O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

PRECISAMOS UNHA NOVA LEI DE EDUCACIÓN?
A nova Lei de Educación, coñecida como Lei Wert,
volve a mobilizar ós estudantes de todo o país.
O seu rexeitamento é xeral, nin os partidos políticos,
nin os sindicatos de estudantes e docentes,
nin os pais aceptan os cambios que propón.


Publicamos a continuación dous artigos, un elaborado por Joshua Covelo e outro por Manuel Diz, que destacan os aspectos máis polémicos da lei.

===========


A Lei Orgánica de Educación, LOE, chegou no 2006 co goberno do PSOE derrocando todas as leis anteriores vixentes. Propuso que a Relixión tivera que ser ofrecida en todos os centros pero só a cursaran os alumnos que o desexen, a calificación desta materia non contará nos procesos selectivos, por exemplo, para conseguir becas ou para entrar nun colexio ou noutro. Na ESO, os alumnos con tres suspensos deben repetir, a non ser que os seus profesores digan o contrario. Crearanse dúas materias novas Ciencias para o Mundo Contemporáneo en bacharelato, e Educación para a Cidadanía en todas as etapas. Crearase o PCPI, cun curso obrigatorio e outro optativo para os alumnos con máis dificultades e terán que ter cumpridos 16 anos para entrar. A lei foi aprobada no Congreso en abril de 2006 co apoio de todos os grupos parlamentarios menos do PP, que votou en contra e de CiU, que se abstivo.


Tras a LOE chegou no 2013 a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, ou LOMCE e tamén denominada Lei Wert, unha lei presentada o 17 de maio de 2013 polo ministro de Educación, Cultura e Deporte do goberno popular de Mariano Rajoy, José Ignacio Wert, a cal aprobouse polas Cortes Xerais de España o 28 de novembro.

Os principais obxetivos que persegue a reforma son reducir a tasa de abandono temprano da educación, mellorar os resultados educativos de acordo cos criterios internacionais, mellorar a empleabilidade, e estimular o espírito emprendedor dos estudantes.


Os cambios máis importantes que introduce a LOMCE no sistema educativo español son os seguintes:
-Probas de avaliación final para obter o título de Graduado en ESO e o título de Bacharelato.
-Dúas opcións en cuarto curso da ESO, onde os alumnos terán que escoller entre Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio.
-Programas de mellora do aprendizaxe e do rendemento na ESO.
-Maior importancia das asignaturas troncais, diseñadas polo goberno.
-Obrigatoriedade de ampliar a oferta de ensino na lingua castelá.
-Educación plurilingüe.
-Materia de relixión en todos os cursos.
-Novas modalidades de Formación Profesional: a Formación Profesional Básica e a Formación Profesional dual.
-Ampliación das competencias do director en detrimento do Consello Escolar.
-Institutos de Educacion Secundaria con especialización curricular.
-Nova relación en canto á oferta de prazas entre a ensinanza pública e a privada concertada.
-Posibilidade de construir e xestionar colexios privados concertados sobre solo público.
-Concertos cos colexios que discriminan por sexos.

O goberno calcula que a implantación da lei custará uns 400 millóns de euros destinados fundamentalmente a financiar a nova FP básica e os novos itinerarios en 3º e 4º de ESO. A metade de eses fondos pensa obtelos do Fondo Social Europeo, co que non suporá un aumento sensible do déficit público.

Esta lei non foi moi apoiada pola xente, miles de persoas sairon a protestar as rúas para oporse, unha vez máis, aos recortes e a chamada Lei Wert de reforma educativa. Esta manifestación pretende mostrar o seu rexeitamento á política educativa do Goberno, que facilitou un recorte nos orzamentos escolares de máis de 6.400 millóns de euros.
A séptima reforma educativa da democracia, liderada por José Ignacio Wert, recibiu a súa aprobación final no Congreso grazas a maioria absoluta do PP, xa que todo os grupos da oposición, salvo UPN que se abstuvo, manifestaron o seu rotundo rechazo á norma. É máis, anunciaron a súa intención de botala abaixo en canto o PP perda a maioría absoluta no Congreso dos Diputados.


===========


A Ley Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, ou LOMCE e tamén denominada "Lei Wert?, e unha lei imposta polo ministro de Educación José Ignacio Wert, con carácter de Lei Orgánica (8/2013, del 9 de decembro) que reforma a Lei Orgánica de Educación (2/2006, del 3 de maio) o LOE, e seis artígos e unha disposición adicional da Lei reguladora do Dereito a Educación (8/1985, de 3 de xulio) o LODE. Dende a presentación do proxecto o 17 de maio de 2013 polo Ministro de Educación, Cultura e Deporte do goberno popular de Mariano Rajoy, José Ignacio Wert, hasta a súa aprobación definitiva polas Cortes xerais de España o 28 de novembro, foi unha lei moi contestada por certos sectores sociais e políticos ?de feito durante a súa tramitación nas Cortes a lei non foi apoiada por ningún outro grupo parlamentario, excepto o do Partido Popular?.

Obxectivos:
-Reducir a taxa de abandono temprano dos estudos.
-Mellorar os resultados educativos.
-Mellorar a empleabilidade.
-El aumento de la autonomía de los centros.
-O reforzo da capacidade de xestión da dirección dos centro

Cambios curriculais na Educación

-Na Educación Primaria (Art. 1.9) as asignaturas troncais son Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Lingua Castelá e Literatura, Matemáticas e Primeira Lingua Extranxeira.

-Na Educación Secundaria Obligatoria (Art. 1.15) as asignaturas troncais son: Bioloxía e Xeología, Física e Química, Xeografía e Historia, Lingua Castelá e Literatura, Primeira Lingua Extranxeira e Matemáticas (no terceiro e cuarto dividida en Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas e en Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas). En cuarto curso engádese Economía e Latín, na «opción de ensinanzas académicas», e Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e Tecnoloxía, na opción de ensinanzas aplicadas

OS cambios puntuais que introduce a LOMCE no sistema educativo español son os seguintes:

? Probas de avaliación final para obter o título de Graduado en ESO e o título de Bacharelato:

Cos obxetivos, entre outros, de «garantir que todos os alumnos e alumnas alcancen os niveis de aprendizaxe adecuados... conforme o título pretendido» e de normalizar «os estándares de titulación en toda España» (según se afirma no Preámbulo da ley), ao finalizar cada etapa educativa os alumnos serán avaliados mediante unhas probas externas deseñadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, cuya superación na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bachillerato será imprescindible para a obtención do título correspondente ?de ahí que os sectores sociais e partidos políticos opostos a ley as haxan denominado "reválidas.

? Maior importancia das «asignaturas troncais» deseñadas polo Goberno:
A LOMCE distingue entre «asignaturas troncais», «asignaturas específicas» e «asignaturas de libre configuración autonómica», esta última categoría é onde se incluye a asignatura Lingua Cooficial e Literatura en aquelas Comunidades Autónomas que a posúan

? Obrigatoriedade da oferta de ensinazas cuya lingua vehicular sexa o castelán
O artículo 1.99., que engade a disposición adicional trixésimo octava a LOE, recoñece a posibilidade de que se poida impartir todas «as asignaturas non-lingüísticas» exclusivamente na lingua cooficial, pero neste caso «a Administración educativa deberá garantir unha oferta docente sostida con fondos públicos na que o castelán sexa utilizado como lingua vehicular nunha proporción razoable»

? Asignatura de relixión:
Vólvese a dar plena validez académica á asignatura de relixión, contará no expediente académico polo que se contabilizará para pedir unha beca, por exemplo, e se establece unha materia alternativa que se chama Valores Sociais e Cívicos en Primaria e Valores Éticos na ESO, desaparecendo definitivamente a materia Educación para a cidadanía. No Bacharelato a Relixión forma parte das asignaturas específicas optativas, tanto en 1º coma en 2º.

? Liberdade de ensinanza

No Preámbulo afírmase que «as familias son as primeiras responsables da educación dos seus fillos e por iso o sistema educativo ten que contar coa familia e confiar nas súas decisións». Así a LOMCE engade dous novos principios que inspiran o sistema educativo español (Artículo 1.1. que modifica o artículo 1 da LOE)

Despois de que a LOMCE se aprobase no Congreso dos Deputados, convocouse unha semana de loita por parte de varios colectivos relacionados coa educación, como os sindicatos dos docentes ?CCOO (Comisións Obreiras), CSIF (Comisión Sindical Independente e de Funcionarios), UXT (Unión Xeral de Traballadores) y STEs (Sindicato de traballadores da Ensianza)?, os alumnos ?Sindicato de Estudiantes?, as asociacións de pais ou incluso a educación privada-concertada ?FSIE?.
O día 24 de outubro tivo lugar un paro xeral en todos os niveis do sistema educativo con máis éxito ca última convocatoria de maio de 2011.



Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-01-2014 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
20 Comentario(s)
1 Para min esta lei é unha lei moi conservadora xa que sustitúe o ideal de educar cidadans, para crear nova man de obra para o mercado laboral. É certo que necesitamos un novo modelo educativo e consensuado, pero a súa vez flexible para corrixir os erros anteriores. Isto débese a que vivimos nunh#blgtk08#a sociedade cambiante, polo que o señor Wert non debería comparar a educación que tivo el, coa que se debería ter agora. Pero sen ningunha dúbida, o colmo desta lei é había consenso entre pais, nais, profesores e alumnado, pero en contra dela. Parece ser que o único que a quería era o ministro.
Comentario de Yago Grela (29-01-2014 12:51)
2 Eu non estou de acordo coa LOMCE pero algo que non podo soportar é que pretendan que os colexios concertados posúan maiores privilexios que os públicos. Se queren que haxa menos xente que deixe o instituto sen todavía rematar, non poden deixar os institutos públicos sen prazas e sen subvencións porque moita xente non podería nin empezar os seus estudos.
Tamén o que penso que queren conseguir e que a xente non estude porque se o fai terán que pagar parte e por iso recortan na educación pero poden per#blgtk08#mitirse os seus soldos e ter tantas propiedades.
Se os estudantes que somos os que mellor sabemos como pode ser isto e protestamos xunto cos nosos profesores e pais será porque non estamos de acordo coa lei. O único que conseguen con esta lei é que só as persoas máis ricas podan ter dereito a estudar e que aproben non polos seus coñecementos.
Esta lei é o error máis grave que pode cometer o PP dentro das moitas cousas que pretenden facer coas que a xente non está nin estará de acordo xamais.
Comentario de Andrea Vázquez 2º BACH B (29-01-2014 13:04)
3 A LOMCE supón unha modificación da LOE nalgúns aspectos importantes. No seu Preámbulo resume a filosofía na que se inspira, así "a educación é o motor da competitividade dun país. O nivel educativo dun país determina a capacidade de competir con éxito na área internacional".

Atopamos aquí un con#blgtk08#cepto de educación mercantilista e utilitarista onde nenos son tratados como mercadoría laboral e a educación é entendida como un marco de competición entre individuos e centros ós que se lles concede "aumento de autonomía, fomento da súa especializaciójn e esixencia de rendición de contas".

Comentario de Carmen (30-01-2014 09:57)
4 Cousas que me chaman a atencón de está nova reforma son por exemplo a especialización dos cnentros no Bacharelato, xa que podría supoñer un grave problema para os alumnos. Nas aldeas que ao mellor teñen un centro cada x quilómetros podría supoñer unha gran dificultade tanto para os alumnos e tanto para os centros porque se non dispoñen dun bo transpote ou alguén que os#blgtk08# acerque seríalle moi costoso ir ata o seu novo centro.

Por outra banda outra das cousas que me sorprendeu foi a obtención de todos os poderes, por así dicilo, que terá o propio director/a do centro. Xa que é importante que todos os que formamos parte da comunidade educativa poidamos expresar a nosa opinión e trasmitila a partir dos nosos representantes.
Comentario de Diego 4ª ESO B (30-01-2014 13:48)
5 Eu estou en contra das probas de avaliación final que hai que facer para obter o Título de Graduado en ESO e de Bacharelato.
Paréceme mal porq#blgtk08#ue hai persoas que se esforzan por aprobar a ESO durante catro anos e non me parece xusto que por un exame se decida o futuro académico desa persoa
Comentario de Lucía 4º ESO-B (30-01-2014 13:57)
6 Eu estou de acordo, como di Lucía, que son inxustas as probas de avaliación final. É inxusto que por exemplo alguén que leva anos#blgtk08# traballando duro para conseguir boa nota, sexa superado por unha persoa que soamente estudou para o examen final de avaliación.
Comentario de Joshua Covelo Pascual 2ºBACH B (05-02-2014 12:39)
7 Non estou de acordo coa LOMCE xa que deberían investir na educación porque é o futuro da sociedade e aínda que gasten gran cantidades de diñeiro agora, despois caería no noso beneficio. Pero en lugar disto (que penso eu que sería o máis lóxico), recortan gastos neste rexistro e seguen despilfarrando moito diñei#blgtk08#ro en cousas innecesarias como infraestruturas que non se van utilizar. É inxusto que unhas persoas que non son as que van facer a carreira ou os estudos que nós queramos decidan sobre eles, recortándonos oportunidades e como consecuencia, subir o paro do que tanto se queixan pero tan pouco fan para remedialo.
Comentario de Paula Crespo 2º BACH B (05-02-2014 12:41)
8 Para min, a LOMCE foi un perda de tinta no boligrafo do Ministro Wert, xa que este lei é moi inxusta para todos os alumnos escolarizados tanto na ESO coma no Bacharelato xa que 6 anos de estudos (contando #blgtk08#a ESO máis o bacharelato) pódense tirar pola ventá por un exame, ou tamen polas probas de avaliación final. En resumo o bolígrafo do señor Wert podía estar cheo de tinta aforrándose escribir esta nova lei.
Comentario de Manuel 2º Bac-B (05-02-2014 13:08)
9 Na miña opinión esta nova lei non é tan mala como parece, aínda que ten algúns inconvenientes, como a obrigatoriedade da asignatura de relixión, pero por outra parte a idea qu#blgtk08#e xuxire de facer evaluacións finais é boa porque así os alumnos que entran en 1º de bacharelato van a estar más formados e non tenrán tantas dificultdes para superar o curso.
Comentario de Diana (05-02-2014 13:17)
10 No estoy de acuerdo con esta ley porque introduce la religion en la educación, cuando vivimos e#blgtk08#n un país laico y la religión es una cuestión única de cada individuo.
¡LIBERTAD!¡LUME!
Comentario de Irene 4º ESO (06-02-2014 13:58)
11 No estamos de acuerdo con la LOMCE porque nos parece muy injusto tener que realizar pruebas de evaluación para poder conseguir el título, ya que una persona puede estudiar y esforzarse durante todo el curso y retirarle el título al suspender una de la#blgtk08#s pruebas.
Tampoco estamos de acuerdo en darle mayor importancia a las asignaturas troncales, pues una persoa dependiendo de lo que quiera estudiar tendrá que centrarse más en las asignaturas que tienen más importancia para su futuro o trabajo.
Comentario de Nerea Monroy y Andrea Domínguez 4º ESO (06-02-2014 14:02)
12 O Ministerio de Educación e a súa cuadrilla aseguran que a nova lei que implantarán, a LOMCE, mellorará a situación do sistema educativo do país. Pero...
Acaso as reválidas, que Wert insiste en non chamar así pero que el mesmo acabou delatándose nomeándoas así en entrevistas, mellorarán a situación educativa actual? Someter aos alumnos a unha proba e#blgtk08#xtra dos contidos avaliados anteriormente ao final da etapa secundaria e de bacherelato só fará eliminar e deixar a centos de persoas sen obtar a avanzar. O estado ofrecerá axudas ás familias dos alumnos que non podan obtar a academias ou melloras para preparar estas reválidas? A resposta é que non. Isto só é un dos pequenos pasos que nos farán retroceder.
Comentario de Iria Lores e Yasmina Lópz 4ºB (06-02-2014 14:06)
13 a lei LOMCE, é un dos principais motivos de folga entre os estudantes dende que esta saíu a luz,de feito durante a sua tramitación nas Cortes, a lei non foi apoiada por ningún outro grupo parlamentario que o popular. A eduación actualmente en España, non é moi boa, xa que os recortes que está a facer o noso goberno en sectores importantes como o da educación, ou a sanidade, podrían facerse en otros de menos necesidade#blgtk08#. O que é verdade e que aínda que non sabemos ata onde vai chegar isto, e as condición de estudo e traballo agora mesmo neste país sexan malas, polo momento podemos dar as grazas xa que aínda que o noso país para seguir adiante, necesite mais apoio económico na educación, podemos dar gracias de que a diferencia que en outros pais que atópanse aínda en peor condicións que o noso, nos os Españois, aínda podemos estudar.
Comentario de Tamara López 2ºBACH B (11-02-2014 12:47)
14 #blgtk08#
Comentario de Andrea (12-02-2014 12:52)
15 O calendario de implantación da reforma educativa na ESO e Bacharelato amplíase nun curso, ata o 2016-2017. Así, o Sindicato de Estudantes convocou unha folga estudiantil de 48 horas para os próximos días 26 e 27 de marzo para dar continuidade ás movilizacións emprendidas en contra da reforma ed#blgtk08#ucativa que propón a LOMCE e as políticas do departamento dirixido por José Ignacio Wert.
Dende que o ministro Wert tomou posesión do seu cargo en decembro de 2011, este sindicato, formando parte da Plataforma Estatal pola Escola Pública, convocou alrededor dunha docena de días de folga.
Comentario de Iria Alonso (2ºBach.C) (12-02-2014 13:00)
16 "Os principais obxetivos que persigue a reforma son reducir as tasa do abandono temprano da escolaridade"
En realidade pensan que con esta reforma van a conseguir menos abandonos da escolaridade?
Con todas estas reformas que queren lebar a cabo, como por exemplo engadir ao programa de asignaturas a relixión. O único que van a conseguir é todo o contrario. Non lles chegan todas as folgas que se están levando a cabo? s#blgtk08#e iso non é suficiente o que conseguirán que nenos e nenas con pouca idade deixen de estudar polas dificultades que se lles están a poñer, e se dediquen a trabalar, ou en moitos casos vivir da renda dos pais.
Por todo o que levo dito, eu non estou de acordo con esta reforma educativa, aínda que neste caso por ser estudante de segundo de bacharalato non me afecte, en verdade esta reforma pode afectar a moitísimos estudantes.
Comentario de Andrea Barreiro Ponsot (2ºBACH) (12-02-2014 13:01)
17 Centrándome no punto ?Obrigatoriedade da oferta de ensinanzas cuxa lingua vehicular sexa o castelán?, creo que se trata dunha reforma excesiva, xa que non vexo necesaria a promoción do castelán dentro das autonomías bilingües. É máis, o que fai falla é a promoción da igualdade entre ambas linguas, a oficial e a cooficial. En Galicia, por#blgtk08# exemplo, presúmese dun gran bilingüismo cando a realidade é outra. En Galicia non existe bilingüismo, existe diglosia, é dicir, una lingua domina por riba da outra, neste caso o castelán. O castelán é o idioma predominante, facendo que o galego se vaia perdendo, facendo que a cultura se vaia perdendo, e ¿qué é un pobo sen a súa cultura?
Comentario de Lara Campañó 2ºBACH C (12-02-2014 13:05)
18 Non é unha lei para mellorar a calidade educativa. Porque non considera a educación coma un dereito fundamental. Propón introducir as leis do mercado no funcionamento do
sistema escolar. Non propón medidas adecuadas para resolver os problemas que ten a educación do noso país. Non #blgtk08#asegura a financiación necesaria para a súa implantación. Non garantiza os recursos humáns e materiais imprescindibles para lograr unha enseñanza de calidade. Non contempla disminuir o excesivo número de alumnos e alumnas que ocupan as nosas aulas. Non aspira ao éxito de todo o alumnado.
Comentario de Andrea Rodríguez 2ºbach. B (12-02-2014 13:06)
19 Eliximos esta asignatura optativa porque é unha forma de coñecer as ideolxías póliticas dos nosos antecesores, e así poder comprobar as diferenzas de pensamento co paso do tempo, como tamén comprabar as súas similutes.
Tamén é unha forma de demostr#blgtk08#ar que o ser humano segue comentendo os mesmos, ou similares erros, o longo da historia.
Ainda que sexa unha asignatura da que non nos examinamos na selectividade, pode resultar interesante coñecer outras formas de ver a politica.

Comentario de Alba e Águeda (18-09-2014 13:13)
20 Elixín Ética e Filosofía do Dereito porque parececeume a optativa mais interesante, ademais serve para o futuro, xa que te axuda tanto moral como espiritualmente.
Nesta optativa tamén aprendes de forma autónoma, xa que tes que bus#blgtk08#car por internet as páxinas que sexan ás mais apropiadas para o tema que estemeos buscando. Aparte a min paréceme entretida porque non só é buscar en internet senón que tamén tes que estar atento e collendo apuntes polo que non é aburrida.
Comentario de Juan Pampillón (18-09-2014 13:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0