O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Poderoso cabaleiro, don diñeiro
Nace en las Indias honrado,
Donde el mundo le acompaña;
Viene a morir en España,
Y es en Génova enterrado.
Y pues quien le trae al lado
Es hermoso, aunque sea fiero,
Poderoso caballero
Es don Dinero.

(Francisco de Quevedo e Villegas)

O diñeiro é un medio que serve de cambio e medida de valor no pago de bens ou servizos, ou como descargo de débedas e obligacións. Polo seu aspecto externo pode ser moeda cando e de metal, ou billete cando e de papel. Ten cinco funcións: como medida de valor, medio de circulación, medio de acumulación ou de atesoramento, medio de pago e diñeiro mundial.


Dende tempos remotos o home ideou sistemas para darlle valor as cousas e poder intercambialas, primeiro utilizouse o trueque, despois o intercambio e logo surgiu o diñeiro.
As primeiras moedas que se coñecen, acuñaronse en Lidia, a actual Turquía no século VII a de C., eran de electro aleación natural de ouro e prata, xa que pra todos os pobos o ouro era o metal máis valioso seguido da prata, patrón que trasladouse a fabricación do diñeiro.
Durante séculos en Grecia, case 500 reis e 1.400 cidadáns, acuñaron as súas propias moedas, e estableceuse a costume de adornar cada moeda co debuxo do seu emblema local e creouse o primeiro sistema monetario unificado, que, coa a caída do imperio derrumbouse. Mais adiante bispos, nobres e propietarios adicáronse a acuñar moedas, esta dispersión foi habitual ata a época de CARLOMAGNO, que reformou o sistema no século VIII e devolveu o control da súa emisión, ao poder central.


O emperador mongol KUBALI KHAN foi pioneiro en utilizar billetes (século XI); para él, era o certificado de propiedade dunha cantidade de moedas de ouro. Inicialmente en Europa os billetes eran certificados sobre a existencia dun depósito de ouro nun banco.

Entre 1870 e a Primeira Guerra Mundial os bancos adoptaron principalmente o Patrón ouro.No período entre guerras mundiais tratouse de volver ao Patrón Ouro, se ben a situación económica e a crise do crack do 29 terminou coa convertibilidade dos billetes en ouro para particulares. Ao finalizar a Segunda Guerra Mundial, os aliados estableceron un novo sistema financieiro nos acordos de Bretton Woods, nos cales establecíase que todas as divisas serían convertibles en dólares.

En 1971, as políticas fiscais expansivas dos EE.UU., motivadas fundamentalmente polo gasto bélico de Vietnam, provocaron a abundancia de dólares, planteándose dudas acerca da súa convertibilidade en ouro. En 1973, o dólar volvese a devaluar outro 10 %, ata que, finalmente, terminase coa convertibilidade do dólar en ouro tamén para os gobernos e bancos centrais extranxeiros. Desde 1973 ata os nosos días, o diñeiro que hoxe usamos ten un valor que está na creencia subxetiva do que será aceptado polos demáis habitantes dun país, ou zona económica, como forma de intercambio.

Actualmente o diñeiro perdeu a súa relación e convertibilidade cos metais nobres. O diñeiro e unha mercadoría abstracta da que ninguén pode facer uso directo pero como mercancía esta suxeita á lei de oferta e demanda. O valor do diñeiro mídese por un número de bens que podénse adquirir con él; o valor do diñeiro é o seu poder adquisitivo ou sexa o que podemos mercar con él. O diñeiro ten maior valor cando é escaso e maior cando é abundante en relación cos servizos producidos no mercado.

Primeiros tipos de moedas:


Oceano Índico: CUNCHAS
América precolombina: CACAO
Zonas desérticas: SAL
Arabia Saudí: ÁMBAR
Rexións Árticas: PELES
México e China: CEREAIS
Europa: ESPECIAS
Europa central: COBRE
Todo Europa (U.E): MOEDA ACTUAL: EURO


A moeda actual coñecida como euro foi introducida oficialmente o 1 de xaneiro de 1999, cando deixaron de existir como sistemas independentes as moedas dos once países da Unión que acollerónse ao plan da moeda única, a denominada zona euro: Alemania, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos e Portugal. Sen embargo, debido ao período de fabricación requerido para os novos billetes e moedas, as antigas moedas nacionais, a pesar de haber perdido a cotización oficial no mercado de divisas, permaneceron como medio de pago ata o 1 de xaneiro de 2002, cando foron reemplazadas por billetes e moedas en euros. Tanto as moedas como os billetes tiveron un período de coexistencia coas anteriores moedas nacionais ata que foron retiradas da circulación. Este período de coexistencia tivo diferentes calendarios nos países que adoptaron o euro.

¿Cómo actúa o diñeiro sobre o ser humano?

O diñeiro fainos sentir independentes e responsables da nosa vida, ter unha adecuada relación con él significa un certo modo de poseer un bo equilibrio psíquico, pero conseguir isto non é nada fácil. Tradicionalmente o poder económico estivo nas mans dos homes, aínda que a muller era a encargada de administralo no ámbito familiar, algúns homes o empregaban para manter a muller baixo o seu control. Hoxe en día, cambiou un pouco, pero cando na parella existe unha relación de dominio dun sobre outro, o diñeiro utilizase como arma de poder. Aos homes o diñeiro lles da sensación de poder, mentres que as mulleres lles produce seguridade e autonomía. Hai persoas que liquidan en pouco tempo o que a súa xeración anterior consegiu.

(Artigo de Manuel Ángel Diz)

Escribe o teu comentario (10) - Categoría: Actualidade - Publicado o 07-05-2014 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 O diñeiro ensina claramente duas caras: nun momento, poseelo pode ser moi positivo pero noutro pode resultar moi dañino xa que pode ser utilizado
con obxetivos perxudiciais. De todas maneiras, continuaremos empregando este
instrumento de cambio que nos serve para adquirir ou vender obxetos ou servizos
duh#blgtk08#na manera moi eficaz. Este traballo foime de gran utilidade porque puiden realizar unha investigación a fondo e coñecer a interesante historia do diñiero e o seu modo de desenvolverse en diferentes partes do mundo. Tamén aprendín a importancia da adecuada utilización do mesmo e a maneira de aforralo e facer que creza.
Comentario de Manuel Ángel 2º Bach (07-05-2014 12:49)
2
O diñeiro era, fai uns anos, un simple instrumento para facer intercambios. Hoxe en día, ?vale? algo máis. A sociedade utiliza o diñeiro coma un valor persoal. A xente é valorada polo seu nivel adquisitivo, pola cantidade de cartos que #blgtk08#se gasta. Créese, cada vez máis, que os cartos o dan todo: riquezas, felicidade, amigos? e non debería verse así, xa que ao fin e ao cabo, o diñeiro é soamente papel.
https://c2.staticflickr.com/8/7037/7121549995_82c4e31050_z.jpg
Comentario de Lara Campañó (07-05-2014 12:56)
3 Penso que cando as persoas din "o diñeiro non da a felicidade" en realidade saben que non é de todo certo.
Grazas a o diñeiro temos unha casa, comemos, disfrutamos do tempo libre, educámonos e diversas cousas que facemos tódolos días e non nos paramos a pensar que quizais non poderíamos facelo sen ese medio de intercambio na sociedade actual.
O diñeiro inflúe moitísimo nas persoas polo simple feito de que a sociedade na que vivimos é moi materialista.
É moi común que te xulguen polo diñeiro que tes e polo que decides facer con el. Moitos sucesos da túa vida ocurrirán ou non dependendo da economía que teñas. Por exemplo, ter outro fillo, ingresar nunha #blgtk08#universidade, comprar un coche...Por iso é normal que as persoas se preocupen polo diñeiro e que se debe e non se debe facer con él.
O problema está cando se preocupan demasiado e todo o miden en base o diñeiro.

Hai persoas que se cren mellores por ser máis ricas ca outras e están completamente equivocados.
O diñeiro ten tanto poder que é capaz incluso de destruir familias ou parellas, acabando coas súas relacións (é común o caso de familias que se rompen por un testamento).E esto é o que non debería suceder, antepoñer un material polas persoas.
Deberíamos ter mais control co diñeiro porque pode decidir o benestar das xeracións futuras.
Comentario de Paula Crespo 2º BACH B (07-05-2014 12:57)
4 Por desgracia o diñeiro é o que hoxe por hoxe move o mundo, con isto refírome a que a poboación do noso planeta, a Terra, depende totalmente deste obxecto sen vida, e somete toda a súa vida a el. De maneira que se podes comer ou non depende de se tes ou non diñeiro, e deso mesmo depende que podas pagar unha casa na que vivir, incluso a túa situación económica interfire no teu desexo de ter fillos, ou formar unha familia xa que se non tes medios para mantenelos, aínda ca natureza cho permita, ao mellor non cho permite a túa economía.

Na miña opinion gustaríame moito que o diñeiro, non tivese o poder que ten, xa que moitas persoas viven só, para gañar máis e mais, día tras dia.
Agora ben, eu penso que para vivir a nosa vida, temos que conformarnos con pouco, poder aspirar a unha vida digna, pero non querer moitas riquezas nela, xa que a feli#blgtk08#cidade atopase nas pequenas cousas, pero todos sabemos que sen diñeiro, na sociade de hoxe en dia malamente podemos vivir. Espero que co paso do tempo consideremos o diñeiro como o que é, o diñeiro non é o que nos permite vivir realmente, se non o que nos permite comprar as cousas que necesitamos para vivir. O ser humano existe xa hai moitos anos, e sobreviviu sen que o diñeiro existise, mediante trocos, favores a cambio de alimento etc? o que unicamente necesitamos son medios para sobrevivir.
O diñeiro o único que consegue é que o ser humano faga diferenzas entre el mesmo, e creanse as clases sociais, de maneira que haxa xente moi rica e outra vivendo en absoluta miseria, en lugar de estar compensado e simplemente vivisemos todos, nuhas condicions dignas, con casa, comida diaria, e poucas cousas mais, que necesitanse para vivir o día a día.
Comentario de Tamara López 2BACHB (07-05-2014 12:58)
5 Para min o diñeiro é, se ben asociase con billetes ou moedas, calquera cousa que as personas estén dispostas a aceptar como pago de bens ou deudas, a parte diso o diñeiro é algo que xoga un papel importante na nosa vida cotiá, tamén dende o meu punto de vista é difícil pensar que houbo unha época na que non existía o diñeiro.
Por outra banda, creo que hai certas cousas que temos que ter en conta:
Temos que ser listos é saber ben o que queremos facer co diñeiro cando o temos nas nosas mans. Se crees que o diñeiro é a solución de #blgtk08#todos os problemas, acabarás dándote conta de que iso é unha pura mentira, tamén hai que entender que as túas necesidades financeiras cambian según as túas etapas vitais.

¿Cómo actúa o diñeiro sobre o ser humano? claramente nos modifica, é dicir, cambia o noso modo de ver a vida. As persoas que teñen maior poder adquisitivo van ver a vida doutra forma que un labrego, por exemplo. O diñeiro cambia ás persoas, porque na antigüedade, as persoas con mais diñerio non podían relacionarse coas persoas de baixo nivel, estaba mal visto.
Comentario de Andrea Barreiro Ponsot (2ºBACHB) (07-05-2014 12:59)
6 Segundo a educación, falar aos nenos do valor do diñeiro e orientalos para co sepan administrar adecuadamente é tan importante como aprender a ler ou escribir.
O tipo de gasto entre mozas e mozos está bastante igualado a excepción de algún caso como é a moda ou o transporte nos que a diferencia vese clara.

As mulleres gastan máis diñeiro en ropa cos homes, pe#blgtk08#ro os mozos preocupanse máis por comprar videoxogos ou consolas.

Cada adulto, opina de forma diferente, pero moitos dos nosos maiores
cren que derrochamos o diñeiro, que estamos todo o día comprando, que non
aforramos e que éste término, apenas o coñecemos e moito menos nos
interesa. Pero equivocanse. Un caprichiño de vez en cando non vén mal.
Comentario de Andrea Rodríguez 2ºBac.B (07-05-2014 13:00)
7 Eu creo que o diñeiro cambia a algunhas persoas e éstas cometen erros só para conseguir máis diñeiro. Quero comentar dúas noticias moi distintas: unha trata sobre un xefe de policía de Miami que xunto a outro policía lle "prestou" 2000 dólares a conta do contribuínte; outra noticia trata sobre unha muller que decidiu dende o ano 1996 vivir sen diñeiro, v#blgtk08#endeu a súa casa, repartiu o diñeiro entre os seus fillos e deullo a xente necesitada; dende entón Heidemarie Schwermer vive da axuda da xente e a cambio fai cousas por elas como limpar, ou ir a polos nenos a escola, ou mesmo cociñar.

Isto demostra que o diñeiro non é tan importante como cremos e podemos vivir sen necesidade de malgastalo.
Comentario de Andrea Vázquez 2º Bach (07-05-2014 13:02)
8 A primeira moeda que se fabricou no mundo foi "Lydian Lion". Creouse na cidade de Lidia, antiga cidade de Asia, na actual Turquia, sobre o ano 680-560 a.C. Estas moedas tiñan como símbolo#blgtk08# o león, que dende tempos inmemoriales consideraronse o rei da selva e o símbolo da autoridade real. Estas moedas eran de electro, unha mestura de ouro e prata e pesaban uns 4,75 gramos.
Comentario de Joshua Covelo 2ºBACH B (07-05-2014 13:03)
9 El dinero es la principal causa de todos los problemas que hay en el mundo como la marginacióin social, guerras entre países, etc. Ya que cada día hay más ambición y discriminación a causa del dinero por ejemplo,un alumno que tiene poca capacidad adquisitiva no es tratado de igual maner#blgtk08#a que otros de su mismo grupo de clase que tengan un alto poder adquisitivo, a estos si les tienen respeto y hasta incluso admiración, pero este es un problema que ya se tiene asumido ya que nadie va a cambiar el dinero y su forma de vivir para que este mundo sea más agradable.
Comentario de Diana Vanesa Restrepo (07-05-2014 13:03)
10 A maioría da xente pensa, e pensamos, que o diñeiro é unha necesidade, sen el non podemos vivir. Pero...É iso certo? Podemos tomar como exemplo a Heidemarie Schwermer, quen dende 1996 xa leva 17 anos vivindo sin diñeiro. A pesar de que pertencía a unha clase acomodada, ela tiña a necesidade de facer algo diferente, estaba en contra da situación do mundo e de que morrera xente de fame. A partir daquel día, repartiu todo o seu diñeiro, vendeu a casa, o coche, regalou os mobles...E a partir dese día (Soamente tiña pensado levalo a cabo duran#blgtk08#te un ano) comenzou un novo estilo de vida, un estilo de vida marcado pola obtención de comida ou lugar onde poder durmir a cambio da realización dalgún servizo, por exemplo, esta muller di que ata chegou a conseguir entradas para a opera por facer de psicóloga nun conflicto familiar. Tras estos dezasete anos, afirma que a pesar de que o principio foi difícil, agora síntese liberada, sen ataduras, e conta toda a súa experiencia no seu libro "A miña vida sen diñeiro".
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/07/economia/1362667015.html
Comentario de Y.Grela (07-05-2014 13:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0