O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Os muros da vergoña
Poucos símbolos humillan e rebaixan tanto a dignidade humana coma os muros de separación. Ao longo da historia erguéronse moitos: o muro de Adriano, o de Berlín, etc. Son extensos e impenetrables quilómetros de pedra e aramado que separaron países, pobos e familias enteiras. A día de hoxe, e a pesar de presumir de ser unha sociedade avanzada, aínda existen multitude de muros e valos por todo o planeta que representan a maior das humillacións, a falta de liberdade.

O primeiro muro levantado foi o muro de Berlín, e tamén o primeiro en ser denominado muro da vergoña. Foi levantado en 1961 durante a Guerra Fría, e consistía nunha parede de formigón de 4 metros de altura cun interior formado por cables de aceiro. Acompañando o muro creouse a chamada "franxa da morte", formada por un foso, un aramado, unha estrada pola que circulaban constantemente vehículos militares, sistemas de alarma, armas automáticas, torres de vixilancia e patrullas acompañadas por cans as 24 horas do día.






Entre 1961 e 1989 máis de 5.000 persoas trataron de cruzar o muro e máis de 3.000 foron detidas. Ao redor de 100 persoas morreron no intento, ata que por fin o muro foi derrubado en 1989.
Despois do horror que supuxo o levantamento deste muro, a humanidade debería ter aprendido a lección e non volver cometer erros tales coma separar familias enteiras, asasinar miles de persoas... en resumo, devastar un país enteiro. Non obstante, a maldade do ser humano chega a tal punto que segue arrasando e maltratando nacións, sen importarlle en que condicións vive a xente que está ao seu arredor.

Un dos muros máis importantes e conflitivos da actualidade é a Franxa de Gaza. Os seus 700 quilómetros albergan 1,5 millóns de persoas, das cales 1,1 millóns son refuxiados palestinos. O 72% da poboación que habita na Franxa de Gaza vive baixo a liña de pobreza e necesita axuda humanitaria da ONU, e dende que en 1987 crea a primeira Intifada e a segunda no 2000, morren por día 45 palestinos por actos terroristas. Máis de 24.000 palestinos perderon os seus fogares nos últimos catro anos como resultado das demolicións levadas a cabo polo exército israelí, que destruía unha media de 120 edificacións cada mes.








O muro de Cisxordania separa Israel de Cisxordania, e probablemente sexa unha das zonas máis conflitivas do mundo. A pesar de que numerosos órganos da paz mundial alegaron que a construción deste muro é ilegal e viola os dereitos humanos, este muro segue en construción. Segundo as autoridades israelís o muro é unha "medida defensiva deseñada para impedir o paso de terroristas, armas e explosivos ao estado de Israel", pero o certo é que separa os campesiños das súas terras e os palestinos dos seus lugares de traballo, centros educativos e de saúde e outros servizos esenciais.

A barreira foi motivo de protesta por parte de diversos colectivos ligados ao mundo da arte. Os graffiti convertéronse nunha das máis coñecidas formas de protesta contra a súa construción, e grandes áreas do muro conteñen mensaxes en diferentes idiomas deixados por grafiteros e visitantes. Un grupo de palestinos e israelís crearon Artistas sen barreiras para protestar mediante a arte e a non-violencia contra a construción da barreira.







Outro dos grandes muros que atentan contra a dignidade humana é a gran muralla de 3.000 km que separa México de EE.UU, pois ao redor de 400 persoas morren cada ano intentando entrar en Estados Unidos perseguindo 'o soño americano'.
Por se fose pouco, aos mexicanos que logran cruzar a fronteira chámaselles 'costas molladas', un termo insultante e ofensivo. A industria e as granxas agrícolas do Sur dos Estados Unidos abastécense desta man de obra, barata ao encontrarse ilegalmente no país.







E que falar da nosa propia fronteira, a que se separa Ceuta e Melilla do resto de África. Miles de inmigrantes intentan atravesala sen éxito, xa que conta con alambres e coitelas que provocan importantes cortes e lesións nos que intentan entrar en España, polo que moitos inmigrantes marroquís optan por cruzar o estreito de Xibraltar en caiucos e pateiras, chegando á nosa terra desfalecidos.







Estes só son algúns exemplos entre a gran multitude de muros, valos e barreiras que dividen o mundo segundo a etnia, relixión, ou nivel de pobreza de cada rexión; o que nos leva a preguntarnos: ata onde pode chegar a crueldade do ser humano?

(Artigo de Xeila Iglesias Rodríguez)



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-01-2015 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 Coincido no articulo en que os muros da vergoña é unha das accións mais humillantes do ser humano , pola falta de liberdade. Os seres humanos non debemos separar a estados ou familias , sexa con muros ou violencia , cada quén deberia ter direito a poder vivir onde quere e ir a onde quere , a miña liberdade para ir a onde quero n#blgtk08#on ten que estar restrinxida.
Normalmente cando unha persoa intenta cruzar ao outro lado do muro , é porque de ese lado ten posibilidades de vivir mellor , e ahi o problema é a desigualdade , porque nunha rexión tenhen mais direitos unhas persoas que a outras? O problema non é soamente a falta de liberdade , é moito máis.
Comentario de Joaquin (11-02-2015 10:51)
2 En mi opinión rechazo la existencia de estos muros, en los casos de represión de una parte de la sociedad, como el muro de Berlín, y en otros casos como en de Ceuta y Melilla,que es mas fácilmente comprensible por el tema de evitar la masiva llegada de inmigrantes de una forma no oficial, pero no lo comparto. Opino qu#blgtk08#e no solo hay muros marcando fronteras entre países sino que también llamaría igual a los intentos aislar cortes en una misma población o discriminar, rechazar a un determinado grupo. La gente intenta crear muros siempre, ya sea hacia alguien a quien rechaza, hacia un grupo, hacia una forma de vida, religión, raza...
Comentario de Roberto Alonso (11-02-2015 10:58)
3 Estamos ante un mundo hipócrita que pide liberdade para o home cando o encarcela, e como exemplo estes muros que comeza dende Europa, supostamente nun pais desarrolado como Alemania ata Vietnam ou Corea.
A medida que vamos "evolucionado" volvémonos máis conf#blgtk08#lictivos, máis intoletantes, deixando atrás os corpos de quenes loita contra isto; creamos as nosas propias cárceres.
Se queremos un mundo mellor, mais tranquilo, por que poñemos impedimentos contra outros se despois pedimos todo o contrario para nos mesmos?
Comentario de Laura Barreiro (11-02-2015 11:03)
4 Os seres humanos somos simplemente seres humanos, ningunha fronteira debería dictaminar o que somos, ningunha bandeira debería delimitar os nosos movementos,a nosa liberdade, do mesmo xeito que non poden delimitar cal é o país ao que debe pertencer un cadelo, unha rosa ou o vento, somos natureza e como naturede temos que poder movernos. Pero claro está para que isto poida suced#blgtk08#er ten que haber unha repartición máis igualitaria e equitativa das riquezas do mundo, pois sendo como é a situación actual estas teorías de liberdade son insostibles dado que as persoas dos maíses pobres emigrarían cara os países máis ricos, despoboando os seus e superpoblando os outros, producindo así máis pobreza entre as clases medias e baixas dos países do primeiro mundo.
Comentario de Francisco Suárez Avión (11-02-2015 11:04)
5 Este problema por moi triste que pareza segue a darse na actualidade, a pesar de que veña de anos atrás. Ainda non mo podo crer que a xente dun mesmo lugar de residencia teña que dividirse por mor de certas discrepancias políticas e sociolóxicas. A día de hoxe a xente segue loitando por cruzar kilométricas fronteiras ou interminables muros para poder vivir dignamente, xa que onde se atopan non dispoñen de moitos servizos coma os hospitais, colexios,#blgtk08# mercados... Desde o meu punto de vista isto non debería ocurrir nin antes nin agora e creo que hai diversas solucións para estes problemas; o primeiro sería deixar de lado as diferenzas ideolóxicas e comportarse civilizadamente, intentando pórse na pel dos demais que están a vivir esa traxedia.

Polo tanto, como conclusión todas as persoas deben loitar por un mundo sen fronteiras, merécense os mesmos dereitos e deberes que os demais!
Comentario de Saleta Vidal (11-02-2015 11:04)
6 A crueldade humana e a nosa irracionalidade á hora de tomar decisións contradin aos pensamentos de Platón de que o home era racional por natureza.
Posto que a natureza é por si soa moito máis racional que o ser humano,como se houbera unhas leis que rixen o seu fluír.

Como observamos no comentario de Xeila, a xenofobia patente na sociedade, ratifica a existencia das devanditas murallas.
Pero o que realmente fai a existencia desas mu#blgtk08#rallas é a privación de liberdades existentes en cada pais. Un exemplo é Londres, a cidade máis vixiada do mundo, onde lle venden á xente unha concepción distorsionada do termo liberdade.
Este feito, como poden ser outros, constitúen os cimentos desas murallas.

En definitiva, deberiamos reflexionar sobre o que significa a liberdade e, unha vez concenciados,loitar por todos os dereitos que consideremos indispensábeis para cada individuo.
Comentario de Agustín Soage (11-02-2015 11:20)
7 As persoas somos egoistas e malos por natureza , e este artículo deixao ver claramente .
Parecenme lamentables este tipo de situacións . Todo ser humano tiene unos derechos y unas dignidades que #blgtk08#ante esto se ve claramente como no se respetan , é os unicos culpables somos nós mesmos , as persoas.
É como os culpables somos nós , tamén seremos os que podamos remediarlo .

Comentario de Alba Covelo (11-02-2015 11:20)
8 A lo largo de su historia, el ser humano ha levantado vallas, cercos y murallas con diferentes propósitos. Se han construido muros para evitar la entrada de unos o, al contrario, para dificultar la salida de otros. Algunos se han erigido a lo largo de cientos de kilómetros y han dividido vastas extensiones de tierra, como el Muro de Adriano o la Gran Muralla China. Pese a que el propósito ha sido dispar en unos y otros, muchos han terminado dividiendo comunidades e impidiendo el paso natural de las personas. Son los muros de l#blgtk08#a vergüenza. Algunos continúan en pie pese a que ya no cumplen con su cometido, como los tramos del muro de Berlín, de cuya caída se acaban de cumplir 25 años. Muchos permanecen en su lugar con idéntico propósito para el que se construyeron y otros se están levantando ahora mismo o pretenden levantarse en un futuro. Me manifiesto en rotunda contrariedad a el uso de estos muros y a su debido levantamiento. Creo que al ser humano no se le deben poner limites, si no ampliar su conocimiento a otros muchos territorios inexplorados
Comentario de Sebastian Reyes (17-02-2015 19:27)
9 #blgtk08#
Comentario de Jorge Castiñeiras Martínez (19-02-2015 12:44)
10 Siempre ha habido conflictos por diferncias étnicas a lo largo de la historia humana, lo que deriva a la separación de las civilizaciones con muros o murallas. Esto quizá en el momento fuera una idea aceptada, pero el humano es un ser que evoluciona por lo que acutalmente es una idea de cromañonesn el separar a gente por un muro. El mundo es uno, y n#blgtk08#o hay fronteras, el ser humano es libre de ir a donde quiera y sin que nadie le niegue el paso, y que por el hecho de nacer en un territorio menos desenvolvido no tenga derecho a ir a otro a tener una mejor calidad de vida como pasa en el caso de los inmigrantes de Ceuta y Melilla que saltan cientos cada semanas jugándose la vida por una vida mejor.
Comentario de Rodrigo Ferraz (19-02-2015 12:53)
11 Estamos ante una representación perfecta da maldade do home. Cremos ser racionais pero ben se mira que os feitos cometidos máis catastróficos son provocados polo home.
Este artigo, da nosa compañeira Xeila, representa moi ben ata onde pode chegar a mentalidade do humano, como se pode separar a vida dunha persoa po#blgtk08#r ter unha mentalidade distinta?
Pois aínda que non o creamos é algo moi frecuente, as persoas tendemos a menospreciar a crear unha barreira ante esas persoas que cremos distintas.
É algo vergoñento que no século que estamos teñamos unha mentalidade tan arcaica, todos somos iguales, cunhas ideas ou outras.
Comentario de Uxía Soliño (19-02-2015 12:58)
12 O ser humano é experto en poñer límites e fronteiras os seus soños e a súa libertade. Estamos vivindo no século XXI, no supostamente que somos libres de pensar o que queramos e cando queramos respetando sempre os ideais dos demáis pero por desgracia aínda ocorren conflictos de anos pasados. As fronteiras e os muros cortan esa lib#blgtk08#erdade, esa comunicación entre os seres humanos do mundo. É unha vergoña que aínda hai muros todavía en pé, inservibles cortan todo tipo de comunicación entre as persoas. Non podemos evolucionar cara o futuro se temos o pasado no presente. Por un mundo sen fronteiras e sen muros. Liberdade e comunicación entre todos. ¡LIBERDADE!
Comentario de Goran Alonso 2º BAC. C (19-02-2015 12:58)
13 O que máis me gusta de este artigo é o seu nome,Os muros da vergoña. Paréceme moi adoitado xa que deberíamos avergoñarnos de construilos. Separan dous mundos completamente di#blgtk08#ferentes e ainda hoxe en dia a xente loita por vivir ao outro lado, onde as condicións de vida son moito mellores. para conseguilo arriesgan a sua saude e incluso a sua vida.
Comentario de Águeda Fernández (19-02-2015 12:58)
14 Este artigo fai referecia a un gran problema que afecta á humanidade aínda que non é nunguna novidade. Como ben dí o título todos estes muros son unha vergoña, unha violación dos dereitos humanos. Estas vallas ou muros veñen a raíz de problemas políticos que intentan ser solventados separando cidades ou países. Isto conleva a unha dese#blgtk08#structuración de familias, pobreza nas cidades pola falta de alimentos, atentados terroristas que intentan lograr un cambio... Dende o meu punto de vista estas murallas non deben existir e parécenme un recurso moi antigo e inhumano. Unha solución é precisa pero aos líderes políticos non lles interesa un cambio. O diñeiro move o mundo.
Comentario de Jorge Castiñeiras Martínez (19-02-2015 13:06)
15 Neste comentario estanos falando de onde pode chegar a xente, pero o problema non esta de quenes fan os muros senón da sociedade en xeral, porque a xente non quere relacionarse con outra que teña menos calidade#blgtk08# de vida, aunque tamén hai outros motivos como pode ser relixión. En definitiva estes muros non deberían existir pero non podemos destruir estas barreras sen antes cambiar esta sociedade que se rixe por clases.
Comentario de Juan Pampillón (19-02-2015 13:10)
16 A concepción da terra que promove o uso de muros e fronteiras para separar territorios e distintas etnias, sen máis razón que a protección do "propio" resúltame canto menos, inmoral.
Certamente os muros, séculos atrás servían de elemento defensivo, pero dende entón o ser humano evolucionou, e non debería ter cabida tal pensamento. A inmigración é vista como algo perxudicial para o país que a "sofre", alegase que a persoa inmigrante ocupa o traballo que podería ocupar a persoa nativa do país; pero, por que ten máis dereito a ese traballo o nativo que o in#blgtk08#migrante? A igualdade de dereitos toca moitos ámbitos, e hoxe en día o peor que lle pode pasar a un goberno é que non se lle considere partícipe desta, polo que adícanse a limpar a súa imaxe a base de propaganda dos dereitos humanos (iguais para todos), pero sempre acábaselles vendo o plumeiro. Exemplos de esta actitude vémola en países como España, co conflito da valla de Ceuta e Melilla; en Francia coa represión ao pobo xitano; Holanda cos musulmáns... e é que por moito que se empeñen en marcar e "protexer" os "seus" territorios, a terra acaba sendo de todos.
Comentario de Marina Gómez Marchante (19-02-2015 13:14)
17 La creación de muros trajo graves consecuencias como muerte de millones de personas y la separación de pueblos y familias etc...esta creación sigue siendo perjudicial actualmente porque mucha gente si#blgtk08#gue muriendo y se pruduce separaciones de territorios por causa de esos muros, bien mediante la caída de los muro o el intento de cruzar esos muros por lo que es muy perjudicial para la humanidad .
Comentario de (19-02-2015 13:21)
18 #blgtk08#
Comentario de (13-10-2015 09:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons