O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Hora de ler
Baixo este título inauguramos este ano unha nova sección no blog.
Recolleremos nela unha selección de obras de actualidade
relacionadas ca temática que nos ocupa en "Etica e Filosofía do Dereito".


A obra ¡Indignádevos! (Indignez vous!), foi escrita e publicada en 2010 polo alemán Stéphane Frédéric Hessel (1917-2013), de orixe judío, capturado pola Xestapo e recluído nos campos de concentración.
Foi traducida ao galego con prólogo de Manuel Rivas, e aínda que tamén conta cunha versión en español con prólogo de José Luis Sampedro, centrarémonos na primeira versión.
Non é nin un libro nin un ensaio, é un manifesto ideolóxico que invita a que fagamos unha reflexión.

Os temas principais son a política, a economía e a socioloxía, pero o seu obxectivo é lanzar unha mensaxe de protesta pacífica. E sin duda o logrou, xa que as protestas de España en 2011, en especial o Movemento de Indignados 15-M teñen relación co libro e coas ideas planteadas nel. Hessel enterouse disto e dixo ?estou agradablemente sorprendido, mostráronme o xornal español e o miraba coma un neno que observa un agasallo".

A obra (moi fácil de ler, xa que soamente conta con 47 páxinas) comeza situándonos na súa participación na resistencia francesa anti-nazi. Continúa falando da idea que él ten da indignación e da crítica do estado actual da economía. Stéphane invita sobre todo aos adolescentes a despexarse, observando o mundo real e a cambiar a indiferencia por unha indignación activa, pola insurrección pacífica. Según a opinión do autor, «todo bo cidadán debe indignarse porque o mundo vai mal, gobernado por uns poderes financieiros que o acaparan todo». Ademáis, pensa que «os adolescentes de agora xogan coa liberdade e os valores máis importantes da humanidade».

Esta obra recibiu críticas de todo tipo, dende negativas, xente que non comparte o térmo indignación polo seu carácter negativo e que preferiría outro térmo como mobilización ou compromiso. Indignación recorda a loitar en contra e hai que concienciarse de que hai que loitar a favor, buscando un cambio positivo. Aínda así, predominan as críticas favorables, por algo o libro é conocido como ?O libro que despertou a conciencia de máis dun millón de franceses?.




Pensas que as manifestacións sirven para cambiar as cousas a mellor?

Qué motivos te levarían a sair á rua?

¿Formas parte do gran grupo de indignados pola situación política actual?


(Artigo de Paula Crespo)


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Hora de ler - Publicado o 07-11-2013 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Este libro foi escrito por Stéphane Hessel, un home nacido en Berlín no ano 1917, foi deportado aos campos de concentración alemáns por ser membro da resistencia francesa.
Este libro parece moi ben redactado, nos explica as causas do nazismo eo fascismo. Quere explicarnos unha serie de razóns para que nós os cidadáns teñamos as suficientes forzas e gañas de indignarnos, coma ao autor lle indignou o nazismo na súa época. E un libro bastante ben estructurado xa que as datas que aparecen no #blgtk08#libro explican todas e cada unha das cousas que pasaron.
Nos e cada un dos cidadáns sabemos o que está a pasar actualmente na economía tanto a nivel Español coma Mundial, nos non temos a mala sorte de ser deportados a campos de concentración por ser membros dun movemento como lle pasou ao autor do libro, senón que os españois cada un pertence ao partido que quere.
Tras haber dito estas causas por iso o libro nos di que nos Indignemos! porque temos as suficientes razóns para facelo.
Comentario de Manuel Ángel 2º Bach "B" (13-11-2013 12:42)
2 Este pequeno libro do alemán Stéphane Hessel nos fala da resistencia que temos que ter ante as inxustizas, e do fortes e comprometidos que debemos estar.
Desgraciadamente a este escritor lle tocou vivir de pleno a Segunda Guerra Mundial, pero xa en Francia, onde se nacionalizara.
Eu estou totalmente de acordo coas ideas de este autor, xa que estamos vivindo unha época bastante difícil, marcada pola crise económica, as guerras e as corrupcións políticas. Nestos tempos temos que loitar para chegar a conseguir un futuro mellor. Eu creo que isto se conseguirá xa que na miña xeneración hai moita xente con gañas e boas ideas que se esforza día a día para conseguir os seus soños.
Stéphane Hessel tamén nos fala de Palestina, especialmente da Faixa de Gaza e Cisxordania, onde máis de tres millóns de p#blgtk08#alestinos expulsados das súas terras por Israel agardan un regreso cada vez máis problemático. Ante este tema eu son dos que pensan que coa violencia non arreglas nada, as veces é mellor sentarse a dialogar, e é o que deberían facer estes dous pobos, xa que poderían vivir perfectamente xuntos.
Persoalmente gustoume este pequeno libro xa que nestos tempos o que necesitamos é "indignarnos" para esixir os nosos dereitos e liberdades, porque como sigamos así imos terminar mal, e cada vez peor. Agora non está o fascismo, causa que lle indignaba a Stéphane Hessel, pero estamos ante un dos crises máis importantes da nosa historia. Moita xente non ten que comer e onde poder durmir. Además diso os políticos recortan en educación e en sanidade, derogando todas as melloras que conseguimos durante as últimas décadas.
Comentario de Yago Grela (13-11-2013 12:44)
3 Stéphane Hessel naceu o 20 de outubro de 1917 en Belín (Alemaña). Foi un escritor e militante político francés. Neste libro "Indignádevos" fala da súa intensa experiencia vital vivida en primeira persoa publicado no 2010.

A súa ascendencia xudía e a súa actividade como resistente produce, que foxe capturado e torturado polas forzas nazis e reduxo nos campos de concentración, tal e como nos conta no seu libro.

O autor busca o apoio dos xóv#blgtk08#enes a indignarse, que todos deben indignarse porque o mundo vai mal.

Neste librillo fainos unha reflexión persoal do que viviu el como a súa participación na Resistencia Francesa, a súa experiencia vivida nos campos de concentración...

Explicanos os valores da Resistencia e dos Dereitos Humanos, e termina facendo un chamamento aos xóvenes a facer como fixo Gandhi unha acción non violenta para rebelarse contra os poderes do capitalismo.
Comentario de Joshua Covelo Pascual 2ºBACH B (13-11-2013 12:44)
4 No prólogo de, Manuel Rivas, intenta transmitir aos lectores que nos indignemos por algunha razón, todo ser humano ten que ter algunha cousa o razón na súa vida como para indignarse. O libro tamén fai referencia en moitos capítulos a acontecementos históricos.
O acutor con 93 anos, na súa derradeira época, cita e dase conta de que é unha boa etapa para poñerse a reflexionar sobre a vida e o acontecido nela. Os seus valores, que sempre nomea no libro son, a resistencia e sobretodo a indignación. Referido á indiferencia, e dicir, > Non podemos acostumbrarnos a ela. Temos que ser conscientes e avnazar por nos mesmos. Él mesmo dice aos mozos: "mirade ao voso alrededor e atoparedes os temas que xustificarán a vosa indignación".
Por outra parte, a indignación do autor vai cara Palestina. Cidade a que viaxou e estivo vendo os campos de refuxiados, as vivendas e condicións nas que os palestinos estaban a vivir.
Finalmente, temos o termo a "non-violencia"#blgtk08# o camino que debemos aprender a seguir, para avanzar. A violencia non é eficaz, para resolver nada, nesta vida. Polo tanto dende o punto de vista do autor, a violencia dalle a espalda á esperanza.
Eu neste caso indignaríame polos cambios que están a facer agora mesmo na educación. Aínda que a min non me afecte o que pretenden facer,xa que son alumna de segundo de bacherelato, quitala proba da PAU, é un feito que a moitos estudiantes afectaralles.
Sempre queren que estudemos, que os estudantes teñamos unha carreira, pero parece que prefiren facérmolo imposible quitando a posibilidade de aprobar a PAU e acceder a unha boa universidade.
O feito de ser os últimos estudantes que vamos a facer a proba, danos un pouco de medo ou tamén presión respeto a obriga de aprobala.
Pero na miña opinión deste tema e que van conseguir que os adloescentes cando teñan a idade suficiente para traballar, deixarán os estudos e emprenderán unha vida traballadora.
Comentario de Andrea Barreiro Ponsot (2ºBACH B) (13-11-2013 12:50)
5 Todos nós tivemos nalgún momento da nosa vida algún motivo para indignarnos. Cando algo nos indigna, volvémonos fortes e unímonos a esa corrente para loitar, a cal encamíñase cara unha xustiza clara ou unha liberdade de expresión.
A Stéphane Hessel, neste caso indignoulle o nazismo con 93 anos de idade, é dicir, na derradeira etapa da súa vida.
Podemos dicir, que na actualidade temos necesidades de principios e valores, cunha sociedade con dereitos como por exemplo a Seguridade Social pero o noso Estado non pode cubrir todos os gastos. Non obstante, Stéphane recoñece que os tempos cambian, e normalmente para ben.
#blgtk08#Hoxe en día, os motivos para indignarse son moi claros. Comenta, ademais, a indignación contra Palestina ou as atrocidades cometidas nos campos de concentración. Unha das cousas que máis lle chama a atención é a reacción do goberno.
A cada un de nós pódenos indignar cousas diferentes.
A min, por exemplo, como muller indígname a violencia de xénero que se está a dar no século XXI e persíguenos nas noticias diarias. Tamén recordar que o próximo 25 de Novembro é o día mundial contra a violencia de xénero, polo que, e xa para rematar, é momento de por freo a este problema e apoiar, sen dúbida, a todas as mulleres afectadas.
Comentario de Iria Alonso Pérez 2ºBach.C (13-11-2013 12:52)
6 Mi opinión sobre el libro de "indignadevos" escrito por Stéphane Hesel; es un libro el cual me llamó la atención por todas las indignaciones que pueden haber en el mundo y a las cuales no prestamos atención, entre todas las existentes podemos encontrar la indignación con el Estado, puesto que a medida que avanza el tiempo hacen más políticas o leyes que crean más discrepancia entre los ciudadanos, haciendo a los ricos más ricos y a los pobres más pobres. No quiero defender que se cree una sociedad comunista, pero si una sociedad dond#blgtk08#e las leyes sean iguales para todos y también que sean cumplidas por todos, y hacer pagar a aquellos que no lo cumplan.
Otro de los acontecimientos que me indigna son las continuas represiones que hubieron a lo largo de la historia como las practicadas por los Nazis en contra de los judíos. Es triste que por medio de la violencia estos hayan conseguido lo que siempre quisieron "la tierra prometida" y que no hayan podido conseguirlo por la vía de la paz.

En general es un libro interesante que nos hace reflexionar.
Comentario de (14-11-2013 19:19)
7 O libro analizado títulase ?Indignadevos? o autor chámase Fedréric hessel. Pareceume un libro moi interesante, xa que os diversos temas que trata a súa obra levános a reflexionar sobre os temas que trata, pero tamén máis alá e tomar as nosas propias opiniones.
O capítulo que máis me fixo reflexionar foi o 2, no cal fala dun tema moi actual nestes momentos, e co que estou totalmente de acordo, que é que ?Os ricos cada vez son máis ricos e os pobres cada vez máis pobres? isto fai que desapaza a clase media, polo que os habitantes deste país ou viven moi ben, ou sobreviven en condicións de vida infames.
Hai moitos temas os cales poden indignarnos a nós, os alumnos do bacharalato, cómo poden ser as malas notas, ou discutir co noivo ou os nosos país, nestes momentos son problema que nós consideramos primordiais, pero posteriormente co paso do tempo as nosas preocupacións serán outras, cómo ter cartos suficientes para poder pagar a casa, ou alimentar os nosos fillos, o grao de indignación e os diferentes motivos polos cales o facemos dependen da idade que teñamos, dependendo da idade teremos unhas preferencias é unhas preocupacións diferentes.
Un tema o cal nestes momentos do 2013 indígnanos a moitos estudantes é o tema dos recortes, indígnanos todo tipo de recortes porque xa temos mentalidade para sab#blgtk08#er xulgar a forma de goberno superficialmente,pero a que realmente aféctanos e sobre a cal podemos opinar é sobre os recortes en educación e sobre a lei Wert. Moitos de nós, acudimos a todas as folgas a manifestarnos en contra de leis coma a da LOMNCE a cal non agrada a moita xente, e esperamos que finalmente non se poña en vixencia, tamén sobre os recortes en educación. Segundo a miña opinión os últimos sitios nos que deberían facer recortes son en sanidade e mais en educación, xa que a sanidade é algo que todos necesitamos en calquera momento da nosa vida, teñamos a idade que teñamos, e a educación que algo que necesita o país para que a súa sociedade teña uns niveis baixos de cultura, e non ser un pais analfabeto.Parece que os xefes de goberto ao ver mal a situación da nosa nación recortan en educación para que non nos preocupemos tanto dos estudos xa que a maioría dos estudantes non vemos futuro, xa que vemos todos o futuro moi escuro, e mentres eles, recortan en educación queren que a poboación dediquémonos a mirar a televisión ou mesmo escoitar a radio, medios os cales dan datos,que perfectamente poden ser manipulados e dar información con moito tacto, quitandolle importancia,aínda que haxa programas de debates, a sociedad estase volvendo mais aparbada,tengo por prioridade cousas mais importantes, ca leer ou estudar.
Comentario de Tamara López 2ºBACH B (21-11-2013 13:02)
8 Stéphane Hessel, no seu libro "Indignádevos" invita á movilización dos mozos pola xustiza social. El quere que os mozos busquen cambiar a indiferencia por unha indignación activa.

O autor non entende cmo a sociedade, sobre todo nos mozos, está pasiva ante os cambios sometidos ós traballadores e cidadáns. Stéphane fai unha comparación cos mozos da súa época que loitaron contra o nazismo, non obstante recoñece que é unha situación diferente.

Agora o inimigo aparece máis oculto, a ameaza non é tan evidente como a que el e a súa xeración tiveron que afrontar, pero a situación actual da crise, conleva ao mesmo perigo da perda de dereitos, xa que, esta crise e os responsables(os poderes políticos, económicos...)están conseguindo demostrar o pro#blgtk08#xecto da sociedade que creouse tras a Segunda Guerra Mundial.

A miña opinión sobre este libro móstrame que Stéphane Hessel tiña unha mente preclara, que nos ensina a loitar contra o que está pasando na nosa sociedade nos últimos anos e como debereremos reaccionar e estar indignados.

Eu me indignaría en moitas cousas. As previsións do goberno son pesimistas; as da autoridades ecoómicas europeas tamén pintan un futuro, a corto plazo, nefasto, tanto para España coma para gran parte de Europa.
É que non pode ser, xa está ben. Non pode ser que sempre paguemos a crise os que menos temos, que os ricos cada vez sexan máis ricos e os demais sexamos uns calquera. Por iso, hai que indignarse e sair a rúa a mostrar que non somos uns calquera.
Comentario de Andrea Rodríguez 2º Bach. (26-11-2013 13:03)
9 O libro de "Indignádevos" é unha obra na que Stéphane Hessel plasma nun papel os acontecementos que máis indignan á xente pero que moitos non se atreven a decilo en alto por medo a qeu as autoridades tomen represalias contra eles.
Este libro, comeza cunha explicación de por qué a xente se reivindica e se indigna, de modo que o que relata a continuación son algúns deses casos.
Eu estou de acordo cos motivos polos que Stéphane se indigna, xa que son temas de agora e non de fai mínimo 20 anos, sabes polo menos algo sobre o que tratan. A min tamén me indigna agora mesmo, que os policías durante as manifestacións dos estudantes, que carguen contra a xente e logo cúbran#blgtk08#se uns a outros. Por exemplo, na última manifestación en Vigo, os policías cargaron contra os estudantes, a maioría minores de idade, cunhas bolas que parecían de ping-pong, e despois na prensa din que non houbo ningunha carga, senón que os estudantesa manipularon as fotografías. Eu iso non o soporto.
Despois tamén está o caso de que unha señora que pasaba por alí foi vítima dun pequeno incidente cun policía e din que foi un caso alleo á manifestación, cando hai un video no que se ve claramente o que sucede.
A miña opinión é que hai moitos temas polos que te podes indignar e este autor, Stéphane, colleu os que para el eran os máis indignantes ó longo da súa vida.
Comentario de Andrea Vázquez 2º Bach B (27-11-2013 12:47)
10 Stéphane Hessel, na súa obra ?Indignádevos?, transmite unha nova mentalidade, o ?non? que da paso a un ?si?. Non todo o que está establecido nunha sociedade ten por qué estar ben, ou ser xusto, polo que non temos que dar a todo o noso aprovamento. Temos que aprender a dicir ?non?, pero non polo simple feito de negarse. Negarse non ten porque significar renunciar. Para Hessel o ideal humano é o home rebelde, que se nega pero non renuncia, que da un si dende o seu primeiro movemento. A indignación debería ser vista como símbolo de resistencia, coma un dereito inalienable de cada individuo. A peor das actitudes ante un problema é a indiferencia. Ser indiferentes ante algo implica deixalo pasar e iso non solucionará o problema. Así, sempre pola vea pacífica, debemos mostrar a nosa indignación ante o que non nos gusta.
A miña indignac#blgtk08#ión hoxe sería o sistema educativo planteado para acadar una plaza nunha universidade. Non me parece xusto que todo o noso futuro esté marcado por unha nota, por un simple número. Estou plenamente convencida de que hai xente con notas baixas moito máis apta para determinados traballos que persoas con notas máis altas. Dende o meu punto de vista, ter una boa nota non ten por qué significar estar máis cualificado, xa que o sistema educativo actual está diseñado para recibir moita información para despois ser capaz de volcala nun papel, e isto non implica que se controle a materia, se non que se ten unha gran memoria. Baixo o meu punto de vista, estudar non implica aprender, e paréceme inxusto e indignante que persoas moi aptas e que serían bos traballadores nun determinado campo, non podan acceder ao futuro que queren por mor dunha nota.
Comentario de Lara Campañó Machado (28-11-2013 16:34)
11 Eu vou falar sobre a primeira muller española á que se lle nombrou científica, que se chama Isabel Torres, que naceu en 1905 en Conca e morreu en 1998 en Granada.
En 1930 ocupou unha plaza na Casa da Salud de Valdecilla (Sántander), inicialmante como a única muller. O seu traballo no hos#blgtk08#pital analizaba o valor nutritivo dos alimentos para así elaborar una dieta correspondente para para cada paciente.

A min pareceme moi ben que unha muller coma ela poidese ser científica porque sen ela non poderiamos sabera nosa dieta correspondente grazas a ela o sabemos.
Comentario de ana-4ºesoA (27-03-2014 09:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0