O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O fenómeno fan.
O termo fan defínese como “admirador ou seguidor dunha persoa. Entusiasta de algo”. Pero, que é realmente ser fan de algo ou de alguén?. Como é a vida dun fan?

Normalmente, sempre que se usa o termo fan téndese a pensar nunha persoa “cun comportamento excesivo, desmesurado ou que se pasa da liña”, xa que a palabra fan arrastra desde a súa orixe connotacións negativas que fai que os membros das diversas comunidades de fans, ou fandoms, poidan sentirse incómodos. O tópico simplista e estereotipado lévanos a pensar en adolescentes, xeralmente de sexo feminino, seguidoras incondicionais e apaixoadas, pero isto non é así. O tópico fórmase a partir do descoñecemento sobre o tema, as persoas que nunca pasaron pola experiencia de ser fan non alcanzan a entender este fenómeno. Un fan é unha persoa, tanto de sexo feminino coma masculino, de calquera idade, que admira a un artista porque este lle transmite valores e sentimentos positivos. É verdade que a maioría dos fans son adolescentes, o cal se debe a que os adolescentes, ao atoparse nun período crítico de transición e formación da personalidade, son os máis propensos a ter ídolos, xa que buscan neles uns referentes persoais, pero isto non implica que todos os fans teñan que ser así.

Os fans admiran aos seus ídolos, ademais de polo seu talento, por todo o que, día a día, fan por eles. Un artista non estaría no lugar onde está se non fose polos seus fans e isto é algo que ambos saben. Os artistas e os fans son as dúas caras dunha mesma moeda. Os artistas están moi agradecidos aos seus fans, e estes, pola súa parte, están agradecidos ao seu ídolo, creándose así un sentimento de familia. Os ídolos fan aos seus admiradores sentirse orgullosos, demostrando cada día o talento no que os seus fans confían. Pola súa parte, os fans demóstranlles aos seus ídolos que están aí por eles, apoiándoos e facendo que o seu ídolo poida avanzar e ser mellor cada día. Ademais, agora, a relación ídolo-fan é moito máis accesible grazas ás redes sociais, posto que estas, ademais de reflectir e, simultaneamente, marcar as novas tendencias, permiten a emisión de mensaxes de fans cara aos seus ídolos.

“Ser fan, para min, significa estar agradecido cunha persoa, sentirte identificado con ela, que che guste o que fai, que queras vela, que ao escoitar algo sobre esa persoa, ao instante te alegre. Significa que queres e crees en algo.”


(Artigo de Lara Campañó Machado)


Escribe o teu comentario (10) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 21-01-2014 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 En primeiro lugar gustariame resaltar antes de todo o que me procedo a comentar sobre este artigo, que é o seguinte no artigo anteriormente lido por min, aparece unha frase que para min da moita polémica que é a seguinte:"creándose así un sentimento de familia" en principio nos mesmos temos uns ídolos aos que seguimos pero iso non ten que ver co tema da familia, a familia son os noso pais, irmans, avós... e non deberíamos considerar a un idolo totalmente descoñecido porque é un descoñecido xa que ainda que se vexan as súas peliculas, actuacións... é un descoñecido, entonces non podemos considerar que a nosa afección a dito personaxe sexa tan grande como para sentir un sentimento de familia, porque familias soamente hai unha. Outro punto maís a resaltar é o seguinte#blgtk08#, hai moitísimas/os fans no mundo que sente unha semellante afección por dita persona que perden totalmente o sentido. Eu considérome un seguidor dunha persoa, como se di no artigo, pero non me considero un fan, porque esa persoa por ter un talento especial non vai ser unha máquina porque ao millor hai outra xente da que nadie e fan coas súas mesmas habilidades como neste caso ao millor no caso do futból, facerse fan dunha persoa ven sendo un gasto moi grande para as familias xa que se por exemplo hai un concerto dun idolo dun rapaz/a, el ou ela querra ir a o concerto ou concertos que dea esa persona e iso e un gasto moi grande, tamén é un gasto importante o de comprarlle: postérs, albumes de música, camisetas... Todo iso é un gasto que en realidade pódese evitar.
Comentario de Manuel Ángel 2º Bach "B" (29-01-2014 12:58)
2 Na miña opinión, é certo que durante toda a vida houbo persoas que admiraban aos seus grupos musicais preferidos, o que chamamos agora fans, pero o que ocurre nos nosos días o vexo excesivo, desmesurado, desorbitado, extremado e exaxerado. Unha cousa é que che guste (Tod#blgtk08#as as persoas temos grupos ou cantantes favoritos) pero outra cousa e que vivamos para eles. Nos temos que vivir a nosa vida, sen que ningunha persoa (Que ademais non coñecemos, e probablemente non coñezamos nunca) inflúa no noso estado de ánimo ou na nosa forma de ser.
Comentario de Yago Grela (29-01-2014 13:01)
3 O fénomeno fan deuse toda a vida, e durante todas as etapas desta,nunha etapa mais ou menos recente aconteceu cos Backstreet boys,cos Beatles ou Rolings, e agora mesmo está acontecer con Grupos como One Direction ou Auryn. Falo destes grupos,porque son os que mais masas de fans moven. Tamén destacan artistas individuais como Justin, ou como poden ser rihana... beryoncé... Miley...etc
Mesmo aínda que sexan as persoas que mais masas moven, ser fan non significa admirar a unha persona admirada por outras, polo menos dende o meu punto de vista. Ser fan é admirar a unha persoa que a través pois da música, ou mediante a actuación ou o que sexa, o caso un fan é unha persoa,que admira a forma de ser de outra, e os sentimentos que este transmite. Por exemplo coa d#blgtk08#iversidade de música que hai no mundo, a moitas persoas pódelle transmitir bos sentimentos, ou alegrarlle a música galega, e a outras o flamenco, cada música transmite unha cousa, e cada artista certas vivenzas,ou experiencias, e por iso hai tanta diversidade de fans, e de música no planeta, para que a diferente xente, escolla o tipo de música co que máis se identifica. Ou poñendo por exemplo a un Actor en concreto,Mariano Martínez, Nas diferentes novelas que vin interpretadas por el, pois sempre tránsmiteme o sentimento que interpreta.Por outro lado, eu as veces admiro a personaxes ficticias, a un personaxe en concreto de un libro en concreto, e se gústa moito a súa personalidade, pois intento basarme en ela e cousas polo estilo.Esto é o que eu entendo por FAN.
Comentario de Tamara López Villar. 2ºBACHB (29-01-2014 13:04)
4 Algúns din que só se puede ser fan dun grupo, e se eres fan de outros grupos non eres unha fan verdadeira.
No meu caso penso o contrario a iso, non lle vexo nada malo ser fan de máis dun grupo, posto que un non pode evitar gustar e querer a outros grupos, simplemente se dá.

Yo soy fan de Fito y fitip#blgtk08#aldis, 30 seconds to mars, simple plan y sum 41.
Aprendín a tratar con persoas que pensan que ser fan de outros grupos non son verdadeiras fans... posto que ser fan para min non significa agradar ou sempre dar a razón aos demáis senón sentirte identificado coas súas letras e a personalidade do cantante ou do grupo.
Comentario de Andrea Rodríguez 2º bac. B (29-01-2014 13:04)
5 ¿Ata onde chega o noso entusiasmo por unha persoa famosa? Porque a min agoramesmo poden entusiasmarme moitas cousas, pero non por iso me considero fan de cada unha delas.
Tamén descubrimos que a palabra "fan", é unha abreviación do uso informal da palabra inglesa "fanatic", Este sentido da palabra "fanático" resérvase para cuestións relixiosas ou políticas.
Neste caso a miña compañeira Lara, referiuse máis ao mundo dos cantantes, pero no meu caso, que son unha deportista, gústame moito o baloncesto.
Entón para min, ser fan de algún xogador, pode significar, querer chegar a ser como ese xogador, ou poder coñecelo ou velo en persoa nalgún partido ou torneo.
Tamén podemos ser fans de actores e pode haber algunha persoa que vexa todas as películas dun mesmo actor, porque gústalle moito.
Eu en particular, respeto ao mundo da música podo considerarme "f#blgtk08#an" dalgún cantante en particular, pero non polo seu físico, nin porque é guapo, nin polo número de fans que poida ter, senón polo que poida transmitir coas súas letras, esas letras poden provocar un pequeno cambio na sociedade ou no modo de pensar das persoas, e o seu comportamento coas súas "fans".

Pero ser "fan" nesta vida, pode levar a algunhas persoas a comportarse de algún modo no que nunca o fixeron, como poder chegar a insultar a unha persoa simplemente polo seu gusto musical, ou por exemplo, discriminación, por non ter os mesmos gustos ca ti.
Para rematar o meu comentario, é obvio que non todos os nosos cantantes, actores, escritores ou deportistas son eternos. É verdade que a eles a morte aféctalles igualmente, e a algunos aféctalles a fama e eso os leva á morte. Nese caso os/as "fans" veríanse afectadas polo agarimo que se lle pode coller a un famoso.
Comentario de Andrea Barreiro Ponsot (2ºBACHB) (29-01-2014 13:05)
6 Eu penso que se es fan de algúen como eu, o que te proporciona non é que te parezca guapo como algunha xente pensa senón que cando estás triste, contenta, de baixón pós a súa música e alégrate dunha maneira que só os fans poden sentir.
Por exemplo a mairía dos chicos se teñen diñeiro gástanno en videoxogos pero as fa#blgtk08#ns se temos a oportunidade de ir a un concerto non nolo pensamos dúas veces porque é unha sensación increíble ir ver aos teus ídolos, velos en persoa e sentir de cerca a súa presencia tanto musical como corporal. Aínda que si penso que hai algunhas fans que exaseran un pouco facendo cousas que se o pensan ben non o serían.
Comentario de Andrea Vázquez 2º BACH B (29-01-2014 13:13)
7 O tema dos fandoms é un dos meus favoritos xa que levo sendo fan desde que prácticamente teño uso de razón. Pero a súa vez, prefiro apartarme cando alguén comenta sobre este tema xa que, como ben di o artigo, moita xente pode ter unha opinión equivocada dos fans como persoas que darían a vida por un descoñecido sen pensar nas consecuencias e deixando a súa propia vida apartada). Sinceramente, comprendo que parte da sociedade pense desta forma, xa que hai algunhas adolescentes que sobrepasan os límites e entenden ídolo como alguén superior a todos os demais e polo que hai que facer cousas inhumanas. Incluso eu, como fan que son, sento vergoña axena por algúns actos que fan algunhas persoas (como seguramente mencionarán algúns dos meus compañeiros)xa que a sociedade pensa que todas somos así e non. Quenes non establecen límites non poden entrar no verdadeiro significado da palabra fan "sentir admiración por alguén". Penso que algunhas chegan ó punto da locura.

Pódese ser fan de todo. Desde a túa nai, unha película,un futbolista e algún cantante. Pero como fan da música que son, en especial dalgúns artistas, creo que teño unha opinión bastante obxetiva deste tema. Hai que encontrar un equilibrio entre os dous extremos.
Estoulle moi agradecida os meus ídolos, en especial a Justin Bieber, adolescente moi criticado polas informacións con tono negativo que se dan nas noticias desde que comezou a súa carrera no ano 2009, cando comec#blgtk08#ei a sentir interés por el.
Creo que como a sociedade ve o fanatismo como algo fóra de lugar de vez en cando e por iso encasilla aos ídolos dos fandoms máis grandes como algo malo tamén. E pregúntannos que cómo podemos sentir admiración por alguén "tan malo" cando non se preocupan por ir máis alá e coñecer as verdadeiras razóns.
É certo que comete moitos errores, pero tamén moitas boas accións que aos medios non lles interesa contar e que só as persoas que o "coñecen" sabemos.
Como donacións a ONGs, o feito de pagarlle tratamentos de enfermidades a fans e axudar a moita xente coas súas letras e a súa música. (http://data1.whicdn.com/images/98476318/large.jpg) (http://data1.whicdn.com/images/98356110/large.jpg) (http://data2.whicdn.com/images/97731053/large.jpg)
E non só referido a él, a maioría dos artistas fan cousas polos seus fans porque teñen moito que agradecer.
Ser fan de alguén é unha das mellores decisións da miña vida a pesar das críticas, eu sei todo o que disfrutar en amplos niveis da música e de certos artistas me regala.
A min non me importa que Justin fume se é que fuma ou que lle faga o corte de mangas a algúns periodistas, o que a min me importa é que despois dun día duro, podo poñer a súa música e sentirme un pouco mellor.
Cerro o meu comentario con un enlace dunha foto que expresa á perfección o que é fenomeno fan: https://pbs.twimg.com/media/A0VEr_uCUAAOMWh.jpg:large
Comentario de Paula Crespo García 2º BACH B (29-01-2014 13:13)
8 Eu penso que algunhas fans levan o termo fan a un punto moi elevado, cometendo actos fora do normal. A quen se lle ocurre facerse cortes no seu corpo coas iniciais do seu fan? (véxase: https://pbs.twimg.com/media/BaLLK9oCMAEQSVx.jpg )
Ou matar ao seu can porque o seu fan non lle segue nunha rede social? (véxase: http://www.lavanguardia.com/gente/20130916/54384590335/fan-mata-perro-one-direction-twitter.html )<#blgtk08#br />
Calquera persoa con dous dedos de fronte ve isto un acto de estupidez, totalmente innecesario. Pero non tod@s @s fans compórtans dese xeito, como "fans tol@s".

Ser fan non é facer loucuras polo teu ídolo. Ser fan é apoialo nas boas e nas malas, admiralo e intentar tomalo como exemplo.
Non só se é fan dun cantante, tamén se pode ser fan de xogadores, actores, libros, políticos...
Comentario de Joshua Covelo pascual 2ºBACH B (29-01-2014 13:15)
9 Sobre o tema fanatísmo non teño moito que dicir porque eu non son fan de ninguén. Gústanme moitos artistas pero non ata chegar ó punto de ser fan ou saber todo deles, po#blgtk08#la outra parte tampoco pareceme mal aquelas persoas que si son fans, xa que cada persoa ten a súa personalidade e ten o dereito de ser como é e de seguir a quen queira.
Comentario de Diana Vanesa Restrepo. (11-02-2014 12:40)
10 O primer club de fans foi o de Frank Sinatra. O que máis pasións levantou foi Elvis con seu movemento de cadeira.
Hayi anécdotas para todos os gustos. En ocasións o fanat#blgtk08#ismo ensina o súa peor cara. A John Lennon o asesinou un seguidor en Nueva York.

¿En que momento deixa de ser unha afición sana para pasar a ser unha obsesión?
Comentario de Iria Alonso (2ºBach.C) (11-02-2014 12:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons