
Debemos acollelos e protexelos, alimentalos, darlles un fogar, porque se nos pasara o mesmo gustaríanos recibir o mesmo trato.
Que irónico non? Chámanlles refuxiados pero todos pasan deles coma a peste. Refuxiados? Onde?
Comentario de Uxía Blanco 2º B Bach (15-03-2016 09:38)
16 Coa situación actual en países como Siria demasiados gobernos fan oídos xordos ante os berros de auxilio dos emigrantes. Parece que avanzamos, pero aínda hai moitos lugares nos que a maioría dos dereitos humanos non se respetan e non hai ningún tipo de penalización. Como persoas, o lóxico sería axudarnos e abrir as fronteiras para quen necesite refuxio. Os refuxiados deixan atrás guerras, mortes e incluso membros das súas familias que non poden acompañalos. E qué é o que atopan cando chegan a Eur#blgtk08#opa buscando refuxio? Unicamente rexeitamento a axudarlles a saír da súa situación. O que o fai aínda máis patético do que é é o saber que non fai moito tempo Europa estaba nunha situación similar, e moitas persoas tiveron que emigrar para salvar as súas vidas. Pero iso é algo que parecemos esquecer moi a miúdo. Debemos afrontar os problemas que poidan xurdir de rescatar a esta xente sabendo que o lado positivo é moito maior. É necesaria unha solución inmediata, e ante todo debemos ser humanos.
Comentario de Ainoa Prado Romero 2º BACH C (15-03-2016 09:43)
17 Non me parece nin medio normal que se lle impida a unha persoa vivir onde queira además de que estas persoas non se van por decisión propia senón porque o seu país esta en guerra así que vense obrigados a fuxir a outro país para non ter que afontar esa situación e poder vivir ben . #blgtk08#Me parece moi mal a pouca empatía das persoas xa que debería poñerse no seu lugar e ver que a situación non e facil e non e por gusto además de que calquer persoa independente das súas crencias , raza etc poder circular libremente e vivir donde lle plazca porque son persoas libres.
Comentario de Lara Villar 2ºBach B (15-03-2016 09:47)
18 É lamentable a situacion a vivir en Siria, onde un réxime cruel esta a ameazar a vida e as liberdades dos cidadans que vense forzados a abandonar o seu país para non ser executados. O líder Sirio mata o seu pobo por codicia e poder, penso que cómpre aca#blgtk08#bar coa sua tiranía canto antes porque ademáis de estar a matar a sua propia xente, está fomentando o drama da inmigración masiva que afecta dunha maneira brutal a os países Europeos, motivo polo que os países Europeos entraron na guerra civil Siria
Comentario de Marcos González Montero 2ºBACH C (15-03-2016 09:54)
19 É moi triste este tipo de situacións. Todas as personas teñen o dereito de vivir cunhas condicións de vida dignas. Os gobernos deberían centrarse nos asuntos importantes que levarían a conseguir esas condicións que un ser humano merece. Rexeitar o refuxio de todos a#blgtk08#queles que buscan unha vida mellor paréceme algo moi egoísta, non pensar a situación dos demais. Por outro lado, que os gobernos ignoren as cuestións fundamentais que mellorarían a situación dos seus países é tamén moi egoísta posto que antepoñen os seus intereses.
Comentario de Iria Lores (16-03-2016 11:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0