O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Es ti maior de idade?
Recentemente no noso país, casos como os de Marta del Castillo ou Mª Luz Cortés fixeron que o Congreso aprobase a pasada semana unha modificación do Código Penal para elevar a idade na que os mozos poden manter relacións sexuais consentidas.

Que é a maioría de idade?, pois é o número de anos que o ordenamento xurídico establece para determinar a plena capacidade xurídica da persoa e supón tamén a madurez intelectual e física suficiente para realizar certas condutas. Na maior parte do mundo oscila entre os 16 e os 21 anos pero nalgúns lugares de Africa alcánzase aos 13 anos.

Que supón alcanzar a maioría de idade para os mozos e mozas?. En primeiro lugar desaparece a patria potestade ou a tutela que os adultos exercen sobre nós, adquirimos o dereito ao voto e recoñécesenos a plena capacidade de actuación.

En España , a idade en que os mozos podemos ter capacidade legal para facer certas cousas foi evolucionando de forma contradictoria. Así, aos 12 anos temos dereito a ser escoitados pola xustiza e recoñécesenos capacidade para decidir en caso de adopción ou acollemento. Un ano máis tarde, aos 13, podemos consentir relacións sexuais sen que constituan delito; contraer matrimonio aos 16 se estivesemos emanciapados ou a partir dos 14 con xusta causa ou con dispensa dun xuíz; os menores podemos conducir un ciclomotor aos 15 anos, pero non podemos transportar pasaxeiros ata os 18. Con todo a escolaridade obrigatoria retennos na escola -aínda que non queiramos- ata os 16 anos e só entón poderemos traballar.
Con 16 anos obtemos a maioría de idade penal e sanitaria, podemos solicitar a pílula contraceptiva ou dar a nosa autorización para realizar unha operación cirúrxica, sen embargo non podemos mercar tabaco, consumir bebidas alcohólicas nin acceder a salas de festa ou discotecas que non sexan "light" ata os 18 anos.



Estas contradicións no noso ordenamento xurídico mostran a disparidade de criterios que os xuristas manexan cando redactan as leis, así como o descoñecemento que hai , por parte de xuices e letrados, desa etapa da vida chamada ADOLESCENCIA, na que se consolidan os trazos máis propios da nosa personalidade.

Quen os entende ...?




Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 04-11-2012 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
20 Comentario(s)
1 Consultando la Ley de Mayoría de Edad me gustaría resaltar como quedan actualmente los siguientes artículos:

Artículo 1º: Se modifica el Código Civil en los artículos 126, 127, 128 y 131 del título IX, sección primera del libro primero, el artículo 168 del capítulo III del título I, sección segunda del libro primero, los articulos 275 y 286 del título III,sección segunda del libro segundo; el artículo 459 del título XII, sección segunda del libro primero y el artículo 3.675 del capítulo IV del título 12, sección primera del libro cuarto, los que quedan redactados de la siguiente forma:

Artículo 126: Son menores las personas que no hubieren cumplido los dieciocho años.

Artículo 127: Son menores impúberes los que aún no tuvieren la edad de catorce años cumplidos, y adultos los que fueren de esa edad hasta el día que cumplieren dieciocho años.

Artículo 128: Cesa la incapacidad de los menores por la mayor edad el día que cumplieren los dieciocho años.
El menor que ha obtenido título habilitante para el ejercicio de una profesión puede ejercerlas por cuenta propia sin necesidad de previa #blgtk08#autorización, y administrar y disponer
libremente de los bienes que adquiere con el producto de su trabajo y estar en juicio civil o penal por acciones vinculadas a ello.

Artículo 131: Los menores que contrajeron matrimonio se emancipan y adquieren capacidad civil, con las limitaciones previstas en el artículo 134.
Si se hubieran casado sin autorización no tienen hasta la mayorla de edad la
administración y disposición de los bienes recibidos o que recibieren a título gratuito,continuando respecto de elios el régimen lega¡ vigente de los menores.

Artículo 168: Los menores de edad no pueden casarse sin el consentimiento de sus padres, o de aquel que ejerza la patria potestad, o sin el de su tutor cuando ninguno de ellos la ejerce o, en su defecto, sin el del juez.

Artículo 275: Los hijos menores no pueden dejar la casa de sus progenitores, o aquella que éstos le hubiesen asignado, sin licencia de sus padres.
Tampoco pueden ejercer oficio, profesión o industria, ni obligar sus personas de otra manera sin autorización de sus padres, salvo lo dispuesto en los artículos 128 y 283.
Comentario de Fran Vázquez 1ºBCH A (05-11-2012 09:47)
2 En paises como Estados Unidos,os 16 años podese conducir sacándose unha licencia de conducción e beber alcohol con permiso paterno; para poder fumar, votar, podes viaxar sen permiso paterno, entrar na universidade ser xuzgado coma adulto e ter relacións sexuais legais, tes que ter 18 anos; para poder comprar alcohol e entrar nos bares, tes que ter 21 anos. Mentres que para ter unha pistola so t#blgtk08#es que ter un mínimo de 14 anos, pasar uns exames e ter un permiso paterno.

Eu, persoalmente, creo que é unha barbaridade que nenos de 14 anos podan ter unha pistola mentres que para facer cousas coma ter relacións sexuais ou votar tes que ter 18. Penso que sería moito mellor e evitaríanse moitos problemas, se para facer todo iso tiveras que ter 18 ou 21 anos coma noutros paises.
Comentario de Alexandra 1º BACH. (05-11-2012 09:50)
3 A emancipación:

A partir dos 18 anos unha persoa pode legalmente independizarse de casa dos seus pais ou tutores legais.

Isto pareceme interesante xa que tes unha idade óptima para traballar e estudar ao#blgtk08# mesmo tempo, de forma que ti mesmo podas sustentarte económicamente e sen ter que depender de ninguén, pagarte un alquiler e enfrontarte aos diversos problemas que tarde ou temprano terás que abordar.



Comentario de Junior 1ºBCH A (05-11-2012 10:05)
4 A emancipación pode ser ventaxosa ou non depende do caso do que estemos falando.Se falamos dun xóven con problemas en casa e cunha madurez adecuada para poder emanciparse e ten medios para gañarse a vida el só véxoo ben ,pero se é un xoven sen aspiracións e capacidade económica non lle queda má#blgtk08#is remedio que convivir cos seus proxenitores ata que chegue a idade na que aspire a algo e teña a madurez necesaria.Depende da persoa é aconsellable a emancipación dun rapaz menor de idade que quere posuir de bens antes de cumplir os 18 e prescindir da tutela dos pais xa que se ve capacitado.
Comentario de Sergio Campos 1BACH A (05-11-2012 10:05)
5 En el ordenamiento jurídico la mayoría de edad es una condición para determinar la plena capacidad de obrar de la persona que consta en alcanzar una edad cronológica establecida. La figura está motivada en la necesidad de que la persona haya adquirido una madurez intelectual y física suficiente como para tener una voluntad válida para obrar algunos actos que antes no podía por su inmadurez.

Tiene ventajas, como derecho a la plena capacidad de obrar,
derecho al voto y a ser #blgtk08#votado (en algunos países), derecho a adquirir el permiso para conducir vehículos... E inconvenientes como la obligación de cumplir con sus obligaciones tributarias, posibilidad de ser juzgado como adulto...

En algunos países la mayoría de edad se puede adquirir antes de la edad establecida por contraer matrimonio o con el consentimiento de los padres. A veces difiere la edad en el caso de los hombres o de las mujeres, situaciones en que sea declarado incapaz o edades especiales.
Comentario de Pablo Monroy 1º Bachillerato B (09-11-2012 09:38)
6 Dende o meu punto de vista o feito de poderse emancipar aos dezaoito, asi como de ser xulgado de outra maneira, ter permitido a compra de alcohol ou tabaco, pareceme un aspecto clave na vida das persoas na actualidade. Non son todos somos ig#blgtk08#uais; enton non deberiamos ser tratados da mesma maneira pero ante a imposibilidade de tratar cada caso dunha maneira diferente, a idade de 18 parecem un punto moi bó entre a xuventude e a madurez para a adaptación ao sistema legal regular.
Comentario de (09-11-2012 09:50)
7 A ADOLESCENCIA é unha fase do desenvolvemento psicolóxico e físico do ser humano, entre a infancia e a madureza plena. O adolescente, en xeral, aínda non consegue autoafirmarse emocional e economicamente#blgtk08# na sociedade. A adolescencia engloba a preadolescencia (dende 10 aos 15 anos de idade) e a adolescencia propiamente dita (desde 15 aos 20 anos de idade aproximadamente).



Comentario de Manuel Angel 1ºBach ¨c¨ (12-11-2012 09:46)
8 A idade da adolescencia é a idade máis problemática de todas as fases da vida, pero á súa vez, é a máis cómoda. Desafortunadamente, algúns adolescentes hoxe teñen problemas que escurecen a súa idade fermosa.. drogas, alcohol, tabaco. Tristemente, hoxe son as principais atraccións para algúns.

O adolescente debe alcanzar a súa identidade sexual, pero moitos rapazes xa comezan a practicar
relacións sexuales moi novos. Aos 13 años non sabemos o que realmente queremos, facemos cousas pola curiosidade de experimentar novas sensacións, porque xa cremos que temos a idade suficiente para tomar a nos#blgtk08#as propias decisiones.
Os adolescentes comezan a ter actividades sexuais cada vez máis cedo, co consecuente risco de embarazo precoz, o que impide á adolescente a vivir plenamente esta fase, saltando para a madurez, sen os recursos necesarios esixidos. É dicir, esta fase é xeralmente a que marca máis ao longo da vida.

E eu estou de acordo que casos como os de Marta del Castillo ou Mª Luz Cortés fixeran que o Congreso aprobase unha modificación do Código Penal para elevar a idade na que os mozos poden manter relacións sexuais consentidas.
Porque non todos facemos as cousas con xeito.
Comentario de Stefani 1º A (12-11-2012 09:54)
9 Dende a miña opinión o feito de que non podamos comprar alcohol ou tabaco paréceme perfecto, o problema que eu vexo nestra prohibición é que non se poda comprar estes productos de forma legal,sen embargo, é legal manter relacións sexuais consentidas a partir dos 13 anos.
Paréceme que hata os 15 ou 16 anos todavía non estamos preparados para menter relacións sexuais así como fumar e inxerir alcohol.
Os se#blgtk08#ñores letrados e xuíces paraceme que se lles olvidou a súa adolescencia contradecíndose con leis e prohibicións absurdas, somos un grupo moi pouco valorado e con moitas carencias grazas, entre outras razóns, ao goberno e a quen o preside.
Aos adolescentes etiquétannos de inmaduros pero non sempre é asi porque cada adolescente é diferente e podemos pensar razoadamente a pesar de non ter a maioría de idade legal.
Comentario de Junior 1º Bachillerato A (12-11-2012 10:00)
10 Dende o meu punto de vista os 18 anos é o momento perfecto para alcanzar a maioría de idade xa que anteriormente se establece a etapa da adolescencia, onde as nosas hormonas están polo aire e onde os erros e caídas múltiples que temos nesta etapa non son máis que unha forma de aprendizaxe para que ó chegar a maioría de idade teñamos a madurez necesaria para afrontala. Paréceme ben como adolescente, a prohibición da venta de tabaco e alcohol xa que é algo maligno para a saúde dos mozos, os cales moitos deles empezan con éstes hábitos dende os 13 anos cara adiante. Está claro que non todos somos iguais, e que hay mozos, que igual polas experiencias vividas no pasado ou pola súa forma de ser, aínda que sexan menores de idade mostran a madur#blgtk08#ez necesaria para emanciparse. Pero entre tanto caso solto destes, hai que tratar a todos por igual, e penso que os 18 é unha idade razoable para ser legalmente maior de idade.

Defendendo ao meu grupo, os adolescentes, o goberno estableceu leis que atentan gravemente contra moitos dos dereitos dos mozos, e o único que consegue e propagar máis "os costumes" destes, que desgraciadamente, moitos son perigosos. Os 18 xa tes un asentamento como para poder traballar ou estudar depende do caso. Se obtén o dereito ao voto, é xulgado como adulto, se obtén o permiso de conducir..cousas importantes que non se deberían ter con menos idade. Por último para emanciparte tes que estar moi seguro de poder prescindir da tutela dos teus pais.
Comentario de Sergio 1 bach A (12-11-2012 10:00)
11 O consentimento sexual en España é aos trece anos. Con trece anos empezas a adolescencia prematura. Nesta idade o teu corpo está en desenvolvemento de incipientes rasgos característicos, por exe#blgtk08#mplo a pubertad. O consentimiento aos trece anos é prematura xa que non estamos desenvolvidos completamente e é unha idade no que nos empezamos a coñecer o noso corpo e a madurez da nosa mente.
Comentario de Goran Alonso 1ºB Bachillerato (13-11-2012 09:57)
12 Para min,a palabra adolecencia significa unha etapa na vida das persoas. É no momento no que unha persoa deixa de ser neno, para convertirse en adulto.

Isto é en todo orden de clasificaciones: cambios físicos que danse na primeira etapa da adolecencia (pubertade); cambios psicolóxicos, como cambios de #blgtk08#intereses, a búsqueda dunha identidade, dudas existenciales nalgunos casos, etc; cambios sexuais, maior interés sexual.

Pero non por iso debemos ter relacións sexuais aos 14 anos, xa que non temos a suficiente capacidade de madurez, e se somos adultos para algunhas cousas tamén o sexamos para outras.
Comentario de Andrea 1º bach. C (13-11-2012 10:05)
13 A adolescencia é unha etapa da vida na que os mozos, sempre queremos ter a razón, simplemente polo feito de que comezamos a aprender unhas cousas, e a probar outras, e por iso podemos chegar a pensar que o mundo é noso, pero a verdade é que non sabemos nin a mitade das cousas, que únicamente poderemos aprender co paso do tempo. Precisamente por iso, eu penso quea maioría de idade debe ser a mesma para todo, xa que non lle veo a lóxica a que con 16 anos poidamos doar un ril, ou ser operados sen consentimento dos pais, pero non podemos facernos un tatuaxe sen o consentimento deles, sendo menores. Non poden prohibirnos beber alcohol nin fumar, sen#blgtk08#do menores pero si permitirnos ter relacións sexuais, cousa que tamén pode chegar a ter consecuencias graves. Isto, de que seamos maduros para unhas cousas e para outras non, levános a confusións, e terminaremos facendo o que nos pete, creámonos maiores antes de idade, e vivamos con 15 e 16 anos, cousas que quizais deberiamos vivir con 17 e mais 18.
Logo tamén penso que da mesma forma que temos os mesmos dereitos que o resto dos cidadáns do lugar onde vivamos, de non matar, e respetar aos demais, a partir dos 16 anos deberiamos ser xulgados da mesma forma ca un adulto, xa que con esa idade, controlamos perfectamente os nosos actos.
Comentario de Tamara López 1º BAC -C (13-11-2012 10:05)
14 Ao describir aos adolescentes, con frecuencia recórrese a tópicos comúns e ata manidos, que adoitan situalos en polos extremos desde os críticos, rebeldes, maleducados, pouco respectuosos... aos solidarios, creativos, comprometidos, etc.

O que se bota en falta nun sector do mundo adulto é a proximidade para adver#blgtk08#tir as percepcións que os adolescentes teñen hoxe respecto das súas experiencias, as súas opcións de vida e do seu futuro. Nalgúns adultos quizais se bota en falta unha maior sensibilidade e apertura respecto dos adolescentes, para comprenderlles e axudarlles a crecer de aí as contradicións que atopamos na lexislación .
Comentario de Carmen (18-11-2012 17:52)
15 Maioritariamente os mozos preocupámonos exclusivamente polo presente, para nós constitúe un desafío o empezar a exercitarmos nesa autonomía e independencia que todos desexamos. Unha esfera privilexiada para exercitalas corresponde ás decisións que empezamos a tomar acerca dos estudos, o traballo, a parella,#blgtk08# o uso do tempo libre e a sexualidade. As preocupacións nosas respecto de tales asuntos revelan implicitamente que os mozos sintamos temor ante o desafío de acertar á primeira na toma das nosas decisións, por iso paréceme que establecer aos 14 anos a maioría de idade para o consentimento sexual é moi cedo.
Comentario de Xavier (18-11-2012 18:18)
16 Algunhas sociedades primitivas, contan cun rito de pasaxe para entrar na adolescencia é moitas veces un rito sinxelo, consistindo nun festival ou procesión polas rúas, pero ás veces é complexo, acompañado por cerimonias especiais, moitas veces dores e practicas un tanto agresivas, incluíndo a mutilación.

Algúns exemplos poden ser:

? Circuncisión: Operación que consiste na eliminación do prepucio ou pel#blgtk08# que cobre a glande móbil.

? Perforación de beizos e orellas: o rito de nenas colgando no beizo piercing con motivos distintos.

? Escarificado ( tattoo),: Os raspados son realizados no rostro e outras partes do corpo. Algúns dos rituais se perforan as nenas con espiños, coa perforación introducindo gris mesturado con sangue para tornalos. Nesta operación indeleble tes que sufrir sen reclamar.
Comentario de Joshua Covelo Pascual 1º BACH C (26-11-2012 09:58)
17 No ordeamento xurídico a maioría de idade é unha condición para determinar a capacidade de obrar da persona. É dicir, esa persona tivo que adquirir unha madurez intelectual e física como para ter unha vontade válida para obrar actos que antes non podía polas súas carencias xa nomeadas.
Eu penso que cando somos conscientes para conducir, seremos conscientes de facer o mesmo con alguén ó noso lado; e que cando podemos decidir operarnos ou non, tamén somos conscientes da gravidade ou das razóns polas que podemos beber ou non e súas as consecuencias. Por iso#blgtk08# penso que deberían poñer a mesma maioría de idade para toda-las cousas, e que debería ser antes dos dezaoito anos, porque, realmente, somos perfectamente conscientes dos nosos actos. Por outra parte tamén entendo esa "data" como referencia, xa que tamén hai adultos e que parece que non se dan conta do dano ou das consecuencias das cousas que fan. Aínda que neste caso non estaría mal, non se poden poñer varios anos de referencia dependendo da persoa, xa que sería facer distincións e podería chegar a ser incluso motivo de distincións sociais ou de rexeitamento.
Comentario de Sara 4ºA (16-12-2012 12:26)
18 En canto á maioría de idade en África... Quédome perplexa, xa que a miña idea de maioría de idade é unha persoa adulta, que adquirira unha madurez intelectual cunha vontade propia, claro está, isto depende de cada persoa e da súa madurez. Con 13 anos, opino que un neno non pode saber moito en canto á vida que lle depara e, polo tanto, non é adulto, pois non ten a capacidade de obrar dos adultos. Na maioría dos estados occidentais, esta maioría de idade obténse entre os 18 (coma España, é o mínimo de idade) e os 20.
Contra os casos actuais de acosos sexuais en España e Europa, estou de acordo con que se soba o número de anos nos cales, pódense manter relacións sexuais consentidas. Sorpréndem#blgtk08#e ver que en España, as idades para tomar decisións son moi tempranas; sen falar das contradicións que presentan: Que sentido ten se se pode conducir aos 15 anos nun ciclomotor e non podes viaxar con acompañantes ata os 18 anos? Por que non subir eses 15 anos? Tamén, existen outras moitas contradicións do estilo de... Se unha muller pode pedir na farmacia a pílula anticonceptiva a partir dos 16 anos... por que non se pode ir a unha discoteca (non se ten por que consumir bebidas alcoholicas) ata os 18? Por que non cambiar a maioría de idade para que unha nena manteña relaciós sexuais prematuras e obteña a pílula?
Espero que se solucionen todas estas pequenas incogruencias en canto ás idades.
Comentario de Iria Herbello Lagoa 4º ESO A (16-12-2012 13:06)
19 Ser mayor de edad es algo que todo adolescente quiere. Cuando eres mayor de edad te dejan entrar en discotecas donde sirven alcohol,puedes ya conducir, alojarte en hoteles y coger aviones y trenes y salir del país. Porque ya tienes 18 años y se supone que eres autónomo y eres capaz de cuidar de ti mismo.
No puedes hacer nada de lo anterior, la sociedad con su ley de la mayoria de edad protege a los menores de todo aquello que considera no podrían controlar : un coche, el alcohol ... por eso, hasta determinada edad tenemos tutores.

Con menos de 18 años no podemos beber alcohol, no podemos viajar, no podemos conducir, no podemos jugar en casinos ... sin embargo

Con menos de 18 años podrán ir a una farmacia y pedir una píldora del día después.
Lo que supone que con menos de 18 años podrán tener relaciones sexuales sin ningún tipo de anticonceptivo.
A mi me parece que Ante un problema se da una salida,pero no una solución que evite el p#blgtk08#roblema ... y ¿Qué pasará cuando se lo hayamos dado todo?
Al margen de esto, la edad en la que a una persona se la considera mayor de edad oscila entre los 13 y los 21 años siendo estas muy distintas.
Que en África se considere a alguién de 13 años mayor de edad me parece increíble, pero también hay que tener en cuenta que en estos paises los niños tienen una infancia muy dura, por lo que se sobre entiende que maduran más rápido que cualquier niño de un país desenvuelto pero igualmente me parece una edad muy tempara como para que una persona alcance a madurez física y mental.
Y que un niño de 14 años, con o sin el consentimiento de sus padres pueda casarse, comprar la pastilla des día depués o compara armas y utilizarlas me parece una barbaridad, porque claramente un niño de esa edad no tiene una madurez suficiente y menos para emplear un arma de manera correcta ya que, muchas veces, ni al alcanzar la mayoría de edad se está capacitado.


Comentario de (17-12-2012 15:23)
20 Mª Fernanda R#blgtk08#ocha 4ºESO A
Comentario de (17-12-2012 15:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0