O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Zombis na vida real.
As redes sociais cambiaron a nosa vida de maneira adictiva. Sen darnos conta, a comunicación virtual entre as persoas forma xa parte rutinaria da nosa vida cotiá. as relacións interpersoais neste mundo virtual exercen máis dominio que unha relación na vida real.

As redes sociais que nós utilizamos para comunicarnos xa sexa Facebook, Twitter, What?s App? non deixan de ser programas feitos por persoas, ós que beneficiamos sen darnos conta ó comunicarnos con alguén. Son unha fonte de beneficios para estas multinacionais.

Aínda así o uso das redes ten as súas vantaxes e as súas contras:

- Á comunicación entre as persoas é máis rápida e directa que antes.
- A comunicación mediante as redes sociais sustituiu as chamadas e mensaxes SMS polo que nos sae máis económico.
- Agora é mais facil usar estas redes sociais a través do móbil, do ordenador, na tablet? xa que son gratuitas e doadas de descargar.
- Moitas relacións naceron na ?vida real? grazas a estas aplicacións.
- Poden ser útiles ante unha emerxencia inmediata.
- Poder xerar movementos masivos de solidariedade ante unha situación de crise.
- É un gran ocio e por suposto un gran negocio.

As desvantaxes:
- Afecta a nosa saúde: Estrés, distorsión da realidade, dor de cabeza, daña a vista, provoca algún traumatismo nos músculos e ósos?
- Pode malinterpretarse o contido da comunicación e crear sensacións negativas.
- Son perigosas se non se configura a privacidade correctamente, pois exponen a nosa vida privada.
- Poden darse casos de suplantación de personalidade.
- Falta do usuario no control de datos.
- Son adictivas, e malgastamos máis tempo do que nós podemos imaxinar, perdendo moito tempo para disfrutar da realidade.
- Poden apoderarse de todos os contidos que publicamos.
- Poden ser utilizadas por criminais para coñecer datos das súas víctimas en delitos: como o acoso, o abuso sexual, tráfico de persoas, etc.

Os mozos de hoxe, coma nós, estamos vivindo en primeira persoa os efectos deste mundo virtual. Podemos percatarnos a diario como crece esta adición: quedamos cun amigo e aínda así estamos pendentes do noso móbil, algúns están enganchados toda a noite en lugar de dormir, ó levantarse da cama, o primeiro que facemos con frecuencia é ver se alguén nos mandou unha mensaxe, á hora de comer temos certa inquietude por non poder estar atentos ó aparello e impídenos disfrutar dunha boa comida coa mellor compañía, etc.



As veces nos é difícil relacionarnos na realidade por mor das redes sociais. Deixa de ser un zombie deste mundo virtual, coñece xente en persoa, e disfruta da vida!


Cantas horas ó día estás ti co móbil?

Canto tempo aguantarías sen estos aparellos e redes sociais?

Utilizarías o móbil nas situacións nas que estás acompañado?


(Artigo de Saleta Vidal e Goran Alonso)


Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 05-10-2014 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 Pienso que las tecnologías han perjudicado mucho en nuestra vida cotidiana , ya que perdemos muchos momentos por estar atentos al móvil , lo que produce falta de comunicación real y#blgtk08# fomenta la comunicación virtual. Por lo tanto aunque la tecnología fue creada para mejorar las comunicaciones , causa muchas desventajas que nos perjudican en mayor o menor medida.
Comentario de Mayca y Joaquín (08-10-2014 11:01)
2 Dende o meu punto de vista algunhas persoas podemos, dicir que teñen unha enfermidade como pode ser a adición ao tabaco ou a alcoholemia, aínda que non podemos negar que en certa medida toda a nosa xeración depende en máis ou menos medida das t#blgtk08#ecnoloxías e a nosa vida non sería igual sen ela, pois grazas ás tecnoloxías facilitáronse moitas cousas e pódense dar relacións de maneira máis sinxela, como pode ser as relacións sentimentais a distancia. Sinxelamente hai que ter autocontrol.
Comentario de Fran Avión (08-10-2014 11:07)
3 Pareceume un bo traballo cunha gran verdade. Esta sociedade está excesivamente enganchada ás redes sociales e iso pode levarse a situacións extremas. A maior parte dos adolescentes no poden pasar un so día sin o teléfono, teñen que estar pendentes das súas aplicacións e de mandar mensaxes aos seus amigos. Isto lévase a tal situación que as veces as persoas fanlle máis caso aos celulares que a #blgtk08#xente coa que está, evádese do mundo e está convertido nun escrabo. Eu creo que debería haber máis comunicación persoal que virtual xa que é moito máis saludable e boa. A vantaxe das redes sociales é a facilidade de compartir cousas coa xente de calqueira parte do mundo, non existen distancias no mundo virtual. En conclusión,as redes sociales son gratificantes pero en exceso é dañino para nós.
Comentario de Jorge Castiñeiras Martínez (08-10-2014 11:07)
4 Estou moi de acordo con todo o que tradades neste artigo, sobre todo no tema da adicción a todos éstes aparellos e redes sociais. Ainda que na miña opinión penso que deberíase tratar mais un enfoque positivo de todo isto, xa que e imposible volver ao estilo de vida que se tiña antes, co que non estaría mal difrutar do que temos ahora. Referido as preguntas que se plantean o final, persoalmente vou dicir que o móbil e o ordenador ocupan unha boa parte do tempo dos meus días, pero sobre todo#blgtk08# nas noites, porque, contestando a outra das cuestións, rexeito a utilidade de estos aparellos cando estas en compañía, con amigos ou con quen sea, xa que me peerece unha falta de respecto e unha perda importante de tempo neses casos.
E a miña resposta para a última pregunta sería que non podería aguantar moito tempo sen estas tecnoloxías porque supón a principal fonte de relación a distancia, e axudanos a falar para facer calquera plan, para quedar con alguén, etc.

Comentario de Roberto Alonso (08-10-2014 11:11)
5 O artigo realizado polos nosos compañeiros da un repaso ao mundo das redes socias, pero a adición da que eles falan fruto das "multinacionais" non é verdadeiramente certo, xa que quen decide estar toda a noite co móbil somos nós (decisión exclusivamente nosa), qu#blgtk08#en está inquedo durante a comida por ver que responderon no What`s App non é precisamente o teléfono. Esta dependencia na miña opinión é nun 90% nosa e un 10% das tácticas de marketing para que resulte adictiva.
Pareceme un bó traballo cunha boa iniciativa.
Comentario de Agustín (08-10-2014 11:13)
6 Totalmente dacordo con alguns aspectos pero en outros no tanto, coas#blgtk08# rede sociais gratuitas podese informar moito mais rapido que antes.
Comentario de Rodrigo Ferraz (08-10-2014 11:17)
7 Na miña opinión ao artigo non lle falta razón. Os rapaces e rapazas de hoxe en día adicamos demasiado tempo ao móbil e a todo o que este comprende.
Eu persoalmente paso bastante tempo co móbil pero cando hai que facer algo, xa sexa estudar, d#blgtk08#eberes ou tareas na casa, este non intervén.
Sen redes sociais aguantaría sen problemas, despois de todo o teléfono non pasa de ser outro aparello electrónico máis co que relacionarse e comunicarse, e iso ben o podemos facer na rúa, cara a cara.
Comentario de Marina Gómez (09-10-2014 12:36)
8 Estou de acordo co artigo pois as novas tecnoloxías, en es#blgtk08#pecial o móbil evadenos da realidade, do mundo exterior.
Comentario de Uxía Soliño (09-10-2014 13:02)
9 Na miña opinión, este artigo es una boa forma de ver como as tecnoloxías e, en concreto as redes socias, teñen un papel fundamental nas nosas vidas. Aunque o artículo por momentos non é obxetivo e fase monótono polo que xeneraliza a nosa forma de usar estas tecnoloxías explica de forma adecuada o comportamento xuvenil. O artigo di que unha das ventaxes é que podes comunicarte de unha forma mais directa, pero, creo que a forma mais directa de relacionarse es persoalmente. Tamén penso que as desvantaxes no que a saúde refírese están causadas polo mal uso delas, así que se se fai un bo uso no #blgtk08#debería afectar nesta, polo demais estou bastante dacordo. Respondendo as preguntas do final: Eu, estou co móbil o menos posible, cando escoito música no autobus ou en ratos libres despois de comer o antes de deitarme. Aguantaría bastante sen estos aparellos ou as redes, es mais, fixen un experimento que consistía en medir a miña necesidade de usar o mobil cando estaba reparándoo e non tiven problema para seguir coa miña vida cotiá. Na miña maneira de ver, o uso destes aparellos en compañía paréceme unha falta de respeto polo que trato de usalo o menos posible se me me encontro con alguén.
Comentario de Sebastián Reyes (09-10-2014 13:04)
10 Estou de acordo con este artígo, as redes sociais ou internet se a convertido en algo adictivo na vida das persoas, nos tempos de hoxe un neno de 9,10 anos disfruta mais cun aparello tecnolóxico que saíndo a calle cos seus amigos, e mais cando alguen quere quedar cun grupo de persoas estas mesmas estan mais pendentes do mobil que dos seus amigos, agora as persoas sobretodo os adoslescentes sempre estan mirando o mobil para ver se teñen algún novo mens#blgtk08#axe ou notificacion nalgunha rede social, dependemos moito da tecnoloxia, agora as novas xuventudes choran por ter o último en tecnoloxia,cousa que nun ano ou dous rompese ou aparece o último modelo mais actualizado. A xente sentese maís segura na hora de desenvolverse en internet que na vida real. Tamén cabe destacar que internet é un perigo para os tempos de agora, no só pola adición, se non polos enganos que nos fan crer só porque sae en internet.
Comentario de Laura Barreiro (14-10-2014 11:48)
11 Na miña opinión este artigo está moi ben planteado xa que trata un dos problemas máis frecuentes na sociedade de hoxe en dia. Grazas a estas aplicacións podemos facer chegar información dunha forma moito máis rápida ainda que estas empresas intenten captar a nosa atención con actualizacións para que a xente sexa dependente e eles gañe#blgtk08#n máis diñeiro,o peor e que o conseguen e cando as novas xeracións quedan cos seus amigos estes fan máis caso aos seus aparellos que as persoas que teñen diante, en resumo, o uso excesivo pode provocar a falta de comunicación, xa que polos chats as conversacións moitas veces son absurdas incluso con xente que non coñecemos en persoa.
Comentario de Águeda Fernández (14-10-2014 11:52)
12 Dende o meu punto de vista o artigo é bastante acertado, sen embargo, ao mesmo tempo que o móvil ou outras redes sociais evádennos da realidade tamén poden axudar a consolidar unha amistade ao aumentar a posibilidade de manterse en contacto durante prácticamente todo o día. #blgtk08#
Tamén é certo que, como todo, non se pode abusar e as relacións a través dun aparello non teñen nada que ver coas que tes cara a cara, de todas formas a posibilidade de poder falar en todo momento é de moita utilidade a hora de manter unha relación.

Comentario de Amaro (14-10-2014 12:01)
13 Estou de acordo co artigo exposto, hoxe en dia ,facemos mais caso a ese mundo virtual que as cousas que verdaderamente son importantes. Por exemplo, no ámbito de traballo pode aportar un avance na hora de facilitar as cousas, nos axuda dunha maneira moi completa e rápida pero isto ten as suas consecuencias, d#blgtk08#e maneira que na hora de non ter internet, hoxe en dia, unha persona non seria capaz de obter a mesma información o axuda que se encontra na rede.
Outro punto de vista, é que no momento de levar a cabo as obrigas, ultimamente estamos mais atentos o Whatsapp que fai que nos olvidemos do que temos diante
Comentario de Javier Viñal (14-10-2014 12:02)
14 Nosa opinión é que estas redes son un avance positivo pero non se deben usar en exceso. Son unha forma de comunicación máis rápida e unha forma de #blgtk08#ocio máis moderna pero iso non debe afectar a nosa vida social, salir coa xente e coñecela en persoa e moito máis segura e mellor para unha persoa.
Comentario de Noe-Anas (06-11-2014 14:01)
15 Na miña opinión o artigo redactado ten moita razón acerca do uso das redes#blgtk08# sociais porque o unico que fan é probocar cousas negativas na sociedade.
Comentario de Ana Fernandez (06-11-2014 14:04)
16 Este tema é moi dificil tratalo xa que , inda que hai cousas nas que teñen razón, como que nos quitan tempo , e nos distraen , tamén grazas a elas podemos enterarnos de tod#blgtk08#as as noticias o instante , e son moi comodas para poder comunicarte , inda que si é certo , que tras as redes sociales agardan perigos que ningún de nos pode controlar .
Comentario de Alba Covelo (20-11-2014 13:04)
17 Dende o meu punto de vista, as novas tecnoloxías estannos afectando moi negativamente. Se ben é certo que ten vantaxes, as súas desvantaxes contrarréstanas infinitamente. Quítannos moito tempo da nosa vida, reducen a nosa concentraci#blgtk08#ón e xeran ansiedade e adicción por elas. Persoalmente non estou nada a gusto coa sociedade que me rodea, e gustaríame haber nacido nunha época menos tecnolóxica, na que a xente non estaba baixo o dominio dos móviles ou ordenadores.
Comentario de Xeila Iglesias (20-11-2014 13:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0