O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A lingua dos imperios
Todos sabemos que o idioma forma parte da cultura dun pobo. O coñecemento de máis dunha lingua é, no mundo actual, unha necesidade pola habilididade da que nos dota ao poder viaxar ao extranxeiro e ter a capacidade de defendernos grazas ó coñecemento do idioma. Porque coma todos sabemos, simplemente coñecendo a lingua dominante actualmente, a cal é o inglés, a lingua dos países mais fortes hoxe en día, podemos defendernos en calquera lugar do mundo prácticamente.

Ahora ben, ao longo da historia ésta importancia polo idioma estibo sempre latente dunha maneira ou doutra, xa que o idioma relacionanos coa xente da nosa terra, e define perfectamente noso lugar de procedencia.

Na antigüedade tiña gran importancia para os conquistadores impoñer o idioma propio do seu imperio como elemento conquistador e unificador. Xa que posuir unha lingua culta, imposta polos grandes emperadores fai mas fácil o sometemento dos pobos e a persuasuión da xente de a pé. Por exemplo, os romanos dabanlle ésta importancia ao latín, a súa lingua característica, e perfeccionaban con ela as técnicas do discurso, para asegurar o seu poder dominante sobre os pobos dominados, para manexar as masas de xente e levalas ata o éxtase.

Poderíamos engadir como dato importante que ainda que o obxectivo era que toda a poboación dentro do imperio utilizase a mesma lingua, a verdade e que diferenciabase bastante o que falaban os emperadores e a xente de altos cargos do que falaban os cidadáns de a pé. Isto, tamen axudaba a persuadir aos habitantes dos pobos xa que veian como unha lingua moito mais culta a utilizada polos seus dominadores. Ésta diferencia tamén poderiamos observala na actualidade, utilizamos distintos niveis da lingua segundo o contexto no que nos encontremos.

En definitiva, podemos considerar o idioma como un gran instrumento de dominación, coma unha verdadeira fonte de poder. Grandes exemplos ao longo da historia foron: na antiga Grecia impoñíase o grego, o idioma da polis ateniense.
No imperio romano seus distintos emperadores expandían seu idioma, o latín, por canto territorio que conquistaban.

No antigo Exipto isto ocurriu tamén co árabe; e finalmente, no imperio español, aquel onde nunca poñíase o sol, na conquista de gran parte de América impósose o castelán.

Volvendo aos nosos días, constatamos unha gran variedade de idiomas ao longo de toda a xeografía do planeta. Atopámonos cun número moito maior de idiomas que de estados actualmente, isto significa que en cada país fálase máis dunha lingua propia, cos seus rasgos e súas características, e por suposto, sigue sendo un forte instrumento de caracterización. Por exemplo, en España sen ir mais lonxe, encontrámonos con diversos territorios con idioma de seu como son Galicia co galego, Cataluña co catalán e o País vasco co euskera.


(Artigo de Roberto Alonso)


Escribe o teu comentario (4) - Categoría: Actualidade - Publicado o 11-05-2015 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 A nosa lingua é o que nos identifica e como o noso carnet de identidade. Cun simpleme Hola xa pódese saber de onde eres.
A lingua é algo moi importante aínda que a xente non o tome como algo relevante, nos sen unha lingua propia non poderi#blgtk08#amos expresar. Pero non só é a lingua mediante o uso da voz tamén é a linguaxe das máns, os sons.
A lingua forma parte da nosa cultura, é algo propio de cada rexión e por iso non estaría ben suprimir unha lingua forma parte de nós mesmos.
Comentario de Uxía Soliño (11-05-2015 10:53)
2 Paréceme un texto moi interesante, xa que apota moita información acerca das linguas a nivel mundial desde o punto histórico.
A importancia dos sucesos históricos que ocorreron, como ben di o texto, co latín ou o grego, repecurtiron enormemente nos nosos días, aínda que aparentemente non o percibamos.
Dende tempos inmemoriables existiron grandes ling#blgtk08#uas, pertencentes aos países belixerantes, e unha serie de lignuas que son ionfravaloradas: son as chamadas linguas minorizadas, que a pesar de contar con organismos que regulan o seu uso, están en risco de desaparecer.
O galego é unha delas, e non podemos deixar que as grandes linguas a substitúan xa que é a nosa lingua e forma parte da nosa identidade. S
Comentario de Xeila Iglesias (11-05-2015 10:59)
3 Os procesos de imposición de linguas que ocorreron ao longo da historia supuxeron unha perda de identidade para certas civilizacións,#blgtk08# o que produciu unha universalización cultural e unha menor diversidade.

Un país rico é un país con cultura.
Comentario de Marina Gómez (11-05-2015 11:14)
4 Unha lingua sempre ten que unir as persoas a través da súa comunicación. Representa unha cultura e unha historia, e, na miña opinión, unha ling#blgtk08#ua non debería impoñer ningunha orde nin lei se non que axude a reflexar a súa historia e cultura mediante a comunicación de todas as persoas.
Comentario de Goran Alonso Abreu (13-05-2015 10:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0