O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Antígona e a obediencia á lei
Ás traxedias gregas constituen un importante espazo de reflexión sobre os conflitos éticos. Estas obras recollen situacións nas que hai que escoller entre alternativas irreconciliables. Os escritores, como Sófocles neste caso, pretendían chamar a atención do cidadán grego respecto da complexidade destes conflictos e contribuir así á formación do bo xuizo e da prudencia (phronesis) entre os membros da polis.

Sófocles foi un escritor ateniense, viviu ao redor do ano 450 a.C. Nas súas obras encontramos unha gran dose de realismo, para describir a vida humana, alternando sufrimento con alegrías.

Unha das súas obras máis coñecidas é Antígona, una traxedia que comeza no amañecer do día seguinte no que dous irmáns enfrontados (Eteocles e Polinices) perderon a vida na loita polo trono de Tebas. Hai un novo gobernante, Creonte, o cal prohibe enterrar a Polinices "o irmán traidor" e decide render homenaxe a Eteocles como heroe defensor da cidade. Antígona pide a súa irmá Ismene que a axude a enterrar a Polinices, contravindo o mandato de Creonte.
Máis tarde os gardas traen detida a Antígona. Creonte preguntoulle se era ela quen cubrira o corpo de Polinices e ela afirmou, pero que ninguén a axudara. Creonte non a creu e pensou que Ismene tiña algo que ver neste asunto . Tras mandar ambas as dúas a unha cela, aparece Hemón, fillo de Creonte e prometido de Antígona.


CREONTE -e, a pesar diso, atrevícheste a transgredir estes decretos?

ANTÍGONA - Non foi Zeus o que os mandou publicar, nin a Xustiza que vive cos deuses de abaixo a que fixou tales leis para os homes. Non pensaba que as túas proclamas tivesen tanto poder como para que un mortal puidese transgredir as leis non escritas e inquebrantables dos deuses. Estas non son de hoxe, nin de onte, senón de sempre, e ninguén sabe de onde xurdiron"

O gobernante decide deixar en liberdade a Ismere mentres que deixa a Antígona abandonada nunha cova cun pouco de comida para que morra alí e que así "a súa morte non salpicase á cidade". A chegada do ancián Tiresias anunciando negros presaxios fai que Creonte se arrepinta e intente evitar que se cumpra a condena de Antígona, pero cando chegou onde se encontraba esta, viu como estaba aforcada e como agarrado á súa cintura estaba o seu fillo Hemón, que cargara a súa espada contra el, lla cravara no peito, e en consecuencia morrera. Volvendo ao seu pazo, co seu fillo nos brazos, encontra que a súa esposa, Eurídice, non pode soportar a morte de Hemón e tamén ela decidiu quitarse a vida.
Este é o papel que lle queda a Creonte. Por castigar a súa sobriña, pois esta dera sepultura a Polinices, despois de que este morrese en combate. Tiveron que morrer moitas persoas para que ao final da obra e sen remedio, Creonte se decatase do seu grande erro, de que unha persoa, por moito poder político que teña, sempre está por debaixo dos deuses e das leis "escritas" por eles. Ao final, a moderación e a conciliación quedan como un ensino duramente aprendido.

Os personaxes máis importantes nesta obra son:
Antígona: filla de Edipo e irmá de Eteocles, Polinices e Ismene, dende o principio ten moi claro o que ten que facer e o que debe facer. É consciente do perigo que corre pero ela antepón a necesidade de non fallar aos seus antepasados a súa propia vida.

Creonte: é o Rei de Tebas, pai de Hemón e tío de Antígona, Ismere,Polinices e Eteocles.

Hemón:é o fillo de Creonte e o prometido de Antígona. Ao principio da súa aparición móstrase moi obediente co seu pai e coa decisión tomada por este, pero intenta convencelo de que se está a equivocar, e de que todo o pobo está en contra sua. Ao final da obra, marcha onde está encerrada a súa amada e coa súa espada quita a vida, agarrándose, co seu último alento de vida a Antígona.

Tiresias: é un ancián invidente e adiviño que avisa a Creonte das desgrazas que pode sufrir polas súas decisións prepotentes e dogmáticas.

Sófocles formula a través da protagonista da obra un dilema moral: Antígona encóntrase nunha situación na que ten que decidir se obedecer a súa conciencia e a lei divina que representan o dereito do ser humano de ser enterrado despois da morte para que o alma descanse en paz ou obedecer a lei dá polis que é o deber de cumprir os mandatos impostos polo rei, neste caso o rei Creonte, o cal impide enterrar a Polinices, impedindo así a lei da familia e o dereitos dos mortos. Ambas leis son opostas e non poden conciliarse. Antígona decide escoitar a súa conciencia e asume as consecuencias da desobediencia, non quere quedar co seu cargo de conciencia e que o seu irmán non descanse en paz e é por iso que prefire arriscar a súa vida.


O que quere dicir Sófocles nesta obra e que é necesario actuar conforme aos mandatos dous deuses, xa que os individuos que se rebelan ao destino, créndose autosuficientes, son castigados. Podemos observar a firme crenza dous gregos non destino, xa que Antígona antepón o dereito de Polinices a ser enterrado para descansar na eternidade, á lei imposta por Creonte.

(Artigo de Águeda Fernández Veiga)


Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Dereito - Publicado o 03-02-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 Este tipo de dilemas morais están máis presentes do que pensamos na nosa vida cotiá. Cando se produce un caso de aborto tanto o médico que decide realizar a operación, como nalgúns casos as nais, vense na obriga de escoller nestas crúas o#blgtk08#pción, ou tamén un policia á hora de realizar un desaloxo ou nas disolucións de manifestacións. Dende o meu punto de vista débese seguir o criterio de Atígona, facendo máis caso ao noso criterio moral que ás leis ou obrigacións impostas.
Comentario de Francisco Suárez Avión (11-02-2015 10:57)
2 Antígona é un enfrontamento de gran dramatismo constante entre dous personaxes: Antígona e Creonte. Unha é defensora da lei natural, amante do seu irmán ao que debe dar honras fúnebres; o outro é defensor das leis da cidade que, desobedecidas, debe supoñer o castigo ao que as desobedeceu. Antígona sofre un gran conflito consigo mesma, pois é consciente do que lle carrexará desobedecer as leis dos homes, non obstante, a lei natural e o amor fraternal, será máis forte, sendo Antígo#blgtk08#na un personaxe verdadeiramente nobre e dramático. Cando Antígona se aforca e con ela o fillo de Creonte, Hemón, Creonte arrepíntese de ter sido tan inflexible e comprende a diferenza entre unhas leis e outras, mostrando os seus sentimentos.
Este relato contén unha moralexa que podemos aplicar á actualidade, na hora de tomar as nosas propias decisións aao marxe do que pensen os demais se sabemos que son xustas e correctas, sendo valentes, como foi Antígona nesta historia.
Comentario de Xeila Iglesias Rodríguez (11-02-2015 11:01)
3 Neste traballo , se nos está a presentar diferentes facetas; as obligacións morais, os sentimentos persoais ,e as leyes e obrigacións do estado.
É un bo tema no que explicar as situacións cotidians que pode vivir calquera ser humano , #blgtk08#nas que debe elexir entre o ben e o mal , pero realmente sen saber cal e o ben , e cal o mal, xa que cada un se rixe pola súa opinión e sentimentos .
É unha dificil cuestión moral que pode chegar a marcar a vida de calquera individuo.
Comentario de Alba Covelo Costa (11-02-2015 11:02)
4 Nesta época un conflicto moral de éste tipo debería de lebvar consigo unha boa quebradeira de cabeza. A lei divina e a lei suprema do gobrenante enfrontanse e a protagonista Antígona, elixe po#blgtk08#r escoller o camino mais apropiado e cumplir a leis dos deuses. Hoxe en día, podense dar conflictos morais deste tipo, pero obviamente xa non teñen que ver con leis propostas polos deuses xa
Comentario de (11-02-2015 11:11)
5 Nesta época un conflicto moral de éste tipo debería de lebvar consigo unha boa quebradeira de cabeza. A lei divina e a lei suprema do gobrenante enfrontanse e a protagonista Antígona, elixe po#blgtk08#r escoller o camino mais apropiado e cumplir a leis dos deuses. Hoxe en día, podense dar conflictos morais deste tipo, pero obviamente xa non teñen que ver con leis propostas polos deuses xa
Comentario de (11-02-2015 11:11)
6 EN ESTA OBRA EL GRIEGO SÓFOCLES HACE VER LAS CONSECUENCIAS QUE TIENEN LA DESOBEDIENCIA A LOS DIOSES. UTILIZA ANTÍGONA PARA HACERLE VER A REY CREONTE QUE LA DECISIÓN QUE HABÍA TOMADO NO ERA CORRECTA.POR LO QUE ESTOY DE ACUERDO CON LA REFLEXIÓN#blgtk08# QUE NOS ESTÁ TRANSMITIENDO SÓFOCLES CASTIGANDO ASÍ AL REY MEDIANTE LA MUERTE DE SU HIJO Y SU MUJER. LLEVANDO ESO A LA ACTUALIDAD HACE REFERENCIA DE LAS CONSECUENCIAS QUE PUEDE LLEGAR A TENER INCUMPLIR LAS NORMAS LEGISLADAS POR EL GOBIERNO.
Comentario de m (11-02-2015 11:20)
7 Este artigo ainda que sexa algo difícil de visualizar reflexa moitas situacións que ocorren hoxe en día. Grazas a esta obra as persoas poden tomar conciencia a hora de actuar en certos casos, cando dubidamos se facer o que nós realmente queremos, tendo c#blgtk08#laro que é a opción máis axeitada e segura, ou ben seguir as leis decretadas. En numerosas ocasións a xente non se atreve a afrontar os problemas por medo o que poida pasar se saltan a leis, isto non debería ser asi, cada un é libre de facer o que quere.
Comentario de Saleta Vidal (11-02-2015 11:20)
8 Para min, este artigo é mais ben un artigo de informacion que de critica,é moi interesante a historia, a que vemos mais a menudo #blgtk08#do que parece. Pero aínda así e dificil de discutila. Por iso, quédome coa conlusion e reflexión da historia sen nada que aludir.
Comentario de Sebastian Reyes (17-02-2015 19:33)
9 O conflito moral ao que se enfronta Antígona resulta estar moi presente hoxe en día nas nosas vidas. Decidir entre o que "está ben" e o que "está mal", algo moi subxectivo, é un dilema ao que nos enfrontamos a diario, e #blgtk08#que solucionamos guiándonos primeiramente polo que pensamos nós, e seguidamente polas normas éticas e morais que nos marca a sociedade. Paréceme un artigo cun subfondo interesante do cal pódense sacar moitas conclusións.
Comentario de Marina Gómez Marchante (19-02-2015 12:53)
10 Neste comentario nos presenta tanto obrigacións morais, como as diferentes leis do Estado. É un tema moi presente nas situacións humanas actuais, #blgtk08#o principial tema deste artículo é a distinción entre o ben e o mal. É unha decisión que tes que tomar porque pode cambiar a túa vida moralmente.
Comentario de Juan Pampillón (19-02-2015 12:57)
11 EL GRIEGO SÓFOCLES HACE VER QUE CONSECUENCIAS CONLLEVA DESOBEDECER A LOS DIOSES UTILIZA ANTÍGONA PARA HACER VER AL REY CREONTE QUE LA DECISIÓN QUE HABÍA TOMADO NO ERA CORRECTA.POR TANTO, ESTOY DE ACUERDO CON LA REFLEXIÓN QUE NOS ESTA TATRATANDO DE T#blgtk08#RANSMITIR YA QUE SON SITUACIONES QUE OCURREN EN LA ACTUALIDAD. PODRÍA HACE REFERENCIA A LAS CONSECUENCIAS QUE CONLLEVAN INCUMPLIR LAS NORMAS LEGISLADAS POR EL GOBIERNO DANDO LUGAR SANCIONES POR PARTE DEL INDIVIDUO QUE INCUMPLA LAS NORMAR LEGISLADAS.
Comentario de Mayca Ndiba Nzang (19-02-2015 13:05)
12 Relido xa o artigo en cuestión preséntaseme unha serie de cuestions máis profundas do que en principio se mostran. O problema moral co que loita Antígona dase máis nas nosas vidas do que pensamos. Antígona encóntrase nunha situación na que ten que decidir se obedecer a súa conciencia, o dereito do ser humano de ser enterrado despois da morte para que o alma descanse en paz ou obedecer a lei dá polis que é o deber de cumprir os mandatos impostos polo rei. Expón a súa vida para que o corpo do seu #blgtk08#irmán non sexa mancillado por ninguén, arriscándose a ser detida e metida presa con tal de non ter mala concienca posteriormente por non terlle dado un bo final a Polinices. Cada un de nós nos enforntamos a estes dilemas do que hai que facer co que temos que facer, es sempre hai razóns a favor e en contra de estes problemas, por iso, na miña opinión, debemos hacer aquilo con que a nosa conciencia se vexa aliviada (de unha maneira coerente) sen cargos posteriores, incluso se a lei non o permite.
Comentario de Sebastián Reyes (x2) (19-02-2015 13:08)
13 Estamos en una etapa de la historia donde nace la filosofía, y con ello la historia del pensamiento humano. La moral nace con ello, es decir, diferenciar entre lo que está bien e y lo que no. En esta#blgtk08# obra de Sófocles destaca la valentía de Antígona. Y en la actualidad iría relacionado al hecho tomar decisiones sin importar lo que otros piensen de nosotros cuando sabemos que hacemos lo correcto.
Comentario de (19-02-2015 13:11)
14 Estamos en una etapa de la historia donde nace la filosofía, y con ello la historia del pensamiento humano. La moral nace con ello, es decir, diferenciar entre lo que está bien e y lo que no. En esta#blgtk08# obra de Sófocles destaca la valentía de Antígona. Y en la actualidad iría relacionado al hecho tomar decisiones sin importar lo que otros piensen de nosotros cuando sabemos que hacemos lo correcto.
Comentario de Rodrigo Ferraz (19-02-2015 13:11)
15 Este artigo conta unha historia que enfronta de unha boa maneria a lei natural e as leis da cidadee intenta moralizarnos con estas diferentes leis que nos mostran. Como xa sabemos, este tema está#blgtk08# presente na nosa vida cotiá e que pode supor una gran cambio na vida da persoa afectada. Este artigo incita a ter un enfrontamento psicolóxico contigo mesmo e debes decidir entre o bó e o malo.
Comentario de Jorge Castiñeiras Martínez (19-02-2015 13:20)
16 Este artigo presenta unha das obras cumbres do mundo clásico que servirá de modelo en décadas posteriores. As obras clásicas hoxe en día axúdanos a entender moitos conflictos morais.
Antígona é a clara representación das nosas disputas d#blgtk08#iarias a hora de tomar ás decisións, deixándonos levar polo noso subconsciente e ás veces incluso quebrando as leis impostas á sociedade.
E déixanos unha visión do destino ó final do artigo, do cal poderíanse substraer numerosos debates.
Comentario de Uxía Soliño Alonso (23-02-2015 20:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons