O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O desemprego tecnolóxico.
A Primeira Revolución Industrial iniciouse en Inglaterra entre os anos 1760 e 1860. O país dispoñía da materia prima precisa, dun réxime político distinto a toda Europa continental e dunha forte tradición mercantil. Caracterizouse pola mecanización da industria e da agricultura así como polo notable aumento do dominio capitalista en toda a actividade económica.

Debido a unha serie de innovacións técnicas que se deron durante a revolución industrial e á incorporación de máquinas na producción, substituíuse o traballo manual dos talleres artesanais con un escaso número de traballadores pola produción industrial en fábricas onde máquinas e obreiros eran explotados polo capital.

A burguesía era a clase social dominante e controlaba as fábricas onde o proletariado traballaba de 15 a 17 horas diarias por un soldo mísero.

Debido á incoporación nas fábricas de máquinas que podían facer o traballo de varias persoas á vez, o desempleo aumentó consideralemente. En novembro de 1811 naceu e adquiriu un importante recoñecemento o movemento obreiro coñecido como Ludismo como resposta violenta ao crecimiento do paro. As condicións laborais e os baixos salarios levaron aos obreiros a unha revolta espontánea. Ían contra os instrumentos de producción, xa que os consideraban os causantes do problema.

O sistema capitalista de libre mercado vixente, na lóxica de reducir os costos de producción (incluíndo os costos de traballo) para aumentar as ganancias, substituirá o traballo humano, sempre que sexa posible, por maquinaria automatizada.

Botando unha ollada atrás, en 1949, no sector agrícola de Estados Unidos as máquinas facían o 6% da colleita de algodón. En 1972 o 100% da colleita era feita de forma automatizada. Cando esta automatización golpeou o sector manufacturero dos Estados Unidos, 1'6 millóns de traballos manuais perdéronse en 9 anos.

Este sistema deixa polo camiño postos de traballo costosos para o empresario. Unha simple máquina despacha o ticket do bus, tren ou metro. O coste de dito artefacto pode supoñer o soldo dun ano dun traballador, pero a medio e longo prazo para a empresa a comodidade da máquina supón un gran aforro en soldos e de paso un recorte sindical importante. Carrefour, Citroën, Alcampo ou Audasa son algunhas das moitas empresas que xa contan cunha plantilla de máquinas de cobro, robots de montaxe e caixas automáticas.

Mentras os políticos, líderes empresariais e líderes sindicais discuten sobre temas que, según alegan, son os responsables do crecente desemprego no mundo, tales como a subcontratación de compañías estranxeiras ou o traballo de inmigrantes, a verdadera causa non está sendo tratada no debate público:
o desemprego tecnolóxico
.
Wassily Leontief, Premio Nobel de Economía 1973


Despois de todo, unha máquina non precisa tomar descansos, ter seguro médico, prestacións ou pertencer a un sindicato.



Onde está o novo sector emerxente para dar emprego a todos os novos traballadores desprazados?

(Artigo de Marina Gómez Marchante)

Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 28-02-2015 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 Paréceme un tema moi importante xa que, esta presente no noso tempo.Na miña opinión o traballo manual ten bastantes ventaxas sobre o mecanizado, a principal é que hai moitos máis postos de traballo, que si unha maquina pode producir moito máis #blgtk08#en menos tempo, pero tamén ten problemas como o que vivimos na actualidade ao que chamamos o desemprego,é un dos problemas do capitalismo. Se as maquinas empezan a facer o noso traballo, nós quedamos sen el, é como consecuencia sube moito o paro.
Comentario de Juan Pampillón Pedrosa (11-03-2015 10:56)
2 A mecanización do traballo afectou sobretodo ás actividades industriais de construcción de bens, axilizando así a cadea de montaxe. Por unha banda isto afectou de forma #blgtk08#positiva axilizando e mellorando isto pero por outra como menciona o artigo destruiu emprego pois as máquinas non necesitan descansos, nin seguro médico nin sindicatos.
Comentario de Francisco Javier Suárez Avión (11-03-2015 10:57)
3 A aportación destas máquinas só son eficientes para os burgueses é paupérrimo para os do proletariado porque son sustituídos por esta maquinaria.

Aunque estas máquinas requiren mantenimento é un custo enerxético para a súa locomoción.

Na miña opinión, poden ser máis eficaces para#blgtk08# o home porque nalgunhas tarefas, que están fora do alcance do traballador, as máquinas poden facelo de maneira máis eficaz, pero en eficiencia só gana o home rico quen dirixe estás máquinas que fan o traballo "sucio", mentres que o home pobre perde unha esperanza de gañar un posto de traballo e un salario.
Comentario de Goran Alonso Abreu (: (11-03-2015 11:11)
4 Coa aparición da Revolución Industrial en Inglaterra aparece un movemento con ánimo de protesta, concretamente en 1811, coñecido como Ludismo. A clase obreira manifestouse e comezaron a destrozar as máquinas, as causantes de tanta pobrez#blgtk08#a.
Este movemento debe o seu nome a Ned Ludd, un xoven que anos antes rompera dous teares omo símbolo de protesta.
Ahí comeza o problema da tecnoloxía, a cal hoxe en día é necesaria pero sustitúe moitos postos de traballo.
Comentario de Águeda Fernández (11-03-2015 11:15)
5 A tecnoloxía tamén trouxo ventaxas ó mundo actual. Pese a sustituir a vidas humanas e deixando a xente no paro, as máquinas producen a velocidades moito mais altas cas persoas. e isto, beneficia directamente ao consumidor, xa que,ao produciren mais productos o precio destes baixa. En canto ás desventaxas, son moito máis importantes,#blgtk08# xa que o simple feito de sustituir a persoas por máquinas é fatal. Isto repercute na vida propia, é dicir, no paro, pobrezas, en definitiva, na calidade de vida. E isto tan só polos capilatistas explotadores que só queren enriquecerse dos obeiros que pican pedra o día enteiro ou explotados nunha fábrica durante xornadas inhumanas.
Comentario de Rodrigo Ferraz (11-03-2015 11:20)
6 O capitalismo implantado é o sistema de libre mecado. É un tipo de capitalismo que caracterízase pola non intervención do Estado ou outras institucións semellantes nos contratos voluntarios dos traballadores. Este sistema capitalista desenvólvese en función da oferta e da demanda, e dependendo da necesidade de productos ou necesidades o prezo dos bens e servicios varía. Estes prezos normalmente chegan a unha estabilida#blgtk08#de ainda que en algúns casos non é asi. O mercado capitalista de libre mercado provoca unha loita constante entre emperesas e fomenta a competencia a gran escala.

Hoxe en día o capitalismo goberna a meirade parte do mundo e leva ao extremo todo o dito no artigo anterior. A sociedade actual vive por e para o diñeiro que necesita para poder subsistir nun sistema no que a desigualdade social é moi notable.
Comentario de Jorge Castiñeiras Martínez (11-03-2015 11:21)
7 A loita contra o maquinismo é un tema de gran relevancia a nivel mundial, pois dende os comezos da industrialización a loita contra esta opresión foi fervente.
Mostra disto observámolo en España, onde a primeira folga da historia foi a causa dos teares mecánicos.
Isto fainos reflexionar sobre o tema con gran detemento, porque o mecanismo adquiriu unha importancia na nosa vida que a día de hoxe pode resultar impensábel carecer dela.

Se queremos solucionar esta situación debemos concenciarnos a nivel xeral, xa que as caixas automáticas permítenche rematar antes a túa espera na compra, pero esa caixa priva a alguén dun posto de traballo que podería ser realizado mesmo por algún familiar e debido á situación económica na cal nos atopamos non deberíamos desperdiciar tales cartos.

Pero esto#blgtk08# non é causa únicamente das caixas automáticas, senón que en grandes multinacionais como Citroën,Inditex e similares a mecanización ocupa postos de traballo que poderían ser realizados por tres ou catro traballadores e, polo tanto, suporían cartos para familias.

Pero a mecanización non só afecta no ámbito laboral, posto que tamén devalua o prezo dos productos artesanais, mostra disto é a multinacional sueca IKEA, que debido a súa producción masiva fai que a xente xa non sepa apreciar os mobles artesanais, pero non por calidade, senón pola diferenza de prezos.

Polo que este comentatio podemos asocialo con John Maynard Keynes, quen foi un economista británico, considerado como un dos máis influíentes do sec. XX e, cuxas ideas tiveron unha forte repercusión nas teorías y políticas económicas.
Comentario de Agustín Soage (11-03-2015 11:21)
8 Paréceme unha vergoña que as empresas dependan unicamente de máquinas sen apenas contratar traballadores soamente por avaricia, por querer gañar máis diñeiro, sen importarlle nada o bo funcionamento a sociedade.
Penso que o Goberno deberia tomar medidas ao respecto,#blgtk08# con novas leis que limitasen o uso de maquinas nas grandes empresas e máis protección para os traballadores, pois a maioría son pais e nais e teñen unha familia que manter, e non poden deixar de alimentar aos seus fillos para que unha empresa gañe uns cantos millóns máis.
Comentario de Xeila Iglesias (08-04-2015 10:46)
9 Na aparición da mecanización atopamos vantaxes coma que é posible producir moitas máis unidades en menos tempo, é dicir, sae máis rentable traballar con elas porque o custo da máquina e da súa instalación amortízase pronto e o custo do seu manteñemen#blgtk08#to e inferior ao salario dun traballador. Pero non todo é tan perfecto xa que sustituen postos de traballo xerando cifras de paro moi elevadas e a consecuencia de non ter diñeiro esas persoas é que non poden mercar os productos feitos polas maquinas.
Comentario de Águeda Fernández (08-04-2015 10:58)
10 Dende o século XX o sistema de traballo nas empresas deu un gran xiro, pasou de haber millóns de persoas ocupadas no seu propio emprego a que a maior parte dos postos de traballos foran substituidos por máquinas capaces de realizar as actividades que tiñan que desenvolver. Por un lado, estas máquinas eran capaces de desempeñar o costoso traballo de forma rápida e eficaz. Pero por outro lado, o índice de individuos parados incrementou notablemente.
Polo tanto, dende o meu punto de vista, esta gran transformación tivo tanto puntos po#blgtk08#sitivos coma negativos. Un punto positivo podería ser que a empresa chega a aforrar unha enorme cantidade de cartos, xa que o prezo da maquinaria equivale ao soldo anual dun traballador. Un punto negativo sería que todos os cidadáns desempleados non contan co diñeiro para poder sobrevivir e manter a súa familia. Na actualidade este problema aínda existe e cada vez a tecnoloxía avanza máis polo que a sociedade debería sair a rúa proclamar o que realmente pensa e levar a cabo folgas que expresen o seu malestar conforme a este grave problema.
Comentario de Saleta Vidal (08-04-2015 11:04)
11 Todo sexa por aforrar cartos olvidándonos de que familias dependen de traballos cada vez máis mecanizados só para poder levar un prato de comida diario a súa casa provocando así, como di a compañeiro, un forte desemprego que quen sabe como acabará nun futuro.
Cada vez son máis os empregos que prescinden de homes por o mero feito de aforrar cartos e face#blgtk08#r unha produtividade más rápida e rentable.
Estamos sendo substituídos por robts cando si, é necesario o desenvolvemento de novas tecnoloxías pero sempre que sexan beneficiarias para os seres vivos non podemos deixar que as novas tecnoloxías acaparen o traballo que da de comer a centos de persoas en vez de axudar a aqueles que o precisen na súa saúde.
Comentario de Uxía Soliño (08-04-2015 11:04)
12 Queda claro ,e demostrado , que as máquinas supoñeron un gran avance na humanidade e proporcionannos moita axuda , para que moitos traballos sean menos custosos . Pero no debemos olvidar , que o home é vago por natureza, e que se lle poden poñer o seu traballo mais sinxelo , aceptará o que lle veña .
Todo isto , é o que ha creado esta situación de desemprego tecnolóxico.
As grandes empresas souberon aproveitar esta situación , exc#blgtk08#edendo quizais o límite .
Agora non poderemos sair desta forma de vida , cada vez irá a peor , precisaranse menos persoas para os traballos e o desemprego será evidente.
Pero tamén cabe destacar , que o home manda sobre a máquina , non a máquina sobre o home , e toda máquina está controlada por unha persoa, se pulsas o botón de apagado , esta deixa de funcionar , e a persona non depende de ninguén mais que de si mesma .
Comentario de Alba Covelo (08-04-2015 11:05)
13 As maquinas estan presente en todos os ambitos da vida e supoñen unha gran ventaxa porque nos facilitan a maior parte de tarefas e dunha maneira mais rapida.Pero frente a esta vantaxe,supon unha desvantaxe para os traballadores,se deixa o traballo manual que as veces supon unha calidade mais natural que as maquinas que deixan unha calidade artificial.Tamen se perden moitos postos de traballo,pois as e#blgtk08#mpresas lles interesa a produccion mais rapida e nalguns establecementos,os clientes tamen prefiren facer as cousas pola sua man,tamen,por rapidez.
Esto se converteu en algo que xa non se pode cambiar,todas estas maquinas xa estan adaptadas a nosa vida,polo tanto,estamos acostumados.
Pero todas estas maquinas foron fabricadas polo home e se non fose por el,non estarian en funcionamento.
Comentario de Javier Viñal (09-04-2015 12:52)
14 Ben é certo que nun recente pasado a mecanización de tarefas industriais e automatizadas provocaron un gran malestar pola crecente tasa de desemprego. E imposible opoñerse a esta mecanización de cada vez mais tarefas, xa que resulta un sistema que xera mais produción e rendementos e menos custos. Así pois, na actualidade iranse aumentando as actividades que poidan rea#blgtk08#lizar as máquinas. A solución non me pàrece a de rechazar o uso de novas maquinas ou técnicas, senon un desprazamento das persoas a novas actividades, e actividades onde o individuo se vexa mais favorecido polas suas característcas, onde o factor humano sexa superior ao de unha máquina ou robot, como é na actualidade todas as actividades que engloba o sector servizos.
Comentario de Roberto Alonso (09-04-2015 12:55)
15 La Revolución Industrial supuso un gran cambio para el desarrollo económico de la humanidad ya que se va a establecer un régimen político parmentario en Inglaterra .#blgtk08#nace un nuevo grupo social, la burguesía que establecerá un sistema capitalista.Gracias a todos estos avances la humanidad a podido dar un paso más hacia la actualidad.
Comentario de Mayca Ndiba Nzang (09-04-2015 12:57)
16 E moi interesante este artigo xa que fala duns dos problemas que preocupa ao home.O home a medida que vai evolucionando en base a novas creacións no ábito do traballo a creación da máquina co único e principal obxetivo de dar unha rapidez nas súas fabricas; foi un adelanto? por su posto, pero a vez supón un gran problema hoxe en día na hora en que as persoas queiran un traballo e se vexan substituídos por unha máqui#blgtk08#na. Se pode dicir que o home creo ao seu enimigo, provocando un enorme porcentaxe no desempleo nas fábricas, xa que o traballo que fan doce persoas nunha hora o poder facer agora unha máquina en dez minutos, que é máis cómodo e máis rentable para a empresa? posiblemente, pero este gran "avance" na indsutria é agora un gran problema no desenvolvemento no traballo. Canto máis máquinas menos xente, isto é un problema.
Comentario de Laura Barreiro (09-04-2015 13:07)
17 Este artigo é un dos artigos mais importantes á vez que interesantes lidos neste blog, tanto polo contido no que debemos tomar conciencia por ser o futuro do país como pola importancia dao que di sobre a sociedade actual.

O mundo está en constante evolución, eso está claro, e non podemos deixar de intentar mellorar a tecnoloxía actual con inventos novos. O exemplo está en que aunque antes os materiais de traballo eran de madeira e a pedra e agora hay infinidades de productos de diferentes materiais que facilitan este traballo. Esta constante evolución sempre foi dirixida cara o menor esforzo físico e mental a hora de realizar una acción, pero a gravidade do asunto non está en facilitar o traballo, se non o reemplazamento do individuo que traballa con ese utennsilio por una máquina que faga a mesma acción que fai o home pero mais precisa e sen erros.

Este é un gran problema xa que cada vez mais persoas perden os seus traballos e vens#blgtk08#e substituidos por máquinas mellor cualificadas. Estos desempregados vense sen traballo, e a gran maioría sen estudos xa que estos empezaron a traballar nestas industrias dende novos e non teñen outros tipos de estudos. Pero na miña opinion, a mellor opción non é deixar de adquirir estas máquinas, se non buscar unha solución que manteña os postos de traballo á vez que se poidan adquirir maquinaria mais tecnolóxica. Unha solución podería ser que estas persoas aprendan a utilizar, reparar, e mellorar as maquinas novas adquiridas pola empresa. Proporcionarlles solucións administrativas para que segan mantendo os seus ingresos ou trasladandoos a empresas menos desenvoltas mantendo o seu traballo.

En conclusión, nos posteriores anos veremos como se desenvolve esta insutrializacion tecnolóxica donde cada individuo deberá ter claro a que debe dedicarse, xa que a maoiría de fábricas estarán compostas por máquinaria sen necesidade de persoas para mantelas.
Comentario de Sebastian Reyes (09-04-2015 13:16)
18 As maquinas estan presente en todolos ambitos da vida e supoñen unha gran vantaxe porque nos facilitan a maior parte de tarefas e dunha maneira mais rápida. Pero frente a esta vantaxe,supón unha desvantaxe para os traballadores, se deixa o traballo manual que as veces supón unha calidade mais natural que as maquinas que deixan unha calidade artificial,como no caso dos ebanistas,que normalmente traballaban en talleres creando e diseñando os mobles pero que hoxe en dia é substituido pol#blgtk08#as máquinas. Tamén se perden moitos postos de traballo,pois as empresas lles interesa a producción mais rápida e nalgúns establecementos,os clientes tamén prefiren facer as cousas pola sua man,tamen,por rapidez,como nas gasolineras.
Esto se converteu en algo que xa non se pode cambiar,todas estas maquinas xa estan adaptadas a nosa vida,polo tanto,estamos acostumados.
Pero todas estas maquinas foron fabricadas polo home e se non fose por el, non estarian en funcionamento.
Comentario de Javier Viñal (09-04-2015 13:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons