O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Quen manda na casa?
As orixes do patriarcado
A muller constitúe dende sempre un colectivo moi importante da sociedade . As súas funcións como produtora e reprodutora sustentan a formación das sociedades e, non obstante, na case totalidade das culturas tradicionais ten un papel subordinado ao do home. Nas sociedades actuais, o papel das mulleres está cambiando progresivamente pero aínda seguen cometéndose actos de violencia e inxustiza contra as mulleres nas diferentes culturas, mesmo na nosa.

Existen varias teorías que respaldan o poder do home sobre as mulleres. Desde as que lle atribúen á natureza a causa da desigualdade entre os sexos, ata as que fan recaer esta diferenza nunha estratexia dos homes para o control do poder feminino. A cuestión estriba en que, en case a totalidade das culturas que existen na actualidade, o predominio social dos homes é universal.


En Asia e Oriente Medio mátanse as mulleres en nome da honra. As nenas sofren mutilacións xenitais en África Occidental en nome do costume. As nenas, no sur de África, son violadas e contraen SIDA porque os seus violadores cren que o sexo con virxes os ha curar da súa enfermidade. E nos países máis ricos e desenvolvidos do mundo, as mulleres morren a causa das malleiras que lles dan as súas parellas.



Estas situacións prosperan porque son moitos os gobernos que fan a vista gorda e permiten que a violencia contra as mulleres ocorra impunemente. En moitos países, as leis, as políticas e as prácticas imperantes discriminan ás mulleres, negándolles a igualdade cos homes e facéndoas vulnerables á violencia. Con moita frecuencia os roles de xénero e as estruturas sociais reforzan o poder dos homes sobre a vida e o corpo das mulleres. En moitas comunidades os dirixentes relixiosos e os medios de comunicación fomentan roles, actitudes e costumes que tratan de subordinar e asoballar as mulleres.

Outras teorías: O matriarcado


O matriarcado non é o reverso do patriarcado. A orde xerárquica e de poder do matriarcado non ten que coincidir cunha sociedade centrada na muller. Pese a todo algúns antropólogos chegaron á conclusión de que non existiron nunca éstas sociedades. A orde matriarcal tería características propias, centradas na autoridade feminina e cunha atribución de poder compartida cos homes.
Os mosuo viven en China, entre as provincias de Yunnan e Sichuan, á beira do lago Lugo. O seu sistema social ten como característica principal a inexistencia do matrimonio.

A relación entre dúas persoas non leva ao compromiso nin a convivencia, é dicir, o home pode visitar a muller, pero pola mañá volverá á casa da súa nai a traballar no que esta lle ordene.

Os fillos críanse coa nai e herdan o seu apelido,non existe relación de filiación co seu proxenitor masculino. Nesta sociedades só a muller pode ter propiedades e cartos e só ela asume a crianza e responsabilidade sobre os fillos.
.

(Artigo de Juan Junior Comesaña Penedo)




Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 05-02-2013 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 ¿E cales foron os motivos do cambio de sociedades matriarcais a patriarcais?

1º- O desenvolvemento de civilizacións, o aumento da producción e a agricultura aumenta o sentido de propiedade. Isto, básicamente, produciu conflicto de intereses e con iso se desenvolveu unha forma máis complexa de control político que incluiu aos homes.

2º-. Básicamente, o home se separa do papel reproductor asociado á muller, centrándose noutras cualidades, por exemplo as corporais (físicamente e máis forte).

3º-. Por último en relación ao #blgtk08#punto anterior, o paso do matriarcado ao patriarcado, produciuse cando o home empezou a intuir que na reproducción tiña un papel tan importante como a muller. Ata entón a reproducción entendíase como gracia da Deusa Naturaleza.

Dende o meu punto de vista, non faria falla a separación do papel reproductor do home, para ensalzar outras cualidades (como por exemplo as físicas), porque como vemos hoxe en dia os homes nunca descuidan ás mulleres nin aos seus fillos porque son o mellor que un home pode ter na vida, e iso está por riba do seu aspecto físico.
Comentario de Manuel Ángel 1º Bach "c" (15-02-2013 09:58)
2 O Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa participación, en pie de igualdade có home, na sociedad e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo.

A primeira convocatoria tivo lugar en 1911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza extendéndose a súa conmemoración, dende entonces, a numerosos países. No ano 1977 a Asamblea Xeral da Organ#blgtk08#ización das Nacións Unidas (ONU) proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional. É festa nacional nalgúns países.

Na miña opinión, estou moi de acordo coa conmemoración deste día defendendo os dereitos e a igualdade da muller. Nesta sociedade todos somos iguais, e só xuntos podemos seguir avanzando e conseguir resolver os problemas que acontecen na sociedade que é igual para todos.
Comentario de Goran Alonso Abreu 1º B Bachillerato (18-02-2013 09:44)
3 La superioridad entre individuos debe ser erradicada, pues ninguno somos mejores que ninguno, ni de otra raza, ni como en este caso; de otro sexo.

La igualdad entre mujeres y hombres es un principio fundamental de la democracia. No obstante, en la realidad sigue habiendo discriminaciones por razones de sexo. Así, por ejemplo, el paro afecta más a las mujeres que a los hombres. Las m#blgtk08#ujeres ocupan la mayor parte de los empleos precarios y de los trabajos a tiempo parcial. Aún todo, creo que debería haber una igualdad total y contstante: igualdad de acceso a empleos, igualdad de remuneración, igualdad de trato en seguridad social y regimenes profesionales... Para hombres y mujeres, sin matriarcado ni patriarcado, para poder vivir todos en las mismas condiciones.

Comentario de Pablo Monroy 1º Bachillerato B. (22-02-2013 10:01)
4 A muller na actualidade

En moitos paises a situación da muller cambiu moitísimo, ata o punto de que foi posiblemente o maior cambio nos últimos 25 anos. Hemos pasado da absoluta desigualdade, ata a casi plena equiparación. E a muller ha tenido un papel moi importante neste aspecto, aínda aún hai moitas cousas por facer. Dos t#blgtk08#emas a destacar son, por un lado, os malos tratos: é importante que se consideren delitos de verdade, non problemas de carácter doméstico; e, polo outro lado, a importancia de compatibilizar o papel da muller no traballo e como nai de familia, o cual é duro porque significa que a muller acaba tendo o doble ou triple de traballo que o home.
Comentario de Andrea Rodriguez 1Bach.C (22-02-2013 10:03)
5 Respecto a diferencia entre patriarcado e machismo dicir que:
- o patriarcado é a sociedade onde exerce o poder o home que é quen se ocupa dos lugares estratéxicos(poítica,leis,educación)e dirixe a sociedade que goberna segúnos seus valores e a súa posición.
Por exemplo:as bodas concertadas que algunhas sociedades aínda levan a cabo.

-O machismo é cando#blgtk08# o home aproveitando o seu poder ten unha actitude ofensiva contra a muller. A finalidade principal é discriminar á muller polo feito de ser muller.

Por exemplo: os roles familiares;o home é o gañador do pan e a muller a criadora de nenos.
Habitualmente o patriarcado é a causa do machismo.
-Patriarcado=Causa
-Machismo=Consecuencia

Comentario de Sergio Campos 1ºBach A (04-03-2013 09:48)
6 Eu vou falaros respecto de unha sociedade matriarcal que perdura desde hai moitos anos, os mosuo.
Os mosuo viven nunha rexión que estaba aislada do resto do mundo hasta os anos setenta. O aislamiento da rexión do lago Lugu(situada en las provincias de Yunnan y Sichuan, en la parte oriental de Tíbet) permitiu que o sistema de liña materna floreciera e perdurara, incluso en tempos de comunismo.
A súa rexión foi conquistada polos exércitos dos emperadores de China e convertironse en parte do imperio chino. Pero os mosuo non han adoptado os patróns patriarcales chinos e non foron forzados a facelo debido ao lugar remoto no que viven.
Tratase dunha tradición nacida fai miles de anos, cando er#blgtk08#a normal o matriarcado na China rural, según dicen os sociólogos. O matrimonio ambulante é, quizá, el legado de unha época na que era frecuente que os pais morreran en guerras, viveran como nómadas ou foran monxes budistas que habían feito voto de castidad e, por consiguiente, non iban a reconocer a súa descendencia. En ausencia dos hombres, as mulleres recollían as cosechas, daban de comer ás familias e impoñían as normas.
Elas son as únicas propietarias. A herencia transmitese de nai a filla, o que implica que na rexión non existen hombres con casa propia. O apelido da mujer identifica os lazos de sangre. En cada unha das familias hay unha matriarca e é a figura de máis alto nivel no clan.
Comentario de Fran Vázquez 1ºA (04-03-2013 09:48)
7 A MULLER NA CULTURA ISLÁMICA
Na actualidade a muller arabe encontrase nunha situación de sumisión. Para algúns líderes relixiosos a muller é inferior ao home por natureza tendo éste a primacia total e absoluta sobre ela.
Nun fragmento do Corán podemos contemplar esta dominación: "Os homes están por enriba das mulleres, porque Deus favoreceu a uns respecto de outros#blgtk08#, e porque eles gastan parte das súas riquezas a favor das mulleres. A muller árabe ten unha actividade restrinxida ao ámbito doméstico, depende económicamente do seu marido, o acceso a educación está vetado, casi o 90% das mulleres son analfabetas; no mundo so poden desempeñar sectores que son pouco apreciados polo home, como pode ser o oficio de mestra, enfermeira ou comadroa.
Comentario de Joshua Covelo 1ºBACH C (04-03-2013 09:53)
8 Desde o meu punto de vista creo que na sociedade actual Europea apenas existe o patriarcado senon que existe unha responsabilidade e poder igual entre os homes e mulleres.
Non obstante, en outros lugares e en outras culturas segue a#blgtk08# existir o patriarcado e a sociedade machista, como ocorre nas culturas musulmanas e nalgúns lugares de ÁFRICA.

Temos que seguir loitando para algún día ser iguales e sen descriminación en todos os lugares da terra.
Comentario de Junior Comesaña 1ºBach.A (04-03-2013 09:59)
9 Eu vou falar da etnia xitana. unha comunidade ou etnia orixinaria do Subcontinente Indio. Facendo referencia aos xitanos españois,podo dicir que como o resto das culturas foron evolucionando e cambiando a súa forma de pensar pero non tanto como as mulleres quixeran. O que manda na casa é o home, e é este o que vai traballar para alimentar a familia, ( as cales soén ser bastantes amplias), mentras tanto a muller queda na casa, coidando aos nenos. A nai delega na filla maior para que coide aos fillos e soamente cando está casa deixálle a responsabilidade de coidar aos irmás a seguinte nena que haxa na familia. Respecto as costumbres #blgtk08#é a muller a que ten que conservarse virxe para o matrimonio, xa que é a que lle fan probas para comprobar a súa pureza, e se non o fai é unha falta de respeto para toda a súa familia. Está mal visto que as mulleres saían pola noite pero sen embargo nos homes é algo habitual, os homes poden fumar e nas mulleres é unha cousa mal vista. As mozas rara vez ten liberdade para escoller o seu mozo, ten que escoller entre os seus primos, e moitas veces son os pais dos mozos os que organizan os matrimonios.
Os tempos cambian e agora comeza haber familias nas que as mulleres tamén saen a traballar, pero iso si, acompañada por homes.
Comentario de TamaraLópez 1ºBACH-C (04-03-2013 10:01)
10 Na sociedade actual, a muller integrase nas mesmas actividades que o home e, salvo nalgúns países, coma Arabia ou en África, ten acceso á mesma formación e opta polos mesmos postos de traballo. Pese a isto, seguen existindo grandes diferenzas como son que unha muller gane menos cun home facendo o mesmo traballo; que as mulleres alistadas no exército teñen problemas; que aínda exista a violencia de xénero; que haxa #blgtk08#máis mulleres paradas?
Na miña opinión, avanzouse en gran medida o papel social da muller, pero aínda se teñen que mellorar moitas cousas para que a igualdade entre home e muller sexa real en todos os lugares do mundo e, ata que non se cumpra, todos teremos que esforzarnos para mellorar o noso mundo xa que todos temos nais, irmás, avoas ou amigas que merecen ter os mesmo dereitos e deberes cos homes.
Comentario de Alexandra 1º Bach. (04-03-2013 10:01)
11 As teorías do patriarcado e do matriarcado non me parece xustas, xa que entre elas non existe unha igualdade de dereitos entre mulleres e homes.
En termos xerais o patriarcado pode ser definido como un sistema de política baseada no sexo en diferentes institucións públicas e privadas instituído polo home, que, oprimen as mulleres.
E o matriarcado tamén é unha teoría que #blgtk08#pareceume inxusta xa que nesta sociedade os fillos non ten relación de filiación co seu proxenitor masculino e tamén porque só as mulleres poden ter propiedades e cartos.

Temos que pensar que todos somos iguais e que xa estamos en unha sociedade que tanto as mulleres como os homes temos os mismos dereitos, para que siguan existindo sociedades patriarcais ou matriarcais.
Comentario de stefani (05-03-2013 09:29)
12 Na actualidade os dereitos da muller evolucionaron comparados con fai algúns anos. Por exemplo a muller agora pode votar e se introduxo maís no traballo laboral debido a que se recoñeceu a súa valía. A posición da muller na sociedade a mellorado xeneralmente en todo o mundo, aÍnda que segue sendo moi inferior nalgunhas zonas de Asia e de África debido#blgtk08# a súa cultura machista se seguen comentendo atrocidades contra as mulleres, os homes practican sexo coas virxes porque a si cren que van a curarse da súas enfermidades e en África occidental as nenas sofren mutilacións xenitais.
Esperemos que con tempo e esforzo todas as desigualdades que quedan contra a muller no mundo se desvañezcan.
Comentario de Antonio Díaz (05-03-2013 09:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0