O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

PARTICIPA nas eleccións ao CONSELLO ESCOLAR !
A convivencia forma parte do noso mundo social básico. No instituto a convivencia constrúese a través das relacións interpersoais que se dan entre todos os membros da comunidade educativa (profesores, alumnos, nais, pais e persoal da administración e servizos). A participación activa de todos os membros desta comunidade é imprescindible para crear un clima agradable e unha aprendizaxe eficaz.

As canles de representación e participación no centro escolar son:

- Os delegados/as de curso
Todo o alumnado que forma parte da comunidade educativa está chamado á participación na xestión e organización do centro, pero non poden participar de forma directa nas decisións, por iso se elixen representantes que acheguen e transmitan as súas opinións e suxestións: son os delegados ou delegadas do curso.

- O Consello Escolar
Este é un órgano de participación no funcionamento do centro, nel está representada toda a comunidade educativa. Os seus membros deben levar a cabo o proxecto educativo. Coñeces as súas funcións?.

Ao votar a un delegado/a ou un membro do Consello Escolar estás exercendo un dereito democrático como fan os adultos cando hai eleccións xerais, municipais ou autonómicas. É importante, pois, realizar a elección reflexionando previamente con seriedade e rigor. Recorda, pois, o vindeiro 24 de novembro poderás elexir aos teus representantes ao Consello Escolar do centro.


Que calidades debe ter un bo representante do alumnado?

Poderías ser ti unha boa candidata/o?

Que calidades tes?


(Artigo de O Clube das ideas)


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 17-11-2014 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Un bo candidato á representación dos alumnos debe ser unha persoa cun sentido amplo da responsabilidade, así como conciencia cívica e preocupación polos problemas que poidan existir cara o alumnado, tendo a forza de vontade de dar o seu tempo#blgtk08# polo colectivo para tentar solventar os problemas que poidan afectar a todos os estudantes. Para preparar as festas non serían necesarios representantes estudantís, estes deben basear as súas prioridades no benestar dentro de centro escolar.
Comentario de Francisco Javier Suárez Avión (18-11-2014 11:54)
2 UN bo candidato á representación do alumnado debe ter como características principais: ser responsable o#blgtk08#rganizado, bo falante e comunicativo cos demáis.
Non, eu non estou preparado para a candidatura.
Comentario de Joaquin (18-11-2014 11:57)
3 Un candidato para este tipo de asuntos ha de ser unha persoa con ganas de facelo principalmente, e sabendo que ten unha gran responsabilidade por diante, xa que as súas decisións influirán no día a día de todo o alumnado do centr , e isto pode ter grandes repercusións tanto#blgtk08# para ben como para mal.
Polo tanto deberá tomarse moi en serio este traballo e pensar principalmente no mellor para un colectivo e non so para un grupo reducido de personas, xa que este centro ten persoas de distintas idades e cada unha ten diferentes necesidades.
Comentario de Alba Covelo (18-11-2014 12:02)
4 Un bo representante do alumnado debería caracterizarse como unha persona que participase dunha forma seria e responsable no seu cargo, que procure na busca do mellor para os alumnos e para o centro, que tivese unha boa ca#blgtk08#pacidade de decisión, que sempre desempeñase unha participación activa e eficaz e cunha gran capacidade para a comunicación, creando un clima agradable entre o alumnado para favorecer as decisións que se chegaran a tomar.
Comentario de Roberto Alonso. (18-11-2014 12:05)
5 Unha persoa que quere ser candidata debera cumprir requisitos como ser unha pesoa con facilidade de habla, social, que non mire só por si mesmo senón polo beneficio dos demais. Debe ser unha persoa seria, que se tome a súa responsa#blgtk08#bilidade con seriedade e non como un xogo xa que se o fai mal pode repercutir nos alumnos. Sinceramente non me vexo moi preparado de ocupar ese posto, pero intúo que hai moita xente no instituto con capacidade de sobra de exercelo.
Comentario de Rodrigo (20-11-2014 13:07)
6 basándome en lo que dice este artículo estoy de acuerdo con lo que se esta diciendo ya que la participación no sólo en la escuela sino también e#blgtk08#n cosas que tenga que ver con la sociedad...mediante las votaciones, es una forma de hacernos presente tanto en la sociedad como en la escuela.
Comentario de Mayca (20-11-2014 13:10)
7 Un bó candidato que reprensente o alumnado debe ser unha persoa íntegra, responsable e honesta, terá que cumplir cos seus obxectivos e realizar a mellor xestión e organización posible, tendo#blgtk08# en conta a opinión dos alumnos e do entorno que lle rodea.
Ademais disto para min un candidato debe ser elixido pola súa vida moral e non polas promesas que propoña en teria cumplir.
Comentario de Saleta Vidal (20-11-2014 13:11)
8 O candidato para o consello escolar debe ser alguén moi responsable, e que teña poder de palabra en nome de todos os #blgtk08#alumnos do centro, para crear así unha vinculación positiva entre ás propostas do alumnado e ás decisióbns do centro.
Comentario de Juan Pampillón Pedrosa (20-11-2014 13:11)
9 Os estudantes estiveron durante moito tempo reclamando o seu dereito de poder votar no consello escolar e de ter alguén que lles represente, pero hoxe en dia moitos non toman en serio as votacións cometendo así un grave erro xa que ese alumno poderá conseguir qu#blgtk08#e nos escoiten. Este candidato terá unha serie de obrigass como acudir algunhas tardes ao instituto. É importante que o candidato sepa escoitarnos para máis tarde expoñer as nosas ideas, pero o fundamental é ter ganas porque iso motivará a sua responsabilidade.
Comentario de Águeda Fernández (20-11-2014 13:19)
10 Parabéns os alumnos elexidos para formar parte do Consello escolar do noso centro:

Laura Alonso Soto

Yvonne#blgtk08# Bouzas Casas

Xoán Xosé López Fernández

Sandra Noya Vázquez

ÁNIMO na vosa lexislatura!!
Comentario de O clube das ideas (09-12-2014 21:14)
11 Estou totalmente de acordo co consello de alumnos, xa que é un medio para comunicar as nosas opinións e dereitos. Por iso, o representante deste #blgtk08#órgano ten que ser consciente da gran responsabilidade que sobre el recae e actuar con madurez, xa que todo o alumnado sufrirá as consecuencias.
Comentario de Xeila Iglesias (18-12-2014 13:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0