O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O futbol e a política.
O fútbol e a política poden ser perfectos apostos: mentres que a política é un mecanismo para conciliar conflitos verdadeiros, o fútbol básease precisamente en crear conflitos falsos e mantelos á perpetuidade. Por iso a política importa e debe tomarse en serio, mentres que o fútbol é intrascendente non debe tomarse tan en serio.

Non hai ningún motivo para unir o deporte á política, e sen embargo, o certo é que a nosa ideoloxía política fai que sintamos simpatia por un equipo e non por outro. O vínculo ten pouco de determinista e moito de circustancial, pero existe. Dime a quen votas, e direite a que equipo animas.

O equipo e o partido político, o xogador e o líder, en moitos casos, fusiónanse, como ocorre cos cánticos e consignas que se escoitan nas gradas dun estadio ou nas rúas da confrontación política. Agora farei incapie nas principales aficións dos equipos españois y que ideoloxía teñen cada un deles:



Aficións ultras de extrema dereita:


Ultra Sur
pertencentes ao Real Madrid, fundado en 1980, é un dos grupos máis violentos de España. De ideoloxía fascista, sempre portan bandeiras falanxistas e esvásticas.

Frente Atlético
pertencentes ao Atlético de Madrid, é un dos grupos ultra máis numeroso e violento. Protagonizaron varios incidentes, o máis lamentable e tráxico produciuse en 1998, cando asesinaron ao seguidor da Real Sociedad, Aitor Zabaleta, nos aledaños do Vicente Calderón.

Aficións vinculadas aos nacionalismos periféricos:


Boixos Nois pertencentes ao Barcelona, ao largo da súa historia provocaron moitos incidentes, pelexas e agresións a aficionados de outros equipos. Manifestan un nacionalismo catalán.

Herri Norte pertencentes ao Atlhletic de Bilbao, estaba formado nun principio por aficionados, pero os radicais expulsaron os “españolitos”.

Aficións ultras de extrema esquerda:


Bukaneros pertencentes ao Raio Vallecano, o único grupo de ultra esquerda de Madrid. Súa ideoloxía é antifascista, comunista, anarquista e republicana. Están enfrentados a Ultra sur e Frente Atlético, tampouco manteñen boa relación co club.

Biris Norte pertencentes ao Sevilla, é o máis antigo de España, fundouse en 1975. Súa ideoloxía é antirracista e de ultra esquerdas, e soen simpatizar coa causa anticapitalista.



(Artigo de Juan Pampillón Pedrosa)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Opinión - Publicado o 10-12-2014 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Páreceme que debería ter falado dalgunhas aficións máis.
Partindo da idea aquí planteada de que o fútbol nonn se pode mesturar coa política porque pode crear conflitos estou de acordo porque temos como exemplo o últim#blgtk08#o enfrontamento entre Frente Atlético e Riazor Blues que se saldou cunha vítima mortal. Pero tamén é certo que se todas estas peñas denominadas ultras desaparecesen o fútbol perdería a súa fración de afición máis importante.
Comentario de Francisco Javier Suárez Avión (10-12-2014 11:21)
2 Na miña opinión estou de acordo con que a política e o deporte non están unidos,pero non comparto a mesma idea en que según do equipo que sexas tes unha#blgtk08# ideoloxía ou outra, porque alguen por ser do Madrid non ten que ser de extrema dereita igual que alguen do Sevilla non ten que ser de extrema esquerda.
Comentario de Xoán López Rodríguez (11-12-2014 20:38)
3 Este artigo tennos que facer reflexionar sobre o que estamos a tolerar.

Está ben pensado e desenvolto pero, non estou de acordo de que porque sexas dun equipo tes que ter unha ideoloxía ou outra. O fútbol é para disfrutalo e pasalo ben con el,non para reivindicar o que un grupo minoritario de xente desexa. Ata agora non se foi o suficientemente contudente cós ultras, xa que ata algúns clubs apoiaban os seus actos, pero a raíz do último altercado sucedido en Madrid na pelexa entre os Riazor Blues(do Deportivo) e o Frente Atlético(do Atlético) xunto con algunhas persoas doutros grupos ultras de varios clubs que apoiaban a uns e outros, as autoridades decidiron erradicar a toda a xente que sexa violenta no deporte, en particular no fút#blgtk08#bol.

Penso que toda medida contra estes actos é boa, pero tamén é verdade que non todos os ultras son violentos. Se cadra, dun colectivo de 1.000 persoas, 100 delas son violentas e cren que o fútbol é algo para poder mostrar o que pensan. Si, hai que intentar que estes grupos estén illados do mundo do fútbol, pero non todos eles son iguais. O que hai que facer e botar a eses 100 violentos e non a todo o colectivo dos estadios, coas cámaras de vixilancia e man dura para os violentos poderíase solucionar este tipo de problemas, ademais de conseguir que as xeracións futuras non sigan o mesmo camiño que este tipo de xente.

Paréceme un bo tema para debatir e desenvolver xa que é interesante e é algo co que estamos a vivir.
Comentario de Diego Rodríguez Covelo ( 1º Bach B) (14-12-2014 18:23)
4 Estou de acordo con que a política e o deporte non deberían estar unidos, sempre que algo está unido á política acaba dunha maneira desastrosa, pero desgraciadamente no mundo do fútbol é así, pero non sempre ten que ser a ideoloxía.
Pode ver aficionados de dereitas, de extrema dereita, de esquerda ou de extrema esquerda, que sean todos do mesmo equipo, pero normalmente a ideoloxía básase nas zonas más radicais do fútbol. Que tipo de persona adulta qued#blgtk08#a para pegarse con outros homes? É unha cosa que non me entra na cabeza. Igual non podo falar moito do tema, mais eu non son una aficionada de este deporte, pero creo que a os aficionados máis radicais, os chamados ultras non deberían deixalos entrar no estadio, e como dixo un rapaz aquí no outro comentario, xa sei que perderían unha fración moi importante, pero creo que a seguridade da xente, dos outros aficionados, e do fútbol en si é moito máis importante.
Comentario de Sara Muñiz Noya 1ºBach B (14-12-2014 20:02)
5 Me parece vergonzoso la mezcla del deporte con la politica, tendria que estar castigado duramen#blgtk08#te la violencia entre diferentes grupos politicos enmascarados por los escudos de los clubes.
Comentario de Manuel Cid 1B (15-12-2014 10:22)
6 Debemos erradicar completamente las ideologias extremas del deporte para asi poder asistir todo tipo de gente al #blgtk08#campo sin temor ni miedo a ser agredido. El deporte y los campos debian de ser lugares de ocio, no de conflictos
Comentario de Manuel Cid (15-12-2014 10:25)
7 Ó fútbol non é política, ni guerra... O fútbol é deporte, é afeción, é vid#blgtk08#a, é un sentimento, é grito, é llanto, é emoción... O fútbol... é fútbol!
Comentario de Goran Alonso 2º Bach C (17-12-2014 10:36)
8 Hoxe en día é verdade que a política sempre vai acompañada do equipo de fútbol ao que se segue e en moitas ocasións levan a conflictos moi violentos. Desde o m#blgtk08#eu punto de vista, non se debería outorgar tanta importancia a este deporte, xa que é como outro calquera e non hai ninguna razón pola cal ligalo coa política.
Comentario de Saleta Vidal (17-12-2014 11:12)
9 Nestes tempos a política acompaña tanto ao fútbol porque é o deporte de modo, se fose outro iría acompañando a ese pois as ideoloxías políticas sempre intentan difundirse polos deportes de maior espectación,que neste caso é o futbol. Penso #blgtk08#que as ideoloxías políticas non deberían mezclarse cun deporte tan admirado neste país e con tantos seguidores que ás veces non son os culpables das revoltas nos partidos senón da política que sempre intenta interceder no mundo do fútbol.
Comentario de Uxía Soliño Alonso (17-12-2014 11:18)
10 O fútbol sempre foi acompanñado de ideoloxías políticas, crearonse este tipo de ultras en Inglaterra, os chamados hooligans, de onde toman a estetica os radicais europeos. Partindo diso, creo que as aficións son o xogador número#blgtk08# 12 do equipo e que sen eles o futbol seria mais aburrido e o equipo tendría menos motivaión. Isto non quita que hai que eliminar todas as accións de mortes e palizas, como a de o aficionado de Riazor Blues nas semanas pasadas.
Comentario de Rodrigo Ferraz (18-12-2014 12:42)
11 Paréceme vergoñoso que aínda hoxe en día siga habendo pelexas entre a xente simplemente pola súa ideoloxía, pero máis aínda que se discrimine a alguén simplemente polo equipo de fútbol ao que pertenza. O fútbo#blgtk08#l debería ser disfrutado nun ambiente san, e non entre pelexas que ata poden levar á morte das persoas.
O mesmo pasa co partido político de cada un, a ideoloxía é persoal e todo o mundo debe respetala.
Comentario de Xeila Iglesias (18-12-2014 12:51)
12 Aínda que digamos que o fútbol e a política non deben relacionarse, resulta estúpido non face-lo , pois como ben sabemos a política está vixente en todos os aspectos da vida.

O verdadeiro punto de inflexión é cando estes grupos de afeccionados levan a política ao seu extremo, é dicir, o problema non é a ideoloxía, pois un home sen ideoloxía non máis que unha mera marioneta, senón a maneira de executala.
Os conflictos de pelexas e agresións entre distintas afeccións podese #blgtk08#remontar dende os inicios do fútbol, porque sen ir máis lonxe, a rivalidade Barça vs Madrid, é un dos antecedentes máis coñecidos en España e cuxa rivalidade ven dada en gran medida polas diferenzas ideolóxicas.

En conclusión, debense tomar medidadas para que non continúen sucedendo estes feitos, pero tampouco podemos esquecer que os políticos que rouban os cartos á sociedade tamén matan a familias enteiras de fama, polo que diferenza hai entre eses políticos e estes afeccionados?
Comentario de Agustín Soage (18-12-2014 12:53)
13 O fútbol e un deporte que na miña opinión está sobrevalorado na actualidade. Non é posible que alguén maltrate a outra persoa p#blgtk08#or razóns ideolóxicas e menos se son sobre un deporte. Sen afición non sería emocionante, pero non ata o extremo do bandalismo.
Comentario de Águeda Fernández (18-12-2014 12:54)
14 A gran afición que apreciase neste país por un deporte universal coma o fútbol e as grandes diferenzas de ideas políticas tamén existentes fan unha mestura entre estas dous, nas que chegase a identificar cada clube e a sua afición, como vese nos exemplos do texto, cunha #blgtk08#determinada ideoloxía política, na que, os grupos mais extremistas supoñen un gran perigo cando vense fronte a aficións de ideas opostas e poden desembocar en tráxicos finais. Pódese disfrutar perfectamente do fútbol e ser dun equipo concreto sen ter en conta a política.
Comentario de Roberto Alonso (18-12-2014 12:54)
15 Os ultras utilizan o fútbol para expandir os seus ideais políticos desinteresándose por completo deste deporte. Grupos radicais que manifestan o seu odio e o seu resentimento a través da violencia. Os ultras son os pioneiros nas rivalidades e incidentes graves entre os equipos, os que fomentan odio entre eses clubes de fútbol. O fútbol é da xente que o quere ver e disfrutar animando o seu equipo ata o final sen necesidade de chegar a est#blgtk08#os altercados violentos que se manifestan por mor destes radicais. Deberían vetar o permiso de acceso ós estadios de fútbol a estes grupos radicais, os ultras, de todos os estadios profesionais dos distintos clubes. Os campos de fútbol deberían encherse de xente que vai animar e que disfruta do fútbol e non a estos individuos que só buscan manifestar a súas ideas políticas de maneira violenta utilizando o fútbol. O fútbol non é política!
Comentario de Goran Alonso 2º Bach C (18-12-2014 12:57)
16 Dende o meu punto de vista o fútbol e a política van da man desde sempre. Cada equipo ten uns hinchas recoñecidos que mostran os seus ideais tanto dentro coma fora do campo. Estes son os ideais que relfexa o clube ao que perteñecen e aos que se lles relaciona. Os afecionados van ao terreno de xogo a animar ao seu equipo, pero tamen manifestándose, mostrando as suas ideas, por isto penso que o fútbol va máis ala dun partido.
Os grupos ultras ou hooligan#blgtk08#s mencionados neste comentario son os máis relevantes pero en España existe moitos máis que tamén teñen gran influencia no panorama futbolístico. En moitos casos os equipos están enfrontados por as diferencias dos seus ideales y as súas porturas políticas, isto leva a loitas nas rúas etc.
Moita xente opina o contrario e pensa que o fútbol e só fútbol, cando este vai máis alá incluso chegando a ser un sentimento e unha forma de vida para moitas persoas.
Comentario de Jorge Castiñeiras Martínez (18-12-2014 12:59)
17 Puta C#blgtk08#oruña
Comentario de (18-12-2014 13:02)
18 Considero que o problema non está na mezcla da política e fútbol, senón en levalo a tales extremos. Resulta curioso que tachen de radicais #blgtk08#a grupos de afecionados de esquerdas, mentras que os de dereitas practican unha clara apoloxía ao fascismo e non son 'castigados' por elo.
Comentario de Marina Gómez (18-12-2014 13:07)
19 Este artigo no só vai dirixido as persoas que practican ou son aficionados do futbol en concreto se non tamén, o que lle falta dicir no artigo, é que, tamen vai dirixo a calquera outro deporte no que se poida ver asociado a algunha ideoloxía polítca. Está claro que nin o futbol nin outro deporte pode ser asociado á política xa que o deporte está asociado a diversión ao exercicio, animación e actividades de ocio que non denigren a mentalidade ideolóxica de cada persoa. Tamén é verdade que aunque non se queira, moitos equipos, polos seus dirixentes#blgtk08# a a súa afición están definidos como uns equipos dunha ideoloxía ou outra. Realmente a culpa destes problemas son sempre os extremos, son os creadores de conflictos que desenvocan en pelexas entre aficións, estes aficionados conflictivos deben ser expulsados dos campos de futbol e retirar deste deporte todas aquelas persoas que queiran crear conflictos ideolíxicos.
O deporte e unha actividade sen violencia, donde debe predominar o "fair play" e un equipo debe demostrar este comportamento dende os xogadores e dirixentes ata a súa afeción.
Comentario de Sebastian Reyes (18-12-2014 13:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons