O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Os maias e as súas profecías

Durante o periodo preclásico e clásico en Mesoamérica desenvolvéronse varias culturas: os Olmecas, os Maias, os Toltecas e os Aztecas, neste artigo referiremonos ó pobo maia.

A civilización maia foi unha das de maior trascendencia durante o periodo preclásico e clásico, todos os seus avances e investigacións científicas son hoxe en día de gran utilidade. Os seus principais avances foron en materia de astronomía e ciencias exactas; así como agricultura e gandería.
Ocupou gran parte da rexión coñecida como Mesoamérica, nos territorios actuais de Guatemala, Belice, Honduras, O Salvador e na franxa de cinco estados do sudeste de México: Campeche, Chiapas, Quintana Roo, Tabasco e Yucatán, cunha historia de preto de 3000 anos.

-Falaron centos de dialectos que hoxe xeran preto de 44 linguas diferentes.
-Os Maias fixeron grandes edificios e impresionantes construcións no preclásico medio, e fundaron grandes cidades como Nakbé, O Mirador, San Bartolo, Cival, situado na conca de Mirador.

Organización social:

Formaban unha sociedade moi xerarquizada. Estaban gobernados por unha autoridade política, o Halach Uinic, xefe supremo, cuxa dignidade era hereditaria na liña masculina, e Kan Alma, o sumo sacerdote.


Organización económica:

A agricultura foi a espiña dorsal da economía maia dende a época precolombina e o millo é o principal cultivo. Os Maias tamén cultivaron algodón, patacas, xudía doce, mandioca e cacao.

Avances Científicos
Un dos seus maiores avances foi o sistema matemático que inclúe un díxito igual a cero.
Entre os maias, a cronoloxía foi determinada mediante dous sistemas de calendario: un sagrado e outro civil. Como grandes astrónomos elaboraron un calendario de gran exactitude. O ano comeza cando o sol atravesa o apoxeo o 16 de xullo e tiña 365 días, 364 deles estaban agrupados en 28 semanas de 13 días cada unha, e o ano novo comeza no día 365. . Chegaron a pronosticar que o 21 de decembro de 2012 acabariase o mundo.

Relixión:

Os antigos maias posuian deuses correspondentes aos catro puntos cardinais. Eran politeístas: Ahau Kin (deus do sol) representabase como un vello de ollos cadrados.
Buluc Chabtan (deus da guerra e dos sacrificios humanos).
Chac (deus da chuvia, representabase como un ancián con un ollo de reptil, unha nariz longa enrolada e dous colmillos. Ix Chel (deusa lúa).


A desaparición deste pobo debeuse probablemente a unha gran sequía que produciuse no seu entorno. Os sedimentos dos lagos do Yucatán conservan na memoria unha sucesión de sequías a partir do siglo IX, unha delas durou uns 150 anos. Tamen influíu a rebelión das aldeas, levantamentos internos contra os gobernantes, epidemias e fenómenos naturais que diezmaron á poboación.

Que hai de verdade na profecía maia que augura o
FIN DO MUNDO para o
21 de decembro de 2012?



(Artigo de Francisco Vázquez Maya)


Escribe o teu comentario (14) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 19-12-2012 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Me encanta lo que haces, bravo! Muchas gracias por c#blgtk08#ompartir con nosotros este artículo.

Comentario de Voyante (20-12-2012 13:53)
2 É unha faena que hoxe nos dean vacacións e que mañá se acabe o mundo!!. Cun pouco de sorte se iso non sucede teremos tempo de reflexionar sobre este artigo cando nos reincorporem#blgtk08#os ao traballo en xaneiro.

Desde aqui quero felicitarvos polo traballo realizado no blog ao longo do primeiro trimestre.

Felices Festas e Bo nadal.
Comentario de Carmen (20-12-2012 21:12)
3 Os pobos antigos maias son ben coñecidos polas súas elaboradas cerimonias relixiosas. A relixión desempeñou un papel importante nas súas vidas. Eles tiñan un sistema de crenzas incrible e fascinante: có sacrificio de seres humanos intentaban comunicarse cos deuses e enviar a enerxía humana para o ceo e recibir o poder divino#blgtk08# a cambio.

Para os maias a forma eficaz de adorar aos seus deuses era dar o sangue do seu sacrificio.

A miña opinión personal é que eses sacrificios son inhumanos. Eu, non estou en contra da relixión maia, pero non me parece correcto que un pobo chegue a sacrificarse para adorar ao seus deuses.
Comentario de Stefani de Freitas (08-01-2013 10:03)
4 Unha profecía é un "don sobrenatural que consiste en coñecer por inspiración divina as cousas distantes e futuras".
En distintos graos e formas variables, as relixións da antigüedade fixeron referencia a homes "inspirados" que afirmaban falar no nome de deus, estes homes son ós chamados "profetas".

As suas profesías non tiñan ningunha base científica e, por ese mot#blgtk08#ivo, a maioría delas non se chegan a cumprir.
Un exemplo moi claro é a profecía maia que dicía que acabaría o mundo e sería o final o pasado 21 de decembro do 2012, obviamente esa profecía non se cumpríu.

Na miña opinión ás profecias son falsas, xa que non teñen ningunha base científica e son improbables, e ás profecias que se cumpriron foron por mera casualidade.
Comentario de Junior 1º bach A (08-01-2013 10:05)
5 Unha profecía é unha afirmación clarividente sobre o futuro, ben dunha forma xeral ou nun campo específico. Non obstante, hai unha diferenza entre profecía e predición: Unha predición é unha afirmación que se emprega para reforzar unha teoría de acordo a un proceso lóxico, mentres que unha profecía non está ligada a un razoamento na previsión do resultado predito e a súa inspiración é de orixe divina.

Según esta profecía, o mundo debe terminar coa alineación dos planetas e do sol co centro da Vía Láctea e a inversión dos polos magnéticos do campo terrestre. O P. Funes considera que actualmente "a base científica desas afirmacións é obviamente falsa".Os maias medían o tempo de maneira cíclica e estaban interesados en encontrar un diseño repetitivo do cosmos que puidera darse nun futuro, de maneira que a súa astronomía desarrollábase en bas#blgtk08#e á astronomía e a relixión coa obsesión dos ciclos temporais.

Neste sentido sinalou que aínda pode ser fascinante o estudo da astronomía maia, o universo creouse fai 14 billóns de anos e según os datos actuais sábese que se encontra en expansión continua.

Para o xesuita, o universo e a historia teñen sentido e no interior do ser humano está a convicción fundamental de que a morte non pode ter a última palabra.

A cosmoloxía móstranos que o universo vai hacia un estado final de frío e de oscuridade; a mensaxe cristiá ensínanos en cambio que na resurrección final, o último día, Deus reconstituirá a cada home e a cada muller e a todo o universo.

Dende o meu punto de vista, observando o que ocurriu este ano (os maias prevían o fin do mundo para o 21 de Decembro de 2012 )as profecías non son cribles.
Comentario de Sergio 1ºBach A (08-01-2013 10:05)
6 Tres sabios maias aseguran que os seus antepasados tiñan outro sistema de conteo e que o 22 de decembro comezará unha nova era. O tempo que vaise finalizar o 21 de decembro é unha era de 400 anos.

E obviamente as persoas actuais, xa non manexamos todo ese conteo, porque non vivimos 500 anos ou mil anos, se viviésemo#blgtk08#s máis anos todos os seres manexaríamos todo ese conteo.

Houbo xente que malinterpretou as teorías maias. Tamén moitos gobernos predixeron que en 20 anos non habería pobreza e se equivocaron, moitos dixeron ca crisis non iban afectar aos países ben desenvolvidos e afectou, que non iban haber guerras e houbo guerras.
Comentario de Andrea 1º bach.C (08-01-2013 10:05)
7 Algúns deixanse levar por estas informacións e temerosos de sucumbir ante o fin do mundo mandan construir refuxios blindados para sobre#blgtk08#vivir a estes sucesos. O prezo oscila entre uns 45.ooo euros e 130.000 euros., e hay empresas especializadas en estas construccións.
Comentario de Xavi (10-01-2013 23:26)
8 A civilización Maia, pese a ser unha das máis importantes e coñecidas. Non é a única cultura existente en América. Por exemplo, á chegada dos españois, as únicas sociedades urbanas existentes en América eran a azteca e a inca, pois a cultura maia desaparecera no s.XI d.C. Outras culturas da mesma época, pero menos importantes eran: Mexica, Muisca, Nazca, Moche, Tiahuanaco e Cañaris, entre outras. Un dos elementos comúns das culturas precolombinas, é o alto grao de desenrolo na edificación de templos e monumentos relixiosos. Algúns moi coñecidos.

Os aztecas establecieronse no #blgtk08#val de México a principios do s.XIV d.C. Onde fundaron a súa capital, Tenochtitlán, a actual México D.F.
O Imperio Inca abarcou dende as serras da actual Colombia ata o norte de Chile e Arxentina, e dende a costa de Perú e Ecuador ata ó este dos bosques do río Amazonas. A capital do imperio era a cidade de Cuzco. Cerca de ésta, na cúspide dunha montaña nos Andes, atópase Machu Pichu, cidade relixiosa e militar.
De todas as culturas precolombinas, as máis coñecídas son a Maia, pola súas profecías e a Inca, pola cidade de Machu Pichu. O resto delas son práticamente descoñecidas.
Comentario de Alexandra 1º Bach. (11-01-2013 09:25)
9 A primeira e a verdadeira profecía Maia anticipanos que o mundo do odio e do materialismo rematará o venres 21 de diciembre do ano 2012.

Neste día a humanidade tendrá que escoller entre desparecer como especie pensante que ameaza con destrui-lo planeta ou evolucionar ata a integración armónica con todo o universo, comprendiendo e tomando conciencia de que todo está vivo e que somos parte de ese todo e que podemos existir nunha nova era da luz.

#blgtk08#> Os Maias predixeron que o 21 de diciembre do 2012, o sol, ó recibir un forte raio proveniente do centro da galaxia producirá una xigantesca chamarada radiante. Podemos relacionar ésta primeira profecía con datos científicos, a NASA advirte que éste 2012-2013 é un período de ?máximo solar? no que as posibilidades dunha ?tormenta solar perfecta? como a ocurrida en 1859 é moito mais alta do habitual. A terra verase afectada por cambios no sol mediante tormentas solares.
Comentario de Goran Alon Abreu 1ºB BAC. (11-01-2013 09:26)
10 O fin do mundo non aconteceu en 2012, será en 2220.Os que temen un apocalipse poden respirar tranquilos, e non para os amantes de Emmerich (director de EL fin del mundo) e o seu filme de 2012.

O calendario maia, supostamente prevee que o mundo ía cambiar en 2012. O arqueologo Fuls do Instituto Andreas de Geodesia e Ciencia da Geoinformación, Universidade Técnica de Berlín, a data prevista non é correcta, e segundo Fuls debe poñer 220 anos despois de 2000.
De acordo co estudo realizado por Fuls o período crítico para a humanidade será 2220. Durante anos Fuls traballou coa axuda dun software especial, calculando e comprobando datas co calendario astronómico.

Tradicionalmente, crese que o calendario maia comeza o 11 de#blgtk08# agosto de 3114 aC, pero Fuls investigador alemán cree que esta correlación é errónea. Fuls estudou táboas maias mostrando a posición de Venus no ceo, o que lle permitiu asociar coñecidos eventos astronómicos cas datas Maya e concluíu que hai un erro de 208 anos sobre a data da orixe do calendario maya.
A maioría dos científicos basearonse para calcular as datas en documentos de dominio colonial dos séculos 16 e 17. Fuls entendeu que tiña erros, así facendo uso do "Dresden Codex" e mirando para o calendario maia grande, nos seus cultos relixiosos e a súa análise astronómica, ademais de en monumentos maias preservadas, e os períodos en que foron elixidos gobernantes, guerras períodos e datas das súas celebracións chegou a conclusións moi diferentes.
Comentario de Fran Vázquez 1º Bach (11-01-2013 09:29)
11 O pobo maia habituou en America central é unha cultura cunha rica historia de case 3000 anos. Deixaron para nós, os habitantes do planeta terra unha serie de profecías escritas nunha pedra, 7 en concreto, as cales foron traducidas ao castelán. Houbo moitas ao largo da his#blgtk08#toria as cales nunca chegaron a cumplirse, a última a cal suporía o fin do mundo o 22 de decembro do 2012, tampouco levouse a cabo.

Eu penso que o das profecías son lendas que poden atemorizar ás persoas pero non a todas, xa que non todo o mundo cree nelas.
Comentario de Tamara López 1ºBACH C (11-01-2013 09:49)
12
AS 7 PROFECIAS MAIAS

Aunque sean profecias "falsas", a continuación mostrase unha recopilación das 7 profecías maias:


PRIMEiRA PROFECIA MAIA.

Cada 5125 anos, un raio sincronizador con orixen no centro da galaxia, atravesa o Sol producindo cambios bruscos e afectando o seu comportamento, a fecha próxima é o 21 de dicembro do 2012.


SEGUNDA PROFECIA MAIA.

A profecía dice que a partir do eclipse de Sol do 11 de agosto de 1999, a humanidade cambiaría radicalmente, neste tempo os seres humanos himos de enfrentarnos aos nosos medos e odios, himos de elexir o camino entre o ben e o mal.

TERCEiRA PROFECIA MAIA.

Profetizase un aumento global da temperatura do planeta terra, provocando grandes catástrofes sobre noso planeta.


CUARTA PROFECIA MAIA.

A causa da ol#blgtk08#a de calor anunciada pola 3 profecía, os polos da Terra derretiránse, sumerxiendo na agua gran parte dos continentes e superficies terrestres.


QUINTA PROFECIA MAIA.

Fala sobre un paro en todolos sistemas (económico, político, social ...) que actualmente coñecemos, tendremos que cambiar nosos pensamentos e enfrentarnos aos nosos miedos.


SEXTA PROFECIA MAIA.

A sexta profecia maia profetiza o advenimento dun cometa sobre a Terra, existirá un gran risco que o cometa colisione co noso planeta provocando unhas catástrofes xamais vistas polo ser human.


SEPTIMA PROFECIA MAIA

Esta última trata máis dun mensaxe que dunha profecía, dicenos que a partir dos últimos 13 anos anteriores ao 2012, o ser human ten a oportunidad de cambiar o seu pensamento, encontrar a paz interior e ter unha consciencia cósmica unitaria.
Comentario de Joshua Covelo 1ºBACH C (11-01-2013 09:50)
13 As profecías falannos acerca dos cambios que debemos realizar en nós mesmos para impulsar a humanidade cara unha nova realidade de armonía, cambios que transformarán simultáneamente ao planeta e ao ser humano para dar paso a unha nova era.
Desde o meu punto de vista, unha incorrecta interpretación das profecías propiciou que a sociedade en conxunto fale dun#blgtk08# fin do mundo cando nas profecías aparecía mencionado o fin dun ciclo.
Isto foi mencionado por sacerdotes maias que aseguran que o 21 de Decembro termina un ciclo cósmico de 5.200 años. É o final de 12 Baktum, e o comezo doutro ciclo : 13 Baktum. Ó mesmo tempo produciríase un cambio na conciencia do home da oscuridade á luz, para facer así un mundo mellor.
Comentario de Pablo Monroy 1º Bachillerato B. (11-01-2013 09:56)
14 La desapacicion de los mayas no fue probocada por una catastrofe natural, lo ocasionaron ellos mesmos.
Los mayas casi siempre son descritos como personas que vivian en armonia co su entorno.
Pero al igual que otras culturas, los mayas terminaron deforestando y destruyendo su paisaje como o resultado de sus esfuerzos por ganarse la vida.
?Tenían que quemar 20 árboles para calentar la piedra caliza que les servía para hacer apenas 1 metro cuadrado de cal que utilizaban como material para construir sus formidabl#blgtk08#es templos, presas y monumentos?,
el aumento de la temperatura y las disminuciones de las precipitaciones ocasionadas por la deforestación local causaron problemas lo suficientemente graves como para ?empujar hacia el precipicio? a algunas, aunque no a todas sus ciudades.
Ningún factor puede, por sí mismo, llevar a toda una civilización a la ruina, pero la deforestación ayudó a que se produjera una gran sequía podría fácilmente haber exacerbado otros problemas como: disturbios sociales, guerra, hambre y enfermedad
Comentario de Antonio Diaz 1· Bach (11-01-2013 10:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0