O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A moral nietzscheana
Friedrich Nietzsche (1844-1900) filósofo, poeta, músico, filólogo alemán e un dos pensadores modernos máis influentes no século XX. Realizou unha crítica exhaustiva da cultura, a relixión e a filosofía occidental. Destacan obras tales coma Máis alá do ben e do mal (1886) e A xenealoxía da moral (1887).

A moral tradicional é dogmática concede ós valores unha existencia obxectiva e esquece que dependen de nós, considera tamén que son inmutables e teñen valor universal. Nietzsche critica esta concepción da moralidade.
Os valores morais non teñen unha existencia obxectiva, non existe un ámbito no que se atopen coma realidades independentes das persoas. Os valores créanos as persoas, nós os creamos e existen porque os interiorizamos.
Asímesmo, a moral tradicional creu que tódalas leis morais valen para todos os homes e mulleres e se realmente existisen nun mundo verdadeiro e obxectivo poderíamos pensar na súa universalidade, pero este mundo non existe, polo que os valores créanse e por iso cambian ao longo do tempo. Na Xenealoxía da moral analiza a súa orixe e fai unha distinción entre dúas morais: a dos señores e a dos escravos.

- A moral dos señores é aquela na que todo o que é bo é o que eleva ao individuo, todo canto leva a afirmar a vida; bo é o mesmo que nobre, poderoso, fermoso e feliz.

- A moral dos escravos: esta moral é a do rabaño e a mediocridade, unha moral que se basea no instinto de vinganza contra entes superiores. É a moral que perpetuou o cristianismo e asumen as democracias que quere igualar a todas as persoas e glorifica todo aquilo que fai soportable a vida aos débiles. Nesta moral o bo e igual a pobre, feo e enfermo.

Para Nietzsche a moral orixinal foi a dos señores e está na base da cultura occidental, a rebelión dos escravos produciu a inversión dos valores morais. Tanto a Moral como o Dereito naceron para disciplinar á humanidade, certos instintos humanos necesitaban ser reprimidos e castigados, inténtase así facer do home un ser sociable suxeito ás regras, e facelo igual entre os seus iguais. Nietzsche afirma que a fe (relixión) e a autoridade (estado) son as fontes da conciencia, e o dereito é un instrumento punitivo ó servizo dos estados.


Nunca tedes oido falar daquel home tolo que, cunha linterna acesa,
na claridade do mediodía, ía correndo pola praza e berraba: "busco a Deus"?
¿E que precisamente arrincou unha gran gargallada dos que alí estaban reunidos e non crían en Deus?.
É que se perdeu?, dicia un.
Extraviouse coma un neno?, dicía outro, ou é que se agochou?.
Ten medo de nós?. Emigrou?, así berraban rindo uns con outros.
O home tolo saltou no medio deles e tradeounos coas súas miradas. "A onde se foi?" -exclamou-, vóuvolo dicir. Matámolo nós. Vós e eu

(A Gaia ciencia, III, 125)


O pensamento deste autor é actualidade, recentemente o cineasta húngaro Béla Tarr recrea unha fermosa e impecable lección nietzscheana na súa película O cabalo de Turín. Alí, nunha atmosfera triste e misteriosa aparece un monólogo apocalíptico, relacionado directamente co Zaratustra. Tamén a editorial Herder publicou o primeiro manga filosófico adicado a este autor. A lectura deste filósofo segue sendo unha fonte inesgotable de intuicións vitais, subversivas e perigosas.

(Artigo de Sara Da Silva)

Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Filosofía - Publicado o 15-05-2012 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 En primeiro lugar, agradecer á nosa compañeira Sara da Silva que escribira este artigo na súa hora de Ética e Filosofía do Dereito.

Queremos resaltar da obra de Nietzsche o desenvolvemento do concepto de superhome. Perante o nihilismo da sociedade moderna, a humanidade debe percorrer un proceso evolutivo a nivel ético mediante o cal, despois de converterse en camel#blgtk08#o (moral dos escravos), león (moral do home libe), e finalmente en neno, é dicir, un superhome capaz de constuír dende cero novos valores e afrontar a existencia humana.

Estes novos valores adoptados polo home, que xa descartan os anteriores, son: a apreciación da terra e da vida, o discernimento entre o bo e o malo e o abandono do dogma relixioso ("Gott ist tot").
Comentario de Traver e Luis (2º B) (09-05-2012 08:59)
2 Para comezar gustaríame dicir que segundo Nietzsche a moral tradicional é antivital. Nietzsche proponnos un pois "todas as táboas de valores son inventadas", pero hai algunhas mellores que outras; o criterio utilizado para esta apreciación é o da fidelidade á vida: os valores da moral tradicional son valores contrarios á vida, contrarios á categorías básicas que parecen estar involucradas na vida. A moral tradicional (a moral cristiá) é "antinatural" pois presenta leis que van en contra das tendencias primordiais da vida, é unha moral de resentimento contra os instintos e o mundo biolóxico e natural.
O dogmatismo moral ten varias implicacións (para Nietzsche "patolóxicas"): a idea de pecado e de culpa, e a da liberdade. A idea de pecado é unha das ideas máis enfermizas inventadas pola cultura occidental: con ela o suxeito sofre e aniquílase a partir, con todo, de algo ficticio; non existe ningún Deus ao que teñamos que re#blgtk08#nder contas pola nosa conduta, con todo o cristián sente culpable ante os ollos de Deus, sente observado, cuestionado, valorado por un Deus inexistente, do que ata espera un castigo; situación paradoxal por canto este Deus e os propios valores morais son unha creación del mesmo.
O cristianismo (e todo o moralismo occidental) ten necesidade da noción de liberdade: para poder facer culpables ás persoas é necesario antes facelas responsables das súas accións. O cristianismo cre na liberdade das persoas para poder castigalas. "Non pode negarse que o erro máis grave, máis pertinaz e perigoso, que xamais foi cometido, foi un erro dogmático, é dicir, a invención dun espírito puro e do ben en si de parte de Platón" ("Máis aló do ben e do mal").

Os valores tradicionais son os da moral de escravos e fronte a eles Nietzsche propón a moral dos señores, os valores do superhome e de afirmación da vida.

Comentario de Iván Vieitez 2ºB (09-05-2012 09:07)
3 ¿Que valores defende a moral tradicional?

Para Nietzsche, a rebelión dos escravos provocou un cambio nos valores tradicionais da moral.A moral orixinal foi a dos señores, pero foi entón cando naceu #blgtk08#a Moral e o Dereito para formar unha mellor humanidade. Os valores anteriores negaban os praceres da vida. Con isto, para Nietzsche, Deus morreu, e será pois o superhome o que creará valores novos.

Comentario de Raquel y Diego (09-05-2012 09:08)
4 La consecuencia de esta crítica nietzschiana es el nihilismo. El nihilismo es la doctrina filosófica que sugiere la negación de uno o más de los supuestos sentidos de la vida, es también una posición crítica tanto en lo social, en lo político como en lo cultural respecto a los valores, costumbres y creencias de una sociedad.

Para Nietzsche había dos tipos de nihilismo: el pasivo y el activo.
El nihilismo pasivo renuncia a la existencia y genera un sentimiento de pérdida y falta de metas, carencia de sentido de la vida. Cuando se pierden todos los valores y la vida no tiene demasiada importancia, Nietzsche anuncia "la muerte de Dio#blgtk08#s". Esto permite reconocer la falsedad de los valores que afirmaban la virtud, el amor, la justicia... hacia prójimo.
En la historia de occidente Dios fue sustituído por la razón o la ciencia y como consecuencia podemos afirmar que lo hemos matado entre todos.

Por otro lado tenemos el nihilismo activo: la falta de valores impulsa a crear otros nuevos. Se opone al nihilismo vacio y resignado. La separación del nihilismo se debe realizar desde la voluntad de poder, la que rechaza la moral de los esclavos y prepara la llegada del superhombre. En resumen, a partir de este momento propone una nueva valoración de la vida y del hombre.
Comentario de Flavia Barrio y Tamara Tesouro. 2ªBach -B (09-05-2012 09:09)
5 Nietzsche no se cansa nunca de menospreciar a las mujeres. En su obra seudo-profética dice que "Los hombres deben ser adiestrados para la guerra y las mujeres para el recreo de los guerreros. Toda otra cosa es tontería".

En "La voluntad de poder" afirma: "nos complacemos en la mujer como quizá la más exquisita, delicada y etérea clase de criatura. ¡Qué gusto es encontrar criaturas que sólo tienen en la cabeza bailes, tonterías y finuras! Ellas han sido siempre la delicia de toda alma varonil tensa y profunda". Sin embargo, incluso estas grac#blgtk08#ias sólo se encuentran en las mujeres mientras son mantenidas en orden por hombres varoniles; tan pronto logran la independencia se vuelven intolerables".

Su opinión de las mujeres, como la de todos los hombres, es una objetivación de su propia emoción respecto a ellas, que es claramente una sensación de temor.

El amor imposible de Nietzsche fue Lou-Andreas Salomé. Esta escritora, ensayista y psicoanalista era de carácter fuerte e inconformista. También tuvo una relación muy estrecha con su hermana Elisabeth Förster-Nietzsche.
Comentario de Marta Silva y Ana Freitas (09-05-2012 09:10)
6 La ideología de Nietzsche fue interpretada de formas muy contradictorias. Hay quien cree ver en ella una defensa del anarquismo o incluso del nazismo.

Durante el periodo de entreguerras, los textos de Nietzsche fueron reinterpretados y apropiados por los partidarios del nazismo. Esto fue fomentado por su hermana Elizabeth, la cual modificó sus textos para que comulgasen c#blgtk08#on la ideología nacional-socialista.

Los nazis creyeron ver en Nietzsche a un padre fundador e incorporaron su ideología a la filosofía política del nazismo. No obstante, las similitudes entre las ideologías nacional-socialistas y nietzschenianas son más bien pocas. Nietzsche defendía a la raza judía y en varios escritos se mostraba totalmente en contra del antisemitismo.
Comentario de Javier y Santiago. 2º Bach B (09-05-2012 09:11)
7 El pensamiento de Niezstche se desarrolla durante el S.XIX , cuando las ideas de la Ilustración están siendo cuestionadas por un nuevo movimiento, el Romanticismo.
Este nuevo movimiento se expandirá por los países por donde lo había hecho previamente la Ilustración, es decir por Gran Bretaña, Francia, Alemania?
El problema histórico de la época se concreta en hacer viables las demandas y aspiraciones de amplias capas de la sociedad burguesa, recientemente incorporadas a los procesos productivos de la #blgtk08#industria capitalista, y con un protagonismo político y social cada vez mayor, tras los procesos revolucionarios de la Europa napoleónica.
El evolucionismo llevado a cabo por Charles Darwin proporciona una nueva visión sobre el origen de los seres vivos, estas nuevas ideas se fueron abriendo camino lentamente, en un principio con Lamark y más adelante con Darwin.
Por otro lado, Auguste Comte inicia el positivismo, que se considera como un modelo de racionalidad de la ciencia positiva o empírica.
Comentario de Lorena González y Ágata Lago 2ºBACH B (09-05-2012 09:11)
8 ¿Que valores defende a moral tradicional?

Para Nietzsche, a rebelión dos escravos provocou un cambio nos valores tradicionais da moral.A moral orixinal foi a dos señores, pero foi entón cando naceu #blgtk08#a Moral e o Dereito para formar unha mellor humanidade. Os valores anteriores negaban os praceres da vida. Con isto, para Nietzsche, Deus morreu, e será pois o superhome o que creará valores novos.

Comentario de Raquel y Diego (09-05-2012 09:13)
9 Friedrich Nietzsche formou parte do círculo íntimo do compositor Wagner, durante a década de 1870. A súa primeira obra publicada, "O nacemento da traxedia no espíritu da música", propuña a música de Wagner como o renacer dionisíaco da cultura europea en oposición do racionalismo decadente apolíneo. Nietzsche rompieu a súa relación co compositor despois do primeiro Festival de Bayreuth, porque cría que o periodo final do compositor representaba#blgtk08# unha compracencia coa piedade cristiá e unha sumisión ó nuevo Imperio alemán. El filósofo expresou o seu descontento co tardío Wagner na súa obra "O caso Wagner" e en "Nietzsche contra Wagner".

Na súa xuventude, Nietzsche atopou na música de Wagner unha identidade e o reflexo anímico e intelectual da súa vida.

Nietzsche recoñecía na música a única linguaxe para expresar o que as palabras non podían na naturaleza.
Comentario de Jacobo Alonso e Saúl Cruz (09-05-2012 09:17)
10 "Deus morreu" é a maneira na que Nietzsche di que a idea de Deus non é capaz de actuar como fonte do código moral da humanidade. Nietzsche recoñece a crise que a morte de Deus representa para as consideracións morais existentes, porque "cando un se desfai da fe cristiá, olvídase da moralidade cristiá". Esta moralidade de ningunha maneira é evidente en sí mesma. Rompendo un concepto principal do cristianismo, a fe en Deu#blgtk08#s, un rompre o esquema: nada necesario mantense nas mans dun.

A morte de Deus é a forma de dicir que os humanos xa non son capaces de crer en calquer orden cósmico dende que eles mesmos non o recoñecen. A morte de Deus só conducirá, dice Nietzsche, non só ao rechazo da crenza nunha orde cósmica ou física, senón tamén ao rechazo dos valores absolutos. Desta maneira, a pérdida deles conducirá ao nihilismo.
Comentario de Jaime y Anxo 2ºBach B (09-05-2012 09:18)
11 Segundo Nietzsche, Platón e Sócrates foron grandes corruptores da filosofía xa que inventaron grandes conceptos como: ideas ou verdade. Estes conceptos crearon ao home xusto e bo, é dicir, ao home que se desvincu#blgtk08#la das súas paixóns e dos seus instintos.
Platón defendía que o desenvolvemento da dialéctica nos aproximaba ao mundo das ideas rexeitando o mundo sensible que, segundo Nietzche, é o autenticamente real
Comentario de Teresa 2 BAC-B (09-05-2012 09:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0