O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O dereito á participación política

"1. Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, en forma directa ou por medio de representantes libremente elixidos.

2. Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país.

3. A vontado do pobo debe ser a base da autoridade do goberno: esta vontade expresarase mediante eleccións auténticas que haberán de celebrarse de forma periódica, polo sufraxio universal e igual e que se realizará por voto secreto ou outro procedemeto equivalente á liberdade de voto".

(Declaración Universal dos dereitos humanos. Artigo 21)


Porén non en todos os países son respectados os dereitos democráticos dos cidadáns. Os principais problemas que ameazan a democracia actual son a escasa participación, a corrupción, os medios de comunicación manipulados, a preeminenza do poder económico e a discriminación sexual entre outros. No seguinte mapa podemos ver o nivel de liberdade dos cidadáns nos diferentes países do mundo



Países como Cuba, China, Venezuela, Corea do Norte, e a meirande parte dos países de África excepto Sudáfrica, non son gobernos democráticos, básicamente porque non hai división de poderes. Un partido único toma o poder e priva aos cidadáns dos seus dereitos. Moitos destes gobernos son comunistas e presentan aos seus rexímenes como democráticos aínda que só o son en apariencia.

O caso máis soado pode que sexa o de Corea, onde o seu réxime comunista fai que os seus cidadáns sigan vivindo nunhas condicións similares ás do antigo réxime, cunha economía subdesenvolta e anticuada. Polo mesmo feito de ser un réxime comunista, Corea do Norte está en conflito con Corea do Sur, que é capitalista. Isto é un problema para os cidadáns de ambos paises pois a súa fronteira é case infranqueable. Dada esta situación son moitas as persoas que intentan escapar desde forma de vida pero, ando as descobren son devoltas a Corea do Norte, onde son severamente castigadas por traidoras e, como represalia, tortúranas, encarcélanas ou mátanas.


A prensa é dificil que obteña permiso para cruzar ao outro lado, pois Corea do Norte non quere que investiguen os seus asuntos, en cambio, os turistas teñen máis facilidades para pasar. Porén deben ir acompañados por un guía e non se poden desviar da súa ruta pois o goberno só quere ensinar a parte bonita do país, esquecendo mostrarlles a realidade: a pobreza, as atrocidades que comete o réxime ou o sufrimento de gran parte da poboación.

A poboación sofre tantas restricións que incluso o seu ditador, Kim Jong-un, chegou ao extremo de prohibir o seu nome para o resto dos mortais, elevando así a súa figura como líder. O anterior ditador, o difunto querido líder, Kim Jong-il (pai de Kim Jong-Un), creou unha directiva que controla o censo dos cidadáns chamados Kim JongUun e presionalles para que se cambien de nome.

Para demostrar ao mundo que Corea do Norte non é unha ditadura, o 9 de marzo de 2014, Kim Jong-Un celebrou unhas elecións que gañou co cento por cento dos votos. Que casualidade!. Este é só un exemplo dos moitos casos que se deron na historia da humanidade. Son claramete un exemplo da violación dos dereitos humanos e non só do dereito á participación política.

Isto ten que cambiar, pois as persoas deben vivir con liberdade dentro da marxe legal, tanto para elixir libremente o nome dos seus fillos como para decidir quen vai ser o seu gobernante. Pois democracia significa poder do pobo e como podemos observar isto non é tal. Están sometidos por unha ditadura mal disfrazada de democracia e, en certo modo nunha situación que se asemella ao Antigo Réxime. Pero ninguén fai nada por evitalo e son moitos os que sofren en silencio pois non se atreven a revelarse por medo ás represalias que poida tomar o réxime contra eles. Pola contra, son moitos os rinden culto ó Lider, e que están a favor de que unha soa persoa exerza o control sobre o resto e seguenlle o xogo aumentando os seus aires de grandeza ao alabalo coma se fora un deus.


(Artigo de Lucía Estévez)

Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Filosofía - Publicado o 03-12-2015 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0