O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

As drogas na adolescencia
A adolescencia é unha etapa no proceso de madurez que ten que superar todo ser humano durante un intervalo da súa vida comprendido aproximadamente entre os 12-16/18 anos.
Durante este intervalo, no cal imos modelando a nosa personalidade, ocorren moitos cambios en fraccións de tempo moi pequenas; ademais de ser un proceso un pouco confuso e duro debido ós continuos cambios físicos e emocionais vividos. Comeza a aparecer a curiosidade, o ansia por probar cousas novas, por vivir experiencias e por atopar a nosa identidade.

Na adolescencia vívense momentos de incertidume moral e crece o interese por aprender cousas máis alá das aulas do instituto. Os adolescente comezan a orientar a súa curiosidade nalgún camiño concreto; uns escollen o deporte como orientación, outros orientan a súa curiosidade hacia a cultura ou no aprender da vida e vivir experiencias novas.

Unha desas cousas novas coas que os adolescentes experimentan son as drogas. A introdución no mundo das drogas varia en cada adolescente. Inflúe o ambiente familiar en que se atopan, a necesidade de aceptación no grupo social, porque sínte que está só e as drogas fanlle de placebo, etc. Outros comezan pola mera curiosidade.
As principais drogas de consumo son o tabaco (67,5%) , o cannabis (33,4%) , o alcohol (81,9%) , a cocaína (11%) , éxtasis (2,2 %) e heroína (0,7%). (2014)
Se nos fixamos no progreso de consumo de drogas nos adolescentes observamos como ano tras ano as cifras aumentan.

Estudo realizado no 2005.

Estudo realizado no 2013.


A repercusión das drogas nos adolescentes pode ir a longo ou curto prazo modificando a súa conducta. Algúns comezan a desenvolver unha conducta agresiva, teñen continuos cambios de humor e na escola e nos estudos presentan pasotismo e deixadez (carácter social).
Este pasotismo e deixadez esténdese máis aló da escola e dos estudos chegando tamén ao deporte e ó fogar. Na casa (algúns) comezan a ter conflictos cos pais, cada vez van aislándose máis na súa habitación, a comunicación coa familia vai disminuíndo de xeito progresivo, nalgunhas ocasións algúns deixan o deporte directamente e outros alongan o proceso de abandono.

(Agustín Soage Baños)


Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-12-2014 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 Na miña opinión é un tema de actualidade e de gran interese, xa que como se ve nas gráficas nos últimos anos estans#blgtk08#e dando moitos máis casos e creo que se tendría que empezar a buscar máis solucións para mellorar as estadísticas.
Comentario de Xoán López Rodríguez (11-12-2014 21:00)
2 Dende o meu punto de vista, os problemas do alcohol e as drogas xa repercuten desde hay moitos anos, y seguirá sendo un problema nas xeracións futuras. As estadísitcas da consumición de tabaco, de alcohol de canabis preocupanme moito debido ao elevadas que son, os adolescentes non son conscientes do perigosas que poden ser estas drogas, e máis si se consumen continuamente. Un dos problemas tamén é a facilidade que teñen os adolescentes para comprar estos productos, sobretodo o tabaco e o alcohol, porque só con sair#blgtk08# unha noite, vése como todos os bares e discotecas venden alcohol a menores. Eu creo que debería controlarse un poco máis a venta de estas substancias e os pais tamén deberían controlar un poco aos seus fillos, sobretodo se ven que a súa actitude está cambiando ou se fan cousas que antes non facían. Xa para rematar, creo que tendrían que tomar medidas para este control pero tampoco a grande escala, os adolescentes son adolescentes e poden facer algunhas veces locuras, pero a vida e a saúde é moito máis importante.
Comentario de Sara Muñiz Noya (14-12-2014 15:22)
3 Este artigo ten moito potencial para debater sobre el. Hai que empezar a adoptar novas medidas sobre este tema, xa que as charlas educativas sobre o seu perigo non fan o suficiente para concienciar aos adolescentes. A educación comeza no propio fogar, e si desde aí non se fai un esforzo para erradicar este problema, as estatísticas seguirán crecendo.

O de consumir alcol na adolescencia é un feito co que xa estamos afeitos a vivir e sería difícil resolver o problema. Pero o que máis me sorprende é a elevada taxa de adolescentes que opta por consumir tabaco e cannabis, xa que non fai moito as cifras non eran tan elevadas, como podemos ver na gráfica do 2005, con todo neste periodo de case 10 anos cada vez máis adolescentes decidiron refuxiarse nestas dúas drogas, seguramente como consecuencia dunha mala educación e un prob#blgtk08#lema de autoestima polos problemas sociais na súa vida.

Tamén subiu a taxa doutro tipo de drogas como a cocaína, éxtasis etc. pero vexo que no artigo non se fala dun tipo de droga que o seu crecemento ao longo destes últimos anos foi tamén moi elevado, refírome aos fármacos, aos que cada vez máis adolescentes acoden para intentar solucionar os seus problemas e pasalo ben, ata un certo punto que se converten en adictos a eles.

Hai que concienciar moitísimo máis á sociedade neste tema, xa que todos influímos sobre el. En primeiro lugar a familia por suposto, que si notan algún comportamento raro do seu fillo/a, neto/a etc. deberían falar con eles para solucionar este tipo de problemas. E o afectado logo poñer un pouco da súa parte para poderse liberar desta lacra que cada vez aumenta máis na nosa sociedade.
Comentario de Diego Rodríguez Covelo ( 1º Bach B) (14-12-2014 18:57)
4 Este tema ocurre desde fai varios anos . Unha posible solucion para este problema que acaba coa vida de moitos xovenes. Seria a implantacio de cursos obrigatorios para concienciarlos sobre os problemas que poden causar as drogas a cor#blgtk08#to e a largo prazo.E a eliminacion destes productos do mercado e mayor multas e condenas as persoas que venden estes productos ós menores. Tamen tendria que haber un mayor control parental sobre las sustancias que consumen sus hijos.
Comentario de manuel cid 1B (15-12-2014 12:18)
5 É un tema que é frecuente dende hai anos nesta sociedade, a drogodependencia é un problema que é moi difícil de sair pero, non é imposible. Necesítase apoio moral, xa sexa dos teus amigos, familia ou centros de desintoxicación da drogo#blgtk08#depencia. Caer é fácil, por iso debemos evitar estas substancias a toda costa. O goberno debe axudar neste tema axudando os consumidores das drogas. Deben vetar a venda destes productos e a súa eliminación , cunhas sanción económicas.
Comentario de Goran Alonso 2º Bach C (17-12-2014 11:13)
6 Dende o meu punto de vista por moito que se tente de cambiar isto e concienciar aos adolescentes o consumo de drogas non se reducirá posto que canto máis se prohíban as drogas máis atractivas resultarán para a #blgtk08#mocidade. A solución é a legalización, deste modo polo menos poderá ser beneficiado o estado e, por exemplo, nalgúns estados de Estados Unidos onde se aprobou a legalización do canabis reduciuse o seu consumo.
Comentario de Francisco Javier Suárez Avión (18-12-2014 12:43)
7 Este aumneto do consumo de drogas nos últimos anos poderíase deber a maior perseccución destas, o que fainas mais atractivas para moitos adolescentes. En cambio falando das repercusións, creo que aqui ten mais importancia xa a concepción e educación de cad#blgtk08#a persoa individualmente para que o consumo de drogas derive nunha cousa ou outra. En definitiva, prohibindo este tipo de vicios pouco se consigue, e deberíase crear unha concepción destes diferente para diminuir o seu consumo. Ainda que sea a largo prazo.
Comentario de Roberto Alonso (18-12-2014 12:43)
8 Este é un tema que vai perdurar durante toda a vida.Sempre foi un dos problemas principais na xuventude,e cada vez vai aumentando debido a sociedade moderna na que nos encontramos,cada vez encontramos mais ideoloxias abertas que impulsan a evolución de este consumo.Tamen hai un alcance ma#blgtk08#is facil a hora de conseguir este tipo de drogas,polo tanto,hai maior porcentaxe de xovenes que se expoñen a probabilidade de probar unha de estas.Por iso o goberno debería de impoñer mais control en certas drogas ou mais campaña de apoio,pois aveces,non serve so co da familia e amigos.
Comentario de Javier Viñal (18-12-2014 12:48)
9 O tema deste artigo é algo moi importante e tamén preocupante na actualidade e que cada vez se estende en maior medida.
O adolescente sofre unha serie de transformacións que non sabe ben cómo afrontar, en moitas ocasións éstes necesitan certa axuda para poder saír desta dependen#blgtk08#cia entorno as drogas.

Todo isto prodúcese en parte porque ano tras ano os rapaces comezan a saír polas noites e demais a idades moi tempranas, o que lles leva a ter unha maior inquietude por probar cousas novas ou mesmo pola necesidade de verse aceptado no grupo social.
Comentario de Saleta Vidal (18-12-2014 12:51)
10 As drogas son o tema por excelencia nos adolescentes. Moitos próbanas por,como dixo Agustín, curiosidade e rematan por egamcharse. O problema parece radicar nas compañías ou simplemente na forza de volun#blgtk08#tade de un mesmo. As drogas poden comenzar como algo divertido para pasar o rato cos amigos, pero en realidade e algo serio, no que o estado deberia tomar medidas e cortar de raiz o narcotráfico do país.
Comentario de Rodrigo Ferraz (18-12-2014 12:51)
11 Este artigo paréceme moi interesante dende moitos puntos de vista, as drogas, tanto en España como nos distintos paises de Europa forman parte de un grave problema na sociedade xuvenil xa que un gran porcentaxe de esta xuventude está consumindo unha ou mais de unha destas drogas a vez, e cada vez mais e con menor idade se introducen a averigua de estas substancias. Ben é certo que a meirande parte destas drogas veñen do extranxeiro, unha vez nos paises, a rapida distribución fai que case calquera persoa poida obter ditas substancias, por isto, ante a #blgtk08#facilidade de facerse con elas é que haxa un maior consumo. Os consumidores destas drogas soen ser xóvenes incluso menores de idade, as persoas maiores que consumen este tipo de drogas, seguramente sexan adictos ou reincidentes. Os xóvenes, ante estas influencias proban estas drogas aunque sexa por curiosidade e a falta de voluntade fai que sexan incapaces de deixala unha vez consumida, polo que séguena consumindo ata que non se dan conta de que as causas de esta consumición moitas veces perxudican aos mesmos consumidores e aos que están ao seu redor.
Comentario de Sebastian Reyes (18-12-2014 12:56)
12 Este tema ten unha gran importancia na actualidade, xa que, como di o texto, o nivel de consumo de drogas aumentou notablemente ao longo dos últimos anos.
Persoalmente, opino que a sociedade debería concienciar á xuventude das consecuencias negativas deste tipo de acción, aínda que sexa difícil#blgtk08# facelo. Eu non podo opinar moito sobre este tema porque non me poño na pel de alguén cuxas aspiracións na vida son ir todos os fins de semana a facer botellón ou consumir drogas, polo que non os entendo, pero creo que algo debería cambiar no sistema para reducir o número de casos destes adolescentes.
Comentario de Xeila Iglesias (18-12-2014 12:59)
13 Este artigo trata un tema moi actual, que é o das drogas na adolescencia. A etapa de adolescencia é moi complexa pois como di o autor do artigo, é unha etapa de moitos cambios na que a persoa é moi vulnerable a calquer tipo de influencia. Moitos dos adolescentes drógans#blgtk08#e só para ser aceptados polos seus compañeiros e que non se burlen del, outros como di o compañeiro, por problemas familiares recorren ás drogas como unha forma de escapatoria e estar máis tranquilo. Pero, non todas as drogas son malas, algunhas son incluso medicinais.
Comentario de Uxía Soliño Alonso (18-12-2014 13:05)
14 Cada vez as drogas empezan a ser consumidas pola nosa sociedade dende idades máis tempranas, para evitar isto o estado debe intervir de varias maneras, o principal é ac#blgtk08#abar coas redes narcotraficantes e España, pero tamén deberían concienciar a xuventude dos efectos do seu consumo, cousa que xa se fai pero a unha idade demasiado tarde
Comentario de Águeda Fernández (18-12-2014 13:09)
15 É un tema moi interesente, porque o temos moi presente na actualidade. Creo que é un tema que nunca se poderá solucionar , xa que, os adoles#blgtk08#centes encántalles facer o que está prohibido. Ahora estamos moito máis informados que antes, pero os adolescentes seguen consumindo drogas.
Comentario de Juan Pampillon (18-12-2014 13:17)
16 É un tema moi importante a tratar xa que a pesar de saber todas as consecuencias das drogas e os seus efectos aínda as consumismos, unh#blgtk08#a máis ca outras, e cada vez vai aumentando os consumidores. O problema delas é que por tontería ou curiosidade acabamonos enganchando.
Comentario de Laura Barreiro (18-12-2014 13:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0