Noso actual sistema educativo establece que
poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia as persoas que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
Ter superada a proba de acceso á universidade
(PAU), para aqueles que se atopen en posesión do título de bacharelato ou equivalente; ou segundo normativas anteriores, os que estén en posesión de calquera dos títulos e certificados que se indican a continuación: título de bacharelato/ Certificado superado acreditativo de ter o curso de orientación universitaria / Certificado acreditativo de ter superado o curso preuniversitario/ Calquer outro título que o Ministerio de Educación declare equivalente ao título de bacharelato.
As
notas de corte varían segundo o número de prazas e as solicitudes, sendo distintas dependendo do grao, a universidade e o ano. Por este motivo, é imposible saber cal serán as notas de corte para o curso 2015-16, aínda que é posible realizar unha estimación mirando as notas de corte de anos anteriores. Por iso, reunimos algúns datos que che poden interesar: para o presente curso, a nota de corte máis alta rexistrouse no dobre grao en
Matemáticas-Física da Universidade Complutense de Madrid (UCM) con 13,04 puntos. A carreira máis solicitada en España en conxunto foi
Medicina, que, que adoita rexistrar notas de cortes altas en todo o país. A nota de corte máis alta de Medicina rexistrouse na Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) e a máis baixa na Universidade Lleida (UdL).
Na actualidade a
Selectividade divídese en dúas fases:
.Fase Xeral: Obrigatoria para todos os alumnos. Componse de 4 exames.
.Fase Específica: Opcional. Componse dun máximo de 4 exames.
O primeiro exame consiste nun comentario dun texto, relacionado con contidos da materia de Lingua Castelá e Literatura. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha.
O segundo exame é Historia da Filosofía ou Historia de España, á elección do alumno, (nalgunhas comunidades autónomas existen outras alternativos como Ciencias para o Mundo Contemporáneo e Filosofía e Cidadanía ).
O terceiro exame é de Lingua Estranxeira, xeralmente Inglés, que ten como obxectivo avaliar a comprensión e expresión oral e escrita. Se o prefire, o alumno tamén ten a opción de escoller outros idiomas como francés, alemán, italiano, etc.
O cuarto exame corresponde a unha materia de modalidade de segundo de bacharelato elixida polo alumno.
Unha das decisións máis importantes que has de tomar cando se trata da Selectividade consiste en
seleccionar as materias ás que te vas presentar durante as probas de acceso á universidade. Así mesmo, recomendámosche que empeces por formularche algunhas destas preguntas:

Interésame a materia?
Encaixa coas miñas ambicións futuras?
Teño posibilidades de obter unha nota alta na materia?
Se a túa resposta a estas 3 preguntas é positiva, saberás que estás a tomar a decisión axeitada.
Horarios das probas de acceso a universade
Así,
o día 10 de xuño os alumnos examinaranse de 09.30 a 11.00 horas de Castelán e de 11.45 a 13.15 de Historia da Filosofía/Historia de España.
Pola tarde, terán lugar as probas de Lingua Galega e Literatura de 16:00 a 17:30. Finalmente, de 18:15 a 19:45 Lingua Estranxeira.
O 11 de xuño os alumnos examinaranse de 9:00 a 10:30 Matemáticas II/Grego II/Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica. De 11:15 a 12:45 Ciencias da Terra e Ambientais/Literatura Universal/Deseño. De 13:30 a 15:00 Química/Latín/Debuxo Artístico. Pola tarde, 16:30 a 18:00 Bioloxía/Historia da Arte. De 18:45 a 20:15 Electrotécnia/Matemáticas Aplicadas as Ciencias Sociais/Artes Escénicas.
O día 12 de xuño os alumnos examinaranse de 9:00 a 10:30 Física/Xeografía/Análise Musical. De 11:15 a 12:45 Tecnoloxía Industrial/Economía da Empresa. De 13:30 a 15:00 Debuxo Técnico/Historia da Música e da Danza.
(Artigo de Saleta Vidal)